jueves, septiembre 20, 2007

A rutina de Peralejos (II)

A RUTINA DE PERALEJOS

A primeira hora (e moitas veces tamén a segunda e a terceira) len o xornal. E neste caso, malia o que pareza, o verbo ten sentido. Os traballadores do mundo real dispoñen como moito de quince ou vinte minutos para o café. Nese tempo só poden ler os titulares, sempre que poidan achegarse o necesario ao afortunado que se fixo co exemplar do bar, con moita sorte, claro. Faime graza cando lembro que no meu traballo anterior só disfrutei deste dereito ao café o primeiro día. Time is gold. A seguinte vez que tiven valor para convidar a unha compañeira olloume tan espantada que para acougala un chisco díxenlle algo así como ¡muller só é un café, non che estou pedindo de saír!. E non houbo café, dende logo.




A hora do café é imperdoable. Calquera ameaza que poña en perigro o exercicio deste ritual, aínda que sexa por causas de forza maior, un furacán por exemplo, provoca no noso Peralejos (léase funcionario e asimilados) un nivel de ansiedade tal (se queredes podedes chamarlle moobing, burnout ou calquera outro anglicismo, que mola máis) que axiña é motivo de baixa médica polo menos durante un mes. Nestes intre de lecer, como o xornal xa está visto e ás veces tamén feita a compra do día, os nosos Peralejos poden adicarse con total comodidade ao seu pracer favorito, rexoubar dos xefes, poñer podres a eses matados que traballan sen parar e a gusto –para eles uns frikis que non respetan os vellos costumes dos seus devanceiros do tempo de Don Mariano, o que fixo o famoso libro con que Leti agasallou ao Felipe- aos do comité de empresa, etcétera. Estas reunións a media xornada adoitan contar coa animación d@ camareir@ do local, que aleccionad@ polo xefe, fará todo o que faga falta para manter contentos e satisfeitos a estes clientes diarios e dispostos a deixar no seu negocio unha boa parte deses cartiños que caen do ceo cada fin de mes.
[CONTINUARÁ]

Libro recomendado....

3 comentarios:

Anónimo dijo...

deixa a peralejos tranquilo que sin el non podemos vivir

Ana Bande dijo...

¿como? Pero se esto só é o principio da serie...¡que va! Peralejos é o heroe dos nosos tempos...

Anónimo dijo...

Ti tamén queres ser unha Peralejas. Non enganas.