jueves, marzo 18, 2010

(narco)garderías.

Mujer sentada con niño en brazos. María Cassat.

Atopo que as situacións de maior violencia ás que me teño enfrontado son aquelas nas que non vexo reacción fronte á barbarie, ao incomprensible, ás situacións límites. Xa me contaredes se vos ten pasado, interésame moito. Lembro por exemplo cando estivemos en Exipto. A maioría do noso grupo caemos nunha intoxicación gravísima que levou a moitos a situacións de febres e deshidratacións moi extremas. Ao tempo que algún desfalecía literalmente licuándose escaleiras abaixo, unha parte do grupo bailaba nunha ridícula festa da "chilaba" coas caras pintadas de cores e a cabeza coberta con estridentes turbantes. A estes turistas dáballes completamente igual o estado dxs compañeirxs, eles pagaran polo seu cruceiro Nilo arriba en modalidade superluxo (se queredes outro día explicamos esto) e non sería un vulgar virus ou bacteria as que lles estragasen o plan. Non reaccionaban. Foi unha casualidade chamada Ahmed, a que, de milagro nos librou dun problema ben serio, por dicilo suavemente. A min afectoume moito aquela falta de reacción da xente fronte ao perigo, pero xa se sabe, os turistas...Pero pasoume en máis ocasións. Unha vez nos USA fixen un voo deses que inauguran a fobia a voar para toda a vida. Cando o aparello caía en picado e o meu estómago estaba a piques de saír pola boca ollei cara atrás. Lembro aquelas caras de horrible tranquilidade dos pasaxeiros. Ninguén facía aceno ningún. Logo dixeron que eu era a única que berrara e sei que foi así porque cando todo se calmou aparecín literalmente enriba do compañeiro de viaxe (el dixo que lembra con agrado aquel incidente, que pillabán). Ninguén berraba. ¿ninguén tiña medo?. Estes días, o horror ten nome de gardería. Estivemos a piques de asistir a feitos desgraciadísimos. Perigou a vida dalgúns nenos, e os pais din que pechan filas co colexio. ¿pais apoiando ao cole onde lles drogan aos fillos?. Sinto outra vez o estómago a piques de saírseme pola gorxa. Levo media mañá comentando o caso e hai persoas que ata me din que é normal que nas garderías lle den pastillas aos nenos. ¿que tipo de doenza social e esta amigos sociólogos?. Decido parar un pouco, pensar noutra cousa e facer un post coas fotos esas de Rande tan chulas pero é que non mo quito da cabeza ¿a vós parécevos normal? vou ver que escribiu Inma, a súa columna chámase algo así como narcogarderías. Grazas por escoitar joder, grazas, Inma. ¿a vós parécevos normal?

13 comentarios:

Lula Fortune dijo...

Pois non. Pero é que últimamente nada me parece normal, así que xa estou pensando que a anormal son eu, joder.
Non sei que faría falla para que as personas reaccionen ante a barbarie, estamos tan acostumados...¿onde están eses seres de ben, os bos?
Bicos Aniña.

(¿Sabes que Renée estaría moi contenta? Bloquearon a entrada no blog traidor. Eu, en troques, estou triste e cabreada)

SurOeste dijo...

A min non me pareceu normal desde o principio: todo moi transparente, todo moi guai, pais vestidos de sport caro levando aos nenos á gadería-chalet coma si nada: confianmos mucho, de verdad, te nos tienen informadísimos, ya me dijeron cuando lo vine buscar: durmió toda la tarde y tal, vigilalo tu, vale?.
A delegada da Xunta tamén todo normal, no pasó nada, ya se aclaró [o que debe querer dicir que podía ser peor].
Agora entendo por que tardan 20 anos en denunciarse os abusos sexuais. Tapa, tapa, que non se vexa. Tapa, que as cousas chungas só pasan en colexios cutres a onde van os desherdados. Tapa e corre a cortina, a nós non nos pasou isto porque temos pasta e podemos pagar o melloriño. No noso styl of life non pasan estas cousas. As cagarrías son asuntos de pobres e os nosos fillos chegarán virxes ao matrimonio.
Bendita sexa a pasta e os chalés e a discreción!

Ana Bande dijo...

Ei Lu, si, pásame o mesmo, por iso precisei facer este post precisamente, para confirmar que somos moitos os que non cremos esta visión cutre que dan os xornais da realidade. A realidade está chea de xente que alucina con estas noticias e estaría disposta a queimar hoxe mesmo ese lugar...si, calma, calma, xa sei que non que hai que xulgar e todo iso...póñase clausurar en vez de queimar....

¿como que bloquearon a entrada no bló? oxtia tía, esto estache mal, pero que moi mal...se non se pode falar de pollas, cus, pallas, felacións...boh...xa o dicía eu, esto é cousa dos curas, quéreno todo para eles ¡malditos!

Suroeste,
pois mira o que di o xornal...que tranquilos que xa despediron á coidadora, que tranquilos, que van facer que isto non volva pasar, que tranquilos, joder, que tranquilos que total hacer niños esta chupao ...gensanta...

Carlos-R dijo...

Todos temos, ou imos ter molestas cargas familiares e hai que levalas. As guarderias de nenos e ancians solo molestan cando a algun se lle vai a man. Si non todos contentos. Quçe imos facer co neno o co avo. Mellor non remexer non sexa que salpique

Ana Bande dijo...

si os homes se fixesen cargo como corresponde desar "cargas" familiares, non serían tal e evitaríamos seguramente ter que botar man destes alpendres para aparcar aos nosos...pero para caer desa burra fan falta un par de glaciacións, creo.

Alberto Pardo dijo...

O que a min non me entra na cabeza é que fose a iniciativa persoal e única dunha coidadora... non teño datos para xulgar, pero paréceme a min que a muller, e máis estando en periodo de proba, tivo que seguir indicacións dos superiores ou como na novatada da película "Algúns homes bos", segui-la corrente do que facían os demais. O que non entendo, Ana Bande, é que mestures churras con merinas e cargues no teu comentario contra os homes. Os que si dedicamos tempo a esas que ti chamas "cargas" sentímonos ofendidos e aldraxados pola xeralización e tendo toda razón na necesidade do reparta igualitario das tarefas domésticas non fas máis que ponerte á mesma altura, só que doutro lado da trincheira, dos que din "mellor estabamos antes, cando as mulleres non traballaban e quedaban na casa, coidando dos fillos, había menos paro, habería máis traballo para todos, e os "rapaces da chave" non andarían perdidiños polas rúas adiante".
Templanza, moita templanza.

cronopia dijo...

Toda la razón, Ana Bande. Mi pregunta es si los ansiolíticos o tranquilizantes no se pueden comprar sin receta médica qué farmacia o que médico/a los vendió o recetó? a lo mejor tirando de ese hilo nos encontramos con sorpresas...

Anton dijo...

Conseguir ansiolíticos es FACILÍSIMO te lo recetan hasta para ir a cenar en Navidad con tu suegra (doy fe, aquí uno que los utiliza).

Ana Bande dijo...

E que Alberto Pardo, perdoa neno pero lendo a Carlos-R. ¡e o que faltaba meu! eu non me coloco a altura de ninguén, e non teño nada contra o colectivo masculino, es ti o que lle da esa reviravolta maliciosa ao meu discurso...a estas alturas disimular que foron e son as mulleres as que se fan cargo das "cargas" paréceme insultante, por dicilo suavemente...este non é sitio para debates de altura pero somos, fomos e seremos moitas as mulleres que sufrimos unha especie de rexeitamente social por deixar aos nosos fillos en garderías ou coidadorxs, non me veñas a min con que se me poño do lado equivocado da trincheira, vaia oh...o que me faltaba....só hai que mirar ao teu redor home...e iso de "reparto igualitario das tarefas"...uf...eche o mesmo que o de "conciliación familiar", fórmulas baleiras que non serven se non hai unha educación de base.

Carlos-R dijo...

Ah! Non pensaba que a resposta fora para min. Eu levo as miñas cargas de sempre, nunca pensei, nin me educaron neso, que as mulleres teñan máis obligacions na familia.Na casa sempre traballaron meus dous pais, e miña nai máis horas, penso que aprendin a barrer antes que a escribir.

Ana Bande dijo...

perodoa Carlos, penso que malinterpretei o teu comentario, estaba pensando no outro noventa e pico por cento de homes que non son coma ti nin queren saber nada de barrer, e no resto que pensa en termos de "colaborar".

Sabela dijo...

a min o que máis medo me dá é que a eses pais lles pareza normal que a seus fillos lles administren ansiolíticos... a falta de educación chega tan lonxe que moitos dan en pensar que as pastillas son carameliños máxicos... e calo aquí por non me encender! apertas! :)

mar de Lempicka dijo...

Se aplicáramos a sorna, poderiamos dicir que canto máis novos comecen cos ansiolíticos mellor. Así de vellos precisarán drogas máis duras. Pero se o pensamos ben, quizais nesta sociedade onde non queremos que nada nos amole, preferimos narcotiza-los nenos antes de atendelos. Preferimos parilos e levalos da gardería ó parque de xogos cuberto sen velos para non oílos. Para que teñen fillos? Ter un fillo non é un acto de amor? Logo porqué non os queren?