Una nueva rebelión en Congo amenaza la extracción de coltan, esencial para los móviles
Las guerras en el país africano han causado más de cuatro millones de muertos desde 1994
R. L. / AGENCIAS - Madrid / Masisi - 06/09/2007
¿que é o máis aterrador desta noticia?
Las guerras en el país africano han causado más de cuatro millones de muertos desde 1994
R. L. / AGENCIAS - Madrid / Masisi - 06/09/2007
¿que é o máis aterrador desta noticia?
¿que o coltan é moito máis importante que os catro millóns de mortos deste país dende 1994?
¿poñer nunha misma frase "rebelión no Congo" e "móviles"?
¿que cada móvil custa uns 1,4585 congoleños?
¿que non foi abondo cos xenocidios cometidos neste continente para sacarlle os dentes e temos que seguir chuchándolles o sangue?
¿a perversión de poñer as vidas en letra pequena e o material dos móviles en caracteres xigantes?
¿que os periodistas que temos o son porque acadaron a súa titulación mercando os traballos na web, segundo un artigo do mesmo xornal no mesmo día?
Eu neste tema estou coa Regás, ¡hai que quitarse da prensa escrita pero xa!
4 comentarios:
Escríbese móbil
Señora ou señorita Bande: nesa operación matemática fáltalle dividir o índice de mortos por móbil entre a distancia ó país en cuestión e obterá o índice de aprecio que temos en Occidente polos mortos dos países dos terceiro, cuarto, quinto et alia mundi.
Sobre o dos periodistas, muller, hai de todo. Eu considero saludable (ou saúdabel, que diría o noso utilisimo Torquemada de la -normativamente "da"- ortografía) non ler prensa, así, en xeral. Pero non deixo de caer na tentación. Élle a rutina. E si, ás veces, qué noxo. Explícase moi ben o conto este das desigualdades nestoutra noticia de sinxelo parrafazo:
http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2007/09/07/00031189184425727542.htm
¿Non queda clarito? Pois iso.
Saúdos.
http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2007/09/07/00031189184425727542.htm
Volvo poñelo porque arriba non se ve e cito o parrafazo en cuestión: "Los ricos viven 30 años más".
Bico.
o do coltán ven de lonxe. Eu hai pouco fixe un post sobre como occidente mira cara africa so cando o asunto é do seu interese, daquela a conservación dos gorilas
Publicar un comentario