no mesmo segundo no que o primeiro técnico de calidade mandou parar a producción para explicarlle ao traballador que levaba corenta anos facendo parafusos como fabricar parafusos segundo un puto diagrama de fluxos que el mesmo debuxara logo de facer un curso intensivo de pouerpoin.
Foto: unha bonita tarde en Pontevedra
1 comentario:
E o traballador contestoulle que non lle viñese con diagramas, que o que pasaba era que aproveitaba a coxuntura para parar a produción dunha industria pertencente a un sector maduro e que el ben sabía o que lles pasaba aos sectores maduros, que lera no libro de texto dun fillo seu que ía facer a selectividade ese ano e que, polo tanto, o parafuso –o último parafuso da fábrica aquela– podía enroscalo onde quixese que xa, total, que máis daba.
Publicar un comentario