Cicais porque non interesa a opinión dos verdadeiros expertos -moitísimo menos se son expertas, claro-, porque nunca foi obxectivo prioritario do goberno a igualdade entendida como se ten que entender que é en termos de xustiza. Porque os discursos fáciles e estereotipados son ferramentas moi efectivas para desviar a atención ata do máis importante: a propia supervivencia, o dereito ao traballo. Dicir que non se pode manter a tanto vello como haberá de aquí a vinte anos resulta unha verdade tan incuestionable para o cidadán como a virxinidade da virxe para un católico de toda la vida. Pero ninguén bota contas de que hai vinte anos dicían exactamente o mesmo e que o nivel de riqueza aumentou polo menos tanto como o fará de aquí a vinte anos. Entereime das teoría de Miren Etxezarreta no brutalmente divertido programa de Radio 3, Carne Cruda. As que estamos hasta os ovarios de tantos collóns temos sorte de poder disfrutar dunha hora diaria dun pouco de humor intelixente. Que para sanear o sistema financeiro faría falta deixar afundirse aos bancos xa o tiña eu claro, coma outras tantas cousas máis que para a miña intranquilidade corroboran algunhas páxinas de loable literatura profesional...mirade esta entrevista para abrir o apetito...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Aventuro unha resposta. Se cadra porque saber estas cousas é algo que causa dor, xa que esixe un esforzo doble: primeiramente o necesario para poder sustraérmonos das ideas-forza do paradigma ideolóxico (con perdón). E en segundo lugar, é necesario gastar tempo e enerxías para formarse, é dicir, recoñecemento académico á parte, ler intensa e sostidamente no tempo autores de acreditada solvencia e non necesariamente doada lectura e dixestión, o que moitas veces nos xerarán máis dúbidas e desazón das que nos resolvan. Como o tempo e a enerxía son bens escasos, e a carne débil, o custe de oportunidades é moi elevado, xa que pensar e ler (e a súa consecuencia lóxica, actuar) son actividades que, exercidas conxunta ou individualmente, poden resultar incompatibles con outras aparentemente máis pracenteiras, como por exemplo embebedarse como un can, queimar unha ou varias tarxetas de crédito nas rebaixas ou babexar coas aventuras do Cretino Ronaldo ese.
Áteme usted esa mosca por el rabo, joven.
Razón levas abondo, coma sempre canciño. O do fumbol si que ten delito. Coa que está caendo dentro e fóra e que teñamos que aguantar medio telediario adicado ao primo de mesi e aos alpabardas engominados que aínda presumen de paquete diante dos parvos que llo enchen co que deixan de gañar...en fin...e cabréanse os intelectuais se unha critica este deporte de masas pedrestes...mimá! menos mal que o calendario ayurvédico fala de cambio de ciclo...
Publicar un comentario