martes, septiembre 02, 2008
O Touriño é o de menos...
martes, agosto 26, 2008
Yo serví al rey de Inglaterra, Jiri Menzel
Antigo cine París na Coruña
Non perdades esta película. É unha adaptación do relato de Bohumil Hrabal, xa sabedes, o de "Unha soidade demasiado ruidosa", o libro máis fermoso do mundo. Ademáis se estades en Vigo hai que darlle pulo aos cines Norte, son os únicos sobrevivintes dende a aparición das franquicias dos centros comerciais cunha programación a xogo coa tapicería. Case sempre que imos aos Norte, estamos sós A. mais eu, e sempre intuimos a inminencia da súa inexorable acta de defunción, unha labazada para lembrarnos o camiño do consumismo tan puro e tan duro do que gostamos liscar. Pero pode que teñamos sorte e a próxima vez que queramos ir ao cine nos atopemos cun magnífico pull and bear, coma nese outrora Cine París da Coruña no que tiveron a delicadeza de conservar o nome.
domingo, agosto 24, 2008
Infinitas preguntas sen resposta.

Picasso. Cabeza de mujer llorando con Pañuelo III
Se Orwell se erguese da súa tumba quedaría abraiado coa imaxinación do poder. Un poder global, compartido, indefinido, agochado, ameazante, escuro, que está en todas partes e non está en ningures.
O tráxico accidente polo que choran algúns poucos estes días non é quen de espertar ao pobo durmido e autosatisfeito. Mercamos os xornais e lemos o catecismo que nos proporciona a dose diaria deste sucedáneo de tranquilidade que imposibilita calquera atentado contra a abulia colectiva da que se nutre un réxime que nos engule.
E chorando un pouco cada día fronte ao televisor redimímonos da nosa complicidade cun sistema que nos minte, manipula, traizoa, viola e mata coa tranquilidade deses curas pederastas que cunha man afogan á víctima e coa outra repasan as sagradas escrituras.
Unha vantaxe deste modus operandi é que podemos achegarnos á verdade mudando o significado de cada titular. As cousas comezan entón a ter certo sentido.
O "accidente" non se pode atribuir a un fallo humano
¿NON? ¡que alguén mo explique! ¿foi un alieníxena?
Tardaremos meses, segundo algún anos en descifrar o contido das caixas negras...
E todos caladiños, porque o di o goberno, porque o di unha compañía aérea, porque o di ....velaquí o terror. A morte de 154 persoas non abonda para poñer en marcha unha investigación seria que dea resultados nun prazo de días. Claro, é lóxico, nuns días non se esquece o sufrimento, non se soportarían as mentiras, non se podería falar dun acto de enaxenación dun piloto que nun momento de locura transitoria logo dun fracasado e longo período de negociación do seu contrato decide...en fin...é un supoñer. Haberá que esperar centos de días, cando xa dea todo igual, case como agora que a noticia vai sendo desterrada ás derradeiras páxinas. E menos mal que non remataron co antroido de Pekín que agora cuspe as súas medallas sen crespóns co sorriso do vencedor.
Eu estou con este home
Hai un video do accidente ¿por que non no lo deixan ver? ¿por que ameazan á poboación que pide explicacións?
Unha vantaxe deste modus operandi é que podemos achegarnos á verdade mudando o significado de cada titular. As cousas comezan entón a ter certo sentido.
O "accidente" non se pode atribuir a un fallo humano
¿NON? ¡que alguén mo explique! ¿foi un alieníxena?
Tardaremos meses, segundo algún anos en descifrar o contido das caixas negras...
E todos caladiños, porque o di o goberno, porque o di unha compañía aérea, porque o di ....velaquí o terror. A morte de 154 persoas non abonda para poñer en marcha unha investigación seria que dea resultados nun prazo de días. Claro, é lóxico, nuns días non se esquece o sufrimento, non se soportarían as mentiras, non se podería falar dun acto de enaxenación dun piloto que nun momento de locura transitoria logo dun fracasado e longo período de negociación do seu contrato decide...en fin...é un supoñer. Haberá que esperar centos de días, cando xa dea todo igual, case como agora que a noticia vai sendo desterrada ás derradeiras páxinas. E menos mal que non remataron co antroido de Pekín que agora cuspe as súas medallas sen crespóns co sorriso do vencedor.
Eu estou con este home
Hai un video do accidente ¿por que non no lo deixan ver? ¿por que ameazan á poboación que pide explicacións?
miércoles, agosto 20, 2008
Pregunta do día...¡Xa abonda de DJCh!
lunes, agosto 18, 2008
Na perruquería, lendo a Margaret.
Logo de catro ou cinco días de faltar á miña cita coa perruqueira e coa enerxía que che da o ver que a raíz xa ameaza con acadar ás puntas, conseguín sentarme na cadeira eléctrica. Collera o meu libro da Atwood e levaba dúas frases cando sentín xirar bruscamente a cadeira que estaba ao meu carón. Nestes casos non me volvo nunca polo terror de ter que comezar unha conversa sobre eses temas de actualidade dos que sempre me faltan datos. Pero sobre todo porque nun momento do proceso sempre teño que quitar as gafas e entón ven o peor. Teño que seguir ollando ao que se supón que son os ollos da miña interlocutora a través do espello, e estou segura de que teño o mesmo careto que Lucas. Ten quince dipotrías pero pensa que pode quitar as gafas, mordisquear a patilla e mirarte aos ollos como se fose Clooney no anuncio de Martini. O que semella de verdade é un actor que esqueceu o seu papel e ten que mirar constantemente ao apuntador. Pois ben, nada máis sentarme escoitei a voz da selva. Hay hija, hay que ver lo buenos que se ponen los tíos con la edad y cómo nos estropeamos nosotras. Quedei paralizada perante uns segundos tratando manter o equilibro para non facerlle tragar o Hola, facerlle a cera en todo o cráneo e agasallala cunha pedicura cun martelo pilón. Pero non, esta frase gloriosa, tan asimilada xa ao noso ADN, só me fixo sorrir. Entón conxurei ao monstro que ía aparecendo no meu espello grazas á pericia da miña perruqueira coa súa brocha enchoupada en chapapote. Erguín a cabeza e chisqueille un ollo a Margaret. jueves, agosto 14, 2008
Ollo de gato, Margaret Atwood
Estou lendo case todo desta escritora canadiana agora moito máis coñecida por mor do premio. Coa Awtood atopei o meu alter ego, bueno, a que eu elixiría como meu alter ego no caso de que eu fose escritora. Pode conxugar impresionantes descripcións co ton rotundo e a seguridade que a frase curta imprime á narración. Ollo de gato é a biografía de Elaine Risley, unha pintora que volve a Toronto, a cidade da súa infancia e adolescencia, para asistir a unha retrospectiva da súa obra. Os capìtulos de Elaine adulta intercálanse cos da súa infancia. Ao comezo lembrei esoutra historia marabillosa doutra escritora, Muriel Burbery. A mesma estructura narrativa e case idénticos personaxes principais: unha nena e unha muller adulta. A diferencia é que na obra da Atwood as dúas son a mesma persoa. A vida da nena non é unha historia feliz. A maior parte da súa infancia desenvólvese nun pechado círculo de "amigas" no que Eleine é a parte débil, o obxecto de burla e desprezo. Trátase dun magnífico retrato do acoso escolar (por favor, non digades bullying, cos neoloxismos axudamos a agochar os problemas) que malia todo o que nos mintan, nin é novo nin é máis cruel hoxendía. Facede unha proba. Xuntádevos cos colegas e lembrade aqueles lonxanos días da escola ou do instituto. Cando vos ceibaron dun valado por non querer bicar a aquel monstro coa cara chea de grans, ou cando mallastes naquel neno raro que ademáis tiña o feo costume de "chivarse" das vosas falcatruadas, ou lembrade aquela nena que non tiña con quen xogar e sentaba soíña no chanzo do patio. Ollo de gato ten a extraordinaria capacidade para reproducir eses episodios de maltrato, acoso, abuso, ou como lle queiramos chamar, que moitos de nós cometimos, sufrimos ou miramos de lonxe con esa mestura de medo e mágoa que produce a impotencia fronte a unha grande inxustiza. Penso que este é o verdadeiro valor do libro. Abre unha porta que xa semellaba fechada para sempre. Pasoume en moitos parágrafos, de súpeto unha historia que me levaba á miña infancia e que se desenvolvía como unha versión paralela da historia de Elaine e éntranche gañas de escribir a túa propia biografía, saír á caza desas lembranzas que veñen de cobrar vida e ameazan por esmorecer outra vez, e cicais para sempre. Gústame Margaret Atwood porque é unha valente e os seus personaxes non son eses seres planos ou como moito bidimensionais que pasean indiferentes polo mundo real. Os personaxes de Atwood adoitan ser mulleres e homes conscientes de ser eso, mulleres e homes. Son seres que pensan e adoitan ladear a cabeza, dar unha volta, contar ata dez ou colocar ben as gafas antes de abrir a boca. Paga a pena escoitalos. Seguiremos coa Atwood.POST EN ESPAÑOL
lunes, agosto 11, 2008
Antídoto para perplexos.
Foto: El PaísTeño que quitarme da cabeza a arrepiante imaxe do anabolizado Suaseneger prohibinido as graxas alteradas que deberon ser as mesmas que afectaron aos cidadáns de California cando decidiron elixir a ese pedazo de carne crúa como xefe politico. Aproveito a ocasión para baixar ilegalmente toda a música deste xigante, subo o volume todo o que podo e imaxino que o de Osetia é un conto chino e que as derradeiras olimpiadas foron aquelas nas que se tomou esta foto:


sábado, agosto 09, 2008
Pregunta do día....¿como rematar cos XXOO?
Estou recopilando argumentos para escribir un manifesto en contra desta farsa hipócrita, hortera e custosísima en termos de saúde, economía, progreso e todo o que represente algún ben para a humanidade. Case é máis doado atopar artigos benevolentes con Chávez que algunha insinuación de desprezo contra esta mascarada que para colmo de males ven patrocinada por una das maiores potencias mundiales no desprezo aos dereitos fundamentais de todo ser con vida. Así, para abrir boca considero que é moi recomendable este artigo de Javier Ortiz que atopei no impagable LdN.
jueves, agosto 07, 2008
A pregunta do día....oito do do oito do dousmiloito
Hoxe tería que comezan por fin os XXOO tería que preguntarme outras cousas relacionadas co tema, como a explotación infantil en aras dunha marca olímpica e en detrimento de moitas horas de xogo e felicidade, curiosamente todos de rasgos orientais, vese que os supermedallistas estadounidenses, por exemplo, chegan ao deporte de elite practicando ximnasia pasiva ou algo así...en fin. Deixamos os falsos debates e miremos o que pasa moito máis preto....
¿por que se constrúen paseos marítimos xusto encima das praias?
Eses días atrás presenciei de balde, en Xixón, unha curiosa xornada de praia. Paseando pola cidade e como o ceo ía deixando ver o sol, non puiden evitar caer eu tamén na trampa, e aproveitando que levaba bañador baixei a esto que semellaba un enorme areal....
Logo dunha media hora, xa me ía decatando de que a xente comezaba a recoller o kit ad hoc, mais a música e o bruido da megafonía non me deixaran escoitar o marmurio das pequenas ondas que, tercas coma son, ameazaban aos novatos que coma min adoitan deitarse na area mollada....
Pensei eu tamén en recoller pero, non deu tempo, en poucos minutos a situación era esta....
A fuxida foi obrigada, e sen tempo de limpar os pes decidimos ir na procura dun deses recunchos salvaxes e paradisíacos que outrora disfrutamos nesta sempre fermosa costa asturiana. Deixamos o coche á beira dun marabilloso cantil dende onde se albiscaba unha enormidade azul que prometía soidade a mares. E atopamos esta fermosisima cala. Aquí pasamos uns minutos na procura de Wally, quitamos as areas, gardamos definitivamente as toallas e marchamos.
Á volta en Vigo alegroume moito a nova do proxecto de derrubamento do noso paseo insignia e que fai as delicias das xentes do interior que devecen por pasar unha fermosa xornada de domingo na fermosísima praia de Samil pero que para os que aspiramos a vigueses de pedigrí só é transitable no máis cru inverno cando as treboadas ocupan con firmeza o que sempre foi seu e enterran duchas e piscinas. Malia todo, a carón de Panxón estase aínda a día de hoxe a facer unha destas horribles pasarelas, agardemos que recapaciten un pouco e recúen, están a tempo.
A pregunta do día...7 de agosto de 2008
¿non vos preguntastes por qué no atopamos en ningún medio de comunicación un artigo favorable á política de Chávez?
lunes, agosto 04, 2008
Alexander Solzhenitsin
Outra páxina que se pecha. Vén de morrer Alexander Solzhenitsin, autor da monumental Arquipélago Gulag, que amosou o mundo os horrores dos campos de concentración soviéticos.
Non estaría nada de máis lembrar este clásico aínda que sólo fose como tributo aos millóns de persoas que aínda non hai tanto (¿que son 50 anos na historia?) morrían en aras de sistemas totalitarios que deixaron tantos fillos espallados por este mundo.
domingo, agosto 03, 2008
Insomnio, de Rubén Ruibal
O noso flamante Premio Nacional de Literatura Dramática Rubén Ruibal vén de agasallarnos cun novo texto dramático publicado por Estaleiro Editora. Disfrutei abondo con esta obriña, con esa mestura de humor e ironía coa que Rubén crea as esperpénticas personaxes nos que recoñecemos as dramatis personae que conviven connosco nunca realidade moito máis estúpida e ridícula co que se reflicte no espello do seu texto. A acción desenvólvese nun museo no que se está a inaugurar unha curiosa exposición "A esencia da ausencia, de Hjerbert Bonn. Nada sobre nada". Un texto premonitorio se temos en conta que poco despois de ser escrito asistimos a eventos deste tipo, como a famosa Bienal de Sao Paulo proxectada por Ivo Mesquita onde se expoñía a mesma obra, é dicir, a nada. Ou esoutra que comentei xa hai un tempo. Sobre o fraude e o simulacro na arte contemporánea tense escrito xa abondo, mais temos que recoñecer que o tema da para moito pois non deixa de ser un reflexo desa cultura do envoltorio que nos abafa. Museos sen obras, megaconsntruccións culturais que engulen orzamentos e discursos nun entorno que non ten por que comprender o "efecto Guggenheim", no que a imitación de discursos alleos produce arrepío. Sen dúbida, e seguindo a Rubén, estamos a perder pé coa realidade. Non hai que facer ningún esforzo para detectar o absurdo, que é o que aquí se representa. Unha obra "absurda" no senso do urinario de Duchamp ou da merda de Manzoni. Neste museo do ridículo aparecen deliciosas personaxes que provocan a gargallada. Duluth e Alba, o retrato do aburrimento e o insomnio. Dúas culturetas lesbianas que nos agasallan con deliciosos diálogos que lembran a eses insoportables amigos que sempre andaban a anotar "ideas" nas súas axendas. Nefertiti Insomne, unha performace full time que se laia continuamente da competencia das obras novas en exposición. Unha Garda de seguridade ilegal que remite aos malísimamente chamados "sen papeis". A Artista da xeringa e a a Funcionaria titulada, asesora e asesora da asesora, modelos deses novos profesionais que non sabemos nunca a que se adican. Peralejos en estado puro. E o que soña, ou non, Hjerbert Bönn, que interrompe a acción para adicarnos acaídos parágrafos do O livro do desassossego de Fernando Pessoa. Tomeime a molestia de investigar algunhas referencias que semellaban ficcións para atopar realidades que coma sempre a superan, e ahí ven o esperpento, a ¿obra? de Mike Nedo, Amodiozko Ziriflipa, o brazo articulado de Sterlac, o artista porno Rocco Sifredi. A diversión estavos asegurada, e se a ledes coa banda sonora que propón Rubén, por exemplo o Alice de Tom Waits, o éxito será rotundo.viernes, agosto 01, 2008
Fragmentos da galaxia.
Se o fenómeno blogueiro me ten engaiolada e prendida tanto tempo neste mundo é porque existen lugares tan máxicos como Fragmentos da Galaxia. Levo tempo coa teima de adicarlle unha entrada para recomendar a lectura do diario virtual de Juan L. Blanco Valdés, e hoxe, logo de ler o seu fantástico e prometido post sobre os alcumes, xa non podo esquecer esta angueira, ainda que sa sei que moitos dos que se achegan por aquí son socios de honra deste furancho literario -¡¡¡deus, que non o pillen a vostede parindo textos de balde sen pagar impostos as nosas atentas autoridades, señor Valdés!!!)- un spa de luxo para as nosas mentes preguiceiras e entumecidas pola profusión de discursos tan pobres e monocordes que adoitan publicarse nos medios convencionais. Por eso precisamente gosto dos blós. Aquí hai xente de crea, reflexiona e divirte porque sí, a mellor das razóns para facer as cousas ¿ou non? Por eso tampouco moitos entenden por que "perdemos o tempo" escribindo ¿para quen? ¿para que?. Eu non son experta nos trabellos da rede mais sempre recomendo aos que quero que fagan un bló, sobre todo a tanta xente que ten moito que dicir e que son os más calados, porque, xa se sabe, na foto saen os que non serven para outra cousa. Aproveitade a fuxida masiva do verán para poñervos ao día cuns cantos fragmentos e veredes como levo razón.viernes, julio 25, 2008
Cincocentos anos....¡cantas historias!
sábado, julio 12, 2008
Barry Guy, la locura del contrabajista.

A actuación de Barry Guy deixounos a todos profundamente afectados. O virtuosismo deste compositor e intérprete acadou cotas máis alá do comprensible. A velocidade na execución das pezas imprimía ás mans e aos múltiples obxectos percutores do músico ese efecto que tanto gostaba aos futuristas do movemento infinito. Barry acariña, corta, bate, escoita, freta, rompe, baila, aperta o seu contrabaixo ata o paroxismo quitándolle sons e notas inauditas. Pechamos os ollos e semella que escoitamos a toda unha orquestra mais só hai un home de negro e un precioso contrabaixo mollados pola suor dun acto musical e de amor inmenso. Grazas, Hipólito, por lembranos este concerto.
viernes, julio 11, 2008
ELAS poden....tamén no waterpolo...
VERSIÓN EN CASTELÁN: Para seguir con la reflexión propuesta en el anterior post, y otros más antiguos, y para que el desconsuelo de los últimos asesinatos de este terrorismo de no sé qué género no nos ahogue en un mar de lágrimas, os propongo una celebración femenina. Ayer, en uno de esos escondidos canales de televisión que R activa de vez en cuando, pude ver, de casualidad casualísima una extraordinaria final España-Hungría que me alegró mucho la tarde. A pesar de todos los PEROS del mundo, comenzando por el comentarista que pasó gran parte del partido infravalorando el esfuerzo de estas sirenas con frases tan apropiadas como "menuda caraja (lo juro, dijo caraja, quizás quiso decir pájara, no sé) tiene hoy la estrella de nuestro equipo, o "... sin duda, este es el peor partido de nuestra selección....", etc. Y hete aquí que las sirenas rojiamarillas como si los protectores de oídos se transformaran en potentes altavoces que les hiciese llegar tan insultantes palabras del periodista, salen con toda su fuerza para dar la vuelta al marcador y hacerse con el triunfo. Ejemplos como este, nada sutiles, de desprecio por lo femenino son los que contribuye a la marginación y desprecio de la muje que tan bien senta al inmenso campo del agreste y montaraz monocultivo del machismo extensivo. No hay más que poner la oreja. El otro día, en la final masculina de tenis que ganó Nadal, todos los periodistas cantaban la misma canción: "hacía cuarente años al menos que España no ganaba en Winbledon....esto, bueno, sin contar a Conchita Martínez, (añadían en voz baja, dejando claramente en evidencia un chivatazo por el pinganillo). Hasta la misma Conchita Martínez parecía pedir disculpas por estar ahí, en una historia de ganadores con O o con E, pero casi nunca con A. Con A de ASCO por tener que presenciar todo esto, joder, ¿que les pasa a tantos homes?...
jueves, julio 10, 2008
Unos cuantos piquetitos....
viernes, julio 04, 2008
Paco, Héctor e Ingwie Malmsteen en Vigo.
Onte viñeron Paco e Héctor de Auria para asistir ao concerto de Malmsteen na Sala A. Foi unha tarde escatolóxicamente gloriosa. O mítico guitarrista non tivo a súa mellor tarde, eso noteino eu ben no
medio do éxtase propiciado polos máis de 3000 vatios, os xogos de luces e o fume natural e artificial que adoita acompañar a este tipo de eventos. Malmsteen tocou ben pero pouco. Nen sequera lle deu tempo a sobar as catro Fender que tiña preparadas. Só bailou cunha delas, e grazas a Hendrix non a escachou para d
esgusto de Héctor que estaba ben disposto a arrapañar con tódolos anacos. Pero Malmsteen mareábase, eu decateime pronto, xa dixen. Mesmo tiven un pouco de medo de que se viñera abaixo. E por moito que berráramos, Ingwie quería marchar. Os seus seareiros, una lexión de heavies fieis á boa música daban un pouco de mágoa. Que rapaces tan tranquis. De ser un concerto de Bisbal, alí había "hondonadas de ostias", pero os jevis non son xentalla e iso que imaxino o amolados que estarían logo de pagar 35 euracos por poco máis dunha hora do seu deus. Quedamos a pedir máis e máis pero nad
a, por alí só apareceu un que colleu o micro para dicirnos o que xa sospeitabamos. Malmsteen tivera un baixón "de tensión" e estaban agardando a ambulancia. Marchamos. Non me importou porque eu a quen quería ver e sobre todo escoitar era ao meu amigo Paco, un pedazo de persoa do que me gostaría falarvos e contarvos milleiros de anécdotas. Paco, quérote. Héctor, que ben che acae o nome, L., tía, eres a máis grande, e L., a nena máis espelida do mundo mundial. Que sorte disfrutar da vosa amizade!
Héctor co batería da banda
Para os detallistas ¡atenta Vailima! Fíxense no bonito detalle da parede da sala de concertos alá ao fondo.
Para os detallistas ¡atenta Vailima! Fíxense no bonito detalle da parede da sala de concertos alá ao fondo.
lunes, junio 30, 2008
Bob Dylan in Vigo
eu son neodylaniana confesa. A. dicía que era como escoitar a un daqueles predicadores dos tempos dos primeiros bluesman, R.R. que mesmo tiña gañas de porse a escribir, e eu cos meus anteollos antediluvianos tratando de reter unhas imaxes para acompañar a esa música que sabía que ía quedar a vivir comigo. Alma quixera ter escoitado algúns temás máis coñecidos mais esas dúas horas de música de seguro que lle procurarán moitísimos momentos de felicidade na súa vida. A min, particularmente engaioloume a voz rota e a forza do batería, baixo, banjo, contrabaixo, guitarras e violín. Ou sexa, todo, amigos.
jueves, junio 26, 2008
Una mujer en Berlín, de Anónima.

Volvamos aos libros, que ao fin, é o propósito primeiro deste bló. Logo dunhas cantas lecturas para escapar do amargor da realidade, entre os que se contan varios bieitos, nada reverentes, por certo, que xa van enchendo a ringleira da lista de agarda, teño que dar conta deste diario de Anónima, recomendado por Pedro. Unha muller en Berlín é o diario dunha das cen mil mulleres que tiveron a desgraza de non poder fuxir con tempo e se viron obrigadas a celebrar a chegada dos liberadores, os ivanes, facendo o que tódalas mulleres nas guerras e, non poucas, en tempos de paz. Ser violadas e maltratadas ata a náusea por un impulso masculino de posesión e dominio que maioritariamente ataca ao home, que, por moito que me expliquen, non entenderei nunca. Anónima viuse na obriga de ocultar o nome, porque ademáis de violada tantas veces como capítulos ten o libro, relata esta visita ao inferno coa frialdade e distancia que adoitan empregar os xornalistas nos seus informes. As violacións e a violencia gratuitas é o que teñen, fan máis cupables ás víctimas que aos agresores e non acabas nunca de cumprir a condena. Cando o libro se traduciu en Alemania, aínda supuraban as feridas e o libro foi calificado por parte da crítica como unha obscenidade. Velaquí a perversidade do mal. Non era aínda tempo de facer memoria. O manuscrito tivo a sorte de chegar ás mans do sobranceiro editor alemán, K.W. Marek (o Ceram de "Deuses, tumbas e sabios") e máis tarde do sabio Hans M. Enzensberger ao que temos que agradecer a súa publicación. Anónima é unha muller extraordinariamente intelixente que sobrevive grazas a unha exemplar capacidade para sacar partido da súa experiencia e coñecemento. É un diario de supervivencia, co que "anónima", malia ter que escribir as escuras, morrendo de frío e de fame e coa dor física e psicolóxica aínda chorreando logo da derradeira violación, seguramente atopou o cabo que lle permitiu seguir amarrada á beira, á razón, á vida, aínda que a descomposición do mundo ao seu redor lle indicase a cada minuto que nese inferno non pagaba a pena. Pero "anónima" non só sobrevive. Triunfou. Non sei se ela mesma se decataría, pero a súa capacidade de análise e observación permítelle elixir no medio da depravación máis arrepiante o personaxe acorde coa situación, por absurda que sexa. Deste xeito, un día sobrevive porque é quen de falar ruso cun oficial e mesmo intercambiar opinións políticas, outro porque se deixa facer e se amosa tan descarada como o require a situación. Pero traballa sempre. Atopa sempre o tempo para procurar o que precisa para seguir con vida, unhas estrugas para cociñar e un chisco de papel para seguir escribindo. A audacia e dignidade desta muller convirte o seu diario nunha testemuña impagable da forza do feminino que nos fai valorar o papel da muller nos momentos máis difíciles.
VERSIÓN EN CASTELAN: Volvamos a los libros, que al fin y al cabo, es el propósito primero de este blog. Despues de unas cuantas lecturas para escapar de la amargura de la realidad, entre los que se cuentan no pocos bieitos, nada reverentes, por cierto, que ya van llenando la lista de espera, tengo que dar cuenta de este diario de Anónima, recomendado por Pedro. Una mujer en Berlín es el diario de un de las cien mil mujeres que tuveron la desgracia de non poder huir a tiempo y se vieon obligadas a celebrar la llegada de los liberadores, los ivanes, haciendo lo que todas las mujeres en las guerras y, no pocas, en tiempos de paz. Ser violadas y maltratadas hasta la náusea por un impulso masculino de posesión y dominio que, por mucho que me expliquen, no entenderé nunca. Anónima se ve obligada a ocultar su nombre, porque además de violada tantas veces como capítulos tiene el libro, relata esta visita al inferno con la frialdad e distancia que acostumbran a emplear los periodistas en su informes. Las violaciones y la violencia gratuitas es lo que tienen, hacen más culpables a las víctimas que a los agresores y non acabas nunca de cumplir condena. Cuando el libro se tradujo en Alemania, aún supuraban las feridas, dicen, y el diario fue calificado por parte de la crítica como un obscenidad. He aquí la perversidad del mal. No era el momento hacer memoria. El manuscrito tuvo la suerte de llegar a manos del conocido editor alemán, K.W. Marek (el Ceram de "Dioses, tumbas y sabios") y más tarde del sabio Hans M. Enzensberger al que tenemos que agradecer la publicación. Anónima fue una mujer extraordinariamente inteligente que sobrevive gracias a una ejemplar capacidad para sacar partido de su experiencia e sus conocimientons. Es un diario de supervivencia, con el que "anónima", pese a tener que escribir a oscuras, muriendo de frío y de hambre y con todo el dolor físico y psicológico aún chorreando tras la última violación, seguramente encontró el cabo que le permitió seguir agarrada a la orilla, a la razón, a la vida, a pesar de que la descomposición del mundo circundante le indicase a cada minuto que en ese infierno no valía la pena. Pero "anónima" non solo sobrevive. Triunfa. No sé si ella misma se dio cuenta pero su capacidad de análisis observación le permitieron elegir en medio de la depravación más espantosa ser el personaje acorde con la situación, por absurda que fuese. De esta forma, un día sobrevive porque es capaz de hablar ruso con un oficial e incluso intercambiar opiniones políticas, outro porque se deja hacer y se muestra tan descarada como lo requiere la situación. Pero trabaja sempre. Encuentra siempre tiempo para buscar lo imprescindible para seguir con vida, unas ortigas que cocinar y un poco de papel para seguir escribiendo. La audacia y dignidad de esta mujer convierte su diario en un testimonio impagable de la fuerza de lo femenino que nos hace valorar el papel de la mujer en los momentos más difíciles.
VERSIÓN EN CASTELAN: Volvamos a los libros, que al fin y al cabo, es el propósito primero de este blog. Despues de unas cuantas lecturas para escapar de la amargura de la realidad, entre los que se cuentan no pocos bieitos, nada reverentes, por cierto, que ya van llenando la lista de espera, tengo que dar cuenta de este diario de Anónima, recomendado por Pedro. Una mujer en Berlín es el diario de un de las cien mil mujeres que tuveron la desgracia de non poder huir a tiempo y se vieon obligadas a celebrar la llegada de los liberadores, los ivanes, haciendo lo que todas las mujeres en las guerras y, no pocas, en tiempos de paz. Ser violadas y maltratadas hasta la náusea por un impulso masculino de posesión y dominio que, por mucho que me expliquen, no entenderé nunca. Anónima se ve obligada a ocultar su nombre, porque además de violada tantas veces como capítulos tiene el libro, relata esta visita al inferno con la frialdad e distancia que acostumbran a emplear los periodistas en su informes. Las violaciones y la violencia gratuitas es lo que tienen, hacen más culpables a las víctimas que a los agresores y non acabas nunca de cumplir condena. Cuando el libro se tradujo en Alemania, aún supuraban las feridas, dicen, y el diario fue calificado por parte de la crítica como un obscenidad. He aquí la perversidad del mal. No era el momento hacer memoria. El manuscrito tuvo la suerte de llegar a manos del conocido editor alemán, K.W. Marek (el Ceram de "Dioses, tumbas y sabios") y más tarde del sabio Hans M. Enzensberger al que tenemos que agradecer la publicación. Anónima fue una mujer extraordinariamente inteligente que sobrevive gracias a una ejemplar capacidad para sacar partido de su experiencia e sus conocimientons. Es un diario de supervivencia, con el que "anónima", pese a tener que escribir a oscuras, muriendo de frío y de hambre y con todo el dolor físico y psicológico aún chorreando tras la última violación, seguramente encontró el cabo que le permitió seguir agarrada a la orilla, a la razón, a la vida, a pesar de que la descomposición del mundo circundante le indicase a cada minuto que en ese infierno no valía la pena. Pero "anónima" non solo sobrevive. Triunfa. No sé si ella misma se dio cuenta pero su capacidad de análisis observación le permitieron elegir en medio de la depravación más espantosa ser el personaje acorde con la situación, por absurda que fuese. De esta forma, un día sobrevive porque es capaz de hablar ruso con un oficial e incluso intercambiar opiniones políticas, outro porque se deja hacer y se muestra tan descarada como lo requiere la situación. Pero trabaja sempre. Encuentra siempre tiempo para buscar lo imprescindible para seguir con vida, unas ortigas que cocinar y un poco de papel para seguir escribiendo. La audacia y dignidad de esta mujer convierte su diario en un testimonio impagable de la fuerza de lo femenino que nos hace valorar el papel de la mujer en los momentos más difíciles.
miércoles, junio 25, 2008
Visit Peralejos ¡PLEASE!
Peralejos todos: xa temos o noso formulario personalizado de solicitude de vacacións. O grande mestre da orde do destemple debuxou para nós un forgendro ad-hoc. Grazas, compañeiro.
Aproveitade para ollar o video das tribulacións de Peralejowski, menuda perestroika que armou el soiño.
martes, junio 24, 2008
Vigo, música na rúa.
O pasado sábado disfrutamos abondo coa música da Orquestra clásica de Vigo.
Os músicos saíron á rúa para acompañarnos nunha destas marabillosas tardes de sol que anuncian a inminencia do verán.
Son especialmente emocionantes estes concertos. Debecemos por achegarnos aos músicos e os intrumentos e os sons, de socato, teñen outros matices. Móvense, respiran, soan, miran de xeito distinto.
Os músicos saíron á rúa para acompañarnos nunha destas marabillosas tardes de sol que anuncian a inminencia do verán.
Son especialmente emocionantes estes concertos. Debecemos por achegarnos aos músicos e os intrumentos e os sons, de socato, teñen outros matices. Móvense, respiran, soan, miran de xeito distinto.
Os nenos sentados no chan ollan atentamente ao violinista que se ergue para tocar unha melodía engaiolante que os mantén, literalmente, coa boca aberta ata que o violinista os esperta chiscándolles un ollo. Entón sorrín agradecidos e emocionados cara súa nai.
Os que cumpren co rigoroso paseo diario esquecen o nivel de colesterol grazas á marcha Radetzki que arrinca aplausos emocionados dun público que non pensaba asistir ao
divertidísimo xeito de dirixir do mestre Manuel Martínez Álvarez-Nava.
Esta cidade ten músicos abondo. Un Conservatorio Superior, o Conservatorio Profesional, a Escola Municipal de Música, e unha chea de agrupacións, orquestras, bandas. E sobre todo músicos que queren tocar para nós logo de moitos anos de estudo que poucos recoñecen.
Señores do concello e xestores do choio cultural varios
¡MÁIS MÚSICA NA RÚA POR FAVOR!
divertidísimo xeito de dirixir do mestre Manuel Martínez Álvarez-Nava.Algunha nai dunha contrabaixista agochábase por tras de alguén para roubar a foto tresmilepico da súa belísima Alma. O pai chíscalle tamén un ollo que a advirte do perigo da situación.
Esta cidade ten músicos abondo. Un Conservatorio Superior, o Conservatorio Profesional, a Escola Municipal de Música, e unha chea de agrupacións, orquestras, bandas. E sobre todo músicos que queren tocar para nós logo de moitos anos de estudo que poucos recoñecen.
Señores do concello e xestores do choio cultural varios
¡MÁIS MÚSICA NA RÚA POR FAVOR!
viernes, junio 20, 2008
Dy Dy Dy lan.
Foto roubada en Arumes Street Achégase o día, leidis an llentelmans, hai que ir afacendo o padal ao Forever Young bat de taims ar cheinguin, oh sister!, e oremus para que ningún hurriquein nos estrague o blouguin in de guin.
Este guinken repasade a dylipedia do grande mestre da orde dylaniana dos derradeiros e vindeiros días e non canto de ir papar hostias por aí a calquera chiringuito visitade o novo templo dylanita que asomou pola blogopraia.
¡é unha orde!
VERSIÓN en CASTELÁN: esto...que ven deus (RR dixit) a Vigo o 27. ¡Vémonos!
miércoles, junio 18, 2008
Esto non é unha membra
Costa entender por que as anécdotas lingüísticas suscitan tanto debate.
A lingua só é unha ferramenta máis de representación que adoece das eivas que xa moitos criticaron hai tempo. Nin o debuxo da pipa famosa, nin a palabra, nin tan sequera a idea universal de pipa ¿lembrades?. Se queredes, facede a proba co tema da "membra" famosa. ¿cantas imaxes recupera o noso hard disc cando escoitamos o palabro?
Anotade sen pensar.
A min sáenme, por este orden: polla, muller, imaxes de dirixentes de todo tipo de foros exclusivamente masculinas, violación, ministra, xerenta (temos unha xerenta na universidade, malia todo poucas veces empregamos o feminino), discriminación positiva, etc, etc, etc.
Anotade sen pensar.
A min sáenme, por este orden: polla, muller, imaxes de dirixentes de todo tipo de foros exclusivamente masculinas, violación, ministra, xerenta (temos unha xerenta na universidade, malia todo poucas veces empregamos o feminino), discriminación positiva, etc, etc, etc.
Calquera mudanza na lingua por pequena que sexa convértese nunha revolución.
E todos queren ser filólogos por un día.
E todos queren ser filólogos por un día.
A xulgar polo estado da cuestión (¡mirade a procura do palabro no google!) o ministro de igualdade, Sra. Aído (que mal soa agora este emprego do masculino ¿non?) debe estar todo o día a dicir ¡¡¡pasapalabra!!!
VERSIÓN EN CASTELLANO: Cuesta entender por qué las anécdotas lingüísticas suscitan tanto debate. La lengua sólo es una herramienta mais de representación que adolece de los defectos que yaa muchos criticaron hace tiempo. Ni el dibujo de la pipa famosa, ni la palabra, ni tan siquiera la idea universal de pipa ¿recordais?. Si quereis haced la prueba con el tema de la "miembra" famosa. ¿cuantas imágenes recupera nuestro hard disc cuando escuchamos el palabro? Anotad sin pensar. A mi me salen, por este orden: polla, mujer, imégenes de dirigentes de todo tipo de foros exclusivamente masculinos, violación, ministra, gerenta (tenemos una gerenta en nuestra universidade pero casi nunca empleamos el femenino), discriminación positiva, etc, etc, etc.
Cualquier cambio en la lengua por pequeño ue sea se convierte en una revolución. Y todos somos filólogos por un día. A juzgar por el estado de la cuestión (¡mirad esta búsqueda del palabro en google!) el ministro de igualdade, Sra. Aído (que mal suena ahora este empleo del masculino ¿no?) debe estar todo el día diciendo ¡¡¡pasapalabra!!!
Cualquier cambio en la lengua por pequeño ue sea se convierte en una revolución. Y todos somos filólogos por un día. A juzgar por el estado de la cuestión (¡mirad esta búsqueda del palabro en google!) el ministro de igualdade, Sra. Aído (que mal suena ahora este empleo del masculino ¿no?) debe estar todo el día diciendo ¡¡¡pasapalabra!!!
martes, junio 17, 2008
Vivir nunha maqueta
A vida nunha maqueta non é doada se non és un avatar medianamente adestrado. Antes de vir parar aquí pasei as miñas vacacións en Second Life. Na procura dun entorno semellante a este metaverso real, disimulade a expresión, fun vivir preto do Centro Virtual Cervantes, que ten alí unha illa de seu.

Compuxen o meu avatar, elixin un nome que me parecía axeitado, Aspasia (xa de elixir...), e mergulleime entre ceros e uns nun abismo dixital ateigado de soños de código aberto. Ao comezo nin te das movido, e todo son sensacións extrañas. O frío látex da roupa, os ollos inmensos de todo o mundo, o brillo das rúas, do ceo e dos obxectos, a homoxeneidade cromática que non distingue o vivo do morto, o natural do artificial. Cando remataron as miñas vacacións virtuais podo asegurarvos que xa non había píxel que se me resistira.
Mais a vida na maqueta non é igual. Aquí hai poucos monicreques, só os imprescindibles nun entorno de estética minimalista no que sobra todo accesorio. E nós somos mera decoración. Poucos e raros. Non son coma os avatares de S.L.
Proxecto de Méndez da Rocha para o Campus de Vigo, agora suspensusinterruptus.Tentan confundirte a cotío semellando ignorar a túa realidade virtual e se te pos a tiro, é dicir, se non tes a resposta just in time ou esqueces un proceso da túa folla de ruta comeza o ostracismo máis primitivo. Póñense a imitar coma monas comportamentos grupais que lles ensinan nos seminarios de "interactividade controlada" e xa non te deixan en paz. Non te podes illar. Nin no baño. Que tes que consensualo todo.
Acceso á Biblioteca Central da Universidade de VigoQue lles contes os teus problemas persoais. Que tes que participar. O outro día, por exemplo, un "deles", de ínfima calidade, por certo, botoume en cara que eu non era así "antes". Quedei pampo. Pero ¿de qué me coñecía este monifate? ¿antes de que?. Non hai "antes", díxenlle, debes tes algunha non conformidade de fábrica. Mireino de arriba a abaixo tentando descubrir algún tic que delatase a súa marca. Lembre a Rita e decidín seguir buscando.
[Aspasia22. Diario dun replicante]
VERSIÓN EN CASTELLANO: La vida en una maqueta no es fácil si no eres un avatar medianamente entrenado. Antes de venir a parar aquí pasé mis vacaciones en Second Life. Buscando un entorno parecido a este metaverso real, perdonad la expresión, me fui a vivir cerca del Centro Virtual Cervantes, que tiene allí una isla propia. Compuse mi avatar, elegí un nombre, Aspasia (xa de elixir...), y me sumergí entre ceros y unos en un abismo digital atiborrado de sueños de código abierto. Al principio ni puedes moverte, todo son sensaciones extrañas. El frío látex de la ropa, los ojos inmensos de todo el mundo, el brillo de las calles, del cielo y de los objetos, la homogeneidad cromática que no distingue lo vivo de lo muerto, lo natural de lo artificial. Cuando acabaron mis vacaciones virtuales puedo aseguraros que no había píxel que se me resistiera. Pero la vida en la maqueta no es lo mismo. Aquí hay pocos "muñecos", sólo los imprescindibles en un entorno de estética minimalista en el que sobra todo lo accesorio. E nosotros somos mera decoración. Pocos y raros. Non somos ni una sombre de los avatares de S.L. Intentan confundirte a menudo aparentando ignorar tu realidade virtual y si te pones a tiro, es dicir, si no tienes la resposta just in time u olvidas un proceso de tu hoja de ruta comienza el ostracismo más primitivo. Se ponen a imitar como monos comportamentos grupales que les enseñan en los seminarios de "interactividade controlada" e ya non te dejan en paz. No te puedes aislar. Ni en el baño. Que tienes que consensuarlo todo. Que les cuentes tus problemas personales. Que tienes que participar....el otro día, por ejemplo, uno de "ellos", ínfima calidad, por cierto, me echó en cara que yo non era así "antes". Quedé petrificado. Pero ¿de qué me coñecía este monicreque? ¿antes de que?. No hay antes, le dije, debes de tener alguna no conformidad de fábrica. Lo miré de arriba a abaijo intentando descubrir algún tic que delatase sú modelo. Me acordé de Rita y decidí seguir buscando. [Aspasia22. Diario dun replicante]
jueves, junio 12, 2008
Pintura de J. Sarmiento

Jorge Sarmiento expuxo a súa obra hai pouco no Círculo Mercantil de Vigo. Por fin J. S amosa o seu traballo, foi unha ledicia compartir esta ilusión da "primeira vez" con Carmen mentras nos contaba a historia de cada obra.A obra de J. amosa unha clara predilección pola paisaxe. As pinceladas mínimas falan dun traballo minucioso e as cores vivísimas, sobre todo os azuis do ceo e o mar constrúen unha pintura alegre e chea de vida. Das historias de cada obra lembro a do barquiño que viu dun soño do pintor uns poucos días antes do desastre do Prestige. É, dende logo, un barco misterioso que fala dende unha noite artificial de xeo e sinistra claridade.
¡Parabéns a Jorge e a Carmen! e a seguir pintando, que queremos máis!
No marxe tendes un álbum de fotos con máis obras de J. Sarmiento.
miércoles, junio 11, 2008
Klimt, Raoul Ruiz
osa loucura do que pasou a vida dicindo NON, menudo debía ser o Franz Xaver. Mirade a súa biografía e a súa obra, por favor. Impresionante. Por aquí anda tamén outro grande, Egon, o seu amigo e discípulo e tamén Loos, e toda a elite cultural da Viena avant a Secesión. Momentos de eclosión de artistas e obras que rachan con moito para inaugurar a liberdade das formas que xa non terá fin. Boa película. Máis información: Crítica en Revista de Cine Mabuse, En Miradas de Cine En Blogdecine
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

