Fotografía: Calendario RomanoESTE POST PERMANECERÁ ABERTO DURANTE TODA A SEMANA SANTA....É A MIÑA CONTRIBUCIÓN A ESTA SEMANA DE PAIXÓN, IREI ENGANDINDO TODO O "GRACIOSAMENTE" ME ACHEGAN MEUS MÁGNÍFICXS COLABORADORXS.
A pederastia no clero é un fenómeno exclusivamente masculino. De momento no temos indicios do contrario. A rotundidade desta evidencia non permite desprezala se realmente queremos entender o asunto e comezar a concebir solucións. O abuso que exercen os membros da xerarquía eclesiástica contra os más débiles presenta os mismos perfís que a violencia de xénero.O celibato obrigatorio, é unha coartada máis para exercer esta violencia, pois recoñecer a dificultade do seu cumprimento convértese nunha revirado xeito de perdón que impide á maioría, esa maioría cega e crente que é a que lle interesa á igrexa, ver pecado ou delito ningún en calquera destas perversións.
O celibato é un factor suplementario no exercicio desta violencia, cicais o máis perverso porque por esta vía, o cura pederasta actúa convencido de que as súas accións son una manifestación de "amor".O celibato non ten a súa orixe en factor relixioso ningún (digan o que digan os concilios). É unha medida exclusivamente económica cuxo fin é impedir que o que se "cepilla" aos fieis se perda vía herencia dos curas aos fillos. Ademáis, que o celibato no é o cerne do problema (polo menos o único) o amósao o feito de que a pederastia é cometida diariamente por individuos non célibes. Non célibes pero varóns case exclusivamente, volvo a repetir. Non enfrontarnos ao compoñente do patriarcado como orixe do problema obligaranos a seguir soportándoo. A pederastia, no ámbito da igrexa ou fóra da mesma, ten exactamente os mesmos rasgos que outros fenómenos aínda moi agochados. O incesto por exemplo. É un problema de poder, de abuso de poder. En todos estes comportamentos hai demasiados elementos comúns como para no telos en conta. Lede esto e logo falamos.
Nazarí Amirian coma sempre, moi acertada.
Luis Manuel González Piñeiro, un curiña de Tui resume ben a preocupación da igrexa polo tema: "¿Pederastia" ¡Me la trae al pairo!" (Grazas S.)
O obispo de Tenerife, Bernardo Álvarez, ten moi claro quen son os culpables:
Papas pederastas: San Dámaso (366-384), San Simmaco ( 498-514), Bonifacio III ( 607), Camon (686-687), Bonifacio VI ( 896), SergioIII (904-911), JuanXII (955-964), Juan XIII ( 965-972)
BenedictoVIII (1012-1024), InocencioIV (1243-1254), BonifacioVIII(1294-1303), Benedicto XII ( 1334-1342), Sixto IV (1471-1484), AlejandroVI (1492-1503), JulioII (1503-1521), León X (1513-1521), Julio III ( 1550- 1555), Fonte¨:Los papas y el sexo. Eric Frattini.
O obispo de Tenerife, Bernardo Álvarez, ten moi claro quen son os culpables:
"Hay menores que desean el abuso e incluso te provocan"(grazas A.)
E podiamos seguir recopilando aberrantes declaracións similares que non só non constitúen delito ningún, senón que amosan a arrepiante naturalidade coa que os torturadores exercen a súa violencia. Agora, como sociedade enferma que somos, tocará "pechar filas" cos verdugos, e tirar pedras contra todos os enimigos de deus que queren seguir queimando igrexas.
Papas pederastas: San Dámaso (366-384), San Simmaco ( 498-514), Bonifacio III ( 607), Camon (686-687), Bonifacio VI ( 896), SergioIII (904-911), JuanXII (955-964), Juan XIII ( 965-972)
BenedictoVIII (1012-1024), InocencioIV (1243-1254), BonifacioVIII(1294-1303), Benedicto XII ( 1334-1342), Sixto IV (1471-1484), AlejandroVI (1492-1503), JulioII (1503-1521), León X (1513-1521), Julio III ( 1550- 1555), Fonte¨:Los papas y el sexo. Eric Frattini.
MÁIS DIFÍCIL TODAVÍA

4 comentarios:
Onte viña unha reportaxe en LVG sobre o seminario de Tui onde, cando se lles preguntaba aos seminaristas sobre os escándalos de pederastia que sacoden á igrexa miraban para outro lado. Un dos entrevistados mesmo tiña a ousadía de responder: "a mi la pederastia me la trae al pairo", ou que "aquí ni siquiera tratamos el asunto".
Do mesmo xeito ocorría hai pouco tempo coa violencia de xénero, lembremos, e do mesmo xeito está a ocorrer coa escravitude de moitas mulleres nas redes de prostitución: á mentalidade patriarcal esas cousas menores tráella ao pairo.
É urxente poñer de manifesto esta tremenda inxustiza, esta terríbel hipocresía. E a estes curitas bempensantes a quen o abuso dos nenos llela trae ao pairo cómpre desenmascaralos.
Hola!!!
Estuve visitando tu blog y esta genial, permiteme felicitarte. Sería muy agradable contar con tu blog en mi directorio http://www.xevere.com/ , podría incluirlo gustosamente y completamente gratis. Estoy totalmente convencida que para mis visitas será de mucho interés. Si lo deseas no dudes en escribirme muchos
Éxitos con tu pagina.
Un saludo
Gillian Silva
gsj_15@yahoo.es
jajajajaja...giLIXta...bueno, bueno...non sei nena, iso de completamente gratis paréceme un abuso, asi polo morro que me poñas no teu blogroll sen aluguer ningún vai parecer tráfico de influencias...que bueeeeeno...¡bicos wapa! y olvidáte un poco del piche dinero que hai cosas, todavía unas cuantas que son gratis, como escribir blogs y añadir a tus amigos.
Boas, Ana, cheguei de casualidade ao teu blogue, e fiquei nel un anaco, lendo cousas e rindo a cachos, unha boa parada , unha boa estación. Se queres, a miña casa está aberta tamén para ti, lucio do sixto.spaces, a lo mellor tamén gostas del, podes ficar o tempo que queiras, e unha porta aberta.
Publicar un comentario en la entrada