martes, marzo 20, 2007

Unha soidade demasiado ruidosa, de Bohumil Hrabal


Un texto dunha beleza e profundidade case insoportables...só tendes que ler o comezo para decatarvos do que digo, e así as restantes cento dúas páxinas.

Levo trinta e cinco anos traballando con papel vello, e esta é a miña "love story". Trinta e cinco anos prensando libros e papel vello, trinta e cinco anos enzoufándome con letras, de xeito que semello unha enciclopedia, unha máis das moitas que levo prensado en todo este tempo, polo menos tres toneladas, veño sendo coma unha xerra chea de auga viva e morta, abonda con que me incline un pouco e xa rebordan os máis fermosos pensamentos, fíxenme culto sen querelo, de xeito que xa nin sei que ideas xurdiron de min e son verdadeiramente miñas e cales lin nalgún libro, de feito o que acontece é que durante estes trinta e cinco anos fusioneime co mundo que me rodea, porque cando eu leo, a verdade é que non leo, senón que petisco co bico unha fermosa frase e métoa na boca, zugo nela coma se fose un caramelo, sórboa coma unha copiña de licor e chúcha coa lingua ata que se disolve nela coma o alcol, e unha vez disolta chega un momento no que non só me alcanza o corazón e cerebro, senón que circula polas miñas veas ata as raíces mesmas dos vasos sanguíneos. (...)

Esta foi unha lectura recomendada por Rubén. Grazas pois a él e a Rinoceronte que segue a facer traducións de calidade da mellor literatura. Aínda estou moi impresionada coa lectura deste texto que unha acaba lendo como...(ver o texto arriba en negriña).

viernes, marzo 16, 2007

!Parabéns Mario!

Coñecín a Mario con motivo do conflicto laboral que tivemos parte do persoal da Universidade de Vigo porque nos fixo unha fotos impresionantes. Agora, paseando pola súa páxina descubro esta outra obra súa que quería compartir con vós.
Dedico este post a R.R. Veño de rematar coa lectura da súa obra Limpeza de sangue que ten moito que ver coa fotografía.

miércoles, marzo 14, 2007

Pois non don Ramón, en Galiza non debemos ter ningun Barceló....


Pois vai ser que non Don Ramón, vai ser que non é por non ter artistas galegos de calidade, vai ser que Francisco Leiro, por poñer só un exemplo, é un pailán que só o coñecen en Nova Iorque, que fais cousas tan horripilantes como ese Sireno de aluminio que vixía e amola aos vigueses que pasean pola Porta do Sol, vai ser que aquí en Galicia os cartos destinados a cultura son para proxectos supermegaultradelaostia (con perdón), para que as futuras xeracións de galegos non só lembren de Oestrymnios e Breogáns senón tamén de Don Manuel e sucesores, ou vaia vostede saber, Don Ramón, ao mellor é que en Galicia temos unha xerarquía eclesiástica moito máis seria e non vai deixar doadamente de seguir investindo outros cinco séculos máis no filón do xacobeo. Ademáis, empezamos a modernizar a imaxinería relixiosa e mira ti o que pasa.

martes, marzo 13, 2007

Beatriz Dacosta.














Beatriz Dacosta é a autora destes tres libros, e este o seu fermosísimo espazo. Coñecín a súa obra grazas á recomendación que me fixo o libreiro de Andel nunha das múltiples feiras do libro en que coincidimos. Xa hai tempo que sei por Fran Alonso deste blog, pero ata hoxe o rato non tivo a ben pararse neste paraíso gráfico e visual, non vos esquezades e engadide este novo enderezo aos vosos favoritos.

lunes, marzo 12, 2007

O blog de Saad Eskander director da Biblioteca Nacional do Iraque

Noutra entrada na que falaba sobre a destrucción de libros fixen referencia ao caso do Irak e a apocalíptica destrución da súa biblioteca. Agora parece que o director da Biblioteca Nacional dese país (...mellor dicir ou mellor dito, os seus restos) ven publicando un blog que podemos ler en castelán vía El País. Paréceme moi importante seguir esta fonte de información. Aquí vos deixo a ligazón.

viernes, marzo 09, 2007

Lembranza de Carlos Casares


Ilustrísima:
Hai xa cinco anos que vostede abandonou a marxe deste país de palabras. Dende entón teño que dicirlle que un Polvo Xigante de anguria ameaza a cotío a Conciencia de Galicia porque aparte de Sarmiento, Fole, Fermín Bouza, Otero, Piñeiro, Don Vicente...quedaron moitas conversas por manter, moitas Laranxas por pelar e sobre todo moitas Historias por contar. A Semente Aquecida da Palabra non tivo tempo de agromar en novos Contos de Xustiza, que só quedaron esbozados como Os Oscuros Soños de Clío. Os Mortos de aquel verán non tiñan que ter tanta presa en levalo canda eles, total Deus seguirá moito tempo sentado no seu sillón azul....



Grazas a Marcos Valcárcel por terme convidado a esta fermosa lembranza de Carlos Casares. Aquí vos deixo unha pequena recopilación de ligazóns relacionadas coa súa vida e obra.

C.Casares na Biblioteca Virtual Galega.
Consello da Cultura Galega
Fundación Carlos Casares.
C.Casares en Culturagalega.org
Na Wikipedia
En lg3 Portal de Literatura Galega
Ficha de C.Casaren en Xerais.
Casares en Editorial Galaxi
Entravista en La Voz de Galicia (2001)

Outras ligazóns:
Ourizo azul
Imaxes de Casares no Google

Nas bibliotecas e centros de investigación.

Biblioteca da Universidade de Santiago
Biblioteca da Universidade de Vigo.
No Instituto Cervantes
Proxecto Meiga

jueves, marzo 08, 2007

Vivir olvidando cada día...

(Foto de MAN RAY:Primacy of Matter over Thought.1929.Cut-out gelatin silver print on paper. Baltimore Museum of ArtMan Ray)

lunes, marzo 05, 2007

Rubén Ruibal


Rubén Ruibal foi unha das primeras descubertas neste fantástico mundo dos blogs. O seu espazo sempre estivo nos meus favoritos porque os seus textos teñen unha frescura especial, de xeito que visitar Alicia Crece é como ir a tomar una boa cervexa cun bo amigo. Mágoa que os teus "centoliños" non te deixen máis tempo para nós. Hai uns días que lin unha entrevista súa na Revista Galega de Teatro onde fala das miserias da nefasta política cultural da nosa administración sobre todo no tocante á producción dramática galega. Malia ter gañado o XIV Premio Álvaro Cunqueiro de Textos Teatrais, unha ampla experiencia teatral e ter traballado co mestre Vidal Bolaño, Rubén non pode vivir do teatro. Non hai cartos para garantir a supervivencia dos nosos creadores, pero si que abondan para soterralos no monte Gaiás ou noutros fiascos culturais. Aproveito a ocasión para recomendarvos a lectura de "Limpeza de Sangue", co que acadou ese premio.














viernes, marzo 02, 2007

Te quiero.


Foto: Dorothea Lange Migrant Mother
Hoy me han clavado otro puñal
debe ser el estómago
esto que sangra...
y siempre hay sitio
para otra herida
para otra pedrada
para otra desilusión
para otra muerte.
Esta de mi madre
que está ahí pero
no
no seré yo quien la soporte
no
no seré capaz de olvidar
los días de miedo
los días de golpes
los días de abrazos
no seré capaz de ser
como tú
imposible tanta entrega
pero
no seré capaz de ser
como tú
insoportable tanto rencor.
Ojalá descanses
y seas feliz
y vivas una vida nueva
sin mi.
Te quiero a tu pesar.

Recursos na Rede para investigadores.

Neste post de ECuaderno hai unha interesantísima recopilación de ligazóns relacionadas coa investigación.

jueves, marzo 01, 2007

Amizade.

Imaxe da esquerda: Two Women by Egon Schiele
Imaxe da dereita. G.Klimt, Girl Friends
Sempre me rifas polo mal que emprego algunhas palabras. O que máis te amola é a gratuidade coa que utilizo unha que para ti semella un talismán, amizade. Seguramente tes razón e todo é cuestión de necesidades. Estes días nos que os anxos xacen mortos e os trasnos brincan arredor de min ti axexas o meu soño e me coidas como esa nai tan grande que teño aínda que se esquecese de min. Eli, espero saber estar á altura cando chegue o momento.

domingo, febrero 25, 2007

Orhan Pamuk. Me llamo rojo.



Por fin comezo de novo a entusiasmarme co virtual; ás veces é un bo remedio para baixar da lúa sobre todo da chea. Teño un bo amigo que ten unha teoría sinxela para entender e sobrepoñerse aos estados alterados de conciencia...son ciclos... dime con ese sorriso que lle caracteriza. Outra boa terapia para esquecer a túa propia historia é mergullarse nunha vida allea, nun relato de ficción a poder ser construido por persoas como Orhan P. que teñen asimilado e aprehendido tan profundamente cada detalle da súa vida. Ando pola metade deste libro e xa soño con ilustradores orientais, mulleres namoradas de ollos negros que agachan as súas paixóns nos suaves tecidos das súas túnicas, rúas miserentas poboadas por cans que pelexan na procura dun bocado e azoras do Corán que prohíben calquera desviación do camiño. Vos deixo un pedaciño do texto, coma sempre elixido ao azar: "...Ahora mismo os diré cómo se podría pintar el abrazo entre Negro y yo si esta humilde historia mía se contara algún día en un libro y fuera ilustrada por los legendarios maestros de Herat. Hay ciertas páginas maravillosas que mi padre me ha enseñado entusiasmado: el fluir de la letra y el ondear de las hojas comparten la misma excitación y el adorno de las paredes y el dorado de la página comparten la misma textura: la inquietud de la golondrina que perfora con sus alas el encuadre y el dorado se parece a la de los amantes. Los amantes, que se miran de lejos y se dirigen reproches con palabras llenas de sentido, se dibujan tan pequeños en estas pinturas, se les ve tan lejos, que por un instante una cree que la historia no habla de ellos sino del magnífico palacio en que se encuentran y de su patio, del maravilloso jardín cuyas hojas han sido pintadas una a una con tanto amor y de la noche estrellada que los alumbra y de los árboles en la oscuridad..."

miércoles, febrero 21, 2007

Unha aposta máis polo ateismo

Non son bos tempos para o rexeitamento de dogmas, lendas, contos, biblias, catecismos, manifestos, mitoloxías e sentencias. Máis ben son tempos de conformismo a ultranza e adoitamos aceptar os sistemas de pensamento de forma tan pasiva como o bautismo ou a primeira comuñón. Esta ausencia programada de reflexión é un requisito fundamental para que o sistema funcione sen demasiados problemas e continúe a lóxica do reparto de poder que leva funcionando dende os tempos dos primeiros filósofos. Pero antes que a filosofía foron as relixións as encargadas de neutralizar a unha criatura á que por erro se lle engadiran algúns elementos que lle permitían pensar e tomar decisións de forma autónoma. E algúns homes eran quen de crer na felicidade terrenal e ata había quen non só non rexeitaba o pracer senón que facía del a súa razón de vivir. Entón as posturas endurecéronse, as filosofías fixéronse máis ríxidas e os sistemas políticos pecharon filas arredor de dous ou tres eslóganes moi simples, e as relixións monoteístas tiveron as mans libres durante séculos para afogar calquera tentativa de cuestionamento do sistema. Neste ensaio non están as respostas pero será moi válido para quen a estas alturas aínda non se cuestiona teimas tan absurdas como a continua represión do pracer e a felicidade en aras dunha vida ultraterrena que só existe nas imposturas fabricadas de fabuladores, profetas, evangelistas, etc, etc.

Na súa web.
Natif d’Argentan, dans l’Orne où il est domicilié, il a publié une vingtaine d’ouvrages dans lesquels il propose une théorie de l’hédonisme : que peut le corps ? En quoi est-il l’objet philosophique de prédilection ? Comment penser en artiste ? De quelle manière installer une éthique sur le terrain de l’esthétique ? Quelle place laisser à Dionysos dans une civilisation tout entière soumise à Apollon ? Quelles relations entretiennent l’hédonisme éthique et l’anarchisme politique ? Selon quelles modalités une philosophie est-elle praticable ? Quelles chances le corps peut-il attendre des sciences post-modernes ? Quelles relations entretiennent biographie et écriture en matière de philosophie ? Selon quels principes sont fabriquées les mythologies philosophiques ?
Les réponses supposent le détour par le corps libertin, l’éthique immanente, l’individualisme libertaire, le philosophe artiste, le nietzschéisme de gauche, le matérialisme sensualiste, l’utilitarisme jubilatoire, l’esthétique généralisée, la subjectivité païenne, le libertinage solaire, le corps faustien, la vie philosophique et l'historiographie alternative
Onfray , Onfray en Rojo y negro, sindioses.org, Moucho Branco,Arume dos piñeiros,Polo laicismo radical.

miércoles, febrero 14, 2007

Ja estou melhor. Obrigada.



Diario del gourmet de provincias y del perro gastrónomo, magnífico blog sobre gastronomía, publica esta suxestiva foto. A combinación do azulexo como materia escritórea e o contexto ou lugar no que se insire a mensaxe engádenlle un matiz moi especial a estas sinxelas verbas.

martes, febrero 06, 2007

La Biblioteca de noche. Alberto Manguel.


Decátome de que teño unha dependencia emocional con este espazo virtual porque ao tempo que me illa e me permite reflexionar "en alto", me fai sentir dalgún xeito un pouco útil. Sobre todo cando algún anónimo e non tan anónimo lector me adica fermosos comentarios e sobre todo reflexións que me indican que non estou soa aquí...Voltemos pois ao engaiolante mundo da literatura. De Alberto Manguel non tiña lido nada, pero este é unha boa lectura, sobre todo para os apaixoados do libro e as bibliotecas. Lémbrame moito a Borges e a súa idea de relato infinito. Dende a antigüidade, dende biblioteca de Alexandría ata o actual proxecto de google de dixitalización total seguimos coa teima de querer cinguir o coñecemento nun espazo limitado.

domingo, febrero 04, 2007

SEGUIMOS PECHADOS....

(foto: rebelados)






















Xa vos teño informafo do conflicto que me ten ocupada estes días. Pois seguimos nela. Levamos xa 18 días de pecha e aquí non pasa nada.

O Reitor nas derradeiras declaracións á prensa como un autentico pasota "ese no es mi problema", o xerente segue de baixa e o seu amanuense, vicexerente en funcións chama ao comité de folga para pedir un adiamento da reunión na que tiña que presentar unha proposta porque di que quere facer unha cousa seria.
Si, para partirse de risa. Aos cidadáns ten que facerlles moita graza que este xerente que non xestiona cobre cada mes 7000 EUROS por levar dous anos negociando un convenio sen chegar a unha solución, ao mellor tamén lle pagan tanto por ser quen de manter no seu cranio privilexiado tódolos detalles dunha contabilidade que moitos non se explican (segundo un comentario neste blog nin o propio Consello de Contas da Xunta) dende hai tempo, en fin, máis do mesmo. A cultura do pelotazo non rematou coa entrada no trullo de Don Mario. A xente pensa que protestamos de vicio. Si, sobre todo os conserxes, auxiliares de servizos, bibliotecarios, auxiliares de deportes....porque para acadar as nosas prazas tivemos que superar procesos tan doados como ofertas dunha, dúas, seis prazas e competir con outros seiscentos, e cobrar 800 euros, e non poder promocionar, e ver como as nosas prazas se precarizan e ata pasan a chamarse "apoio ao campus", que é a forma políticamente correcta de dicir "hoxe aquí e mañá alí", e ata "hoxe aquí e dentro dun rato vas para alá", ou que os bibiotecarios fagamos de gardas de seguridade e teñamos que dicir NON cando nos pidan un libro e limitarnos a prestar folios, mandar calar, regular o aire acondicionado ou prender luces....para iso tivemos que aprender tantas normas ISO... iso sí, temos CERTIFICADO DE CALIDADE, que é o que mola e está de moda....Disculpade o cambio de tendencia no blog, en pouco prometo voltar a casa...

miércoles, enero 24, 2007

Ryszard Kapuscinski....ata pronto...


Grazas a Comunicación Cultural coñezo a morte de Ryszard Kauscinski...é un dos meus deuses contemporáneos, xa vos teño falado deste Herotodo do século XXI despois de X.C. (segundo a cronoloxía da relixión cristiana). Sempre que reflexiono sobre algo, unha frase súa aparece nun lugar do meu pensamento para sinalarme que él xa estivo alí, me axuda a comprender un pouco. Quérolle a Kapuscinski porque estiven con él o derradeiro verán, nas horas nocturnas nas que os meus ollos pousaban nas súas páxinas e descansaban ollando para a Alhambra que iluminada pola noite, era a perfecta representación de tódolos lugares polos que me levaba nas súas viaxes...Axudoume eses días a levar un pouco mellor tanta indignidad e morte, Galicia ardendo e no Líbano morrendo tododiós sen saber...Lede a este pensador e filósofo e seredes moito más prudentes.
Abrindo ao azar...."Viajes con Heródoto"...:

Los chinos construyeron la muralla para defenderse de las invasiones de las tribus mongolas, nómadas, ágiles y expansivas. Dichas tribus llegaban en tropel, en turbamulta, formando ejércitos enteros, desde las estepas mongolas, la cordillera del Altai y el desierto de Gobi atacaban a los chinos, no cesaban de constituir una amenaza para su Estado y aterrorizaban con el fantasma de la masacre y la esclavitud.
Con todo, la Gran Muralla no era más que la punta del iceberg, un símbolo, un signo distintivo de China, un escudo de aquel país que durante milenios fue país de muros. Pues si bien la Gran Muralla sólo marcaba la frontera norte del imperio, también se alzaban murallas entre reinos en conflicto, entre regiones y entre barios. Defendías ciudades y aldeas, puentes y desfiladeros. Protegían palación, sedes gubernamentales, templos y ferias. CUarteles, puestos de policía y cárceles. Los muros rodeaban casas particulares, separando un vecino de otro, una familia de otra. Y si partimos del supuesto de que los chinos levantaron murallas ininterrumpidamente durante cientos e incluso miles de años, si tomamos en consideración el -siempre alto-número de aquéllos, su entrega y disposición al sacrificio, su disciplina ejemplar y su laboriosidad de hormigas, obtendremos un saldo de cientos de millones de horas gastadas en construir murallas, horas que en un país pobre se habrían podido emplear en cosas tan útiles como aprender a leer y aprender un oficio, en cultivar nuevos campos y criar un hermoso ganado. He aquí donde está la energía del mundo. ¡Cuán irracional! ¡Cuán inútil!...

domingo, enero 21, 2007

ESTAMOS PECHADOS NA REITORÍA DA UNIVERSIDADE DE VIGO



O colectivo de traballadores da Universidade de Vigo-persoal laboral-, levamos pechados na reitoría tres días logo de casi dos anos de negociacións frustrantes co equipo de goberno. ¿qué pedimos? pois algúns ser mileuristas que é o que se leva. Si, sí, podedes crelo, hai persoal desta universidade que gaña 800€ ao mes. Bueno, eu mesma, bibliotecaria do grupo III, gaño exactamente 975. As horas do peche dan para moito, entre outras cousas para poñerse ao día dos chanchullos que teñen lugar na institución, que parece que todo o mundo sabe pero ninguén é quen de denuncialo...milleiros de cartos que con motivo do Prestige se repartiron uns cantos, fundacións que reparte cartos entre ficticios equipos de investigación, directivos que levan a contabilidade de memoria e acosan aos administrativos que queren cumprimentar como Dios manda os libros de contabilidade... e nós pobriños conserxes, bibliotecarios (algúns, non os funcionarios que gañan dous veces máis que nós), auxiliares de deportes (os que veñen de aprobar a oposición gañan 800 euros), e outros moitos máis traballadores, nós somos agasallados dende hai dous anos con ameazas de cambios de quenda por razóns de servicio, incremento de funcións por 20 euros ao mes, en fin...unha mágoa de xestores que en tempos de abundacia enchen os petos e deixan que a institución a organice San Teleco que para iso se lle deixa facer o que lle peta no día da súa onomástica. Iso si, o humor non nos falta, se queredes podedes seguir o peche no noso blog.

viernes, enero 19, 2007

Blog archivium-sancti-iacobi


Foto: Ana Bande.

Esta é unha foto que fixen hai uns vinte anos, creo, nun dos mosteiros da Rioxa, ¿San Millán?, pode ser. Lembro ir por un corredor e tirar desta humilde portiña na parede blanca e a sorpresa que levei cando se me apareceron estes pesados e ricos libros. Temén me asombrei do deplorable estado no que se conservaban nun mosteiro tan importante e que acolle as primeiras letras no castelán. Rotos, cheos de polvo e deformados pola incomodidade da postura á que se lles condenou durante séculos conservaban toda a súa dignidade erguidos sobre uns raís de madeira dos que se tira por medio dunhas argolas de ferro. Aproveito a foto para darvos a coñecer o blog archivium-sancti-iacobi, unha iniciativa dun grupo de investigadores sobre documentación medieval.

lunes, enero 15, 2007

Os libros que hai que ler

Esta é a derradeira lista de libros que nos propoñen dende anglolandia se queremos presumir de cultos cultísimos. Non vou recomendalo porque a súa lectura pode quitar tempo para outras que sí son imprescindibles como Cervantes, Homero (este non figura no listado, nin a Ilíada nin a Odisea, os libros que calquera persoa mínimamente preocupada xa non pola literatura senón polo home e a historia en xeral levaría a unha illa deserta) Gombrowicz, Pitol, Alexandre Vona, etc, etc. Ademáis a lectura ten que ser un acto de liberdade, e os libros que leo son os que me recomenda unha boa amiga, os que me agasalla alguén que amo, os que me serviron para elixir o nome da miña filla, os que merquei nunha viaxe inesquecible, os que atopei nun parque e que levan unha etiqueta de bookcrossing, os que coñecín nun blog que me gusta, os que a min me gostaría escribir, os que me gosta regalar, as boas edicións críticas, os que me presentan as cousas dun xeito moi diferente, os que foron escritos logo de moitas horas de traballo e investigación na procura dun pasado que nunca se contou, os libros de arte tan ben editados, os que leo antes dunha viaxe que quero facer, os que me excitan sexualmente e intelectualmente, os que me aportan ideas para entender este complexo mundo, os escritos por persoas sensibles e curiosas que pasan a vida viaxando e reflexionando sobre o mundo que nos rodea, os escritos por amigas, os dos verdadeiros pensadores que falaron claro malia tódolos procesos xudiciais e rexeitamentos do mundo, etc, etc....e así pouco a pouco vas facendo a túa propia biblioteca...boas noites e boas lecturas.

viernes, enero 12, 2007

COUSAS QUE NOS DAN NOXO...






Tanto ten que se chamen Consellos de Ministros, Xuntas de Presidentes, Consellos de Dirección, a foto repítese, as mulleres NON PINTAMOS NADA. Este post reveindicativo do feminino adícollo aos insorportables, caducos, mentecatos, petulantes e eu diría tamén perturbados que cacarean e insultan todo o santo día na bochornosa radio intereconomía ou non sei qué...Para estes líderes de audiencia as feministas son unhas PIRADAS, así, literalmente. A Vicepresidenta do Goberno é "a fenómena", Zapatero un "inútil" y así con todos os que non pensan coma eles...Unha auténtica vergonza de emisora e de tertulianos...e pola mañá despertas igual, un tal Herrera en la Onda que en vez de Otegui di "ese sinvergüenza"....e máis e máis...A radio xa non ofrece noticias, só ideas dixeridas e xa vomitadas por pseudoperiodistas a soldo hoxe de uns e mañá outros...

RECURSOS SOBRE BIBLIOTECAS DIXITAIS

(Foto) Vía E-LIS din cuns materiais moi interesantes sobre Bibliotecas Dixitais. Hai só un par de días vos presentaba o prometedor blog de Dídac e agora atopo este curso seu sobre "Novas ferramentas para as bibliotecas dixitais". Sobre o novo Polibuscador da Universidade de Valencia, a presentación de Margarita Estellés La Biblioteca Digital de la UPV : Sakai y Polibuscador; una apuesta por la integración. Usando las bibliotecas digitales. Jiménez Aleixandre, Miguel. Impacto de las tecnologías de la información y las comunicaciones en la educación superior de Francisco Lee Tenorio y Raúl Gonzalo Torricella Morales. La Biblioteca Digital : Investigación y docencia en el Espacio Europeo de Educación Superior de Fernanda Peset Mancebo.

jueves, enero 11, 2007

Derradeiras descobertas na blogosfera


Grazas a Catuxa que me liou no Econozco chego a Todas, un precioso blog feminino. É un espazo variado, divertido e rico en contidos.
Por Brétemas, o blogueiro máis productivo que coñezo, chego ao blog de Kilo Da Silva. Se cos debuxos xa nos cativaba agora temos a ledicia de contar cos seus textos e sobre todo cos comentarios da súa comunidade de amigos polos que chegamos a outros artistas e espazos relacionados con esta maravillosa arte da ilustración.
Temén hai pouco que coñezo a Cambote e o seu Cadelo de Paulov pero gústame o que escribe e sobre todo os recursos que nos presenta. Grazas a él coñecín a Nano.

domingo, enero 07, 2007

Novo blog sobre a Web 2.0

Hai pouco tempo que apareceu o blog DosPuntoCero. Didac Margaix, da Universidade Politécnica de Valencia, o seu autor, presenta un espazo adicado á investigación sobre a Biblioteca 2.0 e á Web 2.0 en xeral. A xulgar polos contidos actuais vai ser un blog de seguimento obrigado para estar ao día nun tema que representa nin máis ni menos que o futuro da rede, e polo tanto de moito máis. Como ben sinala Didac, o feito de que a revista Time nomease a tódolos usuarios da Internet como personaxe do ano 2006 é xa un síntoma moi claro da importancia do asunto.
Interesante o video sobre a noticia (Vía DosPuntoCero)

sábado, enero 06, 2007

W.Gombrowicz, Curso de filosofía en seis horas y cuarto

Unha filosofía que non axude a vivir non merece nin unha hora de atención
(W.Gomobrowicz)

Gústame W.G. porque é libre, independente, antolladizo, provocador, ateo, individualista, acróbata...un outsider, como gostaba definirse a sí mesmo. Pero ademáis gústame polas súas continuas contradiccións, a súa autosuficiencia e autoenxalzamento. E por suposto a súa ironía. Estas características da súa personalidade son as ferramentas que lle permitiron sobrevivir moi dignamente nun entorno tan hostil tanto no persoal como no profesional. W.G. tiña que ser un home dunha personalidade irresistible pero ao mellor non. Quizais era un temperamento introvertido, un tipo con moitos complexos e fobias ao xeito dun Houellebecq da época, que igual ca este, atopa na escritura o xarro perfecto para o seu viño acedo...
Aquí vos deixo algúnhas palabras súas pertencentes ao seu derradeiro libro "Curso de Filosofía en seis horas y cuarto".
Es para mí un misterio que libros interesantes como los de Schopenhauer (¡y los míos!) no encuentren lectores ... Pero Hegel y Schopenhauer tenían argumentos para mostrar que un genio no puede tener éxito, puesto que sobrepasa a su tiempo. Por esta razón el genio resulta incomprensible y no serive para nadie. Así que Schopenhauer y yo nos consolamos bastante bien. (W.G.Curso de filosofía en seis horas y cuarto. P.64)

jueves, enero 04, 2007

A blogosfera hispana: Desmitificación



Ponencia de Jose Luis Orihuela presentada no Evento Blog 2006 en Sevilla. Gustoume esta biografía do fenómeno blog.

Grafiteiro vigués


(Foto: subacuatica.com)
Grazas a Cambote chego aquí. Alégrame coñecer a Nanno, o autor dos chocos que se reproducen por todo o noso Vigo e ao que vemos na foto en plena acción. Gústanme estas intervencións artísticas porque humanizan as nosas cidades cada vez máis grises e frías. Ademáis, moitos dos debuxos conteñen mensaxes ben interesantes, só se precisa querer escoitar. Aínda que no comezo foi unha manifestación totalmente transgresora, hoxe, o graffiti xa entrou na zona de perigo. Meter estas obras nos museos non é outra cousa que rachar co seu sentido e desvirtuar totalmente a mensaxe. A maldita posta en valor tan de moda e que terminará por quitarlle o cheiro ao mesmo inferno...

viernes, diciembre 22, 2006

Civilización vs. Destrucción

(Foto: tabliña con escritura cuneiforme. O territorio do actual Iraq foi o berce da nosa civilización. A súa destrucción no pode significar outra cousa que o seu fin.Foto: proyectonautilus.com.)

Xa tiña ganas de volver a este recuncho de tranquilidade e reflexión. Estes días as miñas lecturas foron un tanto apocalípticas e seguramente non as comentaría aquí se non se produciran novas tan desacougantes. O aforcamento de Sadam é o agasallo que Papá Noel - o mister danger que diría Chávez- tiña preparado para este nadal. Moitas conciencias quedarán tranquilas, claro que si. Forma parte da derradeira moda de agasallo alternativo que serve para aliviar a nosa mala conciencia. ¿que máis ten que morran cada día cen ou duascentas persoas no país de Sadam como consecuencia da irreversible situación de violencia que o Tío Sam levou un día envolta nunha bandeira de barras e estreliñas de colores? Non son días para estar tristes, e ademais é máis fácil así, ahh! ¡que liberación para as atoadas mentes dos que queren ser cada día máis simples! ¡o culpable está aí, coa corda ao pescozo! A galiña segue a estar cega, para iso estan a traballar tantos mister danger no mundo. Lembro cando o do Prestige tamén a cegueira colectiva. Contáronme que un home nunha praia enchoupado de merda ata os xeonllos berraba indignado: - ¡no veo chapapote por ninguna parte! ¿dónde está esa contaminación de que tanto hablan para fastidiar a Rajoy?

Fernando Báez é seguramente o home que máis sabe sobre destrucción de libros e bibliotecas. A súa obra "Historia universal de la destrucción de libros" é unha auténtica historia universal da infamia. A súa propia vida estivo marcada por estarrecedoras experiencias como o asolagamento da biblioteca na que vivía de neno polo desbordamento do río Guaraní. Os seus libros son o resultado dunha laboriosa investigación sobre a destrucción e tamén unha reflexión profunda sobre as causas deste fenómeno que é tan antigo como o propio libro. Non pode haber unha lectura máis de actualidade. As épocas máis avanzadas foron tamén as que máis libros queimaron. Hoxe, na Sociedade da Información e do Coñecemento da que tan fachendosos nos amosamos prodúcense tamén os fenómenos de destrucción de información máis vergonzosos.

Máis información:
Sobre a destrución do Iraq: Iraq, Guerra y Ocupación, do profesor Manuel Cáceres Sánchez.

Boa música. Área reservada de Radio 3



Os que gustamos do delicioso programa Área Reservada, de Radio3, estamos de sorte. Na emisión de hoxe Antonio Fernández agradecía a creación deste blog sobre os contidos do programa. Neste panorama de deserto tártaro e remakes que atopamos no eido musical, este espazo radiofónico é un oasis de calidade tanto de músicos xa consagrados como de novos creadores. Aquí coñecín, por exemplo ao grupo alemán de jazz TokTokTok, e outros como Hiram Bullock, Jamie Cullum..etc. O prográma emítese diariamente de 14:00 a 15:00 horas.

martes, diciembre 19, 2006

Vía Brétemas vos achego o primeiro anuncio dun libro galego na televisión. Curioso. Non lembro xa este anuncio do ano 1986, sen dúbida ando mal de memoria. O caso é que tampouco me ven á cabeza ningún anuncio de libros galegos na nosa televisión autonómica. Os únicos casos dos que teño noticia son estes.

domingo, diciembre 17, 2006

Agasallos navideños

Segundo o derradeiro telexornal o que está agora de moda como agasallo navideño é a inxección de toxina botulínica. Malia a miña incredulidade en deuses e fadas non fun quen de reprimir o clásico berro !xesús¡ e rauda e veloz corrín ao google na procura de significados. Non daba crédito. (Foto: El mundo)
Tamén está causando sensación o derradeiro invento xapones para Nintendo, o famoso Brain Age o xogo que en España está a popularizar Amparo Baró. Onte preguntei nunha tenda de xoguetes e, non o ides crer. A vendedora non se cansou de desaconsellarme este invento que por mor dunda enganosa publicidade está provoncando as iras de moitos compradores. O caso é que, segundo a vendedora (tanto espíritu crítico na venda dun xogo electrónico nestas épocas sorprendeume aínda máis) moitos clientes, seguramente debido á contaminación acústica, visual e gastronómica destas datas, pensan ou imaxinan aos seus maiores como Amparos Barós, e claro, logo veñen os disgustos cando se dan de conta das dificultades que teñen estas persoas para manexar perifollos (que diría Forges) tan estraños a eles. En principio moitos non son capaces de agarrar o lapiceiro e xa non digamos o de ver neste tipo de pantallas. O resultado é que se enfadan os vellos pois non entenden con qué idea lle meten este becho nas mans, e se enfadan os fillos e os netos que ven neles a uns desagradecidos. Saín da tenda de xoguetes pensando no parecido cada vez maior que temos coa familia Simpon. Somos parvos a conciencia.

¡lembra! Antes de deixarte arrastrar polo novo flautista de Hamelín do mercadeo navideño R E F L E X I O N A. Primeiro, non é preciso mercar nada, para amosar o noso aprezo por alguén. Por outra banda, os condicionais da moda poden dar un paseo pola Europa civilizada para ver que este ritual demodé e hortera de luces, papás noeis rampantes e cervos que pola noite moven a cachola (o meu veciño ven de poñer un no seu balcón) xa non se leva. Só de pensar que os nosos cartos serven para poñer por exemplo máis de tres millóns de bombillas para o alumeado de nadal...Aquí vos deixo algunhas ideas para agasallar en calquera data do ano...Un libro: Los girasoles ciegos de Alberto Méndes, Unha película: La mirada de Ulises de Theo Angelopoulos, Un compromiso, por exemplo unha invitación para asistir a un espectáculo coma este.
Un chisco de humor do xenial Forges pode servir para non respostar á chamada da selva.


(Continuará: polo menos ata os primeiros días de xaneiro)

miércoles, diciembre 13, 2006

IN-RECS índice de impacto das Revistas Españolas de Ciencias Sociais

In-Recs é un índice bibliométrico que ofrece información estatística sobre citas bibliográficas coa finalidade de determina-la relevancia e impacto científico das revistas españolas de ciencias sociais, dos autores que publican nelas e das institucións ás que pertencen. Permite coñecer de xeito individual as citas bibliográficas que reciben os traballos publicados en revistas científicas españolas e desta forma coñecer o impacto real que tiveron na comunidade científica á que se refiren. Éste índice publica anualmente no último trimestre do ano listados de revistas, autores e institucións ordenados segundo o seu impacto. Dende o día 11 podemos consultar os datos actualizados no seu enderezo web.

Máis información:

RESH: Revistas Españolas de Ciencias Sociales y Humanas.Valoración e índice de citas.Cindoc/CSIC.

Guía do Journal Citation Report (Uned)

Magnífico blog sobre o tema: Bibliometria

lunes, diciembre 11, 2006

A Galipedia acada os 20.000 artigos

Este é o meu amigo Víctor traballando na Galipedia. É un dos colaboradores anónimos deste grande proxecto que medra día a día e que ven de superar os 20.000 artigos. Convídovos a visitar este traballo feito por persoas que dende o anonimato contribúen a espallar pola rede a cultura e a lingua galegas. Víctor e outros coma él non perden a paciencia malia os vándalos ideolóxicos e outros virus non só informáticos que pululan pola rede. Da gusto escoitalo falar tan apaixoadamente das contribucións de tanta xente que inviste o seu tempo enriquecendo o ciberspacio con este e outros proxectos irmáns como o Wikipedia Commons (repositorio fotográfico), o Galizionario, Wikisource, e tantos outros. A xa famosa Web 2.0 veu para quedar, así que botade unha ollada se aínda non sodes socios deste club. Por certo aínda non hai contidos para o tema da muller ¿a que esperamos?

sábado, diciembre 09, 2006

La mina del diablo de Richard Ladkani y Kief Davidson en Documenta 2

Grazas ao programa Documenta 2, unha excepcional aposta pola calidade e información que fan que aínda teña sentido prender a TV de cando en vez, coñecín a Basilio, o rapaz da fotografía da esquerda, un neno de 14 anos que traballa na Mina do Diaño, xunto co seu irmán Bernardino, creo que se chamaba. Miralo coa miña ruliña de 15 anos foi xa unha proeza porque non é nada doado ganarlle a partida ao messenger, e aínda menos cun rival en principio tan feble: un documental sobre os nenos mineiros de Bolivia, pero sei que pagou a pena. Basilio cóntanos cómo é a súa vida na mina dende unha sabiduría precipitadamente madura que o obrigou a exercer de pai de familia. A súa expresión e as súas verbas non pretenden conmovernos, ten unha mirada tan limpa como a que reflexa a fotografia da esquerda. Fala coa seguridade do que sabe o que quere, porque ten que vivir hora tras hora, día tras día no inferno, literalmente. Unha das esceas que más me emocionou foi a explicación que lle deu ao seu irmán cando o leva a presentarlle ao tío (o demo) que está representado en tódalas minas:
¿sabes quen é o tío?, non, cando viñeron os españois os indios pensaron que eran deuses pero logo que os meteron nas mitas os indios protestaban porque os facían traballar vintecatro horas seguidas e descansaban só tres e entón os españois que sabían que os indios tiñan moitos deuses asustáronos dicíndolles que se non traballaban un deus os mataría (o demo) e como en quechua non tiñanos a letra "d" para deus entón empregaron o "t" e por iso lle chamamos o "tío".
Cincocentos anos despois da conquista a situación non é moito mellor. A mita, o sistema de explotación na época colonial, é a forma embrionaria do actual sistema de explotación derivado do desenvolvemento incontrolado do capitalismo, que unha vez liberado do seu competidor deu nunha sorte de globalización económica baseada na procura das desigualdades, marxinacións e inxustizas que se precisan para manter ao primeirísimo mundo no cumio da degradante, hipertrofiada e espero que autodestructiva opulencia.
A foto da dereita representa a un rapaz mascando coca, forma parte do artigo de Mª Jesús Rodríguez de la Esperanza, "Bolivia: arqueología viva de la minería colonial". Non hai moita información na rede sobre o tema. Malia a importancia deste documental, premiado en moitos festivais, na web en español se produrades "El diablo en las minas" atoparedes máis páxinas de xogos e de esoterismo en xeral que información sobre a película. En fin.
(2005) 81'56'
'DIRECCIÓN: RICHARD LADKANI, KIEF DAVIDSON
GUIÓN: RICHARD LADKANI, KIEF DAVIDSON
FOTOGRAFÍA: RICHARD LADKANI
MÚSICA: LEONARDO HEIBLUM, ANDRÉS SOLIS
PAIS DE ORIGEN: ESPAÑA

jueves, diciembre 07, 2006

Non recomendado. La pasión por los libros. Un acercamiento a la bibliofilia. Francisco Mendoza (etc)

Unhas poucas frases graciosamente irónicas e o interese do tema provocaron que adicara a este libro moito máis tempo do que merece. Teño unha tendencia incorrexible a admirar toda obra publicada, e como consecuencia acumulo tamén moitas sensacións de fraude. O bo ánimo co que literalmente collín este libro foi minguando pouco a pouco ata que literalmente non tiven forzas para sostelo, e para evitar unha dolorosa caída, decidín deixalo cómodamente deitado no seu anaquel, de onde espero que no saia en moito tempo. Primeiro foron algunhas frases de gusto dubidoso, logo unha rinchante linguaxe sexista que se regodeaba no masculino e nos tópicos dos días de Quevedo e por fin o lamentable capítulo Nuntio vobis magnun gaudium: habemus bibliophilas (é non fala dos coñecidos bechos devoradores de papel). Aquí é onde Mendoza (négome a copiar o resto dos seus apelidos de que tanto se gaba, como todo erudito demodé que se precie) se descalifica a sí mesmo. A verdade, facía tiempo que no lía perlas coma estas:
Algunos niegan la misma existencia de las bibliófilas, cuando, para empezar, estamos bajo el celestial patrocinio de una mujer.
Esta frase, no sei, déixame como un certo sabor acedo, como logo de pegarlle un bocado a un caqui silvestre...
El coleccionismo en general y la bibliofilia en particular son actividades históricamente reservadas a los varones.
Esta outra lémbrame un antigo libro ilustrado con todo tipo de enfermidades venéreas, pero ollo, todo pode ir a peor:
Las mujeres no tenían costumbre de coleccionar nada; si acaso, objetos de poco precio y escaso volumen: dedales, hueveras, frasquitos de perfume, pilas de agua bendita, búhos de diversos materiales...Quizá esto se deba principalmente a que durante casi toda la historia de la humanidad-a consecuencia de la absurda e injusta misoginia imperante-tuvieron menos relevancia social, capacidad de decisión e independencia económica que los varones, pero es probable que su escasa afición al coleccionismo constituya también la mejor prueba del superior sentido común de las féminas. Y no es que las hijas de Eva sean inmunes a la neurosos y al taedium vitae, sino que difieren de los hombres en los métodos de combatirlo: por ejemplo, hacen footing, aerobic o shoppìng, juegan al bingo o al brigde, practican la maledicencia, dan en la devoción....
Algúns vos estaredes preguntando de onde saiu este dinosaurio; pois non o sei, pero da medo, sobre todo cando lemos tamén unhas cantas liñas despois:
...las mujeres son cronófagas, como bien dice Juaristi: necesitan que les hagamos caso, o, lo que es lo mismo, que les dediquemos tiempo...
¿será o Juaristi que fora director do Instituto Cervantes nomeado por Aznar?
¿que vos parece? ¡nas mans de quen anda a cultura!

lunes, diciembre 04, 2006

Witold Gombrowicz. "Cosmos"


Logo dunha fin de semana enteiramente dedicada a Gombrowicz tratarei de vos convencer e converter á súa obra. "Cosmos" é un relato para min inclasificable aínda que o autor ten claro que é unha novela policíaca, é dicir, un intento de organizar o caos. Segundo G. por eso mi Cosmos, que me gusta llamar una novela sobre la formación de la realidad, será una especie de novela policial. Seguimos tamén as súas referencias agora do diario de 1963 (traduzo ao galego): Acordo dous puntos de partida: a) un pardal pendurado; b) a asociación entre a boca de Katasia e a boca de Lena. Estes dous problemas esixen un sentido. Un métese do outro cara a totalidade. Deste xeito comeza un proceso de suposicións, asociacións, investigacións, algo que se vai crear, pero trátase dun xerme máis ben monstroso, un aborto... e este rebus oscuro, incomprensible, esixirá unha solución...procurar unha Idea que explique, que impoña unha orde...
Personaxes: Witold, Fuks, Lena, Sra. Wojtys (Dña. Bolita), Katasia, Ludwik, Leon, Krysinsky, Tulos, Jadeczka, Lulo, Lula, sacerdote.
Máis información:

Witold Gombrowicz, en el centenario de su nacimiento, Documentos inéditos, por Eduardo Gimenez

Witold G. en la Wikipedia

W.G. en Argentina. Literatura.org


domingo, diciembre 03, 2006

Maestros da luz, Premios nacionais de fotografía, en Vigo

(Foto: C.García Rodero: Carnaval.Jachel. Serie Rituales en Haití)

Durante uns días podemos disfrutar na nosa cidade da mellor fotografía coa exposición Maestros de la luz, premios nacionales de fotografía. Un percorrido pola historia desta arte a través dos mestres Francesc Catalá Roca, Toni Catany, Ouka Lele, Agustí Centelles, Gabriel Cualladó, Joan Colom, Carlos Pérez Siquier, Ramón Masats, Javier Vallhonrat, Joan Fontcuberta, Chema Madoz, Cristina García Rodero, Humberto Rivas, Alberto García-Alix,

Para ilustrar este comentario elixín únha obra da xenial C.García Rodero pola forza que desprende esta composición.


Máis información:
Datos da exposición, stylusart