jueves, noviembre 30, 2006

A Biblioteca Nacional do Iraq.

Vía Iwetel recibo este correo que pode dar unha idea da actual situación do Iraq logo de tres anos de democratización forzosa, e o estado de terror que afecta tamén a bibliotecas e bibliotecarios:

Yes dear.
I am writing this e-mail from my office. I cannot leave my office, because of the fighting in the area surrounding the National Library. Best Regards. Saad.
___
Dear Saad SkanderIs true that another young librarian was recently murdered, and the building had been shelled several times in the few days previous to the closing?Thanks in advance,Dr. Fernando Baez.
(Viñeta: El Roto)





martes, noviembre 28, 2006

Academia Postal, así non.

Traballei en Academia Postal durante 11 anos, e aínda que daba por definitivamente pechada unha etapa moi dura na miña vida, na que traballei unha media de 10 horas diarias e baixo unha presión constante, hoxe, mira ti por donde, cae nas miñas mans este libro. Non é que me sinta especialmente orgullosa do que fixen pero polo menos esperaba atoparme entre a lista de autores, pero non, mira ti. Malia o esforzo que supuxo este traballo (lembro que os test os facía despois das clases, o que quere dicir despois das dez da noite, ata podo lembrar o recuncho donde fixen cada un) non figuro como autora de ningún. Academia Postal roubou moitas horas á miña famila, ao meu tempo de lecer e moitas horas de lectura, e malia que trato de quedarme só cos mellores momentos, esto, colegas doeume moito porque aínda que estaba afeita a ver o meu material firmado por unha tal Maria Jesús o que non podo crer agora é que teñan a desvergonza de editalo, en fin.....

Grazas Torredebabel

Torredebabel é cos seus Fíos Invisibles unha referencia obrigada na blogosfera galega. Hai tempo que sigo o seu traballo; para min é a parte humana da rede. Profesora na universidade de Bos Aires, xornalista e animadora "number one" dos principiantes coma min nesta outra cara do espello, agasállanos cun flamante artigo sobre os blosg galegos. Se queredes unha visión completa do tema gardade este traballo porque aquí fala dos que saben disto e contribúen cos seus cadernos de bitácora a presenza da nosa lingua na rede.

lunes, noviembre 27, 2006

XESTORES BIBLIOGRÁFICOS



Os xestores bibliográficos son programas moi interesantes para xestionar as referencias bibliográficas. Axudan a levar dun xeito máis organizado o tema da recopilación de bibliografía porque permiten non só tela reunida e organizada de diversos xeitos, podemos tamén importar rexistros de bases de datos, catálogos de bibliotecas, procesadores de texto, insertar citas no texto, elaborar unha bibliografía final e por suposto manter actualizadas as nosas propias bibliografías. É unha mágoa que non teñamos productos nacionais deste tipo porque non cabe dúbida de que o uso deste software implica tamén unha metodoloxía de traballo moitas veces allea a nós. Un dos xestores bibliográficos máis completos é Procite. Aquí tendes unha guía para o seu uso. Outro moi empregado é RefWorks. Case todas as bibliotecas universitarias ofrecen aos usuarios este tipo pruductos e pódense instalar e empregar de forma gratuita dende os ordenadores das propias universidades. A Biblioteca da Universidade de Vigo ten adquirido este software dente hai tempo e profesores, alumnos e investigadores poden facer uso de Procite e RefWorks.

Mazen Kerbaj no festival Maslakh



O grupo de novos artistas libaneses que xa vos presentei hai un tempo está estes días en Berna onde organizan o festival Al Maslakh. Prégovos outra vez que non deixedes de segur as pegadas destes rapaces que malia a dor e a guerra endémica que martiriza aos seus, seguen a facer música, a pintar e a facer arte. Os diarios gráficos de Mazen e Laure son unha ledicia ao tempo que nos manteñen informados da dura realidade do seu país. Aquí tendes un bo sitio para disfrutar da obra de Mazen. A min estes rapaces téñenme totalmente namorada.

sábado, noviembre 25, 2006

Polo orgullo e a reveindicación do feminino. Con afecto, Luz Darriba

Esta é a miña achega neste día contra todo tipo de violencia familiar, sobre todo contra as mulleres, unha vella forma de terror consentido e tristemente perpetuado en tódolos tempos e civilizacións.
Permítome adicarvos as verbas que me escribiu Luz Darriba na feira Puro Arte. Alí estaba Luz, nun recuncho da feira, no medio dos máis grandes, coa súa serie "Punto de Cruz".
Malia o pequeno formato da obra exposta, a forza destes fíos de sangue que se cravan no pano paralizáronme de golpe. De socato desaparecen os Mirós e os Picassos, e esa agulla que a artista deixou prendida no lenzo (na palabra labor) lémbrame...
Luz Darriba ten xa percorrido moito camiño no mundo da arte e da reveindicación do feminino, as súas actuacións máis sobranceiras son as intervencións entre as que destacan PATCHWORK "farrapos pola non violencia contra as mulleres" (2004, Santiago), Libing ROOM, unha construcción con libros de una casa, GUANTE NEGRO, GUANTE BLANCO, instalación con 30.000 pares de guantes en la Plaza de Santa María de Lugo, tamén contra a violencia de xénero, SEÑALES, intervención de 72 semáforos da Ronda da Muralla de Lugo con iconos femininos, BIBLIOTECAS DE BABEL, Barricadas de libros, recinto amurallado de lugo adicado a Borges, e este ano o ENCRUCILLADO do Obradoiro.

jueves, noviembre 23, 2006

A miña achega ao III Simposio "O libro e a lectura": De bibliotecas universitarias a CRAIs

No III Simposio sobre "O Libro e a Lectura" participei na mesa redonda de "Bibliotecas e Novas Tecnoloxías" con unha presentación sobre a situación das bibliotecas universitarias e a súa transformación en Centros de Recursos para a Aprendizaxe e a Investigación (CRAIs). Podedes consultala aquí.
Con Slideshare podedes subir presentacións á rede. (grazas a M.Gago e Catuxa pola información)

miércoles, noviembre 22, 2006

Escrituras nómades


Para mirar a través do espello e ver o mundo da escritura dende perspectivas non lineais e deterministas aquí está todo. ¿como é un texto cubista? ¿o hipertexto é tan moderno?, a arbitrariedade do signo lingüístico ¿ten que condicionar a nosa vida? As linguas divinas, inventadas, as dos mortos, a materialidade da escritura, etc. Interesantísimo traballo de Belen Gache. Seguiremos as súas pegadas.
Para saber máis: Reseña de J.A.Millán
Revista UNAM-MX

Bibliotecas municipais, bibliotecas en Vigo e outras utopías culturais

(www.vigoenfotos.com)

O III Simposio sobre o libro e a lectura lémbranos outra vez o raquitismo galego no eido da planificación de bibliotecas a nivel municipal e bibliotecas escolares, precisamente as máis importantes para o desenvolvemento educativo e cultural de calquera comunidade. Houbo intentos de sacar brillo a un ou dous exemplos que medianamente funcionan pero esquencemos de novo o insoportable subdesenvolvemento do resto do sistema. Xa atopei en varios medios moitas loubanzas sobre as excelencias da rede de bibliotecas municipais da Coruña, aínda que tamén me contaron moitas eivas que me fan pensar nunha mera operación publicitaria. Non deberíamos gabarnos tanto cando só estamos a saír dun atraso monumental no que a bibliotecas municipais e escolares se refire. O tema é grave e deberiamos admitir as críticas que contra todo este abandono secular se fai dende moitos puntos, aínda que por mor desta abafante moda do políticamente correcto cada vez son menos os que petan na mesa para espertar aos osos cavernarios dos nosos representantes-xestores-técnicos-políticos culturais.. No mencionado Simposio, Gabriel Beceiro tirou unha pedra contra as fiestras dos adormecidos funcionarios que sistemáticamente fan deixación das súas funcións no que a bibliotecas se refire e en todo o relativo a políticas activas que realmente se interesen polo cidadán en temas culturais. Porque unha biblioteca municipal ben dotada e xestionada non pode ser considerada un equipamento de luxo, non se lle pode negar á xente a posibilide de informarse, de ler, de estar mínimamente ao día, de que se poida formar unha opinión máis ou menos crítica para logo participar nas desicións políticas. O tema ven de vello e son pesimista, creo que vai para largo. Este país galego segue regodeándose por veces no seu atraso. As administracións locais seguen a ser illas de dificil acceso para as formas democráticas e transparentes e seguen a ser recunchos nos que os máis listos do pobo acaban por facerse co cumio dunha morea de servidores só interesados por arrapañar un pouco de aquí e quitar outro pouco de alá, ¿para que se queren bibliotecas? Xa temos asociacións que fan cursiños de pintar cestos e campionatos de chave. E logo temos o que temos. Unhas estatísticas que nos sitúan no final da cola. Brétemas publica no seu blog as conclúsións do III Simposio sobre o Libro e a Lectura. A situación de Vigo no tema de bibliotecas ven sendo denunciada dende hai xa moitísimo tempo e a cidade segue a sufrir unha carencia de postos lectura por cidadán totalmente superana no noso entorno nacional e europeo hai decenios.
A foto correspóndese coa Biblioteca Central de Vigo, unha cidade de 300.000 habitantes no ano 2006. Non digo nada máis.

domingo, noviembre 19, 2006

Puro Arte en Vigo


Si señor, por fin un macroevento artístico en Vigo, estivemos de sorte. A visita ao Ifevi desta fin de semana deixará unha fonda pegada nesta cidade. Seguro que foron moitos os cidadáns que por primeira vez tiveron contanto coas tendencias máis actuais das últimas tendencias artísticas. Moita obra e moita calidade, Miró, Picaso, Man Ray... pero tamén Soutomaior, Maruja Mallo, Lamazares, e os máis novos. Por momentos semellaba que estabamos no interior da Tate de Londres. A obra de Noé Serrano, "El funcionario", amósanos a visión que unha grande parte da sociedade ten dos servidores públicos, para iso tamén serve a arte. Precísase sentido de humor e unha boa dose de autocrítica para mirar imaxes como esta sen recurrir ao desprezo tan doado co que a cotío rexeitamos as imaxes con que ás veces nos agasallan os espellos. Para os que negan sen pensar a relación deste tipo de obras co concepto de arte que lembren as figuras deformes de monstros, arpías, etc. dos capiteis románicos ou das gárgolas das catedrais, os monstros de Goya, os ananos de Velázquez. Tamén estaban alí obras de Werner Reiterer, como a súa instalación "Hoches C!", John de Andrea, Juliette" y "Cierva", Bloc Sabbath de Richard Stipl, "50€ el kilo" de Carlo de Meo , "Two cunt faced" de Jaken and Dinos Chapman e algúns exemplos de Luz Darriba , a autora do proxecto "Farrapos pola non violencia contra as mulleres" unha artista que nos lembra a escravitude da muller na súa obra.

miércoles, noviembre 15, 2006

Recomendación de lectura profesional

"Información, conocimiento y bibliotecas en el marco de la globalización neoliberal" de Pedro López y Javier Gimeno.
Malia os demasiados libros sobre os libros este é un bo exemplo de literatura profesional orixinal e crítica. Son un conxunto de artigos sobre a importancia, manipulación, censura, mercantilización, etc. da información. Especialmente indicado para as doenzas debidas a sancións por incumprimento de directivas europeas que nos están a afectar especialmente estes días. Por se alguén seguía a pensar que os dereitos de autor protexían a eses pobriños bohemios que malviven nun faiado cotroso ou que as bibliotecas están ao marxe da manipulación informativa.

martes, noviembre 14, 2006

Rinoceronte traduce a Houellebecq

Os rinocerontes seguen alegrándonos a vida. Hoxe chegou á biblioteca de filoloxía a tradución ao galego da derradeira novela do "enfant terrible", Michael Houellebecq. Deste editorial gústame todo, os títulos, o deseño, o tacto dos libros, os colores, o feito de que sean veciños e agora tamén a súa web, e o seu blog
É unha editorial á medida d@ lector@...parabéns!
De Houellebecq xa falamos neste blog, sobre todo de Plataforma. A posibilidade dunha illa lémbrame esas estarrecedoras curtas futuristas que nos falan dun futuro gris, frío e como de metal...tipo Metrópolis de F.Lang. Bueno, todo iso máis os efectos da bioxenética e a biblia. En fin, hai que lela....

lunes, noviembre 13, 2006

III SIMPOSIO "O libro e a lectura"

Os xoves e venres desta semana celébrase en Santiago o III Simposio "O Libro e a Lectura, organizado pola Asociación Galega de Editores, Consello da Cultura Galega e CEDRO. Na miña achega, incluida no panel de reflexión sobre Bibliotecas e Novas Tecnoloxías, vou falar da situación actual das bibliotecas universitarias e a sua transformación en Centros de Recursos para a Aprendizaxe e a Investigación.
Aproveito para felicitar á Asociación Galega de Editores polo éxito que está acadando a celebración deste acto e tamén para agradecer a Manuel B. a invitación.

jueves, noviembre 09, 2006

Arquivos Militares...¿será verdade?

Veño de coñecer -Via Iwetel- a apertura dos arquivos militares. Poderíamos dicir o de "máis vale tarde...", pero non, non vale. Foron moitas as inxustizas que xa non teñen reparación, foron moitos tamén os relatos que quedaron sen escribir...moitos aburríronse de esperar, gastar cartos e chamar ás portas de burócratas murchos e arquiveiros do réxime. Bo momento para agradecer o traballo de historiadores que malia tantas dificultades na súas investigacións, acadaron traballos tan salientables, como Francisco Espinosa, por exemplo. Recomento outra vez, a lectura do seu traballo "La investigación del pasado reciente. Un combate por la historia".

domingo, noviembre 05, 2006

Libros así...NON, POR FAVOR.


Alguén me comentou a existencia do libro "Olores e sabores do saber" cando publiquei a foto de Roberto Ribao. O comentarista anónimo dicía que a foto de Roberto lle lembraba as que aparecían neste libro e me pedía que publicase algunha. Pois aquí está un exemplo. Teño que dicir que non hai color. Nada ten que ver a experiencia de Roberto, moito máis sutil e profunda, con estas que son un atentado á estética e á propia arte fotográfica. Pertencen a un libro (unha desfeita dende logo) editado pola Universidade de Vigo e que esta institución emprega para agasallar a diversas personalidades. Estou de acordo co comentarista porque eu tampouco entendo a participación de Carlos Casares no proxento. Malia a miña pasión polo libro non dubidaría agora mesmo en desfacerme de toda a tirada deste que vos presento. Primeiro, non creo que deba editarse un libro co único obxectivo de servir de agasallo. Si a Universidade quere agasallar libros non ten máis que encargar unha edición de luxo dalgún dos sobranceiros escritores, científicos, traductores, profesores ou técnicos que temos na casa. Gonzalo Navaza, Anxo Angueira, Eva Almazán (traductora de Brooklin Follies), Arturo Leyte, Teresa Caneda, Beatriz Suárez, María Jesús Fariña, Belén Martín, Jesús G. Maestro, e un longo etcétera. Por outra parte, xa son demasiados libros...que dixo Zaid, un ensaio que recomendo para os que só teiman por publicar.

viernes, noviembre 03, 2006

PROYECTO DE LEY DE LA LECTURA, EL LIBRO Y LAS BIBLIOTECAS

Vía La Moncloa

APROBADO EL PROYECTO DE LEY DE LA LECTURA, EL LIBRO Y LAS BIBLIOTECAS
La biblioteca se convierte en vehículo principal del hábito lector, con una dotación de 431 millones de euros hasta 2014.
Se establece un doble sistema de precios que consolida el precio fijo y liberaliza el de los libros de texto. Con ello se garantiza al ciudadano una oferta cultural plural y mayor competencia comercial.
La norma crea el Observatorio de la Lectura y del Libro, que tendrá como objetivo el análisis permanente de la situación del libro, la lectura y las bibliotecas.
El Consejo de Ministros ha aprobado la remisión a las Cortes Generales del Proyecto de Ley de la Lectura, el Libro y las Bibliotecas. El nuevo texto legislativo sustituye la actual regulación del libro, que se encuentra recogida en una normativa dispersa y en ocasiones preconstitucional, y se adapta a la actual organización del Estado, respetando el ámbito de competencia de las distintas Administraciones públicas y fijando el marco de colaboración con las mismas en esta materia.
Esta filosofía se plasma en el articulado del Proyecto de Ley a través de tres objetivos fundamentales: el primero, y más importante, es el impulso de la lectura, tarea en la que se quiere implicar tanto a los poderes públicos como al resto de la sociedad; el segundo es la defensa de la diversidad cultural en la medida en que ofrece mecanismos que garantizan una oferta plural tanto a nivel editorial como en las librerías; por último, moderniza la definición de libro y la adecua a la realidad tecnológica actual, al tiempo que busca pulsar periódicamente la realidad del sector y de los hábitos lectores para mejorarlos.
Planes de fomento de la lectura
Dado que el Gobierno considera que la lectura es una herramienta básica para el aprendizaje continuo en el marco de la sociedad de la información, en el Proyecto de Ley se dedica gran atención a la promoción de la lectura a través de los planes de fomento de la lectura, que quedan por primera vez recogidos en un texto normativo. Estos planes, que ya son desarrollados por el Ministerio de Cultura con carácter anual, irán acompañados de una dotación presupuestaria adecuada y tendrán especial consideración con la población infantil y juvenil y aquellos sectores más desfavorecidos socialmente.
Con el impulso de los planes de fomento de la lectura a través de este Proyecto de Ley, el Gobierno refuerza uno de los elementos que considera más importantes de su política cultural: aumentar el número de lectores. En este sentido, y según el "Estudio de Hábitos de Lectura y Compra de Libros", en los últimos cinco años, el conjunto de lectores frecuentes y ocasionales ha aumentado siete puntos porcentuales, hasta superar el 57 por 100 de la población mayor de catorce años, y leen el 74,9 por 100 de los jóvenes de catorce a veinticuatro años, mientras que el 84 por 100 de los niños de seis a trece leen libros que no son de texto.
En el marco de los planes de fomento de la lectura, la biblioteca se convierte en el vehículo principal de la extensión del hábito lector. El plan plurianual propuesto en el Proyecto prevé una inversión de 431 millones de euros hasta 2014, destinados en su práctica totalidad a la dotación bibliotecaria. El objetivo es alcanzar la disponibilidad de entre 1,5 y 2,5 libros por habitante, según las directrices IFLA-UNESCO. Actualmente, las bibliotecas públicas españolas ofrecen una media de 1,25 libros por habitante.
El texto explicita los principios y valores que deben regir las bibliotecas: la libertad intelectual y el acceso a la información; la igualdad de acceso a los materiales, instalaciones y servicios de la biblioteca sin que pueda existir discriminación por razón de origen, etnia, religión, ideología o género, y la pluralidad, en virtud de la cual las bibliotecas deberán poner a disposición de los usuarios la mayor variedad posible de documentos que reflejen la diversidad de la sociedad y su riqueza lingüística. En el Proyecto legislativo se resalta el papel de la cooperación bibliotecaria, que se basará en la cofinanciación, la corresponsabilidad y la reciprocidad de esfuerzos entre las distintas Administraciones y entidades privadas participantes.
Precio de los libros
El Proyecto de Ley consolida el precio fijo de los libros en respuesta a una política decidida de excepcionalidad cultural para garantizar una oferta plural. En España se publican anualmente cuarenta mil títulos que, como patrimonio cultural, se verían en peligro si estuvieran sometidos exclusivamente a las leyes del mercado.
Para los libros de texto se establece el precio libre, que sustituye al régimen actual de descuentos. El objetivo es garantizar una competencia leal entre los distintos ámbitos comerciales del libro. Esto redundará en el mantenimiento de las pequeñas librerías que, por un lado, representan la mayor red de venta de libros en España y, por otro, garantizan la rentabilidad de los libros de fondo, obras cuya existencia ayuda al mantenimiento del pluralismo cultural.
Nueva realidad tecnológica
El Proyecto de Ley adecua la definición de "libro" a los cambios tecnológicos. Se entiende por libro la obra científica, literaria o de cualquier otra índole que constituye una publicación unitaria editada en uno o varios volúmenes y que puede aparecer impresa o en cualquier otro soporte susceptible de lectura. En esta definición quedan incluidos los materiales complementarios de carácter impreso, visual, audiovisual o sonoro que sean editados conjuntamente con el libro y que participen del carácter unitario del mismo, así como cualquier otra manifestación editorial.
La adaptación a las nuevas tecnologías se extiende igualmente a la definición de los agentes que participan en el proceso editorial.
Promoción de los autores y de la industria del libro
El Ministerio de Cultura desarrollará campañas de promoción de los autores españoles que se expresen en castellano o en cualquiera de las lenguas cooficiales del Estado. Asimismo, podrá colaborar con las Comunidades Autónomas en las políticas de promoción literaria. En este sentido, la Administración General del Estado mantendrá un sistema de premios nacionales a favor de los autores de los principales ámbitos de la actividad literaria, científica y técnica.
La Administración General del Estado y sus Organismos Públicos podrán establecer programas de apoyo a la industria y comercio del libro en consideración a los valores culturales que representa y a su importancia industrial y económica. Estos programas tendrán en cuenta a las librerías, no sólo como lugares de venta de libros, sino también en su calidad de agentes culturales.
Según la "Panorámica de la edición española de libros", basada en datos de la Agencia Española del ISBN, el año pasado aparecieron en el mercado español 76.265 títulos. Se produjeron 337.244 millones de ejemplares, lo que supone un aumento del 25,3 por 100 con respecto al año 2004, y la tirada media subió a 4.619 ejemplares, lo que indica un incremento del 0,9 por 100 respecto a 2005. La industria editorial española se mantiene, desde el punto de vista de la exportación, como la tercera de Europa y la quinta del mundo, sólo por detrás de Estados Unidos, Reino Unido, Alemania y China.
El Observatorio de la Lectura y del Libro
Al objeto de definir el libro en su realidad actual y conocer la situación real del sector y de los hábitos lectores para mejorarlos, el Ministerio de Cultura creará el Observatorio de la Lectura y del Libro. Este organismo tendrá como objetivo el análisis permanente de la situación del libro, la lectura y las bibliotecas. Le corresponderá también el promover la colaboración institucional, en especial con observatorios u órganos de similares funciones que existan en las Administraciones Autonómicas, el asesoramiento, la elaboración de informes, estudios y propuestas de actuación en materia de la lectura, del libro, y de las bibliotecas.

jueves, noviembre 02, 2006

Caminarás sobre las aguas


Admirable filme do director israelí Eytan Fox sobre o tema das vinganzas herdadas (¿lembrades?) que falabamos cando comentabamos o libro de Kapuscinski. O filme trata da problemática relación entre as novas xeracións de alemáns e xudeos por mor dos odios herdados. Eyal, un axente do Mosad, ten que localizar e asasinar a un criminal nazi, pero logo de entrar en relación con Axel (un neto de aquel) vai ter lugar un verdadeiro trasvase sentimental; pouco a pouco Eyal e Axel decátanse de que son productos dun pasado do que pouco a pouco se irán liberando.

Diálogo entre Eyal e Axel:

-¿Ella tiene novio?-Tuvo uno, pero ya no. Se conocieron en la India. Dice que los hombres israelíes son...-¿Qué, insoportables?-Sí, bueno, no.-No pasa nada, no es la primera en pensarlo.-¿Es verdad que a los hombres israelíes no les gusta hablar de sus sentimientos?-No lo sé. A mí no me gusta hablar de eso.-¿Puedo hacerte una pregunta personal?-Claro, no tengo nada que esconder. Adelante.-Siempre me he preguntado cómo se siente un niño alemán cuando se da cuenta de lo que ocurrió en la Segunda Guerra Mundial.-Vaya, difícil pregunta. ¿Tu familia estuvo en...?-No cambies de tema.

Morrer...en galego.


Hoxe estiven no cemiterio na procura dun parente perdido. Malia non acadar o obxectivo, din a visita por boa tras atopar esta fermosa lousa. Parece que só unha de cada mil lápidas están escritas en galego e hai quen ve nas celebracións funerarias unha de tantas ocasións para loitar polo idioma. Esta que vos presento seguro que é una das pouquísimas que amosan unha mensaxe con contido "Ti muller que viviches e criaches fillos en tempos de medo e door vaite en paz coa ledicia de deixar entre nos a túa semente". Velaquí un home que non perdeu a memoria do duro traballo da muller e dos tempos difíciles que lle tocou vivir. Nestes tempos en que andamos a recuperar a memoria estas testemuñas lémbrannos un pouco a nosa penosa e esquecida historia. Sentín mágoa por tanta xente que tivo que vivir tantos anos sen liberdade e sen tantas outras cousas....

martes, octubre 31, 2006

Imos polo bo camiño....

O fenómeno blog segue a medrar e a blogosfera galega está presente no mundo. Hoxe, a Voz de Galicia publica a noticia: Cinco bitácoras galegas optan a ser o mellor blog en español. Os "nosos representantes" son porsilasmoscas.net, periodismoincendiario, Huella Digital, El Blog de Enrique Dans e O Blog de Pedro Jorge. Os periodistas foron os primeiros en tomar posicións. Sería importante que os escritos en galego tiveran máis pulo, pero para iso haberá que contar coa xente que malia ter moito que aportar non se decide a empregar este medio.

domingo, octubre 29, 2006

Documentación científica en acceso aberto.

Hai moitos repositorios institucionais e arquivos abertos de carácter temático distribuidos pola web que acollen nos seus servidores milleiros de documentos científicos e académicos aos que podemos acceder libremente. Procurar e atopar documentos relevantes entre esa morea de material pode resultar unha tarefa penosa se temos, primeiro que buscar, logo atopar e por último interrotar cada un deses repositorios. Para facilitarnos o traballo temos na web servicios que centralizan a busca en todos eses repositorios e arquivos: OAISTER e o novo Scientific Commons


Via Blog Open Access Acceso Abierto a la información científica.
Máis sobre o tema na páxina de Rebiun sobre Open Access

viernes, octubre 27, 2006

Women and Authority in Early Modern Spain de Allyson M. Poska

É a primeira vez que publico unha recomendación dun libro sen lelo antes, pero este é un caso especial porque coñecendo a Allyson M. Poska e o seu traballo ben seguro que paga a pena poñelo nos "favoritos". Women and Authority in Early Modern Spain é unha incursión no pasado da muller galega que nos lembra a súa relevancia social e económica e súa autoridade nunha rexión tan marcada pola emigración do home. É un relato baseado en fontes documentais diversas: inquisitoriais, testamentos, escrituras de dote, causas xudiciais, etc. Sería moi de agradecer unha traducción ao galego deste importante traballo que ademáis ven de recibir nos Estados Unidos o premio ao mellor libro de historia entre os anos 1400 e 1700.

miércoles, octubre 25, 2006

Cantidade e calidade dos artigos científicos.

Xavier Bellés, no artigo "Cantidad y calidad de los artículos científicos" que publica hoxe o diario El País, laméntase do feito de que na investigación se teña máis en conta a cantidade que a calidade no relativo á publicación. A esta conclusión chega o autor logo de analizar os resultados que publica a Institute for Scientific Information (ISI). Non poño en dúbida as eivas que a ciencia ten no noso país; é de sobra coñedido o atraso que da investigación en España, seguramente polo desinterese dos sucesivos gobernos que logo da democracia tiveron que atender a outras materia de "primeira necesidade". O que non podemos é tomar constantemente como referencia unha organización (ISI) da que xa hai tempo que coñecemos a súa parcialidade. O famoso factor de impacto das revistas que analiza o ISI non é moi válido para nós. Primeiro porque ten en conta casi únicamene ás publicacións en inglés (hai escasísima presencia de publicacións en español), e logo pola súa preferencia polas ciencias físico-naturais fronte á rama humanístico-social. Podíamos lembrar ademáis a corrupción dun sistema baseado no famoso "tú me citas, yo te cito". Publicar, publicar, publicar.... unha obsesión irracional que contribúe todavía máis á dificultade cada vez maior para atopar traballos e ideas orixinais e valiosas non mundo da investigación.

lunes, octubre 23, 2006

La mirada Ulises.


Hai agasallos que malia custar pouco ou nada, procuran moita felicidade. É o caso das recomendacións dun bo libro ou dunha película como La Mirada de Ulises. Imaxino que moitos xa a coñecedes, pero para aqueles despistados que coma min non se enteraron no seu momento, aquí vai o recordatorio. Non me atrevo a facer un resumo, nin sequera un comentario. Sería como facelo da Odisea de Homero ou do Ulises de Joyce. Imposible. Son obras que en sí mesmas conteñen toda A Historia. Descubres que esa intuición que tiñas de coñecer xa o fin da película (a da vida) é real e non un pesadelo. Polo que se refire aos aspectos técnicos, só podo dicir que pagaría a pena ampliar cada fotograma e poñelo na parede da túa habitación.
Gracias á miña compañeira Ana Celia pola recomendación, tardarei en atopar unha moeda tan valiosa para agradecerllo.

domingo, octubre 22, 2006

Marca de agua de Joseph Brodsky

"En este lugar puede derramarse una lágrima en distintas ocasiones. Asumiendo que la belleza consiste en la distribución de la luz en la forma que más agrada a la retina, una lágrima es el reconocimiento, tanto de la retina como de la lágrima, de su incapacidad de retener la belleza..."
Xa hai moito que devezo por visitar Venecia, por moitísimas razóns, a principal seguramente sexa o afundimento que a fai víctima do destino da Atlántida. Venecia semella o reloxo do mundo; do mesmo xeito que sabemos do movemento das súas agullas, coñecemos tamén o ata agora irremediable movemento desta cidade, só que neste é moito máis arrepiante porque se trata dunha viaxe sen volta.

Mentres non chega o momento, vou coleccionando sensacións alleas, e neste libriño Joseph Brodsky agasállanos cunha morea delas. Podía telas escrito Thomas Mann, só tiña que mudar de estación na que se desenvolve Muerte en Venecia. A sensación de afogamento que atormentaba a Aschenbach tiña a súa orixe na presión social que lle impedía ceibar os seus sentimentos, sobre todo o seu amor pola beleza, é dicir por Tadzio, pero tamén estaba ese ambiente abafante por mor da peste e a calor. En Marca de Agua Brodsky, autor e personaxe, ven simplemente para estar, para traballar, pero a cidade está sempre aí, con tódalas súas armas, a auga, os reflexos, os perfís, a néboa, as contraventás, a laguna, os commendatori, a acqua alta, as trattorias, os putti, as calellas, a luz do inverno, as máscaras....un exército que parece cinguilo e de cuxo cerco se resistirá sempre a saír.

martes, octubre 17, 2006

Teses de doutoramento na rede a texto completo


Existen na rede recursos para acceder ás teses de doutoramento a texto completo. A base de datos Teseo permite recuperar información das tese doctorais consideradas aptas nas Universidades españolas desde 1976, pero non contempla acceso ao contido. O Servidor TDR (Tesis Doctorales en Red) contén, en formato dixital, as teses lidas nas universidades de Cataluña e outras comunidades autónomas. Permite a consulta remota do texto completo das teses, e tamén facer buscas por autor, título, tema da tese, universidade, etc. Este servicio está xestionado polo Consorci de Biblioteques Universitàries de Catalunya (CBUC) e o Centre de Supercomputació de Catalunya (CESCA), e patrocinado pola Generalitat de Catalunya.
A Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes acolle todas as teses en ou sobre linguas hispánicas defendidas con éxito en calquera país del mundo. A base de datos de teses de DIALNET permite busca teses de varias universidades tamén en acceso aberto. Lamentablemente as universidades galegas carecen, de momento, dun proxecto en común que permita o acceso ás súas teses e cada unha presenta unha situación diferente. No caso da Universidade de Santiago podemos acceder ao texto completo dalgunhas teses dende o mesmo catálogo en liña. A Universidade da Coruña conta cun repositorio tamén en acceso aberto. A Universidade de Vigo, de momento, non proporciona acceso remoto ao texto completo das súas teses, só accesibles a través da consulta do seu catalogo en liña.
Dende aquí podedes acceder a máis recursos sobre este tema.

domingo, octubre 15, 2006

Paleografía e arquivística na blogosfera




















A foto (Vía Arquiveiros) é indicativa do estado no que aínda permanecen algúns arquivos. ¿por que me lembro de Todos os Nomes de Saramago? A blogosfera xa conta con información relativa á especialidade de arquivística e paleografía. Un dos blogs más interesantes que atopo é Cartularios Medievales, esperemos que se animen os profesionais deste sector para facer visible a riqueza que conteñen os arquivos. Recopilei uns cantos enlaces que vos animo a visitar: Archivum, Paleografía y Ecdótica, Archivologo, O arquivista, Mundo Archivístico e Archivística.net (neste último podedes acceder a unha chea de sitios sobre o tema. Hai máis na columna de ligazóns)

jueves, octubre 12, 2006

Os blogs e a literatura en Tempos Novos


No derradeiro número de Tempos Novos Iago Martínez reflexiona en "Blogs e literatura. A ler a outra parte" sobre a relevancia do fenómeno do blog en Galicia e a súa relación co mundo literario. No que atinxe ao aspecto tecnolóxico, os datos, unha vez máis, apuntan ao subdesenvolvemento galego no eido tecnolóxico, a pesares de terse triplicado o acceso á internet nos últimos seis anos. En canto á relación coa edición e a literatura o feito de que o número de bitácoras en galego coincida co de obras publicadas neste idioma (preto de dúas mil) non se debe interpretar, penso, como un sinal de alarma dende o mundo da edición tradicional. Non é cousa de sacralizar o papel, que diría Jaureguizar, pero é que non creo que se poidan facer comparacións entre medios que de momento teñen unhas características e fins completamente diferentes. Como tamén se apunta no artigo, o emprego do blog como soporte literario só constitúe unha parte mínima dentro do xa raquítico mundo da blogosfera galega (de momento, espero), e se miramos para horizontes máis amplos decatámonos de que esta nova ferramente é máis importante como complemento á creación que como soporte da mesma. De momento, as bitácoras con máis visibilidade na rede relacionadas coa literatura son iniciativa de editores, escritores noveis, lectores, etc. Os escritores consagrados que "bloguean" o fan sobre todo para dinfundir a súa obra.

martes, octubre 10, 2006

Foto de Roberto Ribao



Roberto Ribao é un excelente fotógrafo, periodista, escritor e pensador. Para mostra aí vos deixo unha das súas fotos. Das que lle coñezo é unha das que máis me gustan polo que ten de provocador; claro que é unha provocacion de efecto retardado pois non é infrecuente tardar en percibir que a delicada dama non descansa nun diván dun veludo vermello. Nas súas palabras, trátase dunha visión desenfadada e irónica do mundo da arte desde o medio fotográfico. Roberto escribe mensualmente na revista Tempos Novos a sección Postais de Galizia na que reflexiona con ironía e intelixencia sobre os problemas que afectan ao noso país.

lunes, octubre 09, 2006

Vídeo sobre o 11-S

Vía Brétemas veño de coñecer este vídeo. A súa calidade e importancia como documento histórico merecen o seu arquivo neste blog.

domingo, octubre 08, 2006

Sempre Forges


Esta viñeta do xenial Forges consérvoa dende a súa publicación no ano 98. Naquel momento unha irregularidade na selección de persoal da Diputación de Ourense motivou esta viñeta. Hoxe sigue plenamente vixente a xulgar porla continudade das irregularidades que se detectan nestes recunchos da administración local no noso país. Esperemos que cando rematen coa Operación Malaia empezen a limpar o resto dos centos de concellos que agochan estas prácticas clientelares e a corrupción política que tanto nos avergoñan.
Adícolle esta entrada ao amigo Rubén, un dos culpables da continuidade deste blog.

sábado, septiembre 30, 2006

A bilbiotecaria estrafalaria.


V E R G O N Z O S O . . .
Primeiro bombardeamos o seu país, que total xe era o máis pobre do mundo, matamos ás súas familias e logo facemos un programa de axuda para que os pobriños aprendan a ler.

Todo pode ir a peor...A Conferencia da Casa Blanca sobre a alfabetización mundial patrocinada pola Unesco. Non teño comentarios. Aquí vos deixo parte do discurso da Bibliotecaria máis estrafalaria do mundo, que ten moito que dicir de alfabetización.
La alfabetización tiene importancia fundamental para la fortaleza de una familia. Cuando los padres saben leer y pueden leerles a sus hijos, los hijos se convierten en lectores desde una temprana edad; cuando madres y padres pueden leer las etiquetas de los alimentos y seguir recetas médicas, mejora la salud de toda la familia; y cuando un padre puede leer y escribir lo bastante bien como para tener un empleo productivo, la familia puede ser económicamente autosuficiente. La alfabetización hace más fuertes tanto las familias como las comunidades.

Banksy, muros, autocensura...

Para os que non coñecedes ao xenial grafiteiro británico Banksy, aquí vos deixo unha das súas creacións.

Esta "intervención" no muro de Israel fala por sí mesma, non hai xeito de competir co poder da imaxinación, para o bo e para o malo.

Adicada especialmente a:
Kirsten Harms, directora artística da Deutsche Oper de Berlín, pola súa decisión de retirar a obra Idomeneo, e a todos os autocensores que volven a estar de moda na vella e ilustrada Europa.

Libros sobre xudaísmo e cristianismo

Non podo ni quero substraerme do necesario e obrigado debate relixioso que debemos facer nestes tempos nos que a inseguridade mundial a tódolos nives está a provocar unha auténtica crise relixiosa que por momentos ameaza mudar en enfrontamentos directos. É por iso que xa dende hai tempo entre as miñas lecturas, os libros relacionados coa relixión ocupan un lugar moi importante. Un dos máis valiosos que caiu nas miñas mans é Historia judía, religión judía, de Israel Shahak. Da valiosa e destemida contribución de este erudito ao coñecemento do xudaísmo da idea o rexeitamento e desprezo sufriu por parte tanto dos representantes máis ordotoxos desa relixión como dos eternos defensores a ultranza da lexitimidade do estado de Israel. Shahak denuncia que a traducción a outras linguas dos textos e debates mantidos en hebreo é manipulada por sistema, de modo que ninguén, salvo seus falantes, saiban a realidade que se acocha en frases en apariencia inxenuas. Atopamos no texto documentos moi clarificadores como as cartas dun soldado israelí ao seu mestre rabino pedíndolle consello sobre si as escrituras realmente xustifican a matanza dos non xudeus.
Pola contra, a derradeira publicación de Stanley G. Payne, Historia del catolicismo español, non me parece tan maxistral nin tan ponderada e "aséptica" como reflicten a maioría das críticas que atopei na rede (vinculadas a maioría a páxinas de manifesta tendencia conservadora). Teño as miñas reservas coas propostas deste afamado hispanista sobre todo despois de ler artigos de xente que como Viçent Navarro teñen unha bagaxe investigadora xa acreditada dende tempo.

miércoles, septiembre 27, 2006

"A lectura ten que chegar a ser un hábito e unha tradición na vida da nación (umma)"


Photo Antoine Boulad, septembre 2006.
"
la lecture doit devenir une habitude et une tradition dans la vie de la nation (umma)"







Malia o que nos presentan a cotío os medios, os musulmáns tamén son quen de defender ideas coma esta.
A outra cara da moeda.

Como antídoto para os afectados pola información sesgada que os occidentais recibimos sobre Oriente recomendo a lectura dun traballo imprescindible para coñecer moito mellor o legado histórico de Oriente. Trátase do libro "Los orígenes orientales de la civilización de occidente".

Segundo palabras do propio autor, se o lector espera detalles específicos do desenvolvemento de Occidente presentados exclusivamente baixo un prisma europeo, sentirase por forza defraudado. A intención do autor é xustamente defraudar a este tipo de lectores e contarlle a historia olvidada de como Oriente permitiu a ascensión do Occidente moderno. Non lle precupa ao autor convencer senon que o lector polo menos considere os seus argumentos novos, interesantes e perspicaces. Tras a lectura do libro asegúrovos que non se trata dunha viaxe convencional á historia, é efectivamente unha visión nova, na que Leonardo da Vinci, Marsilio Ficino e Copérnico próstranse perante al-Shatir, al-Khwarizmi e al-Tusi, a figura de Vasco de Gama desaparece na sombra proiectada polo esplendor de Asia e a Exposición Universal de Londres é simplemente unha manifestación de arrogancia tendo en conta que a industrialización de Gran Bretaña non é máis que o derradeiro estadio da transmisión dos inventos protagonizados moito antes en China.






lunes, septiembre 25, 2006

Feísmo




Canastro engulido por casa vermella
O fondo azul antes era o mar...
A este tipo de intervencións urbanas chámanlle feísmo, ao mellor querendo facer destas detestables actuacións unha especie de movemento artístico de vangarda. Mágoa, pero non, estes atentados á estética simplemente confirman o total desprezo e descoñecemento que temos do noso patrimonio e a total insensibilidade coa conservación do mesmo. Ás veces semella que estamos tan afeitos a estas aberracións constructivas que xa non reparamos na degradación ambiental que supoñen, senón non se explica a súa proliferación. A imaxe do "canastro eengulido por casa vermella "está localizada nunha das nosas vilas mariñeiras que hai tempo, segundo amosan as fotografías antigas que se expoñen nas súas baiucas, tiña sido das máis pintorescas das Rías Baixas, Portonovo. Hoxe é tan só un exemplo entre miles da extinción do sentido común na remodelación e adaptación dos espazos ás novas necesidades. Esta dexeneración da estética na construcción atópase maxistralmente representada tamén no ámbito urbano. A cidade de Vigo ofrécenos os exemplos máis sobresaíntes. Convídovos a saír de paseo coa cámara unha tarde de sol, volveredes á casa cunha reportaxe completísima de aberracións constructivas. A segunda foto representa a destrucción da perspectiva dunha rúa que remataba cunha maravillosa vista da ría mediante a construcción dun dos edificios máis espantosos, o hotel Bahía. O desprezo que esta cidade manifesta cara o mar merece un estudio en profundidade.
Máis do mesmo en El feísmo en Galicia.

miércoles, septiembre 20, 2006

¿acceso libre ao coñecemento? (I)


Levamos moito tempo oíndo falar da sociedade do coceñemento e da información para referirnos ao momento actual. Falso. É un subterfuxio máis, deses que parece que se van consolidando para que unha chea de representantes da terceira cultura se poñan a inundar librerías e páxinas web con interminables discursos sobre o tema. A pouco que nos metamos na cuestión decatámonos da grande mentira. Os medios máis próximos ao cidadán (prensa escrita, radio, televisión) presentan unha información sesgada e xa "dixerida" que impide a reflexión precisa para a construcción de calquera pensamento propio. Pero no mundo do libro xa hai tempo que non son os intereses culturais e intelectuais de autores, editores, libreiros, etc. os que manexan o sector; os criterios económicos vixentes no actual sistema de producción regulan tamén o mundo das editoriais. Pero todo pode ir a peor. Se André Schiffrin nos conta verdade, que unha xa non sabe se o que ten entre mans é un ensaio ou unha novela de ciencia ficción, o sector editorial francés acadou tal grao de concentración e monopolio que xa apenas queda marxe para a publicación "independente". As principais firmas están relacionadas coa producción de armas. Tremendo, hoxe publico a Houellebecq, por exemplo, e mañán póñome cos novos misiles táctico-de ataque Tomahawk. Ben mirado ten moito que ver, sí que é verdade. Mais que recomendar a lectura deste libro faríallo chegar a Michael Moore, atoparía un guión extraordinario para a segunda parte de Fahrenheit 9/11 (por certo aquí o título acaeríalle moito mellor).
Logo de ler este libro atopo na blogosfera que Reed Elsevier, propietario da principal editorial científica del mundo, Elsevier, que publica algunhas das principais revistas máis prestixiosas, está relacionada coa firma que organiza a feira de armamento máis importante do mundo e tamén a Feira do Libro de Londres.

Slavoj Zizek

Con esta imaxe un tanto escatolóxica do gran Slavoj Zizek von recomendo outra vez a lectura dos seus textos. Vía Rizomas atoparedes unha chea de sitios na web para acceder a moitos dos seus textos. Actualizo esta entrada co artigo a texto completo que aparece hoxe en El País.

EL PAÍS - Opinión - 20-09-2006
¿Estado de excepción permanente?
La conmemoración del quinto aniversario del 11-S ha coincidido con el estreno de dos películas de Hollywood: United 93, de Paul Greengrass, y World Trade Center, de Oliver Stone. Estas dos películas han intentado distanciarse al máximo del modelo hollywoodiense: se centran en el coraje de la gente ordinaria, sin recurrir a las grandes estrellas, a los efectos especiales o a actos heroicos grandilocuentes, ofreciendo sencillamente una representación realista y lacónica de gente ordinaria en una situación extraordinaria. En estas películas hay, sin duda, un toque de autenticidad, y la mayoría de la crítica ha celebrado la sobriedad y la mesura de su estilo, el hecho de haber renunciado a todo sensacionalismo. Sin embargo, es este toque de realismo auténtico lo que suscita algunas cuestiones controvertidas.
La consecuencia de este realismo es que las dos películas no sólo impiden que adoptemos un punto de vista político sobre los hechos que narran, sino también que podamos describir el contexto más amplio en que se sitúan estos hechos. Ni los pasajeros de United 93 ni los policías y bomberos de World Trade Center tienen una visión global de la situación: se encuentran de repente en una situación terrorífica y tienen que salir de ella lo mejor que puedan. Esta ausencia de "cartografía cognitiva" es crucial: las dos películas representan a personas ordinarias afectadas por la intrusión brutal y repentina de la Historia como causa ausente, afectadas por el impacto de lo real invisible. Resulta entonces que el mensaje político de las dos películas radica en el hecho mismo de que se abstienen de dar un mensaje político explícito: lo que transmiten es una confianza tácita en el Gobierno: "Cuando nos atacan, sólo tenemos que cumplir con nuestro deber".
Aquí, sin embargo, empieza el verdadero problema. La amenaza invisible y omnipresente del terror legitima las medidas defensivas demasiado visibles. La guerra contra el terror se distingue de las precedentes luchas mundiales del siglo XX, como la guerra fría, por el hecho de que si en estas últimas el enemigo estaba claramente identificado como el imperio comunista realmente existente, la amenaza terrorista es constitutivamente espectral, está desprovista de centro visible. La potencia que se presenta como estando continuamente amenazada y que afirma estar simplemente defendiéndose de un enemigo invisible corre el peligro de convertirse en un poder manipulador. ¿Podemos realmente confiar en esa potencia o apela a esa amenaza sólo para imponernos una disciplina y para controlarnos? Hay que extraer la siguiente lección: en el combate contra el terror, es más indispensable que nunca el que la política de Estado sea democráticamente transparente.
Desgraciadamente, estamos pagando hoy el precio por todas las mentiras y manipulaciones de los Gobiernos norteamericano y británico en estos últimos diez años, que llegaron a su punto culminante con la tragicomedia en torno a las armas de destrucción masiva en Irak. Recordemos la alarma, en el mes de agosto, a propósito del atentado terrorista frustrado que tenía que hacer explotar en pleno vuelo una docena de aviones entre Londres y Estados Unidos: la alarma era sin lugar a dudas real, afirmar lo contrario sería excesivamente paranoico. Sin embargo, no podemos evitar pensar que todo ese asunto era un espectáculo puesto en escena a conciencia para acostumbrarnos al estado de emergencia permanente, al estado de excepción convertido en estilo de vida. ¿Qué margen ofrecen estos acontecimientos a la manipulación, cuando las únicas cosas públicamente visibles son las mismas medidas antiterroristas? ¿No será que piden demasiado a los ciudadanos ordinarios que somos todos, un grado de confianza al que los dirigentes habían renunciado hacía tiempo?
¿Cuál es entonces el sentido histórico del 11-S? Doce años antes, el 9 de noviembre de 1989, caía el muro de Berlín. La debacle del comunismo era vista en todas partes como el fracaso de las utopías políticas: hoy, después de haber aprendido, no sin dolor, que las utopías políticas nobles se convierten en terror totalitario, vivimos en una época posutópica de administración pragmática. Sin embargo, tenemos que señalar de inmediato que a este supuesto fracaso de las utopías le ha sucedido el reinado durante una década de la última gran utopía: la utopía de la democracia liberal capitalista a escala mundial.
El 9 de noviembre de 1989 anunciaba los felices años 90, el sueño del fin de la historia previsto por Francis Fukuyama. El 11-S es el gran símbolo del fin de esta utopía, una vuelta a la historia real: los felices años 90 de la presidencia de Clinton ya han pasado; se anuncia una época en la que se levantan nuevos muros por todas partes, entre Israel y la franja de Gaza, alrededor de la Unión Europea, en la frontera entre Estados Unidos y México, entre España y Marruecos, sustituyendo así el muro de Berlín. Una época con nuevas formas de apartheid y de tortura "legal".
Tal como afirmó el presidente George W. Bush inmediatamente después del 11-S, Estados Unidos está en guerra. Ahora bien, el problema está precisamente en que Estados Unidos evidentemente no está en guerra; al menos no en el sentido convencional del término (para la mayoría de la población, la vida cotidiana sigue su curso, y la guerra es asunto exclusivo del ámbito estatal). De este modo, la distinción misma entre el estado de guerra y la paz queda alterada. Entramos en una época en la que la misma paz puede coincidir con el estado de excepción.
En su glorificación del deseo ardiente e irrefrenable de libertad en los países poscomunistas, George Bush lo comparó a un "fuego en los espíritus". La ironía involuntaria de esta afirmación está en que utilizó una frase de Los Demonios de Dostoievski, en la que éste califica de despiadada la acción de los anarquistas radicales que incendiaron un pueblo: "El fuego está en los espíritus, y no en las casas". Lo que el señor Bush no ha entendido es que el 11 de septiembre de 2001 los habitantes de Nueva York ya veían y olían el humo de este fuego.
Slavoj Zizek es filósofo esloveno y autor de Irak. La tetera prestada. Traducción de Martí Sampons.

domingo, septiembre 17, 2006

O papa ten medo



(Foto: La Stampa)

E non é para menos despois de ter cabreado á maioría dos musulmáns do mundo, que son moitos e xa están moi fartos de tanta fachenda e crueldade cometida pola superdesenvolvida e ilustrada civilización occidental. ¿e que xa non lembramos que estamos en guerra, agora que vimos de celebrar precisamente o quinto aniversario do seu comezo? Certamente é difícil afacernos a este tipo de situación bélica onde os mortos están lonxe e non sempre saen nas primeiras páxinas dos xornais (onte saiu un excelente artigo sobre os contadores de mortos na Vanguardia). Esta modalidade de belicismo "Guerra contrao terror" (posiblemente non exista expresión máis sinistra e que esconda actos máis viles), inventada polo máis infame dos gobernantes é moi peculiar e caracterízase sobre todo pola subversión que fai de todas as grandes ideas que, mal que ben, viñan mantendo o mundo en paz: o respeto ás leis, as liberdades individuais, os dereitos fundamentais...; non ten nada de raro que dándolle a volta a todo apareza un mundo cunha paz tan precaria que pode estalar en mil pedazos por mor dunha coma de máis ou un apóstrofe de menos.

Fixádevos no xeito en que Benedicto aferra o Libro, precisamente no momento en que está a dicir as verbas polas que hoxe se sente tan aflixido. Pero ¿a qué viña ese clase maxistral resucitando ao Paleólogo, emperador de Bizanzio no 1391 para apoiar as súas ideas sobre a relixión musulmana? A foto é ben ilustrativa, as guerras de hoxe son como as de hai cincocentos anos, porque, como hai cincocentos e cinco mil anos hai que buscar algunha pantasma que xustifique este salvaxe deseo de eliminarnos.

As palabras da polémica.

jueves, septiembre 14, 2006

NADA non hai NADA


¿Nada? Vacío y silencio recogidos en el Schirn-Kunsthalle Frankfut
Esta fotografía "ilustra" unha exposición na que se mostra "nada". Conceptualismo en estado puro. ¿imaxinades a impresión que recibirá o visitante a esta "mostra"? Parece que se trata de facer reflexionar sobre iso, a nada, o espacio baleiro...¿qué está a pasar co mundo da arte? ¿será que o artista contemporáneo se desligou definitivamente da creación? Transcribo unhas verbas do filósofi Slavoj Zizek (segue a ser un dos poucos que me procuran algún consolo intelectual): "¿onde quedaron aqueles bos tempos nos que a arte oficial era conservadora e a vanguardia adicábase a provocar á xente? Na coleccion Saatchi de Londres, que integra o circuito cultural establecido, pódense ver obras perturbadoras como vídeos de colonoscopías, merda, o que se nos ocurra".

lunes, septiembre 11, 2006

Expulsadas do paraíso



Como adoito solidarizarme cos perdedores non consigo esquecer ás pobres rapazas que se someteron á máis estúpida da tiranía dos nosos tempos, a moda da extrema delgadez, para acabar sendo expulsadas do paraíso. O Ministerio de Saúde y Asuntos sociais de Suecia advirte ás xovenciñas que non intenten parecerse ás modelos das revistas porque non son reais. Aproveito a ocasión para recomendar "La historia de la belleza", de Umberto Eco.

sábado, septiembre 09, 2006

Lorca eran todos. Outra vez a censura.

O dramaturgo galego Pepe Rubianes ven de retirar a súa obra "Lorca eran todos" do Teatro Español de Madrid por fortes presións e mesmo ameazas. Este é outro exemplo máis do que estamos a perder pola incapacidade de superar o trauma da guerra civil. Non asumir o pasado, por forza ten que nos atrancar moitas portas; pechar os ollos e botar máis terra ás fosas comúns é tamén afogarse na autoincomprensión.

Video Entrevista a Pepe Rubianes en Tv3

viernes, septiembre 08, 2006

grazas, grazas

No mes de agosto xogando con este novo medio metín un contador de visitas e hoxe teño que confesar que me sinto moi contenta ao ver que xa tiven mil entradas nestes poucos días; non esperaba nin de lonxe que o que escribo lle interesara a moita xente, así que estou moi, moi contenta, sobre todo tamén porque vexo que este medio pode ser unha boa oportunidade para oir moitas máis voces, xa estamos tan cansos das letanías de sempre...Bueno pois seguide ahi por favor...ah!...apetéceme celebrar este éxito dalgún xeito...así que ao primeiro que mo pida via e-mail lle envío un exemplar dalgún libro dos que falei ata agora.

Vía Ferrán M., veño de coñecer esta instalación do artista eslovaco Matej Krén, que se expón no Centro de Arte Moderna José de Azevedo Perdiçao. Seica é impresionante a entrada nesta mole de libros; seguro que o artista estaba a pensar no célebre relato de Borges...paréceme que as dúas obras provocan semellantes sensacións de vertixe e desconcerto ante o infinito.
Fotos: Ferrán M.

jueves, septiembre 07, 2006

Diario gráfico de Laura Ghorayeb


O DESCENDEMENTO DA CRUZ
O abandono do bloqueo é como o descendemento da cruz. Hoxe o Líbano queda libre do bloqueo ás 6 da tarde. Por fin liberados.
L.Ghorayeb 06 sep. 06



Aínda que admiro profundamente a estes debuxantes non sentiría nadiña que estes debuxos desapareceran se fose porque deixasen en paz ó Líbano. Hoxe temos un motivo de ledicia coa noticia do levantamento do bloqueo, mágoa que este país teña que sufrir durante tanto tempo o conflicto árabe-israelí que ademáis non parece que poida terminar nos próximos séculos. Sería preciso aplicar as derradeiras medidas contra a marxinalidade do infame Toni Blair e evitar o nacemento dos que seguramente van terminar sendo terroristas...
¡moita sorte ao Líbano!

miércoles, septiembre 06, 2006

Laure Ghorayeb


Estes debuxos son da artista libanesa Laure Ghorayeb. Permítome traducir os textos cos que acompaña os seus debuxos. No Líbano seguen a pasar cousas, pero os xornais non dan feito con tanta calamidade diaria que pasa no mundo. Por outra parte, moitas destas informacións que temos a sorte de atopar na blogosfera non nos chegarían, xa se sabe, as víctimas canto máis caladiñas mellor...

5 de septiembre de 2006
Do libro do Éxodo

CAPÍTULO: ATENTADOS CON BOMBA
O demo está á espreita, soupo mancar ho
xe, quixo ferir ao oficial Samir Chéhadé e matou a catro soldados que o protexían (á saída da estrada de Mmeylé _olman)
P.S. Chédahé é o principal instigador que deu información sobre a inculpación dos catro responsables inculpados no día de hoxe no asunto do atentado que custou a vida a Rafic hariri e súa escolta....

lunes, septiembre 04, 2006

Anécdotas na biblioteca...


Algúns estudantes son tan ben pensados que imaxinan que @s bibliotecari@s coñecemos todos e cada un dos libros que gardamos (non estaría mal). Así se entende o que lle aconteceu ao meu compañeiro non hai moito cando un rapaz lle preguntou:
-¿Pódesme prestar o Madison? (suponse que está a pedir un coñecido manual de química ou vai ti saber).
O compañeiro, que é moi educado e ocorrente lle contestou:
-¿Cal, o Square Garden?
Velaquí a magnífica contestación do estudiante despois de dubidar un rato:
-....Hummm, non lembro ben os apelidos..
Reflexión persoal (absterse técnicos de calidade e directivos obsesionados coa informatización)
Estas cousas pasaban na era da comunicación real. No paradigma virtual que nos cega, as transaccións libro-lector-bibliotecario son resoltas pola aplicación informática de moda e xa non se precisa máis que unha man que prema o rato e un brazo que achegue o libro ao lector; para evitar erros no proceso contamos cun manual de procedemento que nos indica, paso a paso, o proceso da entrega do libro ao lector. Non emprego o termo "usuario" porque aparte de que non me gusta, teño comprobado o mal que lles senta aos nosos mellores lectores o seu novo nome colectivo.
(Isto vai continuar...)

domingo, septiembre 03, 2006

Viaxa con Heródoto.


Aínda que parece que hoxe viaxar é moi doado e ata barato, ás veces e moito mellor aforrar cartos e imprevistos (folgas repentinas, confiscación de lápiz de labios no aerporto) e quedar na casa cun bo libro. Kapuscinski (word non deixa, pero leva til no primeiro "s" e no "n") é tan xeneroso con nós como Heródoto foi con él. O maestro lle ensinou non só formas de ver o mundo, senón tamén a ser unha persoa especial, cun xeito especial de observar o que pasa e logo contalo tamén de forma que verdadeiramente nos faga reflexionar. Podemos voar cara atrás no tempo e participar das conversas de Solón con Creso e Ciro, e ao mellor entendemos doutra forma o concepto de felicidade. Non está nada mal que de cando en vez nos lembren o pouco que aprendemos co tempo, e de que forma tan rutinaria e atroz somos quen de inflixirnos os maiores sufrimentos ao tempo que nos convencemos da extraordinaria capacidade e intelixencia da especie humana. Xa sabiamos que a loita Oriente/Occidente ven de moi lonxe, pero e que seguen a ser as mismas miserias as que moven ao homes as grandes matanzas. Hoxe Israel invade o Líbano porque secuestraron a uns soldados e hai mil cincentos anos foron os fenicios os que coa súa práctica de raptar mulleres abriron a desencadenaron toda esta treboada que aínda continúa. E o caso e que xa non hai remedio. Podemos ler complexísimos tratados antropolóxicos, filosóficos, sociais, históricos para rematar aceptando que non podemos deixar de matarnos porque hai unha lei que Herodoto xa lle explicou a Kapuscinski en forma de pregunta ¿quen foi o primeiro en cometer a inxuria? Ahí esta a resposta a todo, porque a lei do desquite, o ollo por ollo que invade os máis pidadosos libros sagrados, non só foi sempre unha lei, senón o máis sagrado dos deberes, e claro, estamos hoxe pagando polo que os nosos antergos fixeron ou sufriron nun condenado e infinito xogo apocalíptico. "Una especie de lúgubre fatalismo anida en el mecanismo de la venganza. Hay en lla algo inevitable e irreversible. De modo que de repente te ocurre una desgracia y no consigues desentrañas sus causas ¿Por qué? ¿Qué has hecho? ¿Qué ha pasado? Nada, sencillamente, te ha atrapado la venganza por los crímenes cometidos por uno de tus antepasados que vivió hace diez generaciones y de cuya existencia ni tan sólo sospechabas". ¿quen se atreve hoxe a refutar esa tese? ¿que saben os libaneses do rapto de Europa?