É unha historia preciosa, non só pola presenza de Antonio Vega, que aínda te choramos, nin polo insoportable bruido desa porta que semella pecharse para sempre, e tampouco pola presenza de dúas guitarras que ensarillan dúas vidas que se cruzaron diante túa. Dicíalle ao noso amigo M. que a historia que emociona é a que está nos marxes, a historia de seres capaz de deter a ollada e o tempo para gardar coma un tesouro eses fios que che procurou o azar e que xenerosamente gardaches e deixaches voar para contárnolo. lunes, mayo 18, 2009
Historia dunha guitarra con Antonio Vega e Xoan da Cova ao fondo.
É unha historia preciosa, non só pola presenza de Antonio Vega, que aínda te choramos, nin polo insoportable bruido desa porta que semella pecharse para sempre, e tampouco pola presenza de dúas guitarras que ensarillan dúas vidas que se cruzaron diante túa. Dicíalle ao noso amigo M. que a historia que emociona é a que está nos marxes, a historia de seres capaz de deter a ollada e o tempo para gardar coma un tesouro eses fios que che procurou o azar e que xenerosamente gardaches e deixaches voar para contárnolo. jueves, mayo 14, 2009
¡follad, follad, malditas!
Con este fabuloso achado xa non podo aprazar máis este post eternamente adiado por unha morea de causas que tamén veñen a conto. Xa sabedes. O feisbú, que nos ten e nos entretén moito máis do que estamos dispostos a recoñecer. Un fenómeno do que aínda queda case todo por dicir e discutir. Novos conceptos que implicarán cambios cicais demasiado drásticos e a moi curto prazo que van mudar completamente o panorama. Novos conceptos, Identidade colectiva, redes sociais, sofware social, a teoría dos seis grao de separación? memes, douspuntocero, trespuntocero, web semántica, fenda dixital, etc. Estamos ollando directamente ao infinito, ao incomprensible, ao máximun do contradictorio: realidade virtual. Infinitas cuestións. Pero hoxe vin falar de sexo. Digamos que pacemos cómodamente nun deliberadísimo conformismo no que damos por boas as falacias máis absurdas. As mulleres temos que engulir páxinas de historia, literatura, arte, ciencia que falan da nosa absoluta incapacidade e o facemos seica con gusto, e vivimos o día a día disimulando ter tamén algún órgano que outro. Algunha acada que se lle recoñeza o cerebro e iso polo tema da cota, pero o do sexo seica é máis complexo, abofé que sí. Dende o poder sempre se botou man dos argumentos máis revirados para agochar a existencia do feminino e nestes tempos xa 3.0 o tema experimenta un grao de retroceso que me fai saltar á area aínda que só sexa como un exercicio de catarse que moi pouco ten que ber coa proposta polo estaxirita. Mais non abonda con cuspir sobre Hegel. Si, as mulleres temos uns organos sexuais deliciosamente desenvolvidos como amosan estas fermosísimas venus prehistóricas. Aínda se amosan nas aulas como símbolos da fecundidade e como tributos á natureza. Os falos non, os falos da Idade de Pedra xa nolos presentaron como órganos sexuais en plena procura da voluptuosidade. O home, comeza a distanciarse dos animais porque consciente da súa morte, comeza a fabricar utensilios e a fornicar por pracer. Pois a muller tamén. E esas venus esteatopíxicas (literalmente de culo gordo) son representacións dunha sexualidade feminina plenamente consciente. O virtual mundo feisbukeano co seu culto total á indivudualidade é un privilexiado observatorio do noso comportamento sexual. Os homes continúan a ser machos en competición pola femia, e nós seguimos agardando a chamada do "mellor dotado". A convivencia, ou mellor dito, a pervivencia do (ana)lóxico co dixital está amosando un estado da cuestión moi preocupante para a muller. De repende venme á cabeza unha Madame Bovary masturbándose con aquelas perigosas "novelas". Creo que F. tivo problemas para evitar a cadea por esto. Hoxe, as mulleres asomámonos á rede cos mesmos medos, seica temos que gardar as aparencias cos amigos virtuais, se cadra un cento de descoñecidxs que nos poden levar outra vez á fogueira. ¿e para eso tanto conto?. Pois digo eu, se temos que disimular un pouco máis, adiánte...ao titulo do post me remito!lunes, mayo 11, 2009
Highway to Outeiros....
Grande grande Lou, beleza absoluta a do teu sorriso aberto e xeneroso, simpar Lou de ollos húmidos de outono, tronante Lou, granmamamala, leoa do Serengeti de portas sempre abertas e sempre ao asexo, protectora e anfitriona cálida e de dozura infinita. Ollade se non é certo o que digo...
Merda adequerida ou herda / merda de diante i en pos / grandes palleiros de merda / acugulada en montós...
Versos de Celso Emilio adicados a tódolos mediocres, especialmente a eses cantantes de coros e danzas que pululan pola poeirenta e mefítica miseria dos xestores da cousa pública na procura dun agocho quentiño para fermentar a gusto, aspirantes a cesante e persoaxes casposos, enxeñosos Bartlebys que tanto enriquecen a nosa idiosincrasia...
martes, mayo 05, 2009
falamos
miércoles, abril 29, 2009
Espertares...
sábado, abril 25, 2009
Botóns...
jueves, abril 23, 2009
Estranho animal...
martes, abril 21, 2009
A crise.
sábado, abril 18, 2009
Negación
viernes, abril 17, 2009
xenuflexións literarias un...
martes, abril 07, 2009
semana de paixón...ou as intermitencias da igrexa
Noli me tangere Necrosia cultural Eu tamén son atea Os cartos da igrexa (III) (II) (I) Nosa Señora da Ascención....a motor A única igrexa que ilumina é a igrexa que arde, ¡aVe mArÍA pURÍsima ! (sic) ¡00001101100111! ¡dremialamorhermoso!, Exposición Arte e Omosessualità...
domingo, marzo 29, 2009
The Reader.
sábado, marzo 28, 2009
I cried for you.
(Su Li-zhen)
69.997 visitas?....ei...grazas e o que faga as 70.000 que avise que sempre hai premio.
Bicazo a tódxs
miércoles, marzo 25, 2009
verbas...verbas...verbas....
Lidas, susurradas, cravadas, debuxadas, escritas, ensarilladas, gravadas, pintadas, penduradas, soñadas, rexeitadas, escritas, tatuadas, inéditas, molladas, cuspidas, adicadas, illadas, inspiradas, excomungadas, deitadas, encriptadas, agochadas, confiscadas, aguilloadas, segredas, premiadas, reservadas, pensadas, rescatadas, esculpidas, cantadas, as irremediablemente perdidas...
Adicado a Lucía T.F. a preciosa rapaza que fixo a foto e que tivo a amabilidade de lembrarme que lla roubei sen permiso.
lunes, marzo 23, 2009
Gran Torino.
viernes, marzo 13, 2009
I´m all right
de súpeto estourou a primaveira
acordaron músculos e tecidos
saíron verbas agochadas nas cavidades fechadas dende o comezo da estación escura
moi a modo o corpo afíxose á caloriña e deixouse facer...
Deixádevos contaxiar pola ledicia da marabillosa Madeleine Peyroux
Boa fin de semana!!!
jueves, marzo 12, 2009
Esperanza Spalding...deliciosa!
miércoles, marzo 11, 2009
Slumdog Millionaire
viernes, marzo 06, 2009
Vertixe
Para A. miércoles, marzo 04, 2009
Un bo día
lunes, marzo 02, 2009
Escherpolitic
jueves, febrero 26, 2009
sonoambulando por aí....

miércoles, febrero 25, 2009
Calendario romano
Un tal señor Barragán, nonseiqué autoridade de nonseiqué teocracia mediterránea e, por certo, home de singular apelido que non casa moito coas súas castísimas maldicións, di que a revolución sexual, a trivialización do sexo e a separación da procreación do acto sexual, entendido como mero pasatempo, están na orixe da reforma da lei do aborto que nos vai levar a tódolos españoles ao inferno. Creo que preciso confesión urxente porque onde hai incienso eu cheiro xofre, na inocente expresión deste espectacular acólito do noso señor que ilustra o marzo do calendario romano eu só vexo un suxerente aceno que me convida a axeonllarme para suplicar o perdón ao ritmo dunha ladaíña tan eterna como as contas da sotana. Cando as animalias pontifican sobre sexo estouran crucifixos, derrámanse as augas malditas e o balbordo dos milleiros de órganos desafinados espertan meigas e axusticiados de tódolos tempos. E aínda menos mal que probablemente non hai deus...porque se lles ven pedir contas....lunes, febrero 23, 2009
I Scream, You Scream, We All Scream for Ice Cream
domingo, febrero 22, 2009
ABB Photo Prize
viernes, febrero 20, 2009
Visita de Francisco de Goya y Lucientes á Universidade
¿Faro de Vigo? Non, grazas.
PD. Pero como ninguén do FdV vai ler este bló podedes facerlle chega a vosa opinión directamente aqui: redaccion@farodevigo.es
viernes, febrero 13, 2009
Take it easy
E a ti...¿que é o que che fai vomitar?
miércoles, febrero 11, 2009
Milena deconstruida
Picasso: Muller deconstruidajueves, febrero 05, 2009
Ao xeito de Vailima....
Bendito el que viene en nombre del señor!
miércoles, febrero 04, 2009
A ola

s de fe, inquisicións, holocaustos, o xenocidio armenio, o congoleño, o paraguayo e o actual exterminio que estamos a presenciar en Gaza. As explicacións do terror no pasado goza de moito máis interese que o estudo e análise e ata diría a sensibilización con fenómenos semellantes que ocorren hoxe mesmo. O filme é un material didáctico interesante, sen dúbida, e os docentes que o van destripar nas súas aulas decataránse, para ben, do enorme poder que teñen dende o seu papel de docentes e polo tanto de líderes. Neste punto paréceme máis interesante o debate, nesta toma de conciencia da importancia do seu papel na "dirección da obra". martes, febrero 03, 2009
Volubilidade
domingo, febrero 01, 2009
Por que cremos en cousas raras
Máis información: Eduard Punset. ¿aínda crendo en cousas raras?
viernes, enero 30, 2009
Cordovani
lunes, enero 26, 2009
As vascas da marea.
jueves, enero 22, 2009
Inmovirxinianismo
Inmune, vexetal, fume, inmortal, contaminación, lume, can, tigre, xenital, vertedoiro, brasil, xeonllo, trompetista, traficante, malabarista, cantante, retórico, futbolista, trompetista, sfumato, samba, Cicerón, ¿sería o viño?, novaorleáns, florianópolis, ¿serían as ñoras?....
miércoles, enero 21, 2009
Malavita.
martes, enero 20, 2009
A arte mata...
é política. Velaí os xigantes baleiros do efecto Guggenhein que o noso goberno importou con tódalas consecuencias. De coñecer a historia do noso Gaiás, Benacquista non ambientaría a súa historia en París. A arte contemporánea mudou completamente de linguaxe, ¿a quen lle importa o que é o índigo, a cera fría, a punta seca ou o estofado? A neolingua do capital abonda para entendérmonos. Cotización, subasta, valores en alza, falsificación, exportación, expolio...unha pasta de primeira para o xénero negro. A impostura que a cotío inspira a curadores, artistas, galeristas, críticos, revistas especializadas, directores de museos e a todo o que toca a creación artística máis moderna foi xa tema daquela Cabeza de plástico de Vidal Folch. O tema do "todo vale" trócase nun problema a vida ou morte entre aquel todopoderoso director de museo Cees Wagner e o artista-provocador Kasperle. Dúas boas lecturas para decatármonos do que verdadeiramente debería aparecer nos catálogos das exposicións.


