domingo, diciembre 12, 2010

fossilize

Entre a terra e o corpo hai moreas de extrañísimos seres vivos que combaten por unha fenda que lles permita abrollar e continuar o seu inconsciente ciclo autófago. Non sabe se foi algunha vez consciente da gozosa anmesia coa que sufre esta metabolización deliberada. Tampouco sabe se é a vontade ou un sentimento deficientemente fosilizado o que a obriga a transcribir para ninguén un lapso no que se volve sedimento. Se houbera algúen para preguntar non sabería dicirlle se é especie, xénero ou materia. Cre mais ben que forma parte da inconmensurabilidade, pero cicais esas formigas que entran e saen non o entendan. Diralles entón que é linguaxe, ou soño, para que poidan sintetizar a súa antimateria nos livinglabs ultrasegredos dun futuro proxecto participativo a tope no que deixarán as mesmas pegadas no baleiro que os seus ancestros.
Un bico Flo

1 comentario:

Flo dijo...

Moitas grazas Ana!! A verdade é que agora e creo que por sempre xamais, cada vez que leo o oio a palabra Livinglabs sorrío sen darme conta sequera, ao lembrar aquel día no que estivemos facendo ese traballo para o noso querido amigo, e acabamos partíndonos coa risa polo cansazo, despois de tantas horas... Unha aperta wapa!!!