Cando miña nai me ensinou os segredos da costura eu preguntábame que pasaría con eses fíos que sobran cando xa non dan para seguir cosendo e hai que anoar e cortar cos dentes para enfiar de novo. Hoxe sei que con eles técense os mellores panos, os mais suaves ao tacto, igual que coa paixón que sobra se tecen momentos máxicos que estaban condeados ao esquecemento.
nota que atopei nun libro de relatos de Augusto Monterroso. ¿por que estará escrito coa miña letra?
No hay comentarios:
Publicar un comentario