miércoles, septiembre 26, 2007

¡¡¡ pobre dicionario !!!

Post adicado ao meu benquerido Torquemada dela ortografía

Hai moitos, moitos anos, nunha céntrica cafetería da miña Auria tiven a sorte de escoitar un fabuloso diálogo entre dúas adobiadas señoras no que unha delas respostaba...


- Bueno hija, te dejo, que a las siete y media llega mi hija en el hierrocarril.....


Na súa teima por eliminar calquera resto desa lingua vulgar que falaban os paletos decidiu que eso de "ferrocarril" era unha verba galega.....¡señor!

Aproveito para recomendarvos estas fenomenales patadas ao dicionario

PD. SOLUCIÓN á adiviña do anterior post:Tratábase dun espello con pingas de esperma a xeito de crítica fronte o sexo demasiado explícito, penso...

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu lembro unha tamén escoitada na rúa entre dous individuos duns 50 anos falando de enfermidades, médicos,... e aínda que máis ben responda a certo grado de incultura resulta cando menos curiosa a sustitución de palabros:

"Bueno, voume que teño que tomar unhas cláusulas "

Anónimo dijo...

Buen chorno.

Anónimo dijo...

Y por encima le dedica un post. Encima que le critica con esa suficiencia apagullante. A veces uno no sabe lo que decir

Anónimo dijo...

¿ApaGullante? ¡A la hoguera!

Anónimo dijo...

E que me dicides daquel pobre home que tiña un fillo "drogadiño" que lle morreu por "dobledosis"...? coitado dél!

SurOeste dijo...

Mondo bruto: unha veciña contábanos que os sofás que comprou eran dunha tea especial para evitar manchas "que no te observa nada", claro que era a mesma que me aconsellou que para os bebés eran moi prácticos "los bodrios esos que hai ahora, no sabes nena?, que no se te descamisan nada. Ela sempre á última, claro, e os demais aprendendo.

Ana Bande dijo...

A ORTOGRAFÍA É BOA PARA A SAÚDE:

Este é un caso verídico, como dicía aquel ilustre cómico catalán, contoume a anécdota unha amiga médica

Un bo día chégalle á consulta un home xa entrado en anos cun grande bulto entre as cellas en cando lle preguntou pola causa o home díxolle

-E que a ultima vez que viñen o médico mandoume poñer esto "entre ceja y ceja"
-?????
NA CAIXA (ERAN INXECCIÓNS) POÑÍA "ENTRE CAJA Y CAJA"

Marcos Valcárcel López dijo...

O certo é que, nun contexto de interconexión de linguas (galego/castelán), moitos dos que renegan do galego por pura diglosia rematan caíndo en esperpentos semellantes. E diso fai riso abondo o personaxe da señora de Palmírez no Luar ou moitos dos chistes do Carrabouxo (X.Lois González): pero o triste é que hai moita xente que de verdade fala así.

R.R. dijo...

Certo, na Coruña ata temos (ou tiñamos) un idioma propio baseado niso e na mestura coa linguaxe do cárcere...

bouzafria dijo...

Confésome culpable dun erro- aínda que non escrito. Durante moitos anos pensei que o veciño da casa da aldea chamábase Mero, como os peixes. Supoño que era debido a que a xente dicía: "vete a casa do Federico e despois a do Mero e pide..."
O certo é que hai un par de anos, examinando uns expedientes de expropiación, entereime que o nome real era o clásico "Homero": nin se me pasara pola cabeza.

Anónimo dijo...

Deste mesmo tipo e chamarlle tamen "loft cost" ao "low cost"

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Pois eu teño uns zapatos mercados no corte inglés que son ignífugos al agua.

Anónimo dijo...

Grazas pola mención ás miñas modestas patadiñas, Ana. ;-)

Saúdos.