viernes, mayo 04, 2007

Mazen Kerbaj, o libro

Por fin o meu alter ego de carne e oso, a Ana B. Bande terrenal agasalloume co libro que lle pedín hai tempo. Magnífica ocasión para lembrar outra vez miña descoberta máis sobranceira na rede naqueles días terroríficos do pasado verán, o blog de Mazen, do que xa vos falei abondo. Mercar este libro, para min, ten moito máis sentido que apadriñar un neno, por exemplo, e non se me asusten os defensores das ONG e accións altruistas en xeral. O que pasa que non acredito nesa fórmula e venme á cabeza o despacho dun empresario ricachón que ten unha cafetería no meu barrio no que se ve dende a beirarrúa alomenos unhas vinte fotos enmarcadas en prata de nenos de razas diferentes, unha estratexia de marketing tan penosa como aquela das mesas petitorias onde as requintadas señoras máis ricas do barrio pedían (perdón, piden) para os negriños de África. Mercar este libro é darlle folgos a este home de sorriso amable para que continue disparando cua súa trompeta e o seu lápis. E se ademáis o dou a coñecer aos dez ou quince que sei que me visitan a diario non é pouco pedir neste tempo no que da prensa só imos ao autodefinido e ás viñetas de Forges (e menos mal) pasando xa sen pararnos nos titulares que nos informan dos mortos do día no Irak, etc, etc. Pódese mercar aquí.
Empregando as técnicas máis modernas de marketin direivos que outros blogomilleiros xa o mercaron.

jueves, mayo 03, 2007

Un post para as miñas teenagers... en especial para Miriam.


Este post vai para Miriam, unha amiga de Alma que segundo parece ten uns gustos musicais moi atinados. Pois para vós aí van unhas ligazóns a xeito de semente para ver se agroma nun grupiño de fans de tineillers deste meu humilde espazo virtual. Xa sei que non vou competir cos vosos flamantes fotologs pero un minutiño á semana ven mo podíades adicar ¿ei ruliñas?

Marcos Couso "Sokram", o seu fotolog.
O grupo vigués ECTOPLASMA ten unha boa web.
Subacuática é un espazo adicado ao graffiti, neste espazo coñecín ao Nanno, o noso grafiteiro vigués. Esto vai para algunha de vós que se está decidindo a facer belas artes....ejem...
Outro día se vos portades ben e vexo o comentarios vosos vos poño máis e mellor. Bicos.

miércoles, mayo 02, 2007

Spam de Francisco Castro



Xa se falou abondo sobre esta novela de Francisco Castro mais a min chegoume o momento da súa lectura esta derradeira ponte. O principal pois, xa está dito, a atmósfera claustrofóbica, a obsesión dos empresarios por controlar a vida dos empregados, as eivas da comunicación no momento de maior desenvolvemento das famosas TICs, a despersonalización e deshumanización no que nos queren convertir esas intranets empresariais que só serven para que algún aspirante a executivo presuma de listo. De tódolos temas o máis atroz quizais sexa a soedade na que viven os máis sumisos ao sistema, que xa só poden comunicarse mediante tecnoloxías que agachen calquera signo de sensibilidade. O que realmente nos afoga é atopármonos representados neses personaxes, ¿quen de nós no se recoñece nun velosojaneiro, ares carballeira ou nun sanchezvillalta? Persoalmente eu tamén son víctima dunha intranet empresarial e o meu Gómez, que tamén o teño, tamén me asignou o meu nome de empresa. No meu caso eu fun durante un tempo abande, ata que mudei ese nome polo de ulises, que é o do meu gato. E teño que dicir que ao artistiña da intranet, o noso Gómez, non lle fixo nin pizca de gracia este cambio de modo que fuchicou un pouco nos códigos e agora xa ninguén pode cambiar o seu nomenaempresa. No estilo recoñécese moito o xeito de Saramago, pero tamén están Auster -a mesma claustrofobia deste relato atópase en Viaxes no Scriptorium, e tamén está ese desacougo que segue á lectura de Orwell.

domingo, abril 29, 2007

Nosa Señora da Ascención....a motor

Velaquí o resultado da fusión do sagrado e o profano, a ciencia e a fe, o espiritual mundo das ideas e o prosaico da tecnoloxía fundidos nunha obra de imaxinería cando menos...curiosa...as vilas e rúas portuguesas sempre nos sorprenden. A foto fíxena onte nunha capela financiada polos motoristas portugueses que se atopa na Montaña da Penha.
Guimaraes, guimaraesturismo

jueves, abril 26, 2007

Plataforma de Calixto Bieito

Tachamos a Houellebecq de provocador porque nos esperta violentamente da ficción xerada por un sistema autodestructivo que disfraza de felicidade as prácticas máis perversas. Non somos quen de soportar que nos vomiten na cara unhas cantas verdades que voluntariamente rexeitamos en aras da pacotilla e do abelorio. Nunha escea o alter ego do novelista espétalle unha labazada á boneca inchable na que nos convertemos, primeiro deixándonos engaiolar polos fogos de artificio do sistema para de contado inmolarnos ao aciago demiurgo do economicismo. O drama acentúase cando nos decatamos da imposibilidade de desfacer o camiño, non hai unha segunda oportunidade. O paraíso prometido no libro sagrado -a Tailandia da guía Trotamundos- agora é un mortífero campo de batalla na que as víctimas dunha depredación milenaria sacrifícanse para botar ao monstro invasor que lle chuchou o sangue e a indentidade (a novela foi escrita antes do 11/9 e posteriores barbaridades). A Plataforma de Calixto Bieito complementa á novela cunha montaxe espectacular. O Michel do texto é un personaxe moito máis frío deste que fala pola boca do xenial Echanove, pero igual de atormentado. Recoñecemos tamén a Valérie moi ben traducida por Marta Domingo. Belén Fabra é Marylise a muller que permanece espida durante toda a función e que representa o mundo no que se desenvolve a historia principal, é ao tempo poesía e prostituta, amor e violación, vida e morte. É un manequín de Schulz.
Eu non diría que a representación pode ferir sensibilidades por mor de esceas con sexo explícito senón pola violencia que emprega para espertarnos dun infernal estado autoinduido de gregarismo e sumisión.

O canon bibliotecario ou "o que queira ler que o pague ben caro"














¿Se quiere fomentar la lectura? ¿Europa prefiere autores más ricos pero menos leídos? Personalmente prefiero que me lean y soy yo quien se siente deudor con la labor bibliotecaria en la difusión de mi obra. Sépanlo quienes, sin preguntarme, pretenden defender mis intereses de autor cargándose a las bibliotecas. He firmado en contra de esa medida en diferentes ocasiones y me uno nuevamente a la campaña. (J.L.Sampedro)

¡NO AL PRÉSTAMO DE PAGO EN BIBLIOTECAS!”

"No sólo de pan vive el hombre. Yo, si tuviera hambre y estuviera desvalido en la calle no pediría un pan; sino que pediría medio pan y un libro. Y yo ataco aquí violentamente a los que solamente hablan de reinvindicaciones económicas sin nombrar jamás las reivindicaciones culturales que es lo que los pueblos piden a gritos. Bien está que todos los hombres coman, pero que todos los hombres sepan. Que gocen todos los frutos del espíritu humano porque lo contrario es convertirlos en máquinas al servicio del estado, es convertirlos en esclavos de una terrible organización social."

Federico García Lorca. Fragmento del discurso pronunciado con motivo de la inauguración de la Biblioteca de Fuentevaqueros

¡NO AL PRÉSTAMO DE PAGO EN LAS BIBLIOTECAS!

Contra o canon do pago por préstamo de libros: http://noalprestamodepago.org/
Vos recomendo este artigo de Pepe Cervera e este de Manolo Bragado, e o blog de Víctor Macías, e o blog Addenda&Corrigenda, Manifesto de profesores universitarios contra o canon...

miércoles, abril 25, 2007

O soño da vaca namorada....



Veño de contar no Contasoños o xa famoso pesadelo dunha vaca madrileña que se namorara de min. Sen comentarios...
Aproveito para reflexionar sobre esto.

[Adicado a Susana C. para que soñe comigo]

martes, abril 24, 2007

lunes, abril 23, 2007

Dia do libro e aniversario

Teño a sorte de celebrar o meu aniversario nun día tan significiativo coma este porque no canto de pensar nos anos que me van caendo enriba paso o día mirando novedades bibliográficas, visitando librerías aínda que sexan virtuais e lendo as páxinas culturais dalgún xornal que se lembra deste día. Ata hai pouco lamentaba profundamente ter que vivir nesta cidade porque se ben todo o ano ten un comportamento diferente a calquera outra das que eu vivín, os 23 de abril, cando caía en domingo, os lembro como unha procura desesperada dunha librería aberta que organizase algún evento acaído ao seu producto estrela, ou algún outro acto que me permitise pasar o día remexento anaqueis. Pois non, nada de nada, tiña que voltar para casa de baleiro e ollar con envexa o ben que o pasaban os cataláns co seu Sant Jordi. Que lle imos facer, estamos nunha cidade moderna e contemporánea. Hoxendía están máis de moda os macroeventos culturais e seica temos oportunidades abondo para pasar o día disfrutando de libros e lecturas (???). Eu xa non preciso. Agora teño este meu espazo e outros currunchos nos que participo onde se fala de boas lecturas e prefiro pasar o día navegando por estes mares.

sábado, abril 21, 2007

Bruno Schulz.

Bruno Schulz é un deses raros, nos que a literatura só é o camiño para chegar a lugares que moitas veces non desexariamos coñecer. Poucas veces a anguria de vivir se traslada ao texto con esta impresionante viveza. Os verbos imprimen accións a obxectos inverosímiles cargados de adxectivos que non corresponden a esa realidade coñecida e anodina que se nos presenta a cotío. A lingua parece que non fala pola súa boca o seu propio idioma pero a lectura de calquera dos seus textos acaba sacudíndonos e logo comprendemos esa mirada do autor que se autorretrata en debuxos coma este. Aí está case todo tamén, a distancia coa que ve o que ocorre ao seu redor, a desconfianza dunha (nova) realidade que non comprende, o descubrimento da verdade máis alá do que se ve cunha ollada simple, o medo e ata o terror de descubrir o outro lado do espello.
As súas obras pentencen a unha época de profundo cambio onde se tiñan que deixar atrás unhs modos de vida e uns valores que xa non cotizaban nun mundo que se estaba a incorporar nun modelo de producción baseado na economía da caducidade e a volatilidade, no que por outra parte, aínda vivimos.

Aquí vos deixo un texto:
"Nosotros no aspiramos -decía-, a obras de largo aliento, a seres duraderos. Nuestras criaturas no serán héroes de novels de muchos volúmenes. Sus papeles serán cortos, lapidarios, sus caracgteres sin profundidad. En ocasiones unicamente los llamaremos a la vida para que ejecuten un solo gesto o pronuncien una sola palabra. Lo admitimos abiertamente: no insistiremos en la duración o en la solidez de la ejecución, y nuestras criaturas serán casi provisionales, hechas para no servir más que una vez. Si fuesen seres humanos les daremos, por ejemplo, la mitad del rostro, una pierna, una mano, la que le srá necesaria para su papel. Sería pedante preocuparse por la otra -innecesaria-pierna. Por detrás podría, simplemente, hacerse un hilván o pintarlos de blanco. Nosotros pondremos toda nuestra ambición en este soberbio lema: un actor para
cada gesto. Pra cada palabra, para cada acción, llamaremos a la vida a una diferente criatura humana. Tal es nuestro antojo, y ese será un mundo concebido a nuestro gusto. El Demiurgo amaba los materiales refinados, soberbios y complicados; nosotros damos preferencia a la pacotilla. Sencillamente estamos seducidos, cautivados por la baratija, la fruslería y la pacotilla. ¿Comprendeis -preguntaba mi padre- el profundo sentido de esa debilidad, de esa pasión por los trozos de papel de colores, por el papier mâché, por la laca, la estopa y el serrín?. Ese es -cotinuó con una dolorosa sonrisa- nuestro amor por la materia en sí, por lo que ésta tiene de moldeable y poroso, por su ineluctable consistencia mística. El Demiurgo, ese gran señor y artista, hace la materia invisible al hacerla desaparecer bajo los ojos de la vida; nosotros, al contrario, amamos sus disonancias, sus resistencias, su torpeza de golem. Nos gusta ver en cada uno de sus gestos, en cada uno de sus movimientos, su pesado esfuerzo, su inercia y su dulce torpeza.
[Las tiendas de la canela fina. Maldoror, 2003]


Gombrowicz dixo de Schulz "Era un hombre que se negaba a sí mismo... Un gnomo minúsculo, macrocéfalo, demasiado timorato para osar existir, había sido expulsado de la vida, se desarrollaba al margen".

Obras:
El libro idólatra
El sanatorio de la clepsidra
La república de los sueños
Las tiendas de la canela fina



Interesante artículo de Mónica Keska sobre la adaptación de Schulz al cine
Bruno Schulz
Bruno Schulz. El mesías que nunca llegó a Drohobycz.por Mercedes Monmany

(Para Asia e Anna, dúas rapazas polacas moi dignas da literatura do seu país...)

miércoles, abril 18, 2007

A educación sentimental...en Virxinia (USA) por exemplo.



O auténtico terror. Ver o que son quen de facer as xeracións de rapaces perfectamente adestrados nas tecnoloxías máis avanzadas de violencia. Terror ver a tantos pequenos enganchados a estes ¿xogos? nos que se aprende a matar haitianos, por exemplo. As demandas
que teñen presentado os pais das víctimas (¡que curioso, o de víctima é xa un colectivo consolidado nas nosas latitudes!) non molestan a unha poderosísima industria ¿do ocio? que está a formar aos encargados da aniquilación da especie e que xa están facendo das súas repartidos polo ancho mundo ¿que precisa reflexionar sobre todo esto? Eu voume conectar á miña Play que tamén a teño, aínda que só para ver deuvedés de cine clásico para embrutecerme.
Máis información: Blog de Bryce, estudante da U.Virginia.

jueves, abril 12, 2007

Vouvos contar un secreto...e un soño.

[Foto: Arume]
Teño que confesarvos que ás veces fago uso dos vosos espazos para insertar algunha deposición (que diría o meu amigo can sen dono) que por algún motivo non vexo moi acaída para este meu espazo. Foi o caso deste soño, que metín hai uns días nun comentario de contasoños, un blog que vos recomendo, e que veñen de publicar. A foto que nos achega Arume da súa viaxe a Viena tivo a culpa porque nada máis vela púxenme a escribir ao momento. Pos aí vai o soño.

Devecía por viaxar a Exipto e a oportunidade cheogou aínda que fose nun soño. Alí estaba eu no medio e medio do amarelo, do verde e do azul. Os ollos xa os tiña do color da arenisca e tódolos días a todas horas sentía o meu corazón tremendo coa mesma emoción que xa sentira cando puxen o pé no asfalto do aeroporto. Tiña moito que facer aquí e eran poucos os días, pero de todas as marabillas a máis importante para min, aínda sen saber o motivo, era baixar o Nilo nunha faluca coa súa enorme vela. O soño ata aquí parece unha experiencia pracenteira pero aínda que non o creades tratouse dun verdadeiro pesadelo porque malia os meus esforzos os días pasaban e non atopaba xeito de facer realidade o meu desexo. Cada mañá saía máis cedo do hotel co firme propósito de chegar a tempo de pillar unha praza pero en canto me achegaba ao peirao, enormes ringleiras de turistas facíanme desistir e aproveitar o día noutra actividade. E así un día e outro, e cada hora que pasaba a miña anguria crecía e xa non había momia, papiro, pirámide ou paisaxe que me quitase da cabeza o paseo en faluca. Chegou o último día e tiña que tomar unha determinación. Entón decidín camiñar ata o embarcadoiro máis próximo e durmir alí mesmo. Quedei durmida sentada nunha escaleira que se perdía na auga do Nilo e pouco a pouco o balbordo e os empurróns da xente fixéronme acordar de súpeto. Xa non vía a auga entre os milleiros de cabezas que corrían cara a faluca e entón decidín abrirme paso empurrando eu tamén ata que albisquei o que eu naquel intre pensaba que era a punta do velame da faluca. Cada centímetro que avanzaba aquel velame trocábase nunha forma misteriosa ata que cheguei ao derradeiro chanzo. As xentes entolecidas tirábanse á auga para chegar ata EL. A faluca non era tal. Era un enorme sarcófago flotante cun falo duns cincuenta metros de altura que atraía poderosamente a tódolos turistas que devecían por chegar a él como se lles fora a vida no asunto. Malia os empurróns e os berros quedei rezagada ollando o espectáculo e tratando de asimilar o significado da escea.

(Da foto o único que habería que mudar son as dimensións da "vela").


martes, abril 10, 2007

Saudar a vida de Xavier Seoane. Un ensaio poético.

Saudar a vida de Xavier Seoane é un deses textos que parece que levas agardando dende hai moito, por necesario. O desprezo pola cultura ensáñase a cotío coas humanidades, Saturno segue a engulir aos seus fillos e xa era tempo de que alguén, e ademáis da casa, falara alto e claro. Nunca me considerei con aptitudes para a docencia porque perdo a paciencia doadamente cando hai que explicar as cousas máis sinxelas que xa terían que vir dadas polo menos común dos sentidos. Mais afortunadamente Xavier Seoane amosa unha grande capacidade como mestre lembrándonos a necesidade dunha volta a esa racionalidade da que facemos gala os europeos malia ter esquecido con tanta facilidade a cultura clásica e as bases do noso pensamento. A crítica ás humanidades ven de lonxe, porque tampouco é novo o sistema de alienación que se basea na formación como ferramenta para a creación de individuos acríticos e sumisos que simplemente participen como "consumidores" na Sociedade do Coñecemento (somos a cultura do oxímoron ¿ou non?). A tradicional división de Ciencias da Natureza / Ciencias Humanas, ou en versión máis vulgar Ciencias / Letras é unha vella construcción que ten estragado o desenvolvemento e nos ten achegado a este perigoso estado de constante ameaza de extinción da propia especie. Un ensaio poético, co que X. Seoane inaugura un novo xénero. A forma tamén ao servizo da idea porque así como unha rosa posúe tanta beleza no campo como vista cun microscpio, este libro tamén ten a grandeza e a beleza dun bo ensaio e un bo poema. Lectura obrigada.

lunes, abril 09, 2007

Mmmmmmúsica!

Mágoa que rematara a semana de paixón sen respostar a tempo á suxerente e acaída proposta de Harvey [et. al.] que veño de recibír vía R.R. Vou a ver se racho un pouco con esa imaxe de blog serio que me atribúen as boas línguas. Música para follar....un bo tema e ademáis estes días fai reflexionar sobre as rotundas diferencias entre a idea de pracer que temos . Pero este é outro tema. Música para follar... hai polvos musicais que xa non son quen de lembrar... e outros que xa me gustaría, pero no relacionado coa música recomendable para poñerse á tarefa si que podo dicir algo coa inestimable axuda do meu performance preferido.
  • Case toda a música francesa dos 70 te leva directamente ao rincón máis oscuro, eu non esquecerei nunca o clásico "Je t´aime mais non plus" que sonaba no oitocentos cincuenta tódolos domingos de moitos veráns. Aquelas suspiros de Jane Birkin e Serge Gainsbourg xa se nos quedaron aí para sempre. Fixéronse moitas versións, como esta de placebo pero a sensualidade daquela non a acadou ningunha.
  • Un pouco máis tarde non estaba mal ver e escoitar ao fermosísimo e sensual Chris Isaak.

  • Dos vellos roqueiros aquí vos deixo duas xoias. De Roy Orbison calquera tema é bo para poñerse romántico escoitando a mellor música, pero este vídeo ademais ten sorpresa, haber se adiviñades os que están tocando co Rey. Aquí vai o famoso Pretty Woman de verdade...uf!!!!

  • Outro un pouco máis tolo...M E A T L O A F .... remataba moitas actuacións verdadeiramente apaixoado....¡¡¡¡disfrutade!!!!! ¡hmmmmmmmmmmm.....! ¿pero quen é esa rapaza morena....?

  • Joe Cocker, imprescindible, ... ¡para quedar só co chapeu, certo!

  • En streap teasi masculino aínda non atopei nada mellor ca esto ... o Robin e do "máis completo" ¿non si?

¡¡¡que disfrutedes!!!


miércoles, abril 04, 2007

Micah P.HInson no Campus de Vigo



Escoitade e mirade este precioso vídeo se aínda non coñecedes a Macaipí. Estará no Campus da Universidade de Vigo o día 11 de abril ás 19:00 horas. Para non perdelo.

Micah P.Hinson en MySpace

martes, abril 03, 2007

Serendipia. Nova revista galega de comunicación e cultura.

Texto publicado en A Peneira.
A editorial Dardo DS, con sede en Santiago, inicia un novo proxecto literario coa revista galega de comunicación e cultura Serendipia, recén presentada en Compostela. Trátase dunha publicación bimestral bilingüe que aborda "con independencia e pluraridade de opinións" a realidade cultural galega, segundo explicou o seu director, o xornalista Xoan Barro, coñecido locutor dos informativos territoriais de Televisión Española é "rescatado" así polo seu fillo David, responsable da editorial.Segundo Barro o proxecto nace dunha "necesidade individual e colectiva", por unha banda, de que existan "publicacións independentes", e por outra, "loitar contra o silencio intelectual".Cun coidado deseño gráfico e con colaboracións de xornalistas como Xosé Hermida, Luisa Castro, Luis Vázquez-Pena, Sonia Vizoso ou Pablo G. Quintas, Serendipia conta ademais coa participación de artistas como Fran Herbello, poetas como Daniel Salgado, arquitectos, como Xerardo Estévez, ou críticos de arte e literatura como Alberto Ruiz de Samaniego ou Dolores Vilavedra, entre outros.Deste Xeito, a nova revista "procurará o debate" ao tempo que "une sectores da cultura e idiomas" presentes na comunidade galega, segundo explicou David Barro. Este primeiro número terá unha tirada de 5.000 exemplares que serán distribuídos por kioscos e librerías, dirixidos principalmente a un público "maior de 25 anos que busca algo diferente".
Veño de botar unha ollada ao exemplar que deixou agora mesmo un mozo na biblioteca (que me pareceu por certo David Barro) e paga a pensa seguir a pista desta revista.

lunes, abril 02, 2007

A ponte sobre o Drina, de Ivo Andric











¿existiu realmente a kasaba de Visegrad coa sua charsia? ¿e a barca de Visegrad e Jamak o barqueiro? ¿e Abidaga, o terríbel enviado especial do visir para a construcción da ponte? As historias, os personaxes, as lendas, as paisaxes, as liortas, os cantares, as tradicións, a resistencia aos cambios, a tranquilidade dos tempos de paz....a vida da Bosnia profunda dende a Idade Media ata 1914, xusto no momento do estourido que soterrou tódalas esperanzas de millóns de persoas. A ponte, concretamente a súa kapia, é á vez personaxe, narrador, pero sobre todo observador e espectador pasivo do que acontece ao seu redor; dende a ponte, vemos pasar anos de paz e entendemento entre xentes de diversa orixe, raza e crenzas. Nestes tempos a kapia acolle gustosamente ás xentes que se reúnen para contar historias e facer negocios. Pero a ponte tamén asiste as esceas máis crueis dos tempos de guerras. E entón aparécesenos unha ponte ocupada por sórdidas construccións militares, algunhas destinadas aos tormentos máis desgarradores. É a historia dunha parte do mundo que pode ser calquera outra, porque en todas están as lendas, as cancións, os desexos, as mudanzas, as ilusións, a ambición, a crueldade...e en todas partes hai períodos de paz e entendemento que nun intre poden mudar nun terríbel escenario de sangue e crueldade insoportábeis.

"Na kapia, situada entre as nubes, o río e as montañas, de xeración en xeración aprendíase a non chorar mmáis da conta polo que levaban as augas. Alí interiorizaba a xente a inconsciente filosofía da kasaba: a vida é un milagre incomprensíbel, porque se gasta e esfaragulla sen pausa, e aínda así e dura e rexa coma a ponte sobre o Drina".

Traducido por Jairo Dorado Cadilla. Ed.Rinoceronte. Máis información: Wikipedia, Fundación Ivo Andric.

viernes, marzo 30, 2007

A Pita Tola (o bar da LoLó)


Estes días estou tratando de reconciliarme con esta cidade na que xa levo demasiado tempo como para ir desfacendo as maletas. Na procura deses locais para anotar na axenda e levar aos amigos atopei un tesouro, a Pita Tola. Pero o importante non é a taberna, que tamén, senón a LoLó, a taberneira, unha vella coñecida dos meus tempos de troula en Ourense á que tódolos seus clientes adorabamos. Ver á Loló, aquí en Vigo, facendo o caldo cun turbante a xeito de pirata, escoitar outra vez a súa preciosa voz rota e deixarme escrutar pola súa fermosísima mirada lembroume as mellores horas dunha etapa da miña vida. De súpeto apareceron as imaxes do Rataplán, un dos primeiros pubs de Ourense e tódalas esmorgas que tiven a sorte de disfrutar alí, e toda a xente que aínda hoxe son os mellores amigos e aínda máis. Vaia este post por ti, Loló, prometo facerche unha visita cando menos semanal.

Ogallá esta mensaxe chegue a moitos dos vellos coñecidos que poida que anden ciscados tamén por Vigo, agora xa temos unha boa disculpa para vernos de cando en vez.

jueves, marzo 29, 2007

Dúas cartas inéditas sobre a Revolución Francesa

En Murguía, a Revista Galega de Historia, publico dúas cartas inéditas que atopei durante un traballo de organización dun arquivo familiar. A singularidade destes documentos radica no seu carácter totalmente privado. Fronte a rixidez do documento arquivístico público, que sempre fai un relato aséptico de máis, atopámonos nestas cartas cunha proba da repercusión real da Revolución Francesa na vida cotiá das persoas que vivían eses momentos. Concretamente trátase de dúas cartas dun crego que escribe dende unha localidade francesa e dirixidas a una autoridade eclesiástica do noso país nas que da conta de tódolos cambios revolucionarios dos que é testemuña, sobre todo no que atinxe ao estamento eclesiástico. Podedes acceder dende aquí ao texto completo dos documentos.
A carta remata deste xeito tan curioso: "...Ahora mismo llego a la noticia que la asamblea nacional ha dispuesto que las cenisas del famoso Boltaire (que su alma quema en los enfiernos) que sean trasladadas a Paris con la maior Ponpa y se depositen dentro de la basílica de Santa Genobefa a fin de que el honbre mas celebre dese modo sea colocado dentro de la mas Noble Yglesia de este Reino en un Manifico Mausolo. (signo)..."

miércoles, marzo 28, 2007

¿Tan mal está o teatro galego?

Onte pola noite vendo a gala de entrega de premios Maria Casares de Teatro quedei tristemente sorprendida polo ínfimo nivel dun espectáculo no que se trataba precisamente de homenaxear ao rei dos espectáculos. Unha posta en escea pobre e sen sentido que semellaba unha actuación de fin de curso escolar. Tan pronto saía unha cantante sen que ninguén a presentase como un grupo de metais que interpretaban temas e himnos que segundo algún título de crédito (cando se lembraba de poñelo) tiñan algo que ver coa memoria histórica, todo no medio dunha representación lunática cun guión reveindicativo do papel da muller e "amenizado" por un presentador ao que ninguén lle entendía os "chistes". Demasiados premiados que non apareceron e cuxos galardóns eran recollidos pola mesma persoa que xa cansa de subir ao escenario se despachaba con "bueno, xa eu xa non teño nada que dicir, marcho". ¿está o noso teatro tan mal como para merecer esta pobreza?

lunes, marzo 26, 2007

Europeana. A contribución francesa á Biblioteca Dixital Europea.

Europeana é un prototipo de biblioteca en liña desenvolvido pola Biblioteca Nacional de Francia dentro do proxecto de Biblioteca dixital europea. Comprende 12.000 documentos libres de dereitos recollidos da BNF, da Biblioteca Nacional Széchényi de Hungría e da Biblioteca Nacional de Portugal. Pódese procurar por autor, país, data ou lingua e tamén se poden descargar os libros de pdf. Permite tamén ter un espazo para gardar as nosas buscas.

Máis información: Le Monde

viernes, marzo 23, 2007

Antídoto contra eurocentristas convencidos.

Hobson, John M. Los orígenes orientales de la civilización de occidente. Barcelona, Crítica, 2006.
Non é nada novo o chauvinismo que nos caracteriza aos occidentais e a fachenda que nos fai pensar que o noso nivel de desenvolvemento é claramente superior a calquera outra forma de vida neste cada vez menos variado mundo. Ao fío do interesante debate que mantivemos estes días adico este post a un dos grandes do blogomillo. Señor de la highway61, é vostede un grande "conversador". Aínda que non coincido coas súas posturas é unha ledicia ler os seus comentarios e argumentos porque denotan un interese profundo en cuestións tan transcendentes como a tolerancia e o respeto ao "outro". Este libro tiña que ser de lectura obrigada porque constitúe unha investigación documentadísima que desfai totalmente unha grande impostura histórica: a consideración diso que chamamos occidente como o berce da civilización superior. En realidade o progreso desta parte do mundo acadouse, xa o sabiamos, pola vía do imperialismo a a apropiación dos recursos dos outros. Nesta obra revísanse moitos mitos que hoxe son tan intocables como os himnos e as bandeiras: o mito do milagro industrial europeo, o mito dos descubrimentos, o lado oscuro da industrialización británica, o mito do estado liberal-democrático racional de Occidente, en fin, un plantexamento ambicioso pero non novo. Hai outros que moito antes trataron de abrirnos os ollos pero que permanecen ben agachados nos anaqueis das nosas bibliotecas, non son lecturas obrigatorias, nin sequera recomendadas porque tiran a dar e iso de ir por aí "desfaciendo entuertos" semella que é mellor deixalo para trasnoitados e anacrónicos cabaleiros. Estou pensando concretamente na obra de Blanco White, un perfecto descoñecido que xa hai douscentos anos criticaba o atraso do noso país, as corridas de toros, facía crítica literaria e sentía verdadeira repugnacia polo fanatismo dos católicos. Unha rara avis da que algún día, quizais cando mude o sentido da rotación da Terra, nos lembraremos con orgullo.
Hobson, John M. "Los orígenes orientales de la civilización de occidente". Barcelona, Crítica, 2006.

miércoles, marzo 21, 2007

Dia da poesía...imos probar...

Foto de Man Ray A face of anatomy
Unha paixón
inducida
unha sobredose
de dopamina
inxectada
sen pensar,
como fan os rapaces,
asi,
por probar,
probar
que estou vivo,

probar sensacións,
esquecidas,
meter a cabeza
baixo a agua e non saír
ata case afogar
o que non sabía
era esta maldita
reacción
do corpo,
da alma,
da mente,
esta anguria,
esta especie
de mono,
non inducido
agora,
o que toca
e deixar que o reloxo
faga o seu traballo,
ou voltar
ao comezo
e sen querer aprender
.....nada.....
...nada...
.nada.
Besbellinha lembrome que hoxe tamén é un día internacional de algo, e como son atrevida de máis comparto con vós uns versiños.

martes, marzo 20, 2007

Unha soidade demasiado ruidosa, de Bohumil Hrabal


Un texto dunha beleza e profundidade case insoportables...só tendes que ler o comezo para decatarvos do que digo, e así as restantes cento dúas páxinas.

Levo trinta e cinco anos traballando con papel vello, e esta é a miña "love story". Trinta e cinco anos prensando libros e papel vello, trinta e cinco anos enzoufándome con letras, de xeito que semello unha enciclopedia, unha máis das moitas que levo prensado en todo este tempo, polo menos tres toneladas, veño sendo coma unha xerra chea de auga viva e morta, abonda con que me incline un pouco e xa rebordan os máis fermosos pensamentos, fíxenme culto sen querelo, de xeito que xa nin sei que ideas xurdiron de min e son verdadeiramente miñas e cales lin nalgún libro, de feito o que acontece é que durante estes trinta e cinco anos fusioneime co mundo que me rodea, porque cando eu leo, a verdade é que non leo, senón que petisco co bico unha fermosa frase e métoa na boca, zugo nela coma se fose un caramelo, sórboa coma unha copiña de licor e chúcha coa lingua ata que se disolve nela coma o alcol, e unha vez disolta chega un momento no que non só me alcanza o corazón e cerebro, senón que circula polas miñas veas ata as raíces mesmas dos vasos sanguíneos. (...)

Esta foi unha lectura recomendada por Rubén. Grazas pois a él e a Rinoceronte que segue a facer traducións de calidade da mellor literatura. Aínda estou moi impresionada coa lectura deste texto que unha acaba lendo como...(ver o texto arriba en negriña).

viernes, marzo 16, 2007

!Parabéns Mario!

Coñecín a Mario con motivo do conflicto laboral que tivemos parte do persoal da Universidade de Vigo porque nos fixo unha fotos impresionantes. Agora, paseando pola súa páxina descubro esta outra obra súa que quería compartir con vós.
Dedico este post a R.R. Veño de rematar coa lectura da súa obra Limpeza de sangue que ten moito que ver coa fotografía.

miércoles, marzo 14, 2007

Pois non don Ramón, en Galiza non debemos ter ningun Barceló....


Pois vai ser que non Don Ramón, vai ser que non é por non ter artistas galegos de calidade, vai ser que Francisco Leiro, por poñer só un exemplo, é un pailán que só o coñecen en Nova Iorque, que fais cousas tan horripilantes como ese Sireno de aluminio que vixía e amola aos vigueses que pasean pola Porta do Sol, vai ser que aquí en Galicia os cartos destinados a cultura son para proxectos supermegaultradelaostia (con perdón), para que as futuras xeracións de galegos non só lembren de Oestrymnios e Breogáns senón tamén de Don Manuel e sucesores, ou vaia vostede saber, Don Ramón, ao mellor é que en Galicia temos unha xerarquía eclesiástica moito máis seria e non vai deixar doadamente de seguir investindo outros cinco séculos máis no filón do xacobeo. Ademáis, empezamos a modernizar a imaxinería relixiosa e mira ti o que pasa.

martes, marzo 13, 2007

Beatriz Dacosta.














Beatriz Dacosta é a autora destes tres libros, e este o seu fermosísimo espazo. Coñecín a súa obra grazas á recomendación que me fixo o libreiro de Andel nunha das múltiples feiras do libro en que coincidimos. Xa hai tempo que sei por Fran Alonso deste blog, pero ata hoxe o rato non tivo a ben pararse neste paraíso gráfico e visual, non vos esquezades e engadide este novo enderezo aos vosos favoritos.

lunes, marzo 12, 2007

O blog de Saad Eskander director da Biblioteca Nacional do Iraque

Noutra entrada na que falaba sobre a destrucción de libros fixen referencia ao caso do Irak e a apocalíptica destrución da súa biblioteca. Agora parece que o director da Biblioteca Nacional dese país (...mellor dicir ou mellor dito, os seus restos) ven publicando un blog que podemos ler en castelán vía El País. Paréceme moi importante seguir esta fonte de información. Aquí vos deixo a ligazón.

viernes, marzo 09, 2007

Lembranza de Carlos Casares


Ilustrísima:
Hai xa cinco anos que vostede abandonou a marxe deste país de palabras. Dende entón teño que dicirlle que un Polvo Xigante de anguria ameaza a cotío a Conciencia de Galicia porque aparte de Sarmiento, Fole, Fermín Bouza, Otero, Piñeiro, Don Vicente...quedaron moitas conversas por manter, moitas Laranxas por pelar e sobre todo moitas Historias por contar. A Semente Aquecida da Palabra non tivo tempo de agromar en novos Contos de Xustiza, que só quedaron esbozados como Os Oscuros Soños de Clío. Os Mortos de aquel verán non tiñan que ter tanta presa en levalo canda eles, total Deus seguirá moito tempo sentado no seu sillón azul....



Grazas a Marcos Valcárcel por terme convidado a esta fermosa lembranza de Carlos Casares. Aquí vos deixo unha pequena recopilación de ligazóns relacionadas coa súa vida e obra.

C.Casares na Biblioteca Virtual Galega.
Consello da Cultura Galega
Fundación Carlos Casares.
C.Casares en Culturagalega.org
Na Wikipedia
En lg3 Portal de Literatura Galega
Ficha de C.Casaren en Xerais.
Casares en Editorial Galaxi
Entravista en La Voz de Galicia (2001)

Outras ligazóns:
Ourizo azul
Imaxes de Casares no Google

Nas bibliotecas e centros de investigación.

Biblioteca da Universidade de Santiago
Biblioteca da Universidade de Vigo.
No Instituto Cervantes
Proxecto Meiga

jueves, marzo 08, 2007

Vivir olvidando cada día...

(Foto de MAN RAY:Primacy of Matter over Thought.1929.Cut-out gelatin silver print on paper. Baltimore Museum of ArtMan Ray)

lunes, marzo 05, 2007

Rubén Ruibal


Rubén Ruibal foi unha das primeras descubertas neste fantástico mundo dos blogs. O seu espazo sempre estivo nos meus favoritos porque os seus textos teñen unha frescura especial, de xeito que visitar Alicia Crece é como ir a tomar una boa cervexa cun bo amigo. Mágoa que os teus "centoliños" non te deixen máis tempo para nós. Hai uns días que lin unha entrevista súa na Revista Galega de Teatro onde fala das miserias da nefasta política cultural da nosa administración sobre todo no tocante á producción dramática galega. Malia ter gañado o XIV Premio Álvaro Cunqueiro de Textos Teatrais, unha ampla experiencia teatral e ter traballado co mestre Vidal Bolaño, Rubén non pode vivir do teatro. Non hai cartos para garantir a supervivencia dos nosos creadores, pero si que abondan para soterralos no monte Gaiás ou noutros fiascos culturais. Aproveito a ocasión para recomendarvos a lectura de "Limpeza de Sangue", co que acadou ese premio.














viernes, marzo 02, 2007

Te quiero.


Foto: Dorothea Lange Migrant Mother
Hoy me han clavado otro puñal
debe ser el estómago
esto que sangra...
y siempre hay sitio
para otra herida
para otra pedrada
para otra desilusión
para otra muerte.
Esta de mi madre
que está ahí pero
no
no seré yo quien la soporte
no
no seré capaz de olvidar
los días de miedo
los días de golpes
los días de abrazos
no seré capaz de ser
como tú
imposible tanta entrega
pero
no seré capaz de ser
como tú
insoportable tanto rencor.
Ojalá descanses
y seas feliz
y vivas una vida nueva
sin mi.
Te quiero a tu pesar.

Recursos na Rede para investigadores.

Neste post de ECuaderno hai unha interesantísima recopilación de ligazóns relacionadas coa investigación.

jueves, marzo 01, 2007

Amizade.

Imaxe da esquerda: Two Women by Egon Schiele
Imaxe da dereita. G.Klimt, Girl Friends
Sempre me rifas polo mal que emprego algunhas palabras. O que máis te amola é a gratuidade coa que utilizo unha que para ti semella un talismán, amizade. Seguramente tes razón e todo é cuestión de necesidades. Estes días nos que os anxos xacen mortos e os trasnos brincan arredor de min ti axexas o meu soño e me coidas como esa nai tan grande que teño aínda que se esquecese de min. Eli, espero saber estar á altura cando chegue o momento.

domingo, febrero 25, 2007

Orhan Pamuk. Me llamo rojo.



Por fin comezo de novo a entusiasmarme co virtual; ás veces é un bo remedio para baixar da lúa sobre todo da chea. Teño un bo amigo que ten unha teoría sinxela para entender e sobrepoñerse aos estados alterados de conciencia...son ciclos... dime con ese sorriso que lle caracteriza. Outra boa terapia para esquecer a túa propia historia é mergullarse nunha vida allea, nun relato de ficción a poder ser construido por persoas como Orhan P. que teñen asimilado e aprehendido tan profundamente cada detalle da súa vida. Ando pola metade deste libro e xa soño con ilustradores orientais, mulleres namoradas de ollos negros que agachan as súas paixóns nos suaves tecidos das súas túnicas, rúas miserentas poboadas por cans que pelexan na procura dun bocado e azoras do Corán que prohíben calquera desviación do camiño. Vos deixo un pedaciño do texto, coma sempre elixido ao azar: "...Ahora mismo os diré cómo se podría pintar el abrazo entre Negro y yo si esta humilde historia mía se contara algún día en un libro y fuera ilustrada por los legendarios maestros de Herat. Hay ciertas páginas maravillosas que mi padre me ha enseñado entusiasmado: el fluir de la letra y el ondear de las hojas comparten la misma excitación y el adorno de las paredes y el dorado de la página comparten la misma textura: la inquietud de la golondrina que perfora con sus alas el encuadre y el dorado se parece a la de los amantes. Los amantes, que se miran de lejos y se dirigen reproches con palabras llenas de sentido, se dibujan tan pequeños en estas pinturas, se les ve tan lejos, que por un instante una cree que la historia no habla de ellos sino del magnífico palacio en que se encuentran y de su patio, del maravilloso jardín cuyas hojas han sido pintadas una a una con tanto amor y de la noche estrellada que los alumbra y de los árboles en la oscuridad..."

miércoles, febrero 21, 2007

Unha aposta máis polo ateismo

Non son bos tempos para o rexeitamento de dogmas, lendas, contos, biblias, catecismos, manifestos, mitoloxías e sentencias. Máis ben son tempos de conformismo a ultranza e adoitamos aceptar os sistemas de pensamento de forma tan pasiva como o bautismo ou a primeira comuñón. Esta ausencia programada de reflexión é un requisito fundamental para que o sistema funcione sen demasiados problemas e continúe a lóxica do reparto de poder que leva funcionando dende os tempos dos primeiros filósofos. Pero antes que a filosofía foron as relixións as encargadas de neutralizar a unha criatura á que por erro se lle engadiran algúns elementos que lle permitían pensar e tomar decisións de forma autónoma. E algúns homes eran quen de crer na felicidade terrenal e ata había quen non só non rexeitaba o pracer senón que facía del a súa razón de vivir. Entón as posturas endurecéronse, as filosofías fixéronse máis ríxidas e os sistemas políticos pecharon filas arredor de dous ou tres eslóganes moi simples, e as relixións monoteístas tiveron as mans libres durante séculos para afogar calquera tentativa de cuestionamento do sistema. Neste ensaio non están as respostas pero será moi válido para quen a estas alturas aínda non se cuestiona teimas tan absurdas como a continua represión do pracer e a felicidade en aras dunha vida ultraterrena que só existe nas imposturas fabricadas de fabuladores, profetas, evangelistas, etc, etc.

Na súa web.
Natif d’Argentan, dans l’Orne où il est domicilié, il a publié une vingtaine d’ouvrages dans lesquels il propose une théorie de l’hédonisme : que peut le corps ? En quoi est-il l’objet philosophique de prédilection ? Comment penser en artiste ? De quelle manière installer une éthique sur le terrain de l’esthétique ? Quelle place laisser à Dionysos dans une civilisation tout entière soumise à Apollon ? Quelles relations entretiennent l’hédonisme éthique et l’anarchisme politique ? Selon quelles modalités une philosophie est-elle praticable ? Quelles chances le corps peut-il attendre des sciences post-modernes ? Quelles relations entretiennent biographie et écriture en matière de philosophie ? Selon quels principes sont fabriquées les mythologies philosophiques ?
Les réponses supposent le détour par le corps libertin, l’éthique immanente, l’individualisme libertaire, le philosophe artiste, le nietzschéisme de gauche, le matérialisme sensualiste, l’utilitarisme jubilatoire, l’esthétique généralisée, la subjectivité païenne, le libertinage solaire, le corps faustien, la vie philosophique et l'historiographie alternative
Onfray , Onfray en Rojo y negro, sindioses.org, Moucho Branco,Arume dos piñeiros,Polo laicismo radical.

miércoles, febrero 14, 2007

Ja estou melhor. Obrigada.



Diario del gourmet de provincias y del perro gastrónomo, magnífico blog sobre gastronomía, publica esta suxestiva foto. A combinación do azulexo como materia escritórea e o contexto ou lugar no que se insire a mensaxe engádenlle un matiz moi especial a estas sinxelas verbas.

martes, febrero 06, 2007

La Biblioteca de noche. Alberto Manguel.


Decátome de que teño unha dependencia emocional con este espazo virtual porque ao tempo que me illa e me permite reflexionar "en alto", me fai sentir dalgún xeito un pouco útil. Sobre todo cando algún anónimo e non tan anónimo lector me adica fermosos comentarios e sobre todo reflexións que me indican que non estou soa aquí...Voltemos pois ao engaiolante mundo da literatura. De Alberto Manguel non tiña lido nada, pero este é unha boa lectura, sobre todo para os apaixoados do libro e as bibliotecas. Lémbrame moito a Borges e a súa idea de relato infinito. Dende a antigüidade, dende biblioteca de Alexandría ata o actual proxecto de google de dixitalización total seguimos coa teima de querer cinguir o coñecemento nun espazo limitado.

domingo, febrero 04, 2007

SEGUIMOS PECHADOS....

(foto: rebelados)






















Xa vos teño informafo do conflicto que me ten ocupada estes días. Pois seguimos nela. Levamos xa 18 días de pecha e aquí non pasa nada.

O Reitor nas derradeiras declaracións á prensa como un autentico pasota "ese no es mi problema", o xerente segue de baixa e o seu amanuense, vicexerente en funcións chama ao comité de folga para pedir un adiamento da reunión na que tiña que presentar unha proposta porque di que quere facer unha cousa seria.
Si, para partirse de risa. Aos cidadáns ten que facerlles moita graza que este xerente que non xestiona cobre cada mes 7000 EUROS por levar dous anos negociando un convenio sen chegar a unha solución, ao mellor tamén lle pagan tanto por ser quen de manter no seu cranio privilexiado tódolos detalles dunha contabilidade que moitos non se explican (segundo un comentario neste blog nin o propio Consello de Contas da Xunta) dende hai tempo, en fin, máis do mesmo. A cultura do pelotazo non rematou coa entrada no trullo de Don Mario. A xente pensa que protestamos de vicio. Si, sobre todo os conserxes, auxiliares de servizos, bibliotecarios, auxiliares de deportes....porque para acadar as nosas prazas tivemos que superar procesos tan doados como ofertas dunha, dúas, seis prazas e competir con outros seiscentos, e cobrar 800 euros, e non poder promocionar, e ver como as nosas prazas se precarizan e ata pasan a chamarse "apoio ao campus", que é a forma políticamente correcta de dicir "hoxe aquí e mañá alí", e ata "hoxe aquí e dentro dun rato vas para alá", ou que os bibiotecarios fagamos de gardas de seguridade e teñamos que dicir NON cando nos pidan un libro e limitarnos a prestar folios, mandar calar, regular o aire acondicionado ou prender luces....para iso tivemos que aprender tantas normas ISO... iso sí, temos CERTIFICADO DE CALIDADE, que é o que mola e está de moda....Disculpade o cambio de tendencia no blog, en pouco prometo voltar a casa...