martes, marzo 20, 2007
Unha soidade demasiado ruidosa, de Bohumil Hrabal
sábado, marzo 17, 2007
Apertas

Foto izquierda:
Manuel Ferrol
Foto derecha:
Frida Khalo
Hai apertas doces,
universais,
eternas,
desacougantes.
de amor.
meramente decorativas
artísticas,
Hai apertas que dan medo.
Hai apertas de balde,
de despedida,
de comic,
Hai aperta de cine,
sofisticadas,
innecesarias,
quentes,
as hai que fan chorar,
hai apertas políticas,
triunfais,
abstractas,
eróticas,
admirables,
ridículas,
ata as hai virtuais
como todas estas...
¿e que non había onde elixir?
viernes, marzo 16, 2007
!Parabéns Mario!
Coñecín a Mario con motivo do conflicto laboral que tivemos parte do persoal da Universidade de Vigo porque nos fixo unha fotos impresionantes. Agora, paseando pola súa páxina descubro esta outra obra súa que quería compartir con vós.miércoles, marzo 14, 2007
Pois non don Ramón, en Galiza non debemos ter ningun Barceló....

martes, marzo 13, 2007
Beatriz Dacosta.
lunes, marzo 12, 2007
O blog de Saad Eskander director da Biblioteca Nacional do Iraque
viernes, marzo 09, 2007
Lembranza de Carlos Casares
Ilustrísima:
Grazas a Marcos Valcárcel por terme convidado a esta fermosa lembranza de Carlos Casares. Aquí vos deixo unha pequena recopilación de ligazóns relacionadas coa súa vida e obra.
Consello da Cultura Galega
Fundación Carlos Casares.
C.Casares en Culturagalega.org
Na Wikipedia
En lg3 Portal de Literatura Galega
Ficha de C.Casaren en Xerais.
Casares en Editorial Galaxi
Entravista en La Voz de Galicia (2001)
Outras ligazóns:
Ourizo azul
Imaxes de Casares no Google
Nas bibliotecas e centros de investigación.
Biblioteca da Universidade de Santiago
Biblioteca da Universidade de Vigo.
No Instituto Cervantes
Proxecto Meiga
jueves, marzo 08, 2007
Vivir olvidando cada día...
(Foto de MAN RAY:Primacy of Matter over Thought.1929.Cut-out gelatin silver print on paper. Baltimore Museum of ArtMan Ray)lunes, marzo 05, 2007
Rubén Ruibal
viernes, marzo 02, 2007
Te quiero.
Foto: Dorothea Lange Migrant Mother
Hoy me han clavado otro puñal
debe ser el estómago
esto que sangra...
y siempre hay sitio
para otra herida
para otra pedrada
para otra desilusión
para otra muerte.
Esta de mi madre
que está ahí pero
no
no seré yo quien la soporte
no
no seré capaz de olvidar
los días de miedo
los días de golpes
los días de abrazos
no seré capaz de ser
como tú
imposible tanta entrega
pero
no seré capaz de ser
como tú
insoportable tanto rencor.
Ojalá descanses
y seas feliz
y vivas una vida nueva
sin mi.
Te quiero a tu pesar.
Recursos na Rede para investigadores.
jueves, marzo 01, 2007
Amizade.
domingo, febrero 25, 2007
Orhan Pamuk. Me llamo rojo.
miércoles, febrero 21, 2007
Unha aposta máis polo ateismo
Non son bos tempos para o rexeitamento de dogmas, lendas, contos, biblias, catecismos, manifestos, mitoloxías e sentencias. Máis ben son tempos de conformismo a ultranza e adoitamos aceptar os sistemas de pensamento de forma tan pasiva como o bautismo ou a primeira comuñón. Esta ausencia programada de reflexión é un requisito fundamental para que o sistema funcione sen demasiados problemas e continúe a lóxica do reparto de poder que leva funcionando dende os tempos dos primeiros filósofos. Pero antes que a filosofía foron as relixións as encargadas de neutralizar a unha criatura á que por erro se lle engadiran algúns elementos que lle permitían pensar e tomar decisións de forma autónoma. E algúns homes eran quen de crer na felicidade terrenal e ata había quen non só non rexeitaba o pracer senón que facía del a súa razón de vivir. Entón as posturas endurecéronse, as filosofías fixéronse máis ríxidas e os sistemas políticos pecharon filas arredor de dous ou tres eslóganes moi simples, e as relixións monoteístas tiveron as mans libres durante séculos para afogar calquera tentativa de cuestionamento do sistema. Neste ensaio non están as respostas pero será moi válido para quen a estas alturas aínda non se cuestiona teimas tan absurdas como a continua represión do pracer e a felicidade en aras dunha vida ultraterrena que só existe nas imposturas fabricadas de fabuladores, profetas, evangelistas, etc, etc.Natif d’Argentan, dans l’Orne où il est domicilié, il a publié une vingtaine d’ouvrages dans lesquels il propose une théorie de l’hédonisme : que peut le corps ? En quoi est-il l’objet philosophique de prédilection ? Comment penser en artiste ? De quelle manière installer une éthique sur le terrain de l’esthétique ? Quelle place laisser à Dionysos dans une civilisation tout entière soumise à Apollon ? Quelles relations entretiennent l’hédonisme éthique et l’anarchisme politique ? Selon quelles modalités une philosophie est-elle praticable ? Quelles chances le corps peut-il attendre des sciences post-modernes ? Quelles relations entretiennent biographie et écriture en matière de philosophie ? Selon quels principes sont fabriquées les mythologies philosophiques ?
Les réponses supposent le détour par le corps libertin, l’éthique immanente, l’individualisme libertaire, le philosophe artiste, le nietzschéisme de gauche, le matérialisme sensualiste, l’utilitarisme jubilatoire, l’esthétique généralisée, la subjectivité païenne, le libertinage solaire, le corps faustien, la vie philosophique et l'historiographie alternative
miércoles, febrero 14, 2007
Ja estou melhor. Obrigada.

martes, febrero 06, 2007
La Biblioteca de noche. Alberto Manguel.
domingo, febrero 04, 2007
SEGUIMOS PECHADOS....
(foto: rebelados)Xa vos teño informafo do conflicto que me ten ocupada estes días. Pois seguimos nela. Levamos xa 18 días de pecha e aquí non pasa nada.
jueves, enero 25, 2007
miércoles, enero 24, 2007
Ryszard Kapuscinski....ata pronto...
domingo, enero 21, 2007
ESTAMOS PECHADOS NA REITORÍA DA UNIVERSIDADE DE VIGO
viernes, enero 19, 2007
Blog archivium-sancti-iacobi

Foto: Ana Bande.
lunes, enero 15, 2007
Os libros que hai que ler
viernes, enero 12, 2007
COUSAS QUE NOS DAN NOXO...


RECURSOS SOBRE BIBLIOTECAS DIXITAIS
(Foto) Vía E-LIS din cuns materiais moi interesantes sobre Bibliotecas Dixitais. Hai só un par de días vos presentaba o prometedor blog de Dídac e agora atopo este curso seu sobre "Novas ferramentas para as bibliotecas dixitais". Sobre o novo Polibuscador da Universidade de Valencia, a presentación de Margarita Estellés La Biblioteca Digital de la UPV : Sakai y Polibuscador; una apuesta por la integración. Usando las bibliotecas digitales. Jiménez Aleixandre, Miguel. Impacto de las tecnologías de la información y las comunicaciones en la educación superior de Francisco Lee Tenorio y Raúl Gonzalo Torricella Morales. La Biblioteca Digital : Investigación y docencia en el Espacio Europeo de Educación Superior de Fernanda Peset Mancebo.jueves, enero 11, 2007
Derradeiras descobertas na blogosfera

miércoles, enero 10, 2007
Lei do libro e da lectura de Galicia
domingo, enero 07, 2007
Novo blog sobre a Web 2.0
Hai pouco tempo que apareceu o blog DosPuntoCero. Didac Margaix, da Universidade Politécnica de Valencia, o seu autor, presenta un espazo adicado á investigación sobre a Biblioteca 2.0 e á Web 2.0 en xeral. A xulgar polos contidos actuais vai ser un blog de seguimento obrigado para estar ao día nun tema que representa nin máis ni menos que o futuro da rede, e polo tanto de moito máis. Como ben sinala Didac, o feito de que a revista Time nomease a tódolos usuarios da Internet como personaxe do ano 2006 é xa un síntoma moi claro da importancia do asunto. sábado, enero 06, 2007
W.Gombrowicz, Curso de filosofía en seis horas y cuarto
(W.Gomobrowicz)
jueves, enero 04, 2007
A blogosfera hispana: Desmitificación
Ponencia de Jose Luis Orihuela presentada no Evento Blog 2006 en Sevilla. Gustoume esta biografía do fenómeno blog.
Grafiteiro vigués

(Foto: subacuatica.com)
viernes, diciembre 22, 2006
Civilización vs. Destrucción
Xa tiña ganas de volver a este recuncho de tranquilidade e reflexión. Estes días as miñas lecturas foron un tanto apocalípticas e seguramente non as comentaría aquí se non se produciran novas tan desacougantes. O aforcamento de Sadam é o agasallo que Papá Noel - o mister danger que diría Chávez- tiña preparado para este nadal. Moitas conciencias quedarán tranquilas, claro que si. Forma parte da derradeira moda de agasallo alternativo que serve para aliviar a nosa mala conciencia. ¿que máis ten que morran cada día cen ou duascentas persoas no país de Sadam como consecuencia da irreversible situación de violencia que o Tío Sam levou un día envolta nunha bandeira de barras e estreliñas de colores? Non son días para estar tristes, e ademais é máis fácil así, ahh! ¡que liberación para as atoadas mentes dos que queren ser cada día máis simples! ¡o culpable está aí, coa corda ao pescozo! A galiña segue a estar cega, para iso estan a traballar tantos mister danger no mundo. Lembro cando o do Prestige tamén a cegueira colectiva. Contáronme que un home nunha praia enchoupado de merda ata os xeonllos berraba indignado: - ¡no veo chapapote por ninguna parte! ¿dónde está esa contaminación de que tanto hablan para fastidiar a Rajoy?
Fernando Báez é seguramente o home que máis sabe sobre destrucción de libros e bibliotecas. A súa obra "Historia universal de la destrucción de libros" é unha auténtica historia universal da infamia. A súa propia vida estivo marcada por estarrecedoras experiencias como o asolagamento da biblioteca na que vivía de neno polo desbordamento do río Guaraní. Os seus libros son o resultado dunha laboriosa investigación sobre a destrucción e tamén unha reflexión profunda sobre as causas deste fenómeno que é tan antigo como o propio libro. Non pode haber unha lectura máis de actualidade. As épocas máis avanzadas foron tamén as que máis libros queimaron. Hoxe, na Sociedade da Información e do Coñecemento da que tan fachendosos nos amosamos prodúcense tamén os fenómenos de destrucción de información máis vergonzosos.
Fernando Báez: Blog sobre Fernándo Báez, Web de Fernando Báez, Fernando Báez na Wikipedia, Biografía, entrevistas, textos, comentarios e noticias.
Boa música. Área reservada de Radio 3

Os que gustamos do delicioso programa Área Reservada, de Radio3, estamos de sorte. Na emisión de hoxe Antonio Fernández agradecía a creación deste blog sobre os contidos do programa. Neste panorama de deserto tártaro e remakes que atopamos no eido musical, este espazo radiofónico é un oasis de calidade tanto de músicos xa consagrados como de novos creadores. Aquí coñecín, por exemplo ao grupo alemán de jazz TokTokTok, e outros como Hiram Bullock, Jamie Cullum..etc. O prográma emítese diariamente de 14:00 a 15:00 horas.
martes, diciembre 19, 2006
Vía Brétemas vos achego o primeiro anuncio dun libro galego na televisión. Curioso. Non lembro xa este anuncio do ano 1986, sen dúbida ando mal de memoria. O caso é que tampouco me ven á cabeza ningún anuncio de libros galegos na nosa televisión autonómica. Os únicos casos dos que teño noticia son estes.
domingo, diciembre 17, 2006
Agasallos navideños
Tamén está causando sensación o derradeiro invento xapones para Nintendo, o famoso Brain Age o xogo que en España está a popularizar Amparo Baró. Onte preguntei nunha tenda de xoguetes e, non o ides crer. A vendedora non se cansou de desaconsellarme este invento que por mor dunda enganosa publicidade está provoncando as iras de moitos compradores. O caso é que, segundo a vendedora (tanto espíritu crítico na venda dun xogo electrónico nestas épocas sorprendeume aínda máis) moitos clientes, seguramente debido á contaminación acústica, visual e gastronómica destas datas, pensan ou imaxinan aos seus maiores como Amparos Barós, e claro, logo veñen os disgustos cando se dan de conta das dificultades que teñen estas persoas para manexar perifollos (que diría Forges) tan estraños a eles. En principio moitos non son capaces de agarrar o lapiceiro e xa non digamos o de ver neste tipo de pantallas. O resultado é que se enfadan os vellos pois non entenden con qué idea lle meten este becho nas mans, e se enfadan os fillos e os netos que ven neles a uns desagradecidos. Saín da tenda de xoguetes pensando no parecido cada vez maior que temos coa familia Simpon. Somos parvos a conciencia.
¡lembra! Antes de deixarte arrastrar polo novo flautista de Hamelín do mercadeo navideño R E F L E X I O N A. Primeiro, non é preciso mercar nada, para amosar o noso aprezo por alguén. Por outra banda, os condicionais da moda poden dar un paseo pola Europa civilizada para ver que este ritual demodé e hortera de luces, papás noeis rampantes e cervos que pola noite moven a cachola (o meu veciño ven de poñer un no seu balcón) xa non se leva. Só de pensar que os nosos cartos serven para poñer por exemplo máis de tres millóns de bombillas para o alumeado de nadal...Aquí vos deixo algunhas ideas para agasallar en calquera data do ano...Un libro: Los girasoles ciegos de Alberto Méndes, Unha película: La mirada de Ulises de Theo Angelopoulos, Un compromiso, por exemplo unha invitación para asistir a un espectáculo coma este.

miércoles, diciembre 13, 2006
IN-RECS índice de impacto das Revistas Españolas de Ciencias Sociais
In-Recs é un índice bibliométrico que ofrece información estatística sobre citas bibliográficas coa finalidade de determina-la relevancia e impacto científico das revistas españolas de ciencias sociais, dos autores que publican nelas e das institucións ás que pertencen. Permite coñecer de xeito individual as citas bibliográficas que reciben os traballos publicados en revistas científicas españolas e desta forma coñecer o impacto real que tiveron na comunidade científica á que se refiren. Éste índice publica anualmente no último trimestre do ano listados de revistas, autores e institucións ordenados segundo o seu impacto. Dende o día 11 podemos consultar os datos actualizados no seu enderezo web.Máis información:
RESH: Revistas Españolas de Ciencias Sociales y Humanas.Valoración e índice de citas.Cindoc/CSIC.
Guía do Journal Citation Report (Uned)
Magnífico blog sobre o tema: Bibliometria
lunes, diciembre 11, 2006
A Galipedia acada os 20.000 artigos
sábado, diciembre 09, 2006
La mina del diablo de Richard Ladkani y Kief Davidson en Documenta 2
jueves, diciembre 07, 2006
Non recomendado. La pasión por los libros. Un acercamiento a la bibliofilia. Francisco Mendoza (etc)
lunes, diciembre 04, 2006
Witold Gombrowicz. "Cosmos"
Máis información:
Witold Gombrowicz, en el centenario de su nacimiento, Documentos inéditos, por Eduardo Gimenez
W.G. en Argentina. Literatura.org
domingo, diciembre 03, 2006
Maestros da luz, Premios nacionais de fotografía, en Vigo
Durante uns días podemos disfrutar na nosa cidade da mellor fotografía coa exposición
Maestros de la luz, premios nacionales de fotografía. Un percorrido pola historia desta arte a través dos mestres Francesc Catalá Roca, Toni Catany, Ouka Lele, Agustí Centelles, Gabriel Cualladó, Joan Colom, Carlos Pérez Siquier, Ramón Masats, Javier Vallhonrat, Joan Fontcuberta, Chema Madoz, Cristina García Rodero, Humberto Rivas, Alberto García-Alix,Para ilustrar este comentario elixín únha obra da xenial C.García Rodero pola forza que desprende esta composición.
Máis información:
Datos da exposición, stylusart

