miércoles, diciembre 22, 2010

Tempo suspenso

...xa, xa sei que isto non é o twitter nin o feisbú pero é que teño que sairme da personaxe [si, o horario de nadal e de nove a sete] porque a mañá foi de forges colegas [si, si, ininterrumpido..de nove a sete, só pechamos os festivos] xa dende primeira hora. Primeiro foi a musaraña que non era tal a que alegrou un chisco esta cinsenta mañá fría e de choiva continua [biblioteca bos dias, non, non vou poder, estou soa esta mañá, grazas de todos xeitos]. Pensamos que podía ser o tal Firmín pero o becho, moi ben informado dos seus dereitos e sabedor do perigo de extinción que ameaza á súa liñaxe renunciou a amosar a súa carta de identificación, [¿Zhan Peilin? ok, e cal é o nome, Peilin como a Sara Peilin? do you understand me...ben, si, de acordo Zanpeilin entón] aínda que nos amosou gustosamente un fermoso expediente de limpeza de sangue que confirmaba a súa pertenza á noble caste das ratas de biblioteca Falou do compromiso da universidade coa sociedade en xeral e cos roedores en particular e cuspía de carraxe por mor da desa moda estúpida da tinta electrónica que ía rematar por dexenerar a súa especie. [oes que non me prestaches o libro ese de Eça de Queiroz, cal, O Mandarin, xuraría que si, a ver, ahhh, perdoa, presteillo a outra persoa que acaba de vir hai un pouco, cruce de fíos, síntoo, xa está arranxado, nada oh, veña, feliz nadal] Ata abriu a boca para amosarnos unhas deformidades na súa dentamia que presentaba un aspecto como de porto uesebé que os tiña moi moi mosqueados a todos. En fin, non me resignei a cumprir o procedemento de calidade relativo a este tipo de incidencias e no canto de poñer unha mensaxe na intranet fixen o de toda a vida, chamar polo conserxe. Non sei como rematou a cousa, pero para tranquilidade do respetable direivos que aquí non houbo sangue nin berros e ninguén subido nas mesas. Podo dar fe de que o atípico usuario non sufriu maltrato físico. Agora ben, do psicolóxico non podo falar, a saber o tempo que levaba xa papando todorovs e barthes o pobriño [¿de Emerson? ¿que Emerson? ¿Lake and Palmer? xa, que non lembras o apelido, vale, procura entón por "palabra clave" a ver].

2 comentarios:

Flo dijo...

Jajajajajajajaja que gracia! Vexo que tes dias bastante divertidos... A tua forma de reproducir o dialogo encantame, que simpatico. Por certo, ainda tedes bechos ali? por dios! A ver se vai se-la mesma musaraña que a do ano pasado que lle daba tanto medo a Estrella! Este becho e a proba de que os roedores son mais resistentes ca nos!Jejeje. Pero bueno, o mais importante é que non saira mal ao final co tipiño ese, as veces atopamos xente rara bicos e moi felices festas! PS: Non che puxen os acentos, xa sabes estou co teclado francés...

Trini dijo...

Foi unha mañá de paradoxos bastante interesante.
Eu creo que non ría tanto alí desde que a cabina de teléfono se autodenunciou por roubo.
Por certo, puxémoslle nome ó rato, pero xa non macorda... desastre!