martes, junio 29, 2010

Dublinesca, Vila-Matas (I)

(Imaxe: British Museum, Hammershøi, Stairway, Hopper)
Réquiem, biografía, autobiografía, ensaio, memorias, documento word de actualización diaria, guión, epitafio, follas dunha
preciosa libreta de notas mercada no British, memoria portátil, caderno de bitácora, uns apuntes tomados ás presas no tikect da autopista, moitos panos de mesa microgramados ao xeito de Walser e unha computadora prendida día e noite. O documento de word sempre aberto, minimizado ás veces. Sempre que hai visita. O cuarto de seu presenta un aspecto xeométricamente desordenado e algúns libros e materiais están sinalados con follas de cores vivas, como eses marcadores fosforescentes, a xeito de testigo. Compoñer é un proceso de varias fases e logo da inxesta continua ten que asimilar o material e destilalo moi coidadosamente. Ten que estar todo moi, moi limpo. Así imaxino a VM na fase final de composición de Dublinesca, pechado no cuarto de Riba, o editor, pero disfrutando de saberse o autor, o deus. Canta humildade se precisa para ser deus. Non lle custa nada protagonizar a biografía de Riba. Só ten que pechar os ollos e escoitar unhas cantas voces de editores que coñece ben. Todos coas mesmas angueiras, as mesmas sensacións de fracasos, os eternos debates. Procura non pensar nos da terra para non inzar a súa prosa de vulgaridades. Non é seu estilo. Pero sí que lle gusta turrar do ego. Faltaría mais. Para iso son o autor. Podo permitirme deixar constancia dos meus vicios, son pura literatura. Os críticos e os editores elixiron estar no outro lado. Eu non. Podo dar o salto inglés ou o que me de a gana. Son consciente do meu poder. Non me importa vivir nunha novela continua. Penso entre comiñas, paseo por parágrafos-alamedas chuviosas con parénteses de lembranzas fuxidías. Os rechouchíos das metáforas lémbranme que é hora de sentar e tomar nota. Fíxoseme raro ao comezo. Ser personaxe. Pero agora disfruto desta situación e escribo. Son un personaxe que escribe a súa propia obra que son mil portas abertas a literaturas. (...)

exercicio de crítica para C.P.


A dualidade obxecto/suxeito atopámola na ciencia e na filosofía dende os comezos. Pensamos que o modo de coñecer presupón a existencia deste par de elementos que existen un(s) independientemente do(s) outro(s). O coñecemento científico tense baseado nesta presunta obxectividade como premisa absoluta. A incerteza de Heisenberg e a física cuántica veu modificar substancialmente os presupostos que se tiñan por seguros ao introducir este elemento que viña a cuestionar case todo. O feito de que non se poida determinar a un tempo a posición e o movemento no campo subatómico leva a cuestionarse seriamente a efectividade da parella obxecto/suxeito, porque o observador interactúa co obxecto observado (ao medir unha particula, esta muda, irremediablemente a súa posición). Esta relación conflictiva obxecto/suxeito exemplifícase moi ben no relato de C.P. mediante as personaxes do detective e o tipo que investiga. Unha proxección ao campo da vida cotiá do que ocorre no laboratorio. Unha derivación da sindrome de Estocolmo que fai que o observador se identifique co obxecto de investigación. Un observador que contempla a posibilidade de que o fenómeno exista só polo feito de ser pensado-observado é proba da existencia de múltiples realidades creadas a partires da interactuación desta parella de feito (obx/sux). Cicais por iso o suxeito (detective) vai decatándose pola identificacion co obxecto para non perderse nunha multiplicación desbordante de posibilidades. Os personaxes tamén son obxectos de laboratorio, porque o autor (aqui tamén narrador) deixa pegada de que vai construindo o texto nunha das multiples direccións que se lle plantexan. Así que o texto mesmo é un producto totalmente aleatorio nunha relación causa/efecto que xa non ten a consistencia de tempos non tan remotos.

miércoles, junio 23, 2010

inherit the wind


É certo, o pobo é ignorante, por iso se deixa facer. É como unha grande cabaza baleira na que podemos meter de todo, a conveniencia dos que dirixen o cotarro, dos que escriben e sentan as bases do cotarro e dos teñen pulso para botar abaixo o cotarro. Agora podémoslles facer crer que son ricos e empurralos a endebedarse ata as cellas e pasado mañá cando rebente o cotarro botámoslles a culpa e chamámoslles burros e irresponsables e farémoslles pagar ben cara a súa impertinencia de querer sacar a cabeza da fochanca. Ao pobo entreténselle doadamente con monsergas políticas e relixiosas, por iso se deixa violar e roubar por curas, bispos e papas e voltan puntualmente como yonkis en pleno mono a recibir máis farelo, máis hostias alucinóxenas e máis palmadiñas para que se axeonllen sen rechistar fronte a entreperna do mesías. Pero sempre hai algún ou algunha que sae do rego ¿non si? unha mosca cojonera tipo Saramago que nin morto os deixa violar en paz. O pobo, eses imbéciles que fan as leis...é o proceso democrático....como di E.K. Hornbeck, o insuperable cínico representado por Gene Kelly neste maxistral Inherit the wind (1:47).

martes, junio 22, 2010

Eu tamén son Vilem Vok

Foto: ás veces creo que vexo o mar de Vigo.
Procureino noutros textos, logo fun ao catálogo de miña biblioteca e fixen a búsqueda por autor, o google non da resposta (isto xa é gravísimo) nin tampouco amazon books (situación terminal) e xa por fin cando non aparecía nada na Library of Congress (non me resisto a deixar a Galaxia Gutemberg), decateime ¡pero se son eu! ¡Vilem Vok son eu! Decateite enseguida, en canto o lin...non é tan sinxelo sentir o mundo como o sentiu Kafka..e en canto decidín pegar un chimpo como aquel cabeleiro florentino que contaba Boccaccio...¿como se chamaba?...

Lume

Imaxe: Cacharela en Labañou co faro ao fondo

queimaría naves se as tivese, cos pesadelos dentro
e coas primeiras páxinas de todo os xornais do mundo de hoxe mesmo
queimaría as segundas edicións de todos los libros e
queimaría arsenais de desexos que aínda non naceron de todo, para evitar mortes,

queimaría séculos de frades e súcubos de uniforme
e creo que tamén queimaría todo o monte que non me deixara verte alá no fondo, ergueito, hospitalario coa piratería e aloumiñado polas ondas do teu mar.

jueves, junio 17, 2010

Orgullo bloguero...¡viva México!


¿Es pura casualidad que escriba esto para ti, Elpidia y que me esté alegrando tanto del segundo gol de Méjico? El futbol no me interesa en absoluto y más cuando se sale de padre como es el caso, pero sí me emociona tu país y leerte a ti me hace sentir algo muy, muy fuerte. Me imagino que igual casi que el gol que ahora estáis celebrando. Parte de mi vida me la paso en este blog, escribiendo, reflexionando, buscando, y cuando encuentro tesoros como el tuyo, joder, Elpidia, es...muy, muy emocionante. Tus post, las manera tuya de contar verdades que ojalá no lo fueran, me vuelve a meter en Bolaño. Estaría orgulloso de ti el chileno de haberte leído. Malo que haya que creerte, malo, muy malo. Pero ese horror que te hace coger la pluma con violencia para que tu voz llegue hasta aquí acabará en cuanto haya más lectores que sicarios. Y esto lo conseguirás, Elpidia, seguro. Tienes arte en tu corazón y dibujas más que escribes. Te seguiré leyendo cada día y pido que todos mis amigxs hagan lo mismo. Y como soy tan, tan orgullosa voy presumiendo todo el día de haber dado contigo en este nuevo sistema que según dicen transportan micromateria a la velocidad de la luz. Pues saquémosle partido, Elpidia y escribamos, escribamos, escribamos...un enorme y emocionado beso.
MI CAMPAÑA DE HOY
LEED MAQUILAS QUE MATAN

Y si se tercia le abrazas a Delfín de parte de tus amigos del otro lado de la frontera.
Vaya y ahora un penalty a vuestro favor...oé, oé, oé, oé!

martes, junio 15, 2010

Pasatempo erótico-literario de case verán

Só compre un pouco de francés...
un pouco de vicio...
ser un pouco desordenadx na lectura....
para descubrir o interesante segredo que agocha esta inocente carta que Aurore Dupin, mais coñecida como Georges Sand lle enviou ao escritor Alfred de Musset en 1835...cando non se falaba do que non se debía...e cando había que asinar con nome de macho varón para que che publicasen uns versiños, vamos...un pouco coma hoxe...veña...atrévanse que ¡a lectura e sexy! ¿non era? (parabéns para a nova ollomeneada, somos moitxs xs que devecemos por unha nova narrativa galega, fresca, divertida, intelixente, que segundo leo ven de mans femininas...velaí veñen cristinaspavones, iolandaszúñigas, et.al.et.al.et.al.et.al.¡¡¡alegríaaaaaa!!!.

Pista importante....ler seguindo o ritmo da álxebra de Boole...(Solución próximamente AQUI)

lunes, junio 14, 2010

Cita postmoderna

-Ti non serás desas mulleres "con regulamento"...
-Amigo, vivimos na sociedade de risco, terás que turrar do teu ego.
-Xa, si, pero é que teño os meus traumas, non penses.
-Eu non estou aquí para psicanalizarte ¿sabes? aquí estáse para gozar.
-Ando un pouco perdido ¿nótaseme? mira...¿imos tomar algo? creo que me estou mareando, vai moita calor aqui
-¿perdido? iso non é problema. Ti non estás no tema neno, sabemos vivir coa incerteza, de feito houbo un físico que fixo un principio sobre o tema, pero non cho vou explicar agora. Eectivamente, vai moita calor. Veña, imos tomar algo.
-Véxote moi segura de ti mesma, lémbrasme á miña nai, era así coma ti, moi botada para adiante.
-Ostia neno, en apenas catro frases fálasme de traumas e da túa nai. Es un deses individuos histéricos que se autoanalizan, un síntoma permanente no seu gozo idiota.
-Non te entendo, perdoa, estaba contestanto unha mensaxe da miña nai, convídame a xantar o domingo, creo que vou coñecer ao seu mozo ¿apeteceríache acompañarme?
-¿coa túa nai? oes... ti o da morte dos grandes relatos sóache a conto celta ¿non si?
-(...)
-Perdoa, non quería ofenderte...mira, síntoo, teño que deixarche, teño cita co endocrino e non podo faltar. Verémonos outro día se tal.
-Xa, si, seguro....esto debe ser o que chaman amor líquido...

Promesa cumprida de Cristina Pavón

Velaquí vos deixo os fermosos textos de Cristina Pavón que cumpriu sobradamente a súa promesa.

Ela aloumíñalle o queixo.
- E logo?
El acaríñalle a barriga cuasi esférica
- Por min xa o sabes.
Ela mírao desconfiada. Está a falar en serio. É que non se decata? E que vai ter que dicirllo?
- Non me gusta porlle un nome de flor.
- Por que? Múrchanse?
- Algunhas si, ben o sabes ti.
Un refacho tristeiro crúzalle o rostro ao pensar na amiga que xa non o é. A Margarida á que lle foi quitando os pétalos ata chegar a un número par. Non me quere.
El bícalle o ventre cúpula con agarimo, para afastar ese pensamento.
- En xeral, non me gustan nada eses nomes “tan de muller”.
El acena incomprensión.
- Si, desas series que só se empregan para mulleres: nomes de flor, nomes de virtude, nomes de dores e problemas... Cos de home non pasa eso ... non sei de ninguén que se chame Xeranio, Papoulo ...
- ... Xacinto.
- Vale, un. Pero non hai ningún Abeiro, Amparo, ou Remorso, anque o mundo está inzado de Esperanzas e Remedios, por non falar de Dores e Angustias.
- ... Tes razón. Pero cas flores é distinto.
Ela fítao xa preocupada.
- Será. Pero a cousa é outra.
Realmente vai ter que dicirllo. Aperta a man del sobre a barriga, que sinta ben quen está aí dentro.
- É que non ves que se van rir dela con ese nome? Cala! Cala, Cala! Cala, non fales tanto! Cala, non tes nada que dicir?
El queda pampo no intre. E axiña, avergoñado. Como non se decatou?
- Muller, xogos pódense facer con tódolos nomes, ti tamén...
Ela respira aliviada. A cara de susto del devólvelle a confianza. Foi un despiste, máis nada.
- Ti sabes porque escollín ese nome. Porque foi a tarde que a fixemos cando descubrimos aquel camiño cheo de calas, que tanto che gustaron...
- Xa, pero o primeiro que se lle ven a un á mente ao escoitar Cala, é pechar a boca, non unha flor.
Como puido estar tan torpe? Ten que amañalo. O sorriso burlón dela anímao.
- Pois logo, en vez de Cala, Fala.
- Fala!
Pénsao só un intre.
- Pois é bonito!
El, fachendoso.
- Mesmo necesario.
- Sabes que me gusta? Fala!
- A que si?
- E logo que sexa tímida... Ou muda.
El, sen saber se amolarse ou non.
- Estás dificil hoxe ti, eh.
_______
Para entendela precisei tanto do que amosa como do que esconde.
A textura case téxtil dese branco.
Cala
A lámina que aflora do verde e da sombra silandeira
Cala.
Ese envoltorio de simpleza nipona que agocha a outra parte esencial.
Falo.
O berro amarelo inconfundible.
Falo.
O espárrago erecto sen o cal, en vez dunha flor rotunda,
Cala,
Tomeina por unha toca de monxa desas que, por caridade, parece que van saír voando como fadas.



jueves, junio 10, 2010

Estridencias e pasatempo artístico


Cando te albisquei por entre os andeis que falabas coa caixeira do mercadona estrañoume. Por iso me acheguei. Cicais devecendo desenganarme. Pero non. Detrás do expositor de pilas, procurando disimular escoiteite falarlle do teu miserable recorte do 5%. A rapaza ¿escoitábate? ao tempo que pasaba unha e outra vez o maldito cartón de leite polo lector do código de barras. Na forza coa que apretaba os beizos descifrei a mensaxe. Baleirei a mercancía na cinta transportadora e dixen "paga este pobre funcionario" e lisquei moi apresa. Agora, como mínimo, estou un 5% máis tranquila (case verídico)

Imaxe: hoxe está xupao...é un detalle dunha das máis famosas "vocacións"...veña outra pista Michelangelo....

miércoles, junio 09, 2010

agradecemento, celebration and challenge

Agradecemento a María Jesús, a súa sensibilidade atrae á beleza, por iso constrúe fermosísimos versos e fai fotos coma esta. Celebration porque vin por uns intres que o meu marcador de visitas marcaba o fermoso número 100.000, gústame ter xente na casa ¡grazas! e á Cristina Pavón a nosa próxima diva literaria o reto que hai tempo lle propuxen, ela xa sabe....agora voume agasallar coa mellor compañía que podo desexar degustando un saboroso pulpiño no espectáculo da Ría de Vigo.

lunes, junio 07, 2010

Lecturas no obligatorias, Wislawa Szymborska

Detrás destas lecturas de W.S. vexo unha lectora elegante, cómodamente recostada nunha posición ben entrenada que lle permite pasar suavemente as páxinas e, ao tempo, aspirar concentradísima o fume de seu pitillo tinguido de carmín. Imaxino un sorriso malicioso que denota a súa astucia lectora erguendo tropos coma quen xoga cun meniño a descubrir tesouros. Vexo a W.S. desprecintando curiosa o libro de bricolaxe que ben de mercar na PKP Kraków Główny, trescentas sesenta páxinas de papeis pintandos, técnicas de tapizado, trucos para agarrar cravos ou para restaurar vellas sillas de madeira que esta curiosa lectora transforma nas reseñas máis interesantes que teño lido xamais. Reseñas nas que o libro é tan só o pretexto (en sentio amplo), a materia prima á que Szymborska lle engade a dignidade que merece toda escrita, en calquera soporte, sobre calquera cousa, e en calquera idioma. Os seus ollos teñen a amabilidade do cazador que se sabe responsable da supervivencia do corzo. Tamén a imaxino agochada na contratapa dunha historia de heroes esculcando sesgos e abaneándose coas follas dun calendario que nas súas mans acada a dignidade dun incunable.

sábado, junio 05, 2010

Reflexión post e pasatempo artístico

Non atopo a violencia nos grandes relatos de cuxa certificación de falecemento están famentos tantos postmodernos, tampouco na vulgaridade coa que institucións que esmorecen ou arribistas só atentos aos bultos dos seus pantalóns nos convidan a participar, nen sequera me mete medo ollar pola fechadura do laboratorio do maior centro de enxeñería xenética do mundo, pero non atopo resposta, quedo totalmente inmobilizada física e psicolóxicamente coa falta de reacción fronte á dor allea e fronte ao desprezo pola vida de todxs esxs que declaran que a morte de mulleres por violencia de xénero é un problema menor, porque hai máis mortas en accidentes de tráfico, por exemplo, ou eses embaixadores que declaran que qué importancia terán nove mortos dunha flotilla humanitaria cando veñen de morren cento sesenta na India dos que non falou case ninguén. O cerne da violencia máis perversa, o di Haneke a cotío, é esa indiferencia e frialdade, esa falta de reacción fronte a algo que nos conmove profundamente. Esa violencia na que todos participamos e da que pretendemos saír coas mans limpas, esa que tan ben se reflicte na insuperable Funny Games. A violencia da que participamos a cada minuto que calamos e darmos por normal o horror.
Foto: detalle dunha obra que expresa unha escea dunha violencia tan desmedida como a suavidade da cincel do escultor que traballa a mármore coma se fose manteca.

viernes, junio 04, 2010

Orgullo

Non vou deixar liscar este precioso son, quedóuseme a vivir adentro, alma,
como teus ollos, ese mar, marexada meiga
coma túas mans percorrendo dourados solpores de preciosos metais
como teu sorriso ¡promesa cumplida!

jueves, junio 03, 2010

¿de que hablan los pedadogos cuando hablan de lo suyo?

En primer lugar, Habermas considera el conocimiento diferenciado por lo que él llama intereses cognitivos, es decir, por las orientaciones y supuestos básicos que lo constituyen. Tales intereses cognitivos sirven como discriminadores básicos entre los tipos de conocimiento y ayudan a definir qué es el conocimiento y cuál es la naturaleza de los supuestos que están en la base de los procesos cognitivos que llevan a "conocer" algo. En este sentido, puede decirse que la aceptación apriorística de los "hechos", usada como parte de un argumento deductivo, forma parte del praadigma del conocimiento más elevado, pues se apoya en la existencia de un consenso sobre la "verdad" de esos hechos. Y, por otro lado, también puede decirse que los hechos no son universalmente aceptados, sino que pertenecen, en la medida en que son aceptados, a un grupo restringido de individuos (una subcultura) y han de ser conocidos no empíricamente, sino contextualmente (como si se tratara de una experiencia compartida), por lo que constituyen un paradigma de conocimiento de orden diferente, menos aceptable para la mayoría, a causa de su naturaleza restringida. Cada uno de estos paradigmas y sus supuestos básicos constituye "un interés cognitivo" diferente. Cada uno puede ser un reflejo de ordenaciones estructurales diferentes.
Everhert, Robert B. Leer, escribir y resistir. En: Lecturas de antropología para educadores. Madrid: Trotta, 1993
Señale de entre las siguientes la opción que se asemeje a la impresión que le ha causado este texto:
□ Lo siento, no he entendido absolutamente nada, lo reconozco, creo que me encuentro al final de la larga cola en lo que a alfabetización tradicional se refiere.
□ A mi los pedagogos no consiguen acobardarme, me doy perfectamente cuenta de que ni ellos mismos saben de lo que hablan cuando hablan de lo suyo.
□ Maravilloso, me lo chapo ahora mismo y fijo que esta noche me como algo en la cena de profesoras a la que debo asistir como consorte.
□ Bueno, en realidad, si partimos de que en la escuela tradicional el conocimiento reificado sustituyó al paradigma anterior hipotético-deductivo en cuanto a la prescripción de utilidades insospechadas, podríamos hablar de una epistemología bien distinta cuando el currículun está orientado a la visibilidad de resultados sui géneris. Gensanta!

martes, junio 01, 2010

Covalladas, Xurxo Borrazás

Covalladas. Prosa Vertical deixa unha sensación de desacougo no lector. Trátase dunha historia case surrealista, dun mal soño no que malia estar espertos e contra nosa vontade somos quen de recoñecérmonos como algún deses repelentes personaxes. Os ananos, seres adocenados, vulgares ata a náusea, son os protagonistas da ¿historia?, os habitantes da cova, é dicir, de calquera comunidade política ou país, que, desprovistos do libre albedrío, pagan penosamente cunha existencia ruda e merdenta o pecado de ter asinado un contrato social. O autor, nunha macabra broma que sinto como un empurrón cara o baleiro (o mesmo que o personaxe narrador lle atina ao seu doppelgänger) chántanos diante un espello deformante, ou non, dado que o deforme é a propia realidade. Ollamos a nosa ridícula existencia e recoñecémonos como eses ¿seres? confundidos, ridículos, lambecús, desleixados e o peor, rematadamente mediocres. Non hai quen se salve da queima e dede abaixo arriba, a sociedade que vive da cova está ademáis condenada a repetir unha historia circular nun eterno retorno que non deixa de ser a visión amplificada dun ciclo temporal máis pequeno, á medida dos ananos, pero tamén insorportable. Por veces temos esa sensación de total abandono que caracteriza a Joseph K. ou calquera outro personaxe de Kafka. Outras, sentimos case físicamente a sensación de afogo que comporta a vida na cova, a falta de ar, "a falta de matices", a escuridade, a merda dos morcegos que non damos reciclado. Aí lembrei ao pobre Truman. O periplo no personaxe do narrador, a súa soidade, a súa impotencia para entender, o seu rexeitamento a recoñecerse como un mais, cicais un sobrevivinte só por uns segundos de diferencia, mergulloume na literatura catastrofista de ciencia ficción. Imposible non lembrar o Mundo somerxido de Ballard, ou The Road de C.McCarthy. Imposible tamén non recoñecer un trasunto de Gulliver no episodio da Xigante (con "e" non sexista como ela recoñece). Pero entre tanta negrura hai moito humor, moitísima caricatura entrañable. Un exemplo, o cantante cosido, ou sexa, a censura, a corrección política, o traizoeiro tribuno da plebe (¿podería ser un sindicalista?)....ás veces lévano á entrada a cantarlles ás autoridades. Como unha ofrenda. Alí descóseno e canta mellor / ca un canario preso. Sempre obedece". Na contracapa dise que é un texto máis paródico que alegórico e cun sentido do humor que xoga a dotarse de sentido. Sen entender moi ben o que o que quere dicir o glosador, eu vexo claramente un esforzadísimo exercicio de retranca. Retranca e mala hostia, para entendérmonos. Unha aptitude que recoñezo moi ben entre os habitantes da "cova" que se negan a vérense representados pola mediocridade dos seus cantantes. E o mundo do revés, para os que entenden algo, e este falar dende a carraxe era un xénero que non tiña representante, ata agora. Parabéns a Xurxo, gustoume ler, dúas veces de corrido e sempre cun sorriso nos beizos este texto que non sei se será un excelente exercicio literario, dudo que o pretenda, pero dende logo como desafogo non ten prezo.

lunes, mayo 31, 2010

¡good monday and good luck!

Dear friends, ía falar dun libro precioso sobre arte pero en canto vin o post de Paul M. (¡take a bow!) non me puiden resistir a esta irreverencia artística, good monday and good luck!)

jueves, mayo 27, 2010

¿quen dixo lume?

Imaxe: Orlan
O paseo vespertino adoita rematar na praza da Princesa. Faltan poucos metros e case sinto na gorxa a frescura da cervexa cando escoitamos un bruído estraño que nos leva á procura duns altofalantes que semellaban retransmitir un oficio relixioso. Desconcertante. A proximidade do Museo de Arte Contemporánea fai pensar na posibilidade dunha performance e entón rimos aliviados. En plena rúa do Príncipe os decibelios ameazan seriamente o noso oído interno e automáticamente botamos mans ás orellas. Xa non semella unha artistada e non vemos pegada algunha dunha posible instalación museística. Os que pasean en dirección contraria tamén se protexen desta música demasiado alta, demasiado aguda, demasiado monótona. Aaaaaaaaleluia..Aaleeluiiaa. A medida que nos achegamos aos altofalantes o desconcerto xa é un cabreo en toda regla como denota a carraxe nas olladas dos maiores que saen do círculo mercantil sorprendidos pola estridente liturxia. Eu sigo a matinar no da performance, e de non ser polas replicantes maríasauxiliadoras que ameazaan dende as fiestras, fago a ofrenda carioca en toda regla. Crúzome con R. o contrabaixista, que ri desta repentina invasión ultrasónica facéndonos unha chiscadela moi graciosa que aliva un pouco a tortura musical, venid y vamos todos con flores a mariiiiiiiiiia con flores a porfíiiiiiiiiiia que madre nuestra essssssss". Penso en Guantánamo. Penso nas mozas que ¿contratan? en berskas, stradivarius, zaras. Crúzome tamén con F., o poeta, pero non me ve, ou fai que non me ve, como tantas veces, ou o que é peor, sabe que sei que me ve e fai que non sabe que non me ve. Vou cansa mais decido subir a costa seguindo a Hamelín e velaí está toda a parafernalia, pero se ata hai melindres e todo...¿quen dixo lume?

miércoles, mayo 26, 2010

Lembranza de A.

Sempre que alguén querido desaparece síntome moi primitiva e de golpe non comprendo nada. Só me apetece recompilar momentos compartidos co que se foi. Troulas se as houbo, confidencias, broncas, o que sexa, algo para reivindicar unha existencia. Este día o lembro ben, andabamos amoucadas polo de sempre ¿non si A.?, pero pintamos a cara, puxemos a túnica de coro gospel e coa música a tope fomos montar o número campus a través, inspiradas claro, polo noso mestre de cerimonias que sempre nos leva ao seu rego que é o da sabedoría dos rexoubeiros. ¡¡¡Forsa!!! seguro que te asubiaba cando a bágoa delataba a presenta dos tiburóns. E que graciosa eras entón A., nun segundo como por arte de maxia botabas fóra os trasnos reapropiándote do teu tempo e debuxabas ese sorriso teu de xenerosa picardía onde se albiscaba unha lagoa e deixabas esvarar unha bágoa, porque había confianza para chorar, que remedio, os tiburóns non deixan de procurar carnaza e a ti non che importaba seguir dando o dor (sic) de peito por uns cantos anos mais ¿non si?, e logo veu ese lobo que te papou enteiriña por boa e confiada.

martes, mayo 25, 2010

miércoles, mayo 19, 2010

Die Fremden

Foto: Die Fremdem, Thomas Schütte

Gustaríame saber se este calar é unha moda ou un modo de vida. Eu nunca fun de moitas falas, creo que por un exceso de respeto que me fai mimetizarme co medio, xa sabedes, alla donde fueres, pero o actual mutismo tenme preocupada e sorprendida a partes iguais. O mutismo social, o laisser faire, ese total para que do que se alimentan os que cortan o bacallao, é certamente un problema moi noso, diría máis, endémico na nosa leira. Experimento eu tamén as mesmas gañas de fuxir e de calar ante tanta miseria como se ve, se escoita e se cobra, mais trato de non perder o sentido do humor para sobrevivir cada día, e malia todo falo e escribo, aínda que só sexa para min. O mutismo individual preocúpame un pouco máis. Pode ser síntoma de doenzas gravísimas. Lembro cando veu miña nai visitarme por primeira vez. Non a disgustaban tanto as dificultades certamente agobiantes das distancias e a orografía do descoidado e precipitado urbanismo (e urbanidade) vigués como que non lle contestase ninguén na carnicería a aquel encantador xeito de procurar a vez, ¿quen é a última?. Pasados uns meses, coincidín cun home moi traxeado e perfumado no ascensor que logo do imprensindible a que piso vai vostede, e sen ter coincidido máis de dúas ou tres veces no mesmo medio de transporte convidounos a cear a min e á miña familia, porque mira es que soy de Madrid, llevo aquí casi seis meses y no conozco a nadie, no nos es fácil hacer amigos en esta tierra. Fomos a cear e disfrutamos da súa compañía e amistade durante o tempo que durou o seu destino por estes lares. Amolábame que nos criticase tanto aos galegos por ese non falar, ese supoñer e desconfiar que tanto lle chamaba a atención. Fixen unha proba e eu mesma probei a saudar tódolos días no ascesor e cando comezaba a miña quenda de traballo. A primeira vez que logo dos bos días non atopei resposta quedei pensativa, mais pasei a acción tomando exemplo daquel amigo madrileño; non me dei por vencida e volvín ao ataque perdón, ¿dixen bos días ou foi imaxinación miña?. Nada, nin falar do peluquín. Traballei sempre de cara ao público, como se adoita dicir, impartindo clase, organizando actividades varias e actualmente, mostrador por medio, prestando libros, que é o que fai unx especialista en información bibliográfica ou documentalista jaitech, nesta era supertecnolóxica. E tódolos días teño o mesmo problema. Os profesores e estudantes, sen destinción de expediente, xénero, sexo, raza ou nacionalidade, amosan un rexeitamento cada vez maior ás falas. Moitas veces deixan o libro no mostrador sen dicir absolutamente nada e marchan ou entran coas súas caras de xente ocupadísima e estresadísima que seica os fai tan interesantes. Agora mesmo un rapaz dame un libro sen sequera mirarme aos ollos atentísimo aos debuxos que fai a madeira da mesa. Faime graza e sinto un case irremediable desexo de botarme ao seu pescozo e dicirlle algo así como a ver neno, espabila...ou ¿seica che comeu a lingua un gato?...pero agardo, agardo a que o silenzo se lle faga incómodo ou dada a hora que é lle canten as tripas e teña que falar tamén por vergonza. Cousas.

martes, mayo 18, 2010

Asesinato de mujer.

Asesinato de una mujer, Lavater (1820), VI, p.15 (tomada del libro "Monstruos y seres imaginarios en la Biblioteca Nacional")
Querida Elpidia,
Tus noticias sobre la triste continuación de los asesinatos en Juárez me dejan helada, pero desde aquí no puedo ofrecerte ahora mucho consuelo. No había enfriado la navaja que acuchilló a F. y ya están deshollando a otra mujer. No parece real, la verdad. En nuestra ciudad hasta tenemos un contador digital que va marcando el número de mujeres muertas. A mi me sorprende la falta de interés que los medios conceden a esta monstruosidad. Pero muchos hombres por aquí se quejan justo por lo contrario y dicen que hay más muertes por el tabaco y los accidentes de tráfico. Algunos hasta comentan en los medios que hai un número casi semejante de hombres víctimas de violencia de género, de violencia hembrista, dicen. Dicen que los medios no recogen esos datos. ¿que me dices? ¿que por que no se publican esos datos? porque sencillamente, no los hay...y cuando se producen, sí que salen y sí que los condenamos, pero la cobardía no tiene límites Elpidia, y el no querer mirarnos al espejo y ver el monstruo que llevamos no muy dentro nos asegura terror y muerte para muchos años mas. Para ellos, mucho cuento, demagogia, y otras pendejadas que se les ocurren a todos esos hijos de la chingada. Un beso guapa.

viernes, mayo 14, 2010

A parte dos crimes....


Fotografía: Ana Mendieta

A seguinte morta foi Fatema, de 30 anos, atopada no chan do corredor do seu piso da rúa Sunyer do Barrio de Poblenou de Sant Andreu. Segundo as estatísticas, Fatema foi a víctima 26 da violencia de xénero dun ano funesto no que trinta e cinco homes máis asasinarían ás súas parellas. Fatema tiña tres fillos de 14, 12 e 5 anos. Foi o maior o que avisou á policía logo de presenciar xunto cos irmáns o asasinato da nai. Un veciño declarou que “era unha familia moi educada". Fatema non tiña presentada denuncia por malos tratos. A noticia sae hoxe no diario El País nunha páxina da sección de Sociedade a carón doutra que ocupa media páxina que fala do perigo de extinción do lagarto Furcifer lateralis que vive en Madagascar, por mor do cambio climático.


...podía ser verdade...

miércoles, mayo 12, 2010

O mellor candidato a rector...e pasatempo ad hoc

A escolla para reitor desta nosa universidade está dando moito que falar estes días pola orixinalidade da campaña dunha das candidaturas. O goberno da universidade está case exclusivametne nas mans dun dos colectivos que forman a comunidade universitaria, o profesorado. Os outros dous, alumnado e persoal de administración e servizos, digamos que non pintan moito neste asunto. Isto case sempre foi así, por iso, alumnos e traballadores non docentes non amosaron nunca demasiado interese neste tipo de eleccións. Nunha loita un pouco desesperada por unha poltrona tan erudita e mol, unha das candidaturas deseñou unha campaña certamente vulgar e seica un chisco agresiva de máis nese ton prepotente que adoita empoleirar á machovaronía reinante cando se sabe posuidora da variña máxica que sempre nos deixa tan satisfeitas. A estratexia destas campañas foi ata agora unha cousa de andar por casa. Visitas a despachos, cafés a todas as deshoras, paparotas de menús variados tipo hoxe por ti mañán por min, e como moito algunhas charlas nos auditorios das facultades para explicar un pouco pólo miúdo o programa electoral, ao que asisten os mesmos que ás paparotas e cafés, ou sexa, aspirantes a vicealgo procedentes do PDI e diversas figuras docentes producto de reformas e contrarreformas nun retorcido sistema de acceso ao status docente que xa só entenden os que pasan a vida mergullados en convocatórias e boletins oficiais. É pouco coñecido o choio que se agocha nestes grandes chiringuitos de elite no que se converteron as universidades, senón non me explico como nestes tempos tan duros o pobo pode consentir tanta ledicia orzamentaria e tanta subvención, e tanto sobresoldo para tanto vicenonseiqué e para tanto proxecto, e para tanta sigla, e oficiña, e fundación que se monta onde non hai tanto había aulas e paraninfos. O pobo non entendería, seguro que non. Pero ollo, que o sistema é transparente e democrático. As contas son públicas e as falcatruadas management system están recollidas en oficialísimos informes de institucións da máis alta e rigorosa reputación. Así que eu non me estraño moito da vulgarización desta campaña na que absolutamente cada voto conta. Os reitorables decatándose por fin das potencialidades do tradicionalmente esquecido sector do alumnado non dubidan en mercar para a súa campaña un ready-made ad-hoc. Obxectivo, conectar con todo posible votante. O voto de calidade custou o seu, pero xa está na saca. Agora imos polos que non valen case nada, eses que teñen que votar cinco para facer un. E entón falámoslle no seu idioma, que seica é o da Esteban, a vulgaridade en persoa no medio da requintada poligrafía de lequios, pipisestradas e marichalares de tan avultado vocabulario. Así que esta deliberada vulgarización da campaña de que tanto se está a latricar, amigas e amigos, non é para poñer o grito no ceo. É outra arte de pesca nada máis. O fino palangre de anzois para a captura do peixe gordo e para vós, alumnos e PAS, este buitrón, esta rede na que incluso algúns vos lanzaredes engaiolados literalmente por este confabulairo de bechos extraordinarios que a xeito de amante galego falante vos deixarán tan, tan, tan satisfeitos. Pero o deseño desta campaña e, sobre todo a reacción do electorado déixame tan abraiada como a actual declaración do papa sobre o terceiro segredo de Fátima. Seica aqueles tres pastorciños xa sabían todo esto da pederastia e abusos sexuais varios cometidos polos violadores sotánicos e non dixeron nada de nada. ¿e será que eles mesmos foron pillados in fraganti e obrigados a calar logo da aparición?
A ver irmáns...¿quen é o da foto?....pista: semana santa madrileña na porta do sol...

sábado, mayo 08, 2010

Judith Torrea e Juaritos.

Esta fantástica muller, periodista independente traballa dende hai dez anos en Ciudad Juárez, a súa "Juaritos", e ven de recibir un merecidísimo premio. Nesta entrevista acláranos moitas cousas sobre esta cudade, as condicións dos seus habitantes, o mundo das maquiladoras e a situación das mulleres e nenos víctimas do narcotráfico, deste México que segundo ela é un verdadeiro estado de dereito, porque non existe. O seu bló, Ciudad Juárez en la sombra del narcotráfico, é para min do mellor que teño visto na rede dende hai moitos anos, unha fonte importantísima para coñecer un dos casos máis arrepiantes de violencia e xenocidio no mundo actual. Estar informado é sinxelo, e é unha das poucas cousas efectivas que podemos facer para contribuir a deter esta barbarie. Que cada vez que vexamos ao presidente mexicano non esquezamos que o iso non é democracia. Que alí quen manda é o narcotráfico, o maior dos negocios e que nesta época de crise emporcallou a todas as insitucións e está na base dos asasinatos de mulleres, nenxs, periodistas...aproveitemos esta fiestra que nos brindan as redes sociais para apoiar a esta moza, ás mulleres de Juárez e a periodistas, escritores e ás tralladores de maquiladoras como Elpidia cuxos testimonios son imprescindibles para coñecer o día a día deste problema.

viernes, mayo 07, 2010

Regnun Christi ou as 900 escravas de Maciel

Saló ou os 120 días de Sodoma vs. Maciel e as súas 900 escravas....Deiteime logo de ver Saló e non sabía se aínda non espertara cando lía o asunto das 900 escravas de Maciel. Outra vez, México. Non, non é un monstro Maciel. Non nos trabuquemos, é só un home, como tantos de vós, pero este moito máis refinado. Velos como monstros é tomalos como accidentes, é desviar cobardemente a ollada. Cicais se nos poñemos a catro patas o vexamos un pouquiño máis claro. E ollo, non o digo só eu, tamén mo confirmou o filósofo, iso si, moi baixiño, case que nin entendía o que dicía. Grande Maciel, morriches de velliño ¿non? coma o outro. Tiveches todo o que querías, poder, cartos e nenos para darlle gusto ao teu corpo, e ao corpo de saberá o teu deus cantas sotanas como hai soltas polo mundo adiante. A Pasolini matárono por aquela película, fíxate ti, home, por imaxinar de mais, porque esas flores non son para os lúmpenes coma ti Piero, son para o Duque, o Obispo, o Maxistrado e o Presidente. Ah...parabéns Judith. Es valente. Cóidate e segue contándonos.

Las "religiosas" eran aisladas en el momento de su ingreso y sólo podían visitar a sus familias 15 días cada siete años y recibir una llamada telefónica al mes. Eso sí: sus padres podían visitarlas una vez al año. Las mujeres, que oficialmente pertenecían a la rama laica de la orden, Regnum Christi, eran reclutadas entre familias adineradas de España, México, EE UU, Francia, Italia, Alemania y Nueva Zelanda.Las consagradas debían ser "mujeres sonrientes, con buenos modales, de buena presencia y escasa formación cultural y religiosa", señala el periódico. Entre sus obligaciones, estaba la de "no criticar" jamás los actos de los directivos de la orden y delatar a quien lo hiciera. [El País]

miércoles, mayo 05, 2010

2666, Roberto Bolaño



Para Elpidia.
La siguiente muerta fue encontrada entre la carretera a Casas Negras y una vaguada sin nombre en donde abundaban matorrales y las flores silvestres. Fue la primera muerta encontrada en marzo de 1996, mes funesto en el que se encontrarían cinco cadáveres más. Entre los seis policías que acudierion al lugar de los hechos estaba Lalo Cura. La muerta tenía diez años aproximadamente. Su estatura era de un metro y veintisiete centímetros. Llevaba zapatillas de plástico transparente, atadas con una hebilla de metal. Tenía el pelo castaño, más claro en la parte que le cubría la frente, como si lo llevara teñido. En el cuerpo se apreciaron ocho heridas de cuchillo, tres a la altura del corazón. Uno de los policías se puso a llorar cuando la vio. Los tipos de la ambulancia bajaron a la vaguada y procedierion a atarla en la camilla, porque el ascenso podía ser accidentado y en un traspié dar con su cuerpito en el suelo. Nadie fue a reclamarla. Según declaró oficialmente la policía, no vivía en Santa Teresa. ¿Qué hacía allí? ¿Cómo había llegado allí? Eso no lo dijeron. Sus datos fueron enviados por fax a varias comisarías del país. De la investigación se encargó el judicial Ángel Fernández y el caso pronto se cerró". (Roberto Bolaño, 2666, p.627)

Creo que el silencio de estos días queda sobradamente justificado. He gozado durante mil y pico páginas de una apnea que me resisto a abandonar. Me fue muy fácil salirme de mi personaje y ser Liz Norton. Disfruté de la agradable sensación de llenarme con su perfume y durante unos días volé entre Madrid, Paris y Londres para visitar a Morini, Espinoza y Pelletier. Cuando estaba a punto de dormirme entre sus sueños me despertó la bofetada del desierto. El sabor de esa mezcla de arena y sangre de mujeres violadas y asesinadas en Santa Teresa me destroza el estómago, pero decido meter la cabeza y me encuentro con la llamada de lo real. 2666, en "la parte de los crímenes" carece deliberadamente de olores. Tampoco hay dolor. La prosa seca y el filo cortante de las palabras que describen el horror me llevó a la consulta de informes policiales, artículos de prensa y blogs sobre las MUERTAS DE JUÁREZ y así, como en matrix, desciendo a las profundidades en busca del dolor, de la sangre y del sufrimiento. Vivo 2666 un poco desesperadamente y busco voces reales tras infinitas páginas impresas y digitales, y me encuentro con Elpidia. Ciudad Juárez existe. Existe esa frontera que no es ninguna metáfora de la muerte. Lástima. Existen las maquiladoras. No eran fabulaciones del chileno. Y existen trozos de mujeres en los basurales de ese chingado país....y pienso ¿cuanto vale, cuántos dólares cuesta una mujer en Juárez? y consulto nuestro gran relato de no ficción, el Informe del Consejo General del Poder Judicial, nuestra paralela lista de muertas, y me apeteció escribir un post por cada una de ellas....algo así como el día que iban a apuñalarla, Irene había pedido unas hora en la empresa de seguridad en que trabajaba. Por fin se había armado de valor para ir a recoger unas cuantas cosas que se había dejado en su antigua casa, en donde había convivido durante tiempo con el hombre que ahorita la iba a matar.....de modo que estos días andaré por aquí y sus proximidades y os seguiré contando. [Imagen: Ana Mendieta]

miércoles, abril 28, 2010

...progreso...

A pouco que se saiba de historia universal sabemos que o progreso e o desenvolvemento dos pobos, entendidos estes conceptos como a consecución de contextos que posibilitan a mellora das condicións de vida, non é ese artefacto motor que vai collendo velocidade nas autoestradas do tempo e que evolucionou dende a primixenia roda ata o ultramoderno MacLaren. Pensemos na apocalipse que supuxo a Idade Media. Dun día para outro esquecéronse milleiros de páxinas que foran escritas durante séculos e a nosa Europa mergullouse en guerras que duraban séculos e volveu vestir con farrapos tanto o seu raquítico corpo como a súa feble mente. Peor que un retroceso, a idade media foi un estado de letargo e abandono propiciado pola instalación da ideoloxía teocéntrica feudal que, como a máis negra das pestes, fíxose coa vontade dos homes, unha vez convencidos estes, pobres animalias, da súa culpabilidade. E como o pecado orixinal non había dios que o puxese a clareo máis valía deixarse levar polos suxeitos de suposto poder da época, non fose o demo que aínda despois de pasar tanta fame fosen arder no inferno que lles amosaban as espantosas imaxes dos seus templos (...). O medo. Velaí o elixir, a apócema que asegura o dominio dun individuo ou dun millón. O medio paraliza primeiro e ispe o ego dx máis afoutx. E de todos os medos, o máis productivo é o máis irracional. O medo a deus, e por ende aos que falan no seu nome. Administrado en pequenas doses, dende o nacemento, crea individuos anormalmente entregados a calquera causa, capaces mesmo de autosacrificárense. De entre todas as modalidades de historia que se practicaron ata hoxe, micro, macro, soci, eco, reli, racio, roman, [et. al.] faltaría a psico, e máis concretamente a historia do medo. Naomi Klein fixo un insuperable estudo para a idade contemporánea, ben documentada e realista ata o insoportable. O shock. Houbo grandes homes (aquí si) que foron quen de infundir enormes doses deste medo paralizante pero tamén houbo monicreques coma o da foto que acojonaron (c.p.) a toda unha nación durante medio século e deixaron ben sementado o solar patrio (sorry, pegóuseme a horrible expresión) destre froito maldito. Había medo a que morrese o vello, e medio século despois seica hai medo a desenterralo. Diso non se fala. O din ata os políticos máis atrevidos. O mesmo medo cutre que o medo a lavarse, que convertía o mefítico no máis puro arrecendo a rosas.
Este é un post experimental, un xeito de cadáver exquisito. Eu tiña esa foto impagable e cos tempos que corren pensei que non estaba mal facer un pouco de memoria....podedes seguir vós.

viernes, abril 23, 2010

palabras más, palabras más, palabras menos...

Foto: bonito jarrón, ABB.
Este bló mais eu estamos de aniversario. É totalmente casual que hoxe sexa o día do libro e que a miña actual profesión disque é a de bibliotecaria. Atopo no arquivo dixital que o primeiro post é do 17 de maio do 2006, tamén un dia de, as letras galegas. Tamén totalmente casual. Ese día, a xeito de proba, colguei un artigo de Espinosa Mestre, un paciente investigador sobre a guerra civil. Deduzo que o meu interese naquel momento era sacar á luz a historia de Varela Rendueles, un galego de orixe asturiana que foi o derradeiro gobernador republicano de Sevilla e dos primeiros en asistir ao inicio do terror que asolagaría este país. Aínda non cumprín ese cometido e non falei nada do tema en cuestión logo de catro anos e case 600 post. Ao final no bló escribín de todo agás do que tiña previsto. Nen sequera falo do tema nun dos 300 textos que adormecen en modo rascuño. Así son eu, tal cal. Non teño palabra ningunha. Non son de fiar. Corro que me mato para apañar algo que xa esquecín á primeira zancada. E así, correndo, correndo, como Forrest Gump, cheguei a ningures, que é ata estoutro vintetrés de abril dos que xa vou un pouco cansa. Disimulen, soa o teléfono...jajajajaja...xa estou de volta...¿saben? cando soa o teléfono sempre me sae o nome doutro sitio onde traballei hai anos....non o podo evitar...quedo en blanco uns segundos e digo....esenome bosdías dígame...pero hoxe non...hoxe dixen...dicionariodegalegobosdías....menos mal que preguntaban por servizos informáticos....i ¡¡¡e iso que so son taitantos....!!!
P.D. aínda non sei facer ceros e uns con sabor a tiramisú pero teño unha receita....mmmm...por se queredes.

miércoles, abril 21, 2010

Carta abierta a Najwa

Foto: Afganistan 2006, Ambra Polidori
En: Museo de mujeres artistas mexicanas.

Querida Najwa: Te escribo para que te escandalices. No hay nada de malo en ello, te lo aseguro. Quizás sea la forma más rápida y eficaz que tengas de hacerte con la situación. En tu instituto te han prohibido cubrirte con el velo musulmán y tú te has deprimido. Es doloroso Najwa, lo comprendo, y además todo se complica muchísimo porque ya no distingues quienes te apoyan y por qué. Lógico. La derecha más reaccionaria de este país apoya al instituto y te conmina a que te quites esa prenda tan polémica. La izquierda, que se supone más progre dice que respeta tus derechos y que cada uno puede ir como le venga en gana. Bien, no hagas caso y trata de calmarte y reflexionar. Plantéate por ejemplo por que la religión ha de ser tan determinante en tu (nuestra) vida. El velo, Najwa, es una marca de pertenencia que obliga a casi todas las mujeres en el mundo musulmán y a un gran número de musulmanas en España a soportar los abusos de sus compañeros, a non denunciar maltrato porque se ha difundido la idea de que el islam justifica esta discriminación. No llevar velo, Najwa, conducir y tener empleo condena a tus compañeras de religión a soportar situaciones insoportables para ellas por miedo a ser rechazadas y expulsadas del país. Las mujeres que se rebelan, Najwa, suelen acabar en la prostitución, o muertas a golpes. Así que, creo que tienes (tenemos) el deber de reflexionar un poquito y salirnos de nuestra particular y detestable cárcel de unos cuantos centímetros de tela. Una vez que el velo se convierte en mayoritario, el consentimiento de unas sirve para justificar la sumisión y servidumbre de otras, y además el terreno está bien abonado Najwa. En España es demasiado fácil perpetuar el machismo enquistado en nuestro solar patrio (uf! que ganas de utilizar estas expresión) con este otro que arrastran los colectivos musulmanes de una remota sociedad rural. El conservadurismo radical, Najwa, se suele excusar en el Islam, en estos casos para no participar en la sociedad, es necesario que lo veas. Pero para eso, primero, antes que nada, tienes que quitarte el velo. Un beso guapetona.