Onte MJF amosoume abraiada e sen verbas con que comentar esta desfeita, esta penosa imaxe. De súpeto lembreime da imaxe final da película, como para non ser apocalíptica amigo Colodroni.
Unha morna mañán de outono decidiron marcharse; houbo quen falou de fuxida, de vinganza. Non penso tal; estaban no seu dereito. Fartos de nós, de atender ás nosas caras de paifocos, de tentar mergullarse nos nosos ollos opacos, fartos de mirar e non ver nada, marcharon. Amodiño, foron recollendo as súas cousas, e pasiño a pasiño tomaron dirección á rúa, baixaron ás escaleiras, chanzo a chanzo, e perdéronse na multitude. Houbo quen quedou chorando vindo cómo marchaban, topenexando entre si. A quén falarei agora, quén me atenderá, quén me dará as boas noites, quén me dirá o que pasa aí fora. Camiñaron rúa abaixo, xuntándose con outros que saían doutras casas, grandes, pequenos, e ían falando entre eles botando gargalladas a conta dos donos a quen abandonaran. Chegaron ó final da cidade e, sen saber qué facer, tomaron o camiño da costa, e baixaron á praia, e pasiño a pasiño achegáronse á beira e afundíronse no mar.
2 comentarios:

Gustoume. Non máis surrealista que a imaxe por certo.
Publicar un comentario