Foto: Arume dos Piñeirosmiércoles, octubre 24, 2007
Vigo is different...Celebramos o día Internacional da Biblitoteca coa desaparición dun fermoso centro
Foto: Arume dos PiñeirosRubén Ruibal, entrevista en GZnación
¿Que e esa cousa que chaman Web Semántica?
Algunhas lizazóns interesantes sobre o mundo DousPuntoCero:
Libro para descargar en liña, 100 aplicaciones de la web 2.0 Wiki web 2.0 Bibliotecarios 2.0 blogs sobre biblioteca 2.0
martes, octubre 23, 2007
R U B E N R U I B A L PREMIO NACIONAL DE LITERATURA DRAMÁTICA 2007

lunes, octubre 22, 2007
"Os políticos non cren na cultura"
Imaxe: Xaquín Marín. Trinta anos de humor gráfico en Culturagalega.orgTemarios de bibliotecas para oposicións.
Zaguan 2000. Rosario López de Prado. É un directorio de recursos para aspirantes a bibliotecas e documentaicón. Non está moi actualidado xa que é do 2001.
BibliOpos. Mi oposición a bibliotecas.
Temario de oposicones. Biblioteca de Traducción y Documentación da Universidade de Salamanca.
Temario de Biblioteconomía de José Antonio Gómez Hernández.
Recursos en Absynet.com
Temario da Oposición a arquivos e bibliotecas de Eugenio Tardón (1998)
Teka-Teka. Apuntes da Diplomatura de Biblioteconomía e Licenciatura de Documentación da Universidade Complutense.
Universidade Carlos III. Apuntes, traballos e exames (2005).
Universidade de Salamanca. Apuntes da Diplomatura de Biblioteconomía e Documentación.
Universidade de Valencia. Apuntes de Biblioteconomía.
A Universidade da Coruña tamén ten un temario de Axudantes de biblioteca. Tamén había na rede hai tempo un temario moi completo nunha páxina que se chamaba Bradomín, pero creo que xa non está dispoñible.
¡SORTE A TODOS!
viernes, octubre 19, 2007
¿Para cando un doutoramento (sic) posgrao en elaboración do polbo á feira?
s que para eso agasallan cun crédito aos alumnos. ¿para cando un curso de extensión sobre polbo á feira ou a complexa elaboración e estudo do cocido galego?Eso si, bibliografía axeitada e da casa xa a teñen..."Olores e sabores do saber" ¿lembrades?
jueves, octubre 18, 2007
Feria Puro Arte, 2007
miércoles, octubre 17, 2007
Moito cantante solto anda por aí.

¿censura no blogomillo por unha mariquita de Iolanda Castaño?
Plataforma Ártabra 21A porta de prismosArredemoApocalipse do porcoAs túas balasBeliscos pequenosO mundo desde un chimpínDiario dum suevoO cartafol de silenciosModestowebNeorama dos quadrinhosO quilomboTravesías arcanasMovemento polos dereitos civísChantos na chairaGalpón de BreogánZero vacas
martes, octubre 16, 2007
Total por 15.000 libros....bueeeeno, total 40.000 libros....

domingo, octubre 14, 2007
Steven Pinker, Theo Jansen, (et. al.) nas TED TALKS
Theo Jansen
Steve Pinker
S.Pinker en la Wiki, digilicious
jueves, octubre 11, 2007
Emilio Calatayud, un xuiz exemplar.
Primeira Parte:
Segunda Parte:
A universidade no You Tube
A Universidade de Berkeley ofrece unhas duascentas sesións de formación a través de You Tube. Os medios de comunicación preséntannos esta operación de mercadeo como unha tendencia pedagóxica, un novo paradigma na educación cara o que debemos mirar con atención, pero a min, a desconfianza que me xera calquera operación procedente do Far West, faime reflexionar...
¿as universidade máis elitistas do país máis capitalista do mundo participando do movemento do Acceso Aberto? Non, esto non é outra cousa que un ha mostra da publicidade que precisa un sistema no que milleiros de universidades privadas están sometidas a unha competencia brutal.
Por outra parte non teño dúbidas de que o sistema do Acceso Aberto vai gañando terreo en tódolos sectores. Na música, malia a pobriña cabeza de turco da temporada, todos seguiremos a "baixar" cancións, no cine, no periodismo, nas publicacións científicas e tamén na ensinanza.
A tecnoloxía é necesaria e beneficiosa sempre que a empreguemos coma un medio, non como un fin. Na ensinanza trátase dunha feramenta máis para que os alumnos acaden un nivel de preparación óptimo, e para iso hai que fomentar a consulta ás fontes dixitais non o copy-paste que os alumnos presentan directamente ao profesor, ou esas teses que se fan por encargo para obter unha praza de profesor universitario, ou esas programacións didácticas que se entregan aínda quentiñas nas deposicións de secundaria...
martes, octubre 09, 2007
Miserias del presente, riqueza de lo posible, André Gorz
Can sen dono, lembreime de ti cando lin párrafos coma este...¿por que sería?
En una sociedad en vías de descomposición,l en la cual la búsqueda de una identidad y de una integración social se ve constantemente frustrada, el joven obrero puede encontrar en la "cultura de la empresa" y en el "patriotismo de la empresa" que la firma le inculca un sustituto de pertenencia a la sociedad global,un refugio contra el sentimiento de inseguridad. La firma le propone el tipo de seguridad que ofrecen las órdenes monásticas, las sectas,las comunidades de trabajo: le pide que renuncie a todo -a toda otra forma de pertenencia, a sus intereses e inclusive a su vida personal, a su personalidad- para darse en cuerpo y alma a la empresa que, a cambio, le dará una indentidad, una pertenencia, una personalidad, un trabajo del que puede estar orgulloso: se convierte en miembro de una "gran familia". El lazo con la empresa y el colectivo de trabajo de la empresa se convierte en el único lazo social, absorbe toda la energía, moviliza toda la persona del trabajador y contiene para éste el peligro de la pérdida total de sí en caso de que deje de merecer, por la excelencia indefinidamente creciente de su desempeño, la confianza de la firma, la consideración de sus compañeros de equipo.
domingo, octubre 07, 2007
A pensión Eva, Andrea Camilleri
A pensión Eva é esa misteriosa casa "de mala vida" que todos nós tiñamos no noso barrio. A pensión Eva da miña infancia era unha fermosa casa de pedra agachada entre enredadeiras no fondo da rúa Jesús Soría, en Ourense. Víase dende tódalas casas e balcóns e ás veces pasabamos horas ollando aquelas fiestras e aos que entraban e saían. Corrían moitas lendas sobre a casa. Dicían que se te achegabas de máis á porta saía unha vella con perruca e moi pintada e ameazábate co pau dunha vasoira. Tamén se dixo, e ata se publicou na folla parroquial, que un fulano morrera mentras estaba coas súas "plegarias" a cabalo dunha Eva.
¿lembras ti a Pensión Eva da túa infancia?
viernes, octubre 05, 2007
Ahmadou Kourouma
Xa hai un tempo que lin este libro pero hoxe, como moitas veces, lembrei esta historia e non quería esquecer recomendarvos esta lectura. É un relato sobre a vida dun neno soldado, un deses milleiros de nenos que naceron só para coñecer a tortura, a guerra, a marxinación, en definitiva, a morte. Se non fose porrque todo o que conta é verdade parecería mesmo un conto para nenos...¡e que non podamos facer nada para evitar estas traxedias...!
jueves, octubre 04, 2007
OaIster, para atopar todo tipo de recursos na rede.
Vía martinej
miércoles, octubre 03, 2007
Suicidio de André Gorz e a súa compañeira Dorine.
[Foto vía Libération.fr, aproveitade e lede a carta á súa dona ¡ l´amour existe, bien sur !] Pequena lembrança postmortem de Teixeitra Lôpes
Pequena biografia e entrevista a Gorz
Um texto básico
Na súa mensaxe Uxío di que algún xornal encabeza esta nova así: Dos abuelos se suicidan en su casa. ¿que vos parece? Non creo que se nos bote de menos, a verdade...
Marcel Reich-Ranicki, "Mi vida"
martes, octubre 02, 2007
Dalí, ilustrador
lunes, octubre 01, 2007
O muiñeiro ouveador, Arto Paasilinna
Gunnar Huttunen xa quedará no meu arquivo de personaxes heroicos. Coma os outros textos de Paasilinna atopámonos de novo cunha visión ben orixinal da idealizada sociedade finlandesa. Seguen caendo mitos e temos que enfrontarnos con esa desacougante realidade na que a bondade e cruelmente perseguida non só polas institucións senón pola sociedade, por todos. O muiñeiro ouvea para liberarse do insoportable peso da maldade e a marxinación. Hai pouco que falei desta película que tanto ten que ver con este universo de Paasilinna onde os bos son marxinados en cárceres ou psiquiátricos mentres que os individuos máis enaxenados dirixen un sistema tan delirante e perigoso para o home. A lectura desta obra é unha desacougante gargallada que nos deixa cunha penosa sensación de impotencia malia agasallarnos cun final feliz que non deixa de ser un premeditado premio de consolación dun autor que se doe do desconsolado lector. Malia todo, sabemos o verdadeiro final. A imposibilidade de xustiza e comprensión para os que só poden ouvear.
domingo, septiembre 30, 2007
Peralejos ameaza coa publicación do seu propio blog
viernes, septiembre 28, 2007
A rutina de Peralejos (III)
Unha das cousas máis incribles que ten a vida laboral de Peralejos é que a preguiza vaise acumulando, coa mesma facilidade que os hidratos de carbono se transforman en grasas, nunha especie de bonos, que segundo o número de calorías non consumidas poden clasificarse en trienios, quinquenios ou sexenios. Funciona de xeito semellante ao milagre do pan e os peixes, e un bo día aparéceche na nómina un concepto novo de retribución que fará do noso protagonista un dos traballadores máis fachendosos do lugar. A antigüidade ten para Peralejos tanto valor que é o único da especie animal racional ao que non lle importaría que o tempo pasase aínda máis rápido, con tal de ir acumulando bonus.
P.D. Peralejos ameaza con independizarse deste blog. Láiase de ser un incomprendido e me di que está facendo un curso onlain sobre blogs para montar o seu propio chiringuito. Que me vai pasar a factura do curso e que por suposto pensa facelo en horas de traballo. ¡que morro este tio!
jueves, septiembre 27, 2007
Deposicións ao Ensino ¡¡¡ P Á S A O !!!
miércoles, septiembre 26, 2007
¡¡¡ pobre dicionario !!!
Hai moitos, moitos anos, nunha céntrica cafetería da miña Auria tiven a sorte de escoitar un fabuloso diálogo entre dúas adobiadas señoras no que unha delas respostaba...
martes, septiembre 25, 2007
Arte provocativa....¿adiviñas?
Déixovos a adiviña e agardo os vosos comentarios....
lunes, septiembre 24, 2007
Puro Arte, Zhan Huan
domingo, septiembre 23, 2007
José Martínez de Sousa
viernes, septiembre 21, 2007
Pazo de Meirás ¿aínda andamos con estas?

Can sen dono, un dos máis sesudos amigos do blogomillo fai unha estupenda reflexión sobre este odioso asunto que nos lembra que aínda quedan moitas portas por fechar...
Harvey Keitel, espido por favor....
Teño que confesarvos que Harvey Keitel é un dos poucos actores que me cortan a respiración, bueno, moitas veces todo o contrario, como nesta escea de O Piano. Non me puiden resistir a facer a típica procura no sangúguel para facerme con máis imaxes e, claro saín voando co rato ata dar con este blog, no que o seu autor se pregunta pola a misteriosa razón que leva ata seu espazo a tanta xente que busca "fotografías de Harvey Keitel desnudo", (pensei que era unha rareza miña).... foi coma se me pillaran en plena faena, como se tódolos internautas estivesen nese intre ollándome dende as súas pantallas o que me fixo pensar que esta suposta arañeira mundial da triple uvedobre en realidade tamén é unha aldea, global, iso si, onde todos corremos cara algún lugar descoñecido na procura de non sabemos ben o que para finalmente acabar onde lle pete a alguén. Ao que ía, recoméndovos moito este filme tamén pola música, a historia, a paisaxe, a relación entre H.Keytel e H.Hunter... e tamén porque aparecen eses personaxes dos que vos falei hai moi pouco.Non esquezades mandarme tódalas fotos, videos ou calquera outra cousa sobre Harvey Keitel, espido, mellor.
jueves, septiembre 20, 2007
A rutina de Peralejos (II)
A primeira hora (e moitas veces tamén a segunda e a terceira) len o xornal. E neste caso, malia o que pareza, o verbo ten sentido. Os traballadores do mundo real dispoñen como moito de quince ou vinte minutos para o café. Nese tempo só poden ler os titulares, sempre que poidan achegarse o necesario ao afortunado que se fixo co exemplar do bar, con moita sorte, claro. Faime graza cando lembro que no meu traballo anterior só disfrutei deste dereito ao café o primeiro día. Time is gold. A seguinte vez que tiven valor para convidar a unha compañeira olloume tan espantada que para acougala un chisco díxenlle algo así como ¡muller só é un café, non che estou pedindo de saír!. E non houbo café, dende logo.
A hora do café é imperdoable. Calquera ameaza que poña en perigro o exercicio deste ritual, aínda que sexa por causas de forza maior, un furacán por exemplo, provoca no noso Peralejos (léase funcionario e asimilados) un nivel de ansiedade tal (se queredes podedes chamarlle moobing, burnout ou calquera outro anglicismo, que mola máis) que axiña é motivo de baixa médica polo menos durante un mes. Nestes intre de lecer, como o xornal xa está visto e ás veces tamén feita a compra do día, os nosos Peralejos poden adicarse con total comodidade ao seu pracer favorito, rexoubar dos xefes, poñer podres a eses matados que traballan sen parar e a gusto –para eles uns frikis que non respetan os vellos costumes dos seus devanceiros do tempo de Don Mariano, o que fixo o famoso libro con que Leti agasallou ao Felipe- aos do comité de empresa, etcétera. Estas reunións a media xornada adoitan contar coa animación d@ camareir@ do local, que aleccionad@ polo xefe, fará todo o que faga falta para manter contentos e satisfeitos a estes clientes diarios e dispostos a deixar no seu negocio unha boa parte deses cartiños que caen do ceo cada fin de mes.
[CONTINUARÁ]
miércoles, septiembre 19, 2007
¡aVe mArÍA pURÍsima ! (sic) ¡00001101100111! ¡dremialamorhermoso!
¿ ¿ ¿ U N R O S A R I O D I X I T A L ? ? ? Via CódigoCeroCorto e pego, pensando nun futuro concurso tipo:
"Haberá algo máis estúpido que esto"....
Hace 4 días
ROMA (AFP) — La suave voz de una mujer que reza "Ave María, llena eres de gracia" remplazará las míticas letanías religiosas de la iglesias gracias al nuevo rosario digital que acaban de lanzar en Italia.
El aparato, pequeño y con la forma de un 'ratón de ordenador', equipado con altavoces, recita para cada día de la semana los misterios de la Virgen Santísima, seguido de un padrenuestro, tres avemarías y un gloria patri.
Al precio de 29,50 euros, el rosario se vende con estatuas y postales de la Virgen María.
"Hemos vendido en 4 meses 7.000 rosarios en toda Italia", contó a la AFP Ireno Stacchiotto, dirigente de la empresa Prex, especializada en objetos religiosos y con sede en Loreto (centro de Italia), donde se encuentra uno de los santuarios más conocidos de Europa.
"Es un instrumento muy útil para los ancianos y enfermos, ya que pueden recitar el rosario todos los días sin tener que ir a la iglesia", sostiene uno de los vendedores de objetos religiosos que trabaja en una tienda cerca al Vaticano.
"De los 50 aparatos que pedimos, nos quedan sólo dos", dijo.
Prex cuenta con exportar el rosario digital a Francia, Alemania, Polonia, España y Gran Bretaña, pero "el problema es que no hemos encontrado las voces apropiadas", aseguró.
De Blogs e Libros
Convocatoria 25 prazas de auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade de Santiago
martes, septiembre 18, 2007
El paraíso en la otra esquina, Vargas Llosa
Flora Tristán foxe do pracer porque a distrae da noble misión de facer valer os dereitos elementais de mulleres e obreiros. Paul, Koke, non sabe doutra cousa, a súa obra como lle dixera o Holandés Tolo estaba feita co seu falo.
lunes, septiembre 17, 2007
Alguén perdeu o xuizo....
domingo, septiembre 16, 2007
O planeta dos idiotas.
martes, septiembre 11, 2007
A todos os Peralejos....(I)

Toda unha vida para viaxar e adicarse á folganza programada a conciencia. En tempo de traballo, claro. Un non tería gastado tanto papel-cervexa mercando as preguntas do examen para logo esgotarse nas absurdas e cansadas tarefas que calquera matado deses que estudaron para a súa "deposición" como deus manda pode desempeñar de xeito tan doado e submiso. Xa hai tempo que nas oficiñas, despachos, negociados e outras tobeiras ás que se accede por "deposición", están cheas de mediocres fracasados que non poderían nunca acceder pola porta dianteira a un bocado da saborosa oferta pública de emprego. De non existir o sistema do butrón, nin pensar na posibilidade de manter unha familia, pagar a universidade dos fillos, facerse unha chabola no campo ou coñecer eses lugares marabillosos que saen nas súas series preferidas tipo "illa dos famosos", "supervivientes", etc. Non, estes non puxeron de saldo a pouca conciencia que lles quedou como patrimonio intelectual da época universitaria, para logo suar a gota gorda. E véndense a cualquera coa única condición de que estén arriba repartindo postos vitalicios. Logo, adoptan o ideario -incompleto, por suposto, tampouco se van inmolar- de asociaciones marcadamente "progres". ¿como desconfiar dun nacionalista que ven traballar con esas camisetas reveindicativas de noso máis profundo acervo cultural? ¿como desconfiar dunha feminista que viste e calza de cor lila e decora as súas lapelas con todas esas chapas multicolores que acreditan unha puntual asistencia a tódalas las "manifas" existentes? ¿e esoutro que arranxa os problemas do ordenador a unha velocidade de vértigo? ¿como imos pensar mal de xente tan reveindicativa, solidaria, e ata anarquista con tarxeta? Satisfaceme moito criticalos no medio dunha incomprensión xeral que ten unha explicación tan doada como repugnante. É un intento desesperado para que xa se vaian decatando de que non xogo na súa división. Un día na rutina de traballo desta privilegiada caste de lacazáns con título e pedigree é para deixar pampo ao máis espelido. No me estraña nada que estes figurantes sexan tantas veces o obxectivo da maioría dos caricaturistas e debuxantes dos bandas deseñadas máis cómicas dos nosos medios. Non vou escribir máis por hoxe, que ben sei o que aburre a letra impresa a estes elementos e quero que me lean a fondo. Imos deixalo por hoxe que tempo haberá para espelirse logo dun carnaval onde o máis pailoco disfrazado de técnico tenta explicarnos a lei da relatividade.
viernes, septiembre 07, 2007
La preservación de recursos digitales, de Alice Keefer y Núria Gallart.
O tema da preservación (ou conservación, mellor) en xeral xa é importante de por sí porque se está a falar nada máis e nada menos que do dereito á memoria das xeracións futuras. Se temos en conta que a maioría da información e ata a documentación que garante os nosos dereitos (tódolos documentos oficiais, nada menos) está a piques de transferirse na súa totalidade a este soporte tan virtual como e efímero que é a dixitalización, non podemos estar tranquilos tal como se están a facer as cousas. A dixitalización malia as súas vantaxes, pode convertirse nada máis e nada menos, (chamádeme apocalíptica se queredes) nese botón vermello que de súpeto faga desaparecer completamente a memoria colectiva a nivel planetario. Si, certo, parece ciencia ficción, pero xa sabedes tamén do retrasado que vai este xénero con respecto á realidade, á realidade real, quero dicir.
Infame titular de El País
Las guerras en el país africano han causado más de cuatro millones de muertos desde 1994
R. L. / AGENCIAS - Madrid / Masisi - 06/09/2007
¿que é o máis aterrador desta noticia?
¿a perversión de poñer as vidas en letra pequena e o material dos móviles en caracteres xigantes?
¿que os periodistas que temos o son porque acadaron a súa titulación mercando os traballos na web, segundo un artigo do mesmo xornal no mesmo día?
Eu neste tema estou coa Regás, ¡hai que quitarse da prensa escrita pero xa!

