jueves, febrero 17, 2011

Don´t look now, Venecia máis cerca...

[Foto] Laura e John -Julie Christie and Donald Sutherland- protagonizan unha estraña historia na que hai mortes por accidente e asasinatos misteriosos nunha Venecia absolutamente fascinante (cando non o é) alonxada dos lugares comúns. Mentres non estou alí trato de ler, ver, respirar, tocar, comer, soñar e amorear todo o que se refira a esta cidade....Venecia é tantísimas cousas...Brodsky no seu coñecido libro sobre a cidade puxo as verbas á altura da infinita combinación de belezas que esta cidade reflicte na auga, que é o tempo. De crer eu nun Todopoderoso tamén sería pola mesma razón que el apuntou. O feito de non saber cando imos morrer, de non vir ao mundo cunha data de caducidade. A atracción que sentimos pola beleza é unha proba de que o infinito só pode ser apreciado polo finito. O finito, o que se vai. De momento eu quero ser Julie Christie e facerlle unha chiscadela a Donald mentres o amolo co asunto dos dichosos michelíns.
Infinitas grazas a T. e a J. pola intendencia veneciana.

No hay comentarios: