Á nosa desleixada administración cada pouco amosa imaxes coma estas. ¿e será esto a famosa e-administración? ¿non será unha foto tirada no famoso "Desván de los Monjes"? Ah...non...non...son os documentos, os poucos que deben quedar, do que foi Lavadores cando era un Concello. Eu creo que había que montar unha oenegué ou algo así para rescatar o noso patrimonio documental, o histórico, digo, porque o actual xa non ten moito remedio. As administracións teñen a obriga de conservar os documentos en bo estado e facer as transferencias que lle corresponden aos arquivos do sistema. Neste caso, sendo documentos dos anos 40 deberían estar xa hai cousa de trinta anos no Arquivo Histórico Provincial. En fin...que menudo exemplo señores!
Foto e artigo FARO DE VIGO
2 comentarios:
Que mágoa!
Sábese exactamente de que época son?
Teño interese xa que seica son tataraneto dun alcalde de Lavadores aló polo 1914, como pode ver acó:
http://proxectoq.blogspot.com/2009/02/o-alcalde-de-lavadores.html
Sabe como podería coñecer se hai documentos desa época?
Publicar un comentario