lunes, marzo 26, 2012

reivindicación da tristeza...





levar a contraria non só é bo para ese alemán que todos levamos dentro, axuda a comprendelo e a convivir con el antes de tempo, compre afacérmonos a certas apoteosis, proba a rexeitar consensos institucionalizados sobre a cruel incógnita, é deliciosamente elegante e saudable a tristura, hai quen colle enchentes por necesidade, velaí ven o verán, e hai quen a amorea por vicio, bebe con eles, atraógate sen medo, non mata, o que mata e desprezala e deixar que todos pensan que lle rimos as grazas a tododiós, empezando por ti, que vas á folga, ou por ti, que non vas, vólvete á choiva sobre as leiras do algodón que non colleitaches e chora polos estrafalarios froitos que colgan das árbores....

No hay comentarios: