Hai uns días con motivo do curso de Xestión de Proxectos de Tradución falou José Martínez de Sousa. Unha sorte escoitar a este mestre que conserva a antiga e rara virtude de falar tan sinxela como sabiamente. Pasei unha hora divertidísima oindo falar de ortografía, correccións de estilo, galeradas e edicións. E que cando un sabe tanto e ademáis ten esta virtude de divertir ao público, o Diccionario Panhispánico de Dudas ou a sin par R.A.E. podeN ser personaxeS tan atractivoS como calquera heroe da nosa máis sobranceira literatura fantástica. Espero que a organizacion dea recollido a súa exposición e nos agasalle coa posibilidade de poder conservar esta gozosísima conferencia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario