unha le versos coma este e quere guindar ao lixo toda a homeopatía que foi amoreando sen querer, todos os bos consellos que falan nesa neolingua descoñecida ata hai escasas semanas de verbas absurdas que rematan en terapia. Auriculoterapia, aromaterapia, vacumterapia, oligoterapia e un imposible etcétera que se me presenta como a versión laica -pero tan acientífica- dos métodos de curación que teñen á santos e mártires do cristianismo como principio activo infalible. Se ademais das doenzas impropias se sofre de escepticismo agudo a curación xa se albisca coma algo totalmente fóra do noso alcance. Vémonos expulsados das consultas alternativas e verdes coa mesma forza que empregaría o cura da misa de doce no momento de erguer a man para reclamarlle unha garantía de que encomendarme a San Marculfo é a mellor solución para o bocio.
Verso de Claudio Rodríguez
Recomendo ver as ilustracións do Compendio de saúde de Johannes de Ketham
No hay comentarios:
Publicar un comentario