viernes, septiembre 28, 2007

A rutina de Peralejos (III)

A RUTINA DE PERALEJOS (III)

Moitas veces, segundo Peralejos, a mañá non da para nada, e cando volven do café xa nin compensa prender o ordenador ¡total por media hora que queda para saír! Logo de pensar un chisco sobre este complexo dilema decide iniciar a sesión empurrado pola irresistible chamada dese maravilloso mundo virtual que sempre os atende de pernas (sic) chips abertos, o santísimo Google onde sempre aparecen respostas ás súas máis peregrinas procuras, as ofertas do Lidl, a web de IKEA, o recetario de Karlos Arguiñano, as mellores rutas de senderismo, as casas ruraiss máis fermosas e baratas do mundo mundial, unha chea de webs de viaxes “loft cost”, as taquillas electrónicas onde procuran a súa dose cultural e social, e tamén eses “sites” que lles alixeiran as conciencias tipo, “florilegio AND mulleres AND historia”, “decreto AN uso AND galego”, ou calquera curso de formación on-line para adobiar un pouco o seu historial de búsquedas.
Unha das cousas máis incribles que ten a vida laboral de Peralejos é que a preguiza vaise acumulando, coa mesma facilidade que os hidratos de carbono se transforman en grasas, nunha especie de bonos, que segundo o número de calorías non consumidas poden clasificarse en trienios, quinquenios ou sexenios. Funciona de xeito semellante ao milagre do pan e os peixes, e un bo día aparéceche na nómina un concepto novo de retribución que fará do noso protagonista un dos traballadores máis fachendosos do lugar. A antigüidade ten para Peralejos tanto valor que é o único da especie animal racional ao que non lle importaría que o tempo pasase aínda máis rápido, con tal de ir acumulando bonus.

P.D. Peralejos ameaza con independizarse deste blog. Láiase de ser un incomprendido e me di que está facendo un curso onlain sobre blogs para montar o seu propio chiringuito. Que me vai pasar a factura do curso e que por suposto pensa facelo en horas de traballo. ¡que morro este tio!

1 comentario:

Anónimo dijo...

"low cost". Pero de tódolos xeitos, mellor se pos "baixo custo" (ou coste, tampouco hai que ser máis torquemadistas que o Torquemada) e evita o anglicismo. Claro que os Peralejos falan inglix, así que se supón que é unha especie de estilo indirecto...
En fin: low cost. QUé difícil é ser censor/corrector