miércoles, abril 28, 2010
...progreso...
viernes, abril 23, 2010
palabras más, palabras más, palabras menos...
miércoles, abril 21, 2010
Carta abierta a Najwa
Querida Najwa: Te escribo para que te escandalices. No hay nada de malo en ello, te lo aseguro. Quizás sea la forma más rápida y eficaz que tengas de hacerte con la situación. En tu instituto te han prohibido cubrirte con el velo musulmán y tú te has deprimido. Es doloroso Najwa, lo comprendo, y además todo se complica muchísimo porque ya no distingues quienes te apoyan y por qué. Lógico. La derecha más reaccionaria de este país apoya al instituto y te conmina a que te quites esa prenda tan polémica. La izquierda, que se supone más progre dice que respeta tus derechos y que cada uno puede ir como le venga en gana. Bien, no hagas caso y trata de calmarte y reflexionar. Plantéate por ejemplo por que la religión ha de ser tan determinante en tu (nuestra) vida. El velo, Najwa, es una marca de pertenencia que obliga a casi todas las mujeres en el mundo musulmán y a un gran número de musulmanas en España a soportar los abusos de sus compañeros, a non denunciar maltrato porque se ha difundido la idea de que el islam justifica esta discriminación. No llevar velo, Najwa, conducir y tener empleo condena a tus compañeras de religión a soportar situaciones insoportables para ellas por miedo a ser rechazadas y expulsadas del país. Las mujeres que se rebelan, Najwa, suelen acabar en la prostitución, o muertas a golpes. Así que, creo que tienes (tenemos) el deber de reflexionar un poquito y salirnos de nuestra particular y detestable cárcel de unos cuantos centímetros de tela. Una vez que el velo se convierte en mayoritario, el consentimiento de unas sirve para justificar la sumisión y servidumbre de otras, y además el terreno está bien abonado Najwa. En España es demasiado fácil perpetuar el machismo enquistado en nuestro solar patrio (uf! que ganas de utilizar estas expresión) con este otro que arrastran los colectivos musulmanes de una remota sociedad rural. El conservadurismo radical, Najwa, se suele excusar en el Islam, en estos casos para no participar en la sociedad, es necesario que lo veas. Pero para eso, primero, antes que nada, tienes que quitarte el velo. Un beso guapetona.
martes, abril 20, 2010
¿preservativos? non, non vendemos...
-Boas tardes, quería unha caixa de preservativos.-Non temos.
-Perdón, ¿non teñen preservativos?
-Non, non vendemos. (percibo a lixeira diferencia)
-Disculpe, e ¿pódeme dicir por qué non venden preservativos?
-Non é un producto farmacéutico, e ademais pódense mercar en moitos sitios.
-Xa, pero mire, esta crema de aloevera que ten aquí mismo, e todo esto que vexo exposto tampouco son productos farmacéuticos e tamén os podo mercar en cantidade de establecementos.
-Non temos obriga ningunha de vender preservativos.
-Claro, seino, seino, pero non deixa de sorprenderme que nestes tempos unha farmacia se negue a vender productos que son fundamentais para a prevención de enfermidades moi graves. A vendedora queda calada cunha expresión que denota absolutamente nada, nin sorpresa, nin desprezo, nin malestar...nada. Sinto que entra xente na farmacia e continúo pedindo explicacións nun ton o suficientemente alto como para que todo o mundo se entere e "espertar" á vendedora (a estas alturas xa estou na certeza de que é a propietaria do choio).
-E dígame...¿vende vostede o anel anticonceptivo vaxinal?
-Si.
-E ¿cal é a diferenza? ¿por que vende outros métodos anticonceptivos e non preservativos?
-Xa llo dixen...a dona non quere vendelos.
-¿E vostede non se sinte un pouco incómoda ao ter lle negar preservativos aos seus clientes? e sobre todo ¿non ve que non está cumprindo co principal obxectivo do seu establecemento que é previr e curar enfermidades? A vendedora segue sen contestar e sen poñer expresión de absolutamente nada, agás cando entra alguén na farmacia, entón pon esa cariña de nenas ben educadiñas nas xesuitinas (v.g.) y como está tu mamá, a clienta debe andar polos sesentaetantos e eu deixo de pensar nos preservativos porque estou imaxinando a gracia de deus, bueno, bien, María Jesús, va caminando y haciendo sus cositas, a ver si sigue así si Dios quiere...
lunes, abril 19, 2010
RELAX...coa primeira historia...
jueves, abril 15, 2010
Pasatempo para Mariano Rajoy

miércoles, abril 14, 2010
Carta a C.T.
P.D. Achégote unha foto do que queda do Carabanchel. Arrasaron con todo. Dicían que querían quitarlle ao barrio esa mala fama e agora puxeron alí un horroroso centro de internamento de inmigranTes, que en realidade é outro cárcere.
martes, abril 13, 2010
Os amigos da República homenaxean a Cuca Tovar....imposible non rematar falando da corrupción política...
sábado, abril 10, 2010
Do you remember?
jueves, abril 08, 2010
Peder(hastia)dos vigueses.

Condenan a dos años de prisión a un religioso por abusar de dos menores
En Vigo, á parte de narcogarderías, temos tamén curas pederastas. Triste panorama. E o peor, sigo pensando, é esa anormal predisposición a aceptar os actos criminais como rutinas coas que temos que convivir. Que todos os días haxa noticias nos xornais de curas pederastas non asusta a ninguén. Coa prepotencia que dá a borracheira de poder a propia igrexa ríe na nosa cara con eso de que "se la trae al pairo". Estes días estiven en Madrid. Tiven a mala sorte de coincider cunha procesión "de xénero", con costaleiras ben entrenadas. Aí no medio e medio da rúa ateigada de bágoas estragadas e mareada co incienso co que adormecen aos imbéciles, aí, digo, pódese entender case todo. Pregunteime por que serei tan covarde, por que falo tanto e non me atrevo a poñerme no medio e medio cunha pancarta ben grande lembrándolles a toda esa canallesca os seus pecados. Por iso, porque somos covardes. Hoxe consólame ler este artigo de Sinead O´Connor.
EU TAMÉN RACHO COA FOTO!
jueves, abril 01, 2010
Unha historia que non vou contar, Cid Cabido
O título, “unha historia que non vou contar, xa nos pon en antecedentes do que pode suceder ou non. O certo é que hai unha historia, unha historia-personaxe, que é a reconstrucción do famoso crime de Alfageme no 1974, seguramente só unha escusa para contar a outra, a do intento de contar unha historia. A chiscadela de CC paréceme moi interesante, por certo. O libro é certo que “engancha”. Sei dun lector non precisamente compulsivo que a papou en tres horas nun lapso de insomnio. E o que engancha non sei eu se é tanto a historia do crime sen resolver do Alfarem ou a deste indolente CC que non é quen de deixar a troula para illarse a traballar. Como tiven a sorte de albiscar unha noite a CC entre as sombras e os risos da madrugada, logo de decidir, non sen certa dificultade a que caparuza dirixirme, podo entender perfectamente a este noso Salinger local. Eu tamén atopo máis divertido e emocionante tratar de soster o gintónic mentres converso de calquera tema transcendental con “quen será este” nunha barra de bar, que enfrontarme ás interminables pantallas en branco. Aínda se fose aquel folio na olivetti, aquilo era maís humano joder, podías entreterte imaxinando o tempo que tardarías en encher a papeleira ou mesmo descobrir formas animais naquelas bolas de papeis enrugados que se atragoaban cun mísero sintagma nominal a medio parir. E como di o CC ¡xa perdín o fío! ¿tendes o meu fío? ¿quen hostias me fodeu o puto fío? Hai que hostia, xa só me veñen á cabeza as metáforas máis porcallentas do puto cidcabido, a cona aquela con dentes, o tabeirón do carallo e os putos tirantes de Borges. É curioso, cando remato un libro quédame así como pegado o estilo, a min sempre me pasa. Ou neste caso a deliberada falta de estilo de CC. E claro, véñenche á cabeza as súas historias e vánseche as outras, aquelas que che fixeron prender o pc (agora un MacbookPro) a todahostia. Por exemplo, onte lin a Virxe dos Sicarios de Fernando Vallejo e esta mañá no choio non fun quen de contestar un correo sen meter unha “pavada” calquera deses pinches colombianos. ¿atopou alguén o puto fío? Velo aquí está. Pois o que dicía, que efectivamente CC, non contaches nada e contaches moito. O relato, como recoñecemos todos os que tivemos a sorte de coñecer o Manteca, o Tony´s ou o Catro, enos tan familiar, as conversas e os xeitos de falar tan de noso, que non saberiamos discernir o que é literatura ou non o é. Así que ¡que hostias! CC, a crítica que a fagan outros. Eu digo que non sei se esta e a GNG pero dende logo que ata agora é a GNV. Iso si, que non se tiren da moto uns dun bló que anda por aí comparándote con Truman Capote. Que non digo que mellor ou peor pero aquí non hai nada daquel minucioso detallismo na desrición de paisaxes, por exemplo. E bótase de menos CC. Sobre todo para os teus lectores non vigueses, que tamén os tes home. Terías que terte esforzado un pouquiño mais na descripción deses tugurios vigueses totalmente orixinais, imperdoable que despaches o Tony´s nun par de frases que só falan de escaleiras empinadas. E, por outra parte, tampouco hai suspense, para nada. Non procuraches suspense ¿ou si? Eu se algún suspense atopei foi por saber se serías quen de rematar o puto libro, pero claro, téndoo nás mans non había máis que pousar o pitillo ir de cando en vez á paxina 267. Agora toca agardar a continuación, porque isto ten que continuar. Por certo ¿como rematou o segui a historia esa con Paula e Rebeca? A propósito, teño que mercar dous libros, un para Rebeca e outro para Paula, súa irmá e miñas preciosas sobriñas. E agora que o penso ¿non serían elas...? Vou facer unha chamada....
domingo, marzo 28, 2010
Peder(hastia)dos
O celibato non ten a súa orixe en factor relixioso ningún (digan o que digan os concilios). É unha medida exclusivamente económica cuxo fin é impedir que o que se "cepilla" aos fieis se perda vía herencia dos curas aos fillos. Ademáis, que o celibato no é o cerne do problema (polo menos o único) o amósao o feito de que a pederastia é cometida diariamente por individuos non célibes. Non célibes pero varóns case exclusivamente, volvo a repetir. Non enfrontarnos ao compoñente do patriarcado como orixe do problema obligaranos a seguir soportándoo. A pederastia, no ámbito da igrexa ou fóra da mesma, ten exactamente os mesmos rasgos que outros fenómenos aínda moi agochados. O incesto por exemplo. É un problema de poder, de abuso de poder. En todos estes comportamentos hai demasiados elementos comúns como para no telos en conta. Lede esto e logo falamos.
Nazarí Amirian coma sempre, moi acertada.
O obispo de Tenerife, Bernardo Álvarez, ten moi claro quen son os culpables:
Papas pederastas: San Dámaso (366-384), San Simmaco ( 498-514), Bonifacio III ( 607), Camon (686-687), Bonifacio VI ( 896), SergioIII (904-911), JuanXII (955-964), Juan XIII ( 965-972)
BenedictoVIII (1012-1024), InocencioIV (1243-1254), BonifacioVIII(1294-1303), Benedicto XII ( 1334-1342), Sixto IV (1471-1484), AlejandroVI (1492-1503), JulioII (1503-1521), León X (1513-1521), Julio III ( 1550- 1555), Fonte¨:Los papas y el sexo. Eric Frattini.
sábado, marzo 27, 2010
Non é un Gauguin, nin un Cézanne, e UNHA....
viernes, marzo 26, 2010
Xacobeo non o creo (I)
jueves, marzo 25, 2010
Rubias perigrosas.
Parafraseando a un amigo anglofilólogo diría que é moito máis difícil ser rubia e perigosa que parecelo. O arquetipo de femme fatale é o resultado dunha teima masculina milenaria que debería ser estudada e respetada polas aspirantes a esta privilexiada orde. Sería unha mágoa desperdiciar as vantaxes que para a muller de hoxe (e non só para as rubiasperigosas con carné) pode supoñer o coñecemento en profundidade destoutro feminino que non cansaron de rescribir, pintar, modelar, ano tras ano, século tras século. Desgraciadamente, a pandemia do light chegou para quedarse tamén aquí e son demasiadas xa as pseudorubiasperigosas que non provocan un miserable asubío baixo andamio ningún. Esta historia que lin hai tempo pode valer como recordatorio para algunhas despistadas. Gloria Stella aprobaría con nota, só hai que imaxinala saíndo do jaguar ou do jacuzzi, atravesando a porta da comisaría, saíndo do despacho do abogado....pero sobre todo ollala cando está soa, vela gozar e disfrutar do seu tempo, sen lembrarse sequera do tempo que lle levou argallar a morte dese detective tan pesado que tremía só con intuir a mínima abertura no seu vestido. E que, nenas, hai que voltar ao rego, que estades esquecendo o dousmáis dous. Aínda ides acabar co xénero. miércoles, marzo 24, 2010
Espelho, Halina Poswiatowska
lunes, marzo 22, 2010
Narcogarderías II
domingo, marzo 21, 2010
Catalá-Roca
jueves, marzo 18, 2010
(narco)garderías.
A fábrica "do Alemán" en Rande (Vigo)
miércoles, marzo 17, 2010
Para Asia
jestem zaczadzona pięknem mojego ciała.
patrizyłam dzisiaj na siebie twoimi oczyma. odkryłlam
miękkie zagięcie ramion znużoną okrągłość piersi które
chcą spać i powoli na przekór sobie staczają się w dół.
moje nogi rozchylające się oddające bezmiernie aż pó
krańce których nie ma to co jest mną i poza mną
pulsuje w każdym liściu w każdej kropli deszczu.
widziałam się jak gdyby poprzez szkło w twoich oczach
patrzących na mnie czułąm twoje ręce na ciepłej napiętej
skórze moich ud I posłuszna twojemu rozkazowi
stałam naga naprzeiciw wielkiego lustra a potem
zaslonilam ozcy twoje zwby nie widziec i nie czuc
samotności mojego rozkwitłego tobą ciała.
martes, marzo 16, 2010
M.
M. é un bebé de sete meses que hoxe, pasado o horror, volve facer chiscadelas a M, súa nai, que volve rir outra vez.
sábado, marzo 13, 2010
Il faut oser dire n´importe quoi! La morale est ailleurs que là où on l´imagine.

¡próximamente inédito de R.D.traducido en detraicionesyotrosdemonios!
jueves, marzo 11, 2010
Cabeceira de luxo para....
estoestaxupao.com

miércoles, marzo 10, 2010
Maruja...que siguen pasando de tiiiiiiiiiiiiii
Diccionario de surrealismo (sic), publicado por ANT: Para Galicia, dos menciones: "Sólo hubo un surrealista, Granell. Y en el diccionario hay una entrada sobre el país, para decir que no hubo surrealismo". [EP]
Os documentos de Lavadores
Á nosa desleixada administración cada pouco amosa imaxes coma estas. ¿e será esto a famosa e-administración? ¿non será unha foto tirada no famoso "Desván de los Monjes"? Ah...non...non...son os documentos, os poucos que deben quedar, do que foi Lavadores cando era un Concello. Eu creo que había que montar unha oenegué ou algo así para rescatar o noso patrimonio documental, o histórico, digo, porque o actual xa non ten moito remedio. As administracións teñen a obriga de conservar os documentos en bo estado e facer as transferencias que lle corresponden aos arquivos do sistema. Neste caso, sendo documentos dos anos 40 deberían estar xa hai cousa de trinta anos no Arquivo Histórico Provincial. En fin...que menudo exemplo señores!lunes, marzo 08, 2010
Asunción, Trinidade, Libertad...
Lecturas en feminino.
le non coñecela amigos. Unha viaxe propia que debuxa para nós camiños novos cada volta de páxina, cada punto e aparte. Arrinca unha gargallada na situación máis violenta e estarrecedora, e xoga coa humillación e a dor facéndonos dixerible a realidade dun país e dunha muller na que se sobrevive comprando e vendendo esperanzas que tardarán un parágrafo en esluirse completamente. Pero non hai nunca desolación. No sei como fai a Sefchovich, ten unha habilidade moi particular para crear situacións cómico-traxicas que se resolven en risas e pranto segundo a personaxe creada para a ocasión. E o resultado é sempre exitoso. Fainos ver polos ollos dunha muller perdida e disposta a perderse ata o infinito na procura da felicidade. E logo está a Atwood. Seu ollo de gato, por exemplo, mergúllanos nunha adolescencia íntima na que a medida que lemos recuperamos historias propias. Isto é a grandeza deste libro. Recuperei momentos que xa durmían para sempre no outro lado. Creo que escribín algúns episodios daquela nunha de esas libretiñas que se perden no fondo da mochila. Agora lembro a Bárbara Kingsolver...uf..., unha lectura q



