martes, febrero 06, 2007
La Biblioteca de noche. Alberto Manguel.
domingo, febrero 04, 2007
SEGUIMOS PECHADOS....
(foto: rebelados)Xa vos teño informafo do conflicto que me ten ocupada estes días. Pois seguimos nela. Levamos xa 18 días de pecha e aquí non pasa nada.
jueves, enero 25, 2007
miércoles, enero 24, 2007
Ryszard Kapuscinski....ata pronto...
domingo, enero 21, 2007
ESTAMOS PECHADOS NA REITORÍA DA UNIVERSIDADE DE VIGO
viernes, enero 19, 2007
Blog archivium-sancti-iacobi

Foto: Ana Bande.
lunes, enero 15, 2007
Os libros que hai que ler
viernes, enero 12, 2007
COUSAS QUE NOS DAN NOXO...


RECURSOS SOBRE BIBLIOTECAS DIXITAIS
(Foto) Vía E-LIS din cuns materiais moi interesantes sobre Bibliotecas Dixitais. Hai só un par de días vos presentaba o prometedor blog de Dídac e agora atopo este curso seu sobre "Novas ferramentas para as bibliotecas dixitais". Sobre o novo Polibuscador da Universidade de Valencia, a presentación de Margarita Estellés La Biblioteca Digital de la UPV : Sakai y Polibuscador; una apuesta por la integración. Usando las bibliotecas digitales. Jiménez Aleixandre, Miguel. Impacto de las tecnologías de la información y las comunicaciones en la educación superior de Francisco Lee Tenorio y Raúl Gonzalo Torricella Morales. La Biblioteca Digital : Investigación y docencia en el Espacio Europeo de Educación Superior de Fernanda Peset Mancebo.jueves, enero 11, 2007
Derradeiras descobertas na blogosfera

miércoles, enero 10, 2007
Lei do libro e da lectura de Galicia
domingo, enero 07, 2007
Novo blog sobre a Web 2.0
Hai pouco tempo que apareceu o blog DosPuntoCero. Didac Margaix, da Universidade Politécnica de Valencia, o seu autor, presenta un espazo adicado á investigación sobre a Biblioteca 2.0 e á Web 2.0 en xeral. A xulgar polos contidos actuais vai ser un blog de seguimento obrigado para estar ao día nun tema que representa nin máis ni menos que o futuro da rede, e polo tanto de moito máis. Como ben sinala Didac, o feito de que a revista Time nomease a tódolos usuarios da Internet como personaxe do ano 2006 é xa un síntoma moi claro da importancia do asunto. sábado, enero 06, 2007
W.Gombrowicz, Curso de filosofía en seis horas y cuarto
(W.Gomobrowicz)
jueves, enero 04, 2007
A blogosfera hispana: Desmitificación
Ponencia de Jose Luis Orihuela presentada no Evento Blog 2006 en Sevilla. Gustoume esta biografía do fenómeno blog.
Grafiteiro vigués

(Foto: subacuatica.com)
viernes, diciembre 22, 2006
Civilización vs. Destrucción
Xa tiña ganas de volver a este recuncho de tranquilidade e reflexión. Estes días as miñas lecturas foron un tanto apocalípticas e seguramente non as comentaría aquí se non se produciran novas tan desacougantes. O aforcamento de Sadam é o agasallo que Papá Noel - o mister danger que diría Chávez- tiña preparado para este nadal. Moitas conciencias quedarán tranquilas, claro que si. Forma parte da derradeira moda de agasallo alternativo que serve para aliviar a nosa mala conciencia. ¿que máis ten que morran cada día cen ou duascentas persoas no país de Sadam como consecuencia da irreversible situación de violencia que o Tío Sam levou un día envolta nunha bandeira de barras e estreliñas de colores? Non son días para estar tristes, e ademais é máis fácil así, ahh! ¡que liberación para as atoadas mentes dos que queren ser cada día máis simples! ¡o culpable está aí, coa corda ao pescozo! A galiña segue a estar cega, para iso estan a traballar tantos mister danger no mundo. Lembro cando o do Prestige tamén a cegueira colectiva. Contáronme que un home nunha praia enchoupado de merda ata os xeonllos berraba indignado: - ¡no veo chapapote por ninguna parte! ¿dónde está esa contaminación de que tanto hablan para fastidiar a Rajoy?
Fernando Báez é seguramente o home que máis sabe sobre destrucción de libros e bibliotecas. A súa obra "Historia universal de la destrucción de libros" é unha auténtica historia universal da infamia. A súa propia vida estivo marcada por estarrecedoras experiencias como o asolagamento da biblioteca na que vivía de neno polo desbordamento do río Guaraní. Os seus libros son o resultado dunha laboriosa investigación sobre a destrucción e tamén unha reflexión profunda sobre as causas deste fenómeno que é tan antigo como o propio libro. Non pode haber unha lectura máis de actualidade. As épocas máis avanzadas foron tamén as que máis libros queimaron. Hoxe, na Sociedade da Información e do Coñecemento da que tan fachendosos nos amosamos prodúcense tamén os fenómenos de destrucción de información máis vergonzosos.
Fernando Báez: Blog sobre Fernándo Báez, Web de Fernando Báez, Fernando Báez na Wikipedia, Biografía, entrevistas, textos, comentarios e noticias.
Boa música. Área reservada de Radio 3

Os que gustamos do delicioso programa Área Reservada, de Radio3, estamos de sorte. Na emisión de hoxe Antonio Fernández agradecía a creación deste blog sobre os contidos do programa. Neste panorama de deserto tártaro e remakes que atopamos no eido musical, este espazo radiofónico é un oasis de calidade tanto de músicos xa consagrados como de novos creadores. Aquí coñecín, por exemplo ao grupo alemán de jazz TokTokTok, e outros como Hiram Bullock, Jamie Cullum..etc. O prográma emítese diariamente de 14:00 a 15:00 horas.
martes, diciembre 19, 2006
Vía Brétemas vos achego o primeiro anuncio dun libro galego na televisión. Curioso. Non lembro xa este anuncio do ano 1986, sen dúbida ando mal de memoria. O caso é que tampouco me ven á cabeza ningún anuncio de libros galegos na nosa televisión autonómica. Os únicos casos dos que teño noticia son estes.
domingo, diciembre 17, 2006
Agasallos navideños
Tamén está causando sensación o derradeiro invento xapones para Nintendo, o famoso Brain Age o xogo que en España está a popularizar Amparo Baró. Onte preguntei nunha tenda de xoguetes e, non o ides crer. A vendedora non se cansou de desaconsellarme este invento que por mor dunda enganosa publicidade está provoncando as iras de moitos compradores. O caso é que, segundo a vendedora (tanto espíritu crítico na venda dun xogo electrónico nestas épocas sorprendeume aínda máis) moitos clientes, seguramente debido á contaminación acústica, visual e gastronómica destas datas, pensan ou imaxinan aos seus maiores como Amparos Barós, e claro, logo veñen os disgustos cando se dan de conta das dificultades que teñen estas persoas para manexar perifollos (que diría Forges) tan estraños a eles. En principio moitos non son capaces de agarrar o lapiceiro e xa non digamos o de ver neste tipo de pantallas. O resultado é que se enfadan os vellos pois non entenden con qué idea lle meten este becho nas mans, e se enfadan os fillos e os netos que ven neles a uns desagradecidos. Saín da tenda de xoguetes pensando no parecido cada vez maior que temos coa familia Simpon. Somos parvos a conciencia.
¡lembra! Antes de deixarte arrastrar polo novo flautista de Hamelín do mercadeo navideño R E F L E X I O N A. Primeiro, non é preciso mercar nada, para amosar o noso aprezo por alguén. Por outra banda, os condicionais da moda poden dar un paseo pola Europa civilizada para ver que este ritual demodé e hortera de luces, papás noeis rampantes e cervos que pola noite moven a cachola (o meu veciño ven de poñer un no seu balcón) xa non se leva. Só de pensar que os nosos cartos serven para poñer por exemplo máis de tres millóns de bombillas para o alumeado de nadal...Aquí vos deixo algunhas ideas para agasallar en calquera data do ano...Un libro: Los girasoles ciegos de Alberto Méndes, Unha película: La mirada de Ulises de Theo Angelopoulos, Un compromiso, por exemplo unha invitación para asistir a un espectáculo coma este.

miércoles, diciembre 13, 2006
IN-RECS índice de impacto das Revistas Españolas de Ciencias Sociais
In-Recs é un índice bibliométrico que ofrece información estatística sobre citas bibliográficas coa finalidade de determina-la relevancia e impacto científico das revistas españolas de ciencias sociais, dos autores que publican nelas e das institucións ás que pertencen. Permite coñecer de xeito individual as citas bibliográficas que reciben os traballos publicados en revistas científicas españolas e desta forma coñecer o impacto real que tiveron na comunidade científica á que se refiren. Éste índice publica anualmente no último trimestre do ano listados de revistas, autores e institucións ordenados segundo o seu impacto. Dende o día 11 podemos consultar os datos actualizados no seu enderezo web.Máis información:
RESH: Revistas Españolas de Ciencias Sociales y Humanas.Valoración e índice de citas.Cindoc/CSIC.
Guía do Journal Citation Report (Uned)
Magnífico blog sobre o tema: Bibliometria
lunes, diciembre 11, 2006
A Galipedia acada os 20.000 artigos
sábado, diciembre 09, 2006
La mina del diablo de Richard Ladkani y Kief Davidson en Documenta 2
jueves, diciembre 07, 2006
Non recomendado. La pasión por los libros. Un acercamiento a la bibliofilia. Francisco Mendoza (etc)
lunes, diciembre 04, 2006
Witold Gombrowicz. "Cosmos"
Máis información:
Witold Gombrowicz, en el centenario de su nacimiento, Documentos inéditos, por Eduardo Gimenez
W.G. en Argentina. Literatura.org
domingo, diciembre 03, 2006
Maestros da luz, Premios nacionais de fotografía, en Vigo
Durante uns días podemos disfrutar na nosa cidade da mellor fotografía coa exposición
Maestros de la luz, premios nacionales de fotografía. Un percorrido pola historia desta arte a través dos mestres Francesc Catalá Roca, Toni Catany, Ouka Lele, Agustí Centelles, Gabriel Cualladó, Joan Colom, Carlos Pérez Siquier, Ramón Masats, Javier Vallhonrat, Joan Fontcuberta, Chema Madoz, Cristina García Rodero, Humberto Rivas, Alberto García-Alix,Para ilustrar este comentario elixín únha obra da xenial C.García Rodero pola forza que desprende esta composición.
Máis información:
Datos da exposición, stylusart
jueves, noviembre 30, 2006
A Biblioteca Nacional do Iraq.
Vía Iwetel recibo este correo que pode dar unha idea da actual situación do Iraq logo de tres anos de democratización forzosa, e o estado de terror que afecta tamén a bibliotecas e bibliotecarios:I am writing this e-mail from my office. I cannot leave my office, because of the fighting in the area surrounding the National Library. Best Regards. Saad.
Dear Saad SkanderIs true that another young librarian was recently murdered, and the building had been shelled several times in the few days previous to the closing?Thanks in advance,Dr. Fernando Baez.
martes, noviembre 28, 2006
Academia Postal, así non.
Traballei en Academia Postal durante 11 anos, e aínda que daba por definitivamente pechada unha etapa moi dura na miña vida, na que traballei unha media de 10 horas diarias e baixo unha presión constante, hoxe, mira ti por donde, cae nas miñas mans este libro. Non é que me sinta especialmente orgullosa do que fixen pero polo menos esperaba atoparme entre a lista de autores, pero non, mira ti. Malia o esforzo que supuxo este traballo (lembro que os test os facía despois das clases, o que quere dicir despois das dez da noite, ata podo lembrar o recuncho donde fixen cada un) non figuro como autora de ningún. Academia Postal roubou moitas horas á miña famila, ao meu tempo de lecer e moitas horas de lectura, e malia que trato de quedarme só cos mellores momentos, esto, colegas doeume moito porque aínda que estaba afeita a ver o meu material firmado por unha tal Maria Jesús o que non podo crer agora é que teñan a desvergonza de editalo, en fin.....
Grazas Torredebabel
lunes, noviembre 27, 2006
XESTORES BIBLIOGRÁFICOS

Mazen Kerbaj no festival Maslakh

sábado, noviembre 25, 2006
Polo orgullo e a reveindicación do feminino. Con afecto, Luz Darriba
Esta é a miña achega neste día contra todo tipo de violencia familiar, sobre todo contra as mulleres, unha vella forma de terror consentido e tristemente perpetuado en tódolos tempos e civilizacións. jueves, noviembre 23, 2006
A miña achega ao III Simposio "O libro e a lectura": De bibliotecas universitarias a CRAIs
No III Simposio sobre "O Libro e a Lectura" participei na mesa redonda de "Bibliotecas e Novas Tecnoloxías" con unha presentación sobre a situación das bibliotecas universitarias e a súa transformación en Centros de Recursos para a Aprendizaxe e a Investigación (CRAIs). Podedes consultala aquí.miércoles, noviembre 22, 2006
Escrituras nómades
Para mirar a través do espello e ver o mundo da escritura dende perspectivas non lineais e deterministas aquí está todo. ¿como é un texto cubista? ¿o hipertexto é tan moderno?, a arbitrariedade do signo lingüístico ¿ten que condicionar a nosa vida? As linguas divinas, inventadas, as dos mortos, a materialidade da escritura, etc. Interesantísimo traballo de Belen Gache. Seguiremos as súas pegadas.
Revista UNAM-MX
Bibliotecas municipais, bibliotecas en Vigo e outras utopías culturais

domingo, noviembre 19, 2006
Puro Arte en Vigo

Si señor, por fin un macroevento artístico en Vigo, estivemos de sorte. A visita ao Ifevi desta fin de semana deixará unha fonda pegada nesta cidade. Seguro que foron moitos os cidadáns que por primeira vez tiveron contanto coas tendencias máis actuais das últimas tendencias artísticas. Moita obra e moita calidade, Miró, Picaso, Man Ray... pero tamén Soutomaior, Maruja Mallo, Lamazares, e os máis novos. Por momentos semellaba que estabamos no interior da Tate de Londres. A obra de Noé Serrano, "El funcionario", amósanos a visión que unha grande parte da sociedade ten dos servidores públicos, para iso tamén serve a arte. Precísase sentido de humor e unha boa dose de autocrítica para mirar imaxes como esta sen recurrir ao desprezo tan doado co que a cotío rexeitamos as imaxes con que ás veces nos agasallan os espellos. Para os que negan sen pensar a relación deste tipo de obras co concepto de arte que lembren as figuras deformes de monstros, arpías, etc. dos capiteis románicos ou das gárgolas das catedrais, os monstros de Goya, os ananos de Velázquez. Tamén estaban alí obras de Werner Reiterer, como a súa instalación "Hoches C!", John de Andrea, Juliette" y "Cierva", Bloc Sabbath de Richard Stipl, "50€ el kilo" de Carlo de Meo , "Two cunt faced" de Jaken and Dinos Chapman e algúns exemplos de Luz Darriba , a autora do proxecto "Farrapos pola non violencia contra as mulleres" unha artista que nos lembra a escravitude da muller na súa obra.
miércoles, noviembre 15, 2006
Recomendación de lectura profesional
"Información, conocimiento y bibliotecas en el marco de la globalización neoliberal" de Pedro López y Javier Gimeno.Malia os demasiados libros sobre os libros este é un bo exemplo de literatura profesional orixinal e crítica. Son un conxunto de artigos sobre a importancia, manipulación, censura, mercantilización, etc. da información. Especialmente indicado para as doenzas debidas a sancións por incumprimento de directivas europeas que nos están a afectar especialmente estes días. Por se alguén seguía a pensar que os dereitos de autor protexían a eses pobriños bohemios que malviven nun faiado cotroso ou que as bibliotecas están ao marxe da manipulación informativa.
martes, noviembre 14, 2006
Rinoceronte traduce a Houellebecq
Os rinocerontes seguen alegrándonos a vida. Hoxe chegou á biblioteca de filoloxía a tradución ao galego da derradeira novela do "enfant terrible", Michael Houellebecq. Deste editorial gústame todo, os títulos, o deseño, o tacto dos libros, os colores, o feito de que sean veciños e agora tamén a súa web, e o seu bloglunes, noviembre 13, 2006
III SIMPOSIO "O libro e a lectura"
Os xoves e venres desta semana celébrase en Santiago o III Simposio "O Libro e a Lectura, organizado pola Asociación Galega de Editores, Consello da Cultura Galega e CEDRO. Na miña achega, incluida no panel de reflexión sobre Bibliotecas e Novas Tecnoloxías, vou falar da situación actual das bibliotecas universitarias e a sua transformación en Centros de Recursos para a Aprendizaxe e a Investigación. jueves, noviembre 09, 2006
Arquivos Militares...¿será verdade?
Veño de coñecer -Via Iwetel- a apertura dos arquivos militares. Poderíamos dicir o de "máis vale tarde...", pero non, non vale. Foron moitas as inxustizas que xa non teñen reparación, foron moitos tamén os relatos que quedaron sen escribir...moitos aburríronse de esperar, gastar cartos e chamar ás portas de burócratas murchos e arquiveiros do réxime. Bo momento para agradecer o traballo de historiadores que malia tantas dificultades na súas investigacións, acadaron traballos tan salientables, como Francisco Espinosa, por exemplo. Recomento outra vez, a lectura do seu traballo "La investigación del pasado reciente. Un combate por la historia". domingo, noviembre 05, 2006
Libros así...NON, POR FAVOR.

Alguén me comentou a existencia do libro "Olores e sabores do saber" cando publiquei a foto de Roberto Ribao. O comentarista anónimo dicía que a foto de Roberto lle lembraba as que aparecían neste libro e me pedía que publicase algunha. Pois aquí está un exemplo. Teño que dicir que non hai color. Nada ten que ver a experiencia de Roberto, moito máis sutil e profunda, con estas que son un atentado á estética e á propia arte fotográfica. Pertencen a un libro (unha desfeita dende logo) editado pola Universidade de Vigo e que esta institución emprega para agasallar a diversas personalidades. Estou de acordo co comentarista porque eu tampouco entendo a participación de Carlos Casares no proxento. Malia a miña pasión polo libro non dubidaría agora mesmo en desfacerme de toda a tirada deste que vos presento. Primeiro, non creo que deba editarse un libro co único obxectivo de servir de agasallo. Si a Universidade quere agasallar libros non ten máis que encargar unha edición de luxo dalgún dos sobranceiros escritores, científicos, traductores, profesores ou técnicos que temos na casa. Gonzalo Navaza, Anxo Angueira, Eva Almazán (traductora de Brooklin Follies), Arturo Leyte, Teresa Caneda, Beatriz Suárez, María Jesús Fariña, Belén Martín, Jesús G. Maestro, e un longo etcétera. Por outra parte, xa son demasiados libros...que dixo Zaid, un ensaio que recomendo para os que só teiman por publicar. viernes, noviembre 03, 2006
PROYECTO DE LEY DE LA LECTURA, EL LIBRO Y LAS BIBLIOTECAS
APROBADO EL PROYECTO DE LEY DE LA LECTURA, EL LIBRO Y LAS BIBLIOTECAS
La biblioteca se convierte en vehículo principal del hábito lector, con una dotación de 431 millones de euros hasta 2014.
Se establece un doble sistema de precios que consolida el precio fijo y liberaliza el de los libros de texto. Con ello se garantiza al ciudadano una oferta cultural plural y mayor competencia comercial.
La norma crea el Observatorio de la Lectura y del Libro, que tendrá como objetivo el análisis permanente de la situación del libro, la lectura y las bibliotecas.
El Consejo de Ministros ha aprobado la remisión a las Cortes Generales del Proyecto de Ley de la Lectura, el Libro y las Bibliotecas. El nuevo texto legislativo sustituye la actual regulación del libro, que se encuentra recogida en una normativa dispersa y en ocasiones preconstitucional, y se adapta a la actual organización del Estado, respetando el ámbito de competencia de las distintas Administraciones públicas y fijando el marco de colaboración con las mismas en esta materia.
Esta filosofía se plasma en el articulado del Proyecto de Ley a través de tres objetivos fundamentales: el primero, y más importante, es el impulso de la lectura, tarea en la que se quiere implicar tanto a los poderes públicos como al resto de la sociedad; el segundo es la defensa de la diversidad cultural en la medida en que ofrece mecanismos que garantizan una oferta plural tanto a nivel editorial como en las librerías; por último, moderniza la definición de libro y la adecua a la realidad tecnológica actual, al tiempo que busca pulsar periódicamente la realidad del sector y de los hábitos lectores para mejorarlos.
Planes de fomento de la lectura
Dado que el Gobierno considera que la lectura es una herramienta básica para el aprendizaje continuo en el marco de la sociedad de la información, en el Proyecto de Ley se dedica gran atención a la promoción de la lectura a través de los planes de fomento de la lectura, que quedan por primera vez recogidos en un texto normativo. Estos planes, que ya son desarrollados por el Ministerio de Cultura con carácter anual, irán acompañados de una dotación presupuestaria adecuada y tendrán especial consideración con la población infantil y juvenil y aquellos sectores más desfavorecidos socialmente.
Con el impulso de los planes de fomento de la lectura a través de este Proyecto de Ley, el Gobierno refuerza uno de los elementos que considera más importantes de su política cultural: aumentar el número de lectores. En este sentido, y según el "Estudio de Hábitos de Lectura y Compra de Libros", en los últimos cinco años, el conjunto de lectores frecuentes y ocasionales ha aumentado siete puntos porcentuales, hasta superar el 57 por 100 de la población mayor de catorce años, y leen el 74,9 por 100 de los jóvenes de catorce a veinticuatro años, mientras que el 84 por 100 de los niños de seis a trece leen libros que no son de texto.
En el marco de los planes de fomento de la lectura, la biblioteca se convierte en el vehículo principal de la extensión del hábito lector. El plan plurianual propuesto en el Proyecto prevé una inversión de 431 millones de euros hasta 2014, destinados en su práctica totalidad a la dotación bibliotecaria. El objetivo es alcanzar la disponibilidad de entre 1,5 y 2,5 libros por habitante, según las directrices IFLA-UNESCO. Actualmente, las bibliotecas públicas españolas ofrecen una media de 1,25 libros por habitante.
El texto explicita los principios y valores que deben regir las bibliotecas: la libertad intelectual y el acceso a la información; la igualdad de acceso a los materiales, instalaciones y servicios de la biblioteca sin que pueda existir discriminación por razón de origen, etnia, religión, ideología o género, y la pluralidad, en virtud de la cual las bibliotecas deberán poner a disposición de los usuarios la mayor variedad posible de documentos que reflejen la diversidad de la sociedad y su riqueza lingüística. En el Proyecto legislativo se resalta el papel de la cooperación bibliotecaria, que se basará en la cofinanciación, la corresponsabilidad y la reciprocidad de esfuerzos entre las distintas Administraciones y entidades privadas participantes.
Precio de los libros
El Proyecto de Ley consolida el precio fijo de los libros en respuesta a una política decidida de excepcionalidad cultural para garantizar una oferta plural. En España se publican anualmente cuarenta mil títulos que, como patrimonio cultural, se verían en peligro si estuvieran sometidos exclusivamente a las leyes del mercado.
Para los libros de texto se establece el precio libre, que sustituye al régimen actual de descuentos. El objetivo es garantizar una competencia leal entre los distintos ámbitos comerciales del libro. Esto redundará en el mantenimiento de las pequeñas librerías que, por un lado, representan la mayor red de venta de libros en España y, por otro, garantizan la rentabilidad de los libros de fondo, obras cuya existencia ayuda al mantenimiento del pluralismo cultural.
Nueva realidad tecnológica
El Proyecto de Ley adecua la definición de "libro" a los cambios tecnológicos. Se entiende por libro la obra científica, literaria o de cualquier otra índole que constituye una publicación unitaria editada en uno o varios volúmenes y que puede aparecer impresa o en cualquier otro soporte susceptible de lectura. En esta definición quedan incluidos los materiales complementarios de carácter impreso, visual, audiovisual o sonoro que sean editados conjuntamente con el libro y que participen del carácter unitario del mismo, así como cualquier otra manifestación editorial.
La adaptación a las nuevas tecnologías se extiende igualmente a la definición de los agentes que participan en el proceso editorial.
Promoción de los autores y de la industria del libro
El Ministerio de Cultura desarrollará campañas de promoción de los autores españoles que se expresen en castellano o en cualquiera de las lenguas cooficiales del Estado. Asimismo, podrá colaborar con las Comunidades Autónomas en las políticas de promoción literaria. En este sentido, la Administración General del Estado mantendrá un sistema de premios nacionales a favor de los autores de los principales ámbitos de la actividad literaria, científica y técnica.
La Administración General del Estado y sus Organismos Públicos podrán establecer programas de apoyo a la industria y comercio del libro en consideración a los valores culturales que representa y a su importancia industrial y económica. Estos programas tendrán en cuenta a las librerías, no sólo como lugares de venta de libros, sino también en su calidad de agentes culturales.
Según la "Panorámica de la edición española de libros", basada en datos de la Agencia Española del ISBN, el año pasado aparecieron en el mercado español 76.265 títulos. Se produjeron 337.244 millones de ejemplares, lo que supone un aumento del 25,3 por 100 con respecto al año 2004, y la tirada media subió a 4.619 ejemplares, lo que indica un incremento del 0,9 por 100 respecto a 2005. La industria editorial española se mantiene, desde el punto de vista de la exportación, como la tercera de Europa y la quinta del mundo, sólo por detrás de Estados Unidos, Reino Unido, Alemania y China.
El Observatorio de la Lectura y del Libro
Al objeto de definir el libro en su realidad actual y conocer la situación real del sector y de los hábitos lectores para mejorarlos, el Ministerio de Cultura creará el Observatorio de la Lectura y del Libro. Este organismo tendrá como objetivo el análisis permanente de la situación del libro, la lectura y las bibliotecas. Le corresponderá también el promover la colaboración institucional, en especial con observatorios u órganos de similares funciones que existan en las Administraciones Autonómicas, el asesoramiento, la elaboración de informes, estudios y propuestas de actuación en materia de la lectura, del libro, y de las bibliotecas.
jueves, noviembre 02, 2006
Caminarás sobre las aguas

Admirable filme do director israelí Eytan Fox sobre o tema das vinganzas herdadas (¿lembrades?) que falabamos cando comentabamos o libro de Kapuscinski. O filme trata da problemática relación entre as novas xeracións de alemáns e xudeos por mor dos odios herdados. Eyal, un axente do Mosad, ten que localizar e asasinar a un criminal nazi, pero logo de entrar en relación con Axel (un neto de aquel) vai ter lugar un verdadeiro trasvase sentimental; pouco a pouco Eyal e Axel decátanse de que son productos dun pasado do que pouco a pouco se irán liberando.
Diálogo entre Eyal e Axel:
-¿Ella tiene novio?-Tuvo uno, pero ya no. Se conocieron en la India. Dice que los hombres israelíes son...-¿Qué, insoportables?-Sí, bueno, no.-No pasa nada, no es la primera en pensarlo.-¿Es verdad que a los hombres israelíes no les gusta hablar de sus sentimientos?-No lo sé. A mí no me gusta hablar de eso.-¿Puedo hacerte una pregunta personal?-Claro, no tengo nada que esconder. Adelante.-Siempre me he preguntado cómo se siente un niño alemán cuando se da cuenta de lo que ocurrió en la Segunda Guerra Mundial.-Vaya, difícil pregunta. ¿Tu familia estuvo en...?-No cambies de tema.
Morrer...en galego.

Hoxe estiven no cemiterio na procura dun parente perdido. Malia non acadar o obxectivo, din a visita por boa tras atopar esta fermosa lousa. Parece que só unha de cada mil lápidas están escritas en galego e hai quen ve nas celebracións funerarias unha de tantas ocasións para loitar polo idioma. Esta que vos presento seguro que é una das pouquísimas que amosan unha mensaxe con contido "Ti muller que viviches e criaches fillos en tempos de medo e door vaite en paz coa ledicia de deixar entre nos a túa semente". Velaquí un home que non perdeu a memoria do duro traballo da muller e dos tempos difíciles que lle tocou vivir. Nestes tempos en que andamos a recuperar a memoria estas testemuñas lémbrannos un pouco a nosa penosa e esquecida historia. Sentín mágoa por tanta xente que tivo que vivir tantos anos sen liberdade e sen tantas outras cousas....

