domingo, marzo 21, 2010

Catalá-Roca

A realidade era xenerosa con Catalá-Roca ou, cicais, como dixo A. só é cuestión de pararse e ollar. E entón, a maxia. Un mundo ateigado de metáforas sincrónicamente arrombadas para que ti lles chuches toda esa enerxía e vitalidade que convidan a emigrar á miseria doutros tempos. Ser, só un intre o sorriso desa moza loura contra o muro caleado, o centro da chaira na hora de máis sol. Subir unha escada para entrar, ou sair dun marco, cara a parede, ollando, ollando e atrapando pasadías existencias para lembrarvos a caloriña do espectáculo da rúa chea de xente, da aira chea de suor e das marxes cheas de lixo. E malia todo, Catalá-Roca é un artista.

1 comentario:

Anónimo dijo...

A min, chamoume a atención a foto do vendedor de letras de cancións, tomada en Barcelona no 1950. Nela, un señor cun megáfono nunha man e letras na outra aparece rodeado de tres rapaces. Paréceme poético iso do "vendedor de letras".