Vivir do conto, ese tiña que ser o lema xacobino (sic) por antonomasia. Eu cóntovos e logo diredes. Un caldo de nabizas no San Clemente, 7 euros, mellor non traducir a pesetas. Pensei en levalo á catedral e baleiralo na pía da auga bendita. Alí comia meu pai a diario, no San Clemente quero dicir, menú do día, dous pratos, café e postre por menos de cen duros, todo un luxo daquela. Que non hai tanto por certo. De cando me falaba de como tiñan que subir aos tellados da catedral para escorrentar aos malditos estudantes, eses lacazáns que estaban todo o día berrando no canto de estudar. Eu facía que tomaba nota. Xente vivindo do conto en Santiago sempre a houbo, polo menos dende a inventio, a ver como senón ía perpetuarse a alburgada despois de mil anos. Unha epifanía da picaresca contemporánea. Un pouco cutre, iso si. Eu non distingo o estrume do incenso, como tampouco vexo moita diferencia entre o máis sacro e o máis profano, pero sen dúbida eses policías coas mans por dentro do pantalón á altura da machovaronía vixiando aos peregrinos...buf...mal rollo...como se fosen delincuentes, vaia oh. Pero se só van meterlle man a unha pedra, boh...como moito queren abrazar ao santiño. Apetecíame ir confesar, xúrovos, porque vendo toda esa xentiña bicando pedras turrou do meu xenio, estiven a piques de agatuñar polo botafumeiro e berrar o listado das derradeiras vítimas dos abusos dos curas pederastas (perdón polo de curas)...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Pero tes razon polo dos curas, se hai un monton que son pederastas...En Francia tamén hai moitos sabes? Sabes que? Eu creo que tanta abstinencia non é boa para eles, que hai moitos que se volven tolos...Cando penso en todos estes nenos que confiaban neles e dos que abusaban, case me da algo!!!! Qué tal estas por certo? Bicos Florianne
Floriannnnnnnnneee...nena que ben escribes en galegooooo! a abstinencia non é boa para ninguén, haberá que seguir os consellos de Mme. La Pompe ¿non si?...jajajajaja...xa sabes "le gluglutage de la poireau!
Siiii, grazas polo do galego, ainda que non sei se tes razon pero da igual.... Si, si le glougloutage du poireau é o mais importante hai que practicalo jejeje... Ah, por certo queriache dicir que en canto volva, vou prohibir a todo o mundo que me fale castelan porque me din conta de que debia practicalo mais, ainda me custa demasiado
Bicos
Publicar un comentario