viernes, octubre 29, 2010
martes, octubre 26, 2010
PAPARRUCHAS!
NON SE PODE estacionar ...
QUE PEQUEN O QUE QUEIRAN, TEÑEN PASE ESPECIAL PARA O SEU CEO, PERO A LEI A CUMPRILA COMO TODO DIOS (UI PERDÓN)
AH...TAMPOUCO PODEMOS MANIFESTARNOS OS QUE NON AGARDAMOS AO PAPA, MENUDO ESTADO DE DEREITO, DEUS NOS ASISTA!
A Asociación ESCULCA ten presentado un recurso contra estas medidas pero algo me di que tururú tururú!
Foto: unha postal que atopei no Trampitán aos que dende aquí saúdo fervorosamente
viernes, octubre 22, 2010
Incontinencia suma
viernes, octubre 15, 2010
boooooooommmmniversidade!
miércoles, octubre 13, 2010
esas yndias equivocadas y malditas, Rafael Sánchez Ferlosio
Esta lectura de Ferlosio, podo asegurarvos que foi a experiencia lectora que me situou no mesmo vórtice da perfección, se é que tal lugar existe ou pode ser imaxinado. Estas yndias equivocadas e malditas dan gañas de berralo na praza pública nun día tan acaído coma o pasado docedeoutubro. Nunca entendín que se celebraba ese día, nin que cousa era esa da hispanidade, por que había que celebrar masacre ningunha nin por que había que rendir homenaxe aos individuos máis dotados para violentar e destruir canto se lles poñía diante. Levamos séculos escoitando a mesma matrácola e as mesmas mentiras sobre a nosa triste historia allende o Atlántico. Seguimos presumindo de ignorantes integrales no relativo a ese outro que xa só sirve para imposturas intelectuais posmodernas. E virán máis anos que nos farán aínda máis cegos, Ferlosio dixit. Gústame S.F. pola súa nobreza, sabedoría, rítmo e mala hostia. Sábese posuidor de que a dúbida pode contra calquera sentenza firme e coa finura do artesán da verba enfía parágrafos que quixera eu aprender de memoria. Gústame cando me perdo entre as súas marcas, e cando recupero a respiración logo de tanto o subliñado é meu. Vou tentando de orientarme nunha trama de deduccións tan condenadamente ordenadas e lóxicas que se non me paro nas comas é por pura vergonza. Pero S.F. sempre me agradece o xesto coa rotundidez da verdade espida e transcrita limpa de afeites e traxes de festa. Gústame a erudición deste ensaísta poeta, o coidado co que desenfía significados ata literalmente erguer as pedras-verbas da deliberadamente intrincada linguaxe administrativa de tódalas civilizacións que se creron superiores. Móllanos o sangue que corre entre as liñas dos repartimientos de obrigada lectura e obrigada execución. A maldade feita verba, unha verba, por exemplo. Coma aquél ofrecióse tan de Cortés, tan de aproveitar calquera ocasión para o propósito que se lle ocorrise no momento. Claro que podiamos enganarnos, podería ser lido como unha convención linguística da época. Pero a S.F. non o enganan as falsas plumas do burdo imitador de Quetzalcóalt. Como tampouco o engana Menéndez Pidal, nin os apoloxetas, nin os articulistas de obrigada columna diaria, nin os malos lectores nin sequera os bois sagrados. Porque non os hai. E falando de bois, ¿sebades como lle chamaban a Santo Tomás?. viernes, octubre 08, 2010
au revoir professeur!
Vou contar unha historia real sen permiso dos que a sofriron. Pode que teña algún pequeno disgusto por facelo pero se chega o momento prometo apandar co que me toque. En calquer caso, evitarei nomes de persoas e lugares concretos. Hai uns días, na lista de correo dunha universidade, que, todo hai que dicilo, hai anos que ven sendo só un altofalante do máis mediocre tirando á baixa desa institución, aparecía a mensaxe de despedida dun docente por xubilación. Xa se me fixo chirriante o ton de alguén que se despide a si mesmo e loubando a súa carreira coa épica máis rancia dun antigo réxime que se resiste a desaparecer camuflado como anda entre disfraces nacionalistas de toda pelaxe e condición. Facía o home un percorrido pola súa vida profesional destacando aqueles centros que tiveran a sorte de contar co seu maxisterio. O nome do narciso rebulíame na cabeza e víñanme á memoria certas anécdotas que hai anos, cando estudantes, intercambiabamos sobre o maltrato ao que nos someteran os profes cando mozos. Lembrei o horror e incredulidade que sentira cando alguén contou as destrezas dun mestre que, alá pola zona de Monforte, facía marabillas coa goma do butano. Pero sen dúbida, a anéctoda que máis me impresionara daquela sobremesa do piso de Santiago fora a dun profesor cuxa crueldade era especialmente arrepiante. Seica este home tiña entre outros hábitos levar a súa escopeta de caza á clase para limpala ben a conciencia mentres os alumnos facían as copias de rigor. Cando remataba cos labores de mantemento da súa arma, a montaba coidadosamente e apuntaba aos rapaces con ela. Seica era unha broma que algún non vía de moi bo gusto. Volvín ler o correo electrónico e fixeime no nome do profesor. Polo que falaba de si mesmo, era unha autoridade destacada no campo da psicopedagoxía. Sentín coma se me pateasen o estómago. Metín o seu nome no google e atopei un feixe de artigos que falaban de fracaso escolar, de ética na ensinanza e de mil andrómenas máis desas que todos coñecemos. Apaguei o ordenador e metinme na ducha. Esa noite convidárannos a cear uns amigos moi queridos e só quería pensar se era mellor levar un bo viño ou un postre apetitoso. Chegamos a casa de M. e da súa parella e aos poucos minutos de facer as obrigadas presentacións todos tiñamos cousas que dicir, era como se fosemos amigos de toda a vidajueves, octubre 07, 2010
Carlos Alonso, escenógrafo
martes, octubre 05, 2010
Avaros
lunes, octubre 04, 2010
Non tal.
Se con pensar referímonos a esa actividade intelectual que redunda no noso beneficio, na felicidade propia dos que eliximos para compartila, se pensar significa para nós o uso libre dos nosos recursos emocionais e racionais en aras da creación, sexa esta unha obra estética, científica ou un proxecto de fin de semana coa parella -que todas esas cousas poden supor horas e horas de cálculo diferencial e de probabilidades- pensar non é gratis. Xustamente é todo o contrario, pensar é dende hai séculos (polo menos dende que algún espabilado inglés deciciu aproveitar aos primeiros senpapeis que sobraban na campiña inglesa grazas as Jethro Tull para empregalos neses miserables galpóns que van facer as delicias do novo modo de produción) un luxo só ao alcance dunha minoría que case nunca é elixida entre os individuos máis dotados da tribo. Cando eu traballaba dez ou doce horas día, os escasos segundos que tiña para pensar -creo que mentres premía os botóns da fotocopiadora- empregábaos nunha soa idea, en fortalecer un só proxecto: impedir que o verme da empresa ocupase todo o espazo no meu cerebro. E aínda así non foi doado. Tivo que ser unha monumental hostia na autopista a que un día puxese as neuronas no seu sitio e me lembrase que había que seguir a pensar, aínda que só fose uns segundos ao día, por min mesma. E pensando, pensando, cheguei a liberarme e decatarme de que o tempo é un ben escasísimo e que non tiña por que ir por aí agasallándoo aos perturbados que comezan o día botándolle un par de pastillas ao café con leite para sacar a lingua de cando en vez do entullo no que viven. Pensar nunca é gratis, aínda que haxa moitas diferencias por sectores e países. Non é o mesmo para unha executiva bancaria de calquera das nosas citis que para unha obreira nunha maquiladora de Juárez, por exemplo. A primeira pode cobrar preto duns 100 dólares hora por non pensar (ou pensár só na conta de resultados da súa empresa, enténdase) e a segunda percibe non máis de 5 dólares ao día por non pensar no perigo que corre a súa vida nada máis baixarse (ou subirse) ao autobús que a vai levar de volta á súa casa na outra beira da loma de San Poleo. Ocórreseme, por exemplo. viernes, octubre 01, 2010
¿Bravo Sarko! ¡Vuelve Coluche!
martes, septiembre 28, 2010
Os límites da ficción ou ¡Cervantes, maldito!
endimos por realidade (que xa non sei moi ben o que é de tan deconstruida, analizada e impostada como se nos presenta), non deixa de reinventarse e sorprendernos a cada paso -case sempre para o noso horror- non sería lóxico acotar a capacidade de imaxinar, compoñer, crear e/ou inventar propia do artista/científico. Todo esto ben a conto do ¿ensaio?/¿ficción? que Volpi presenta nesta súa colección de mentiras. Se Cervantes foi quen de manter entretidos a milleiros de investigadores na súa obra durante catro séculos e case sempre para desenlear moi tímidamente aspectos referidos ao recurso do autor ficcional, Volpi segue as súas pegadas dun xeito admirable neste relato no que as esixencias ao lector traspasan por primeira vez de xeito admirable os límites (outros máis) entre xéneros. Non abonda con que ese lector informado do que fala algún especialista acepte humildemente a diferencia entre saber e xogar a saber, que se precisaba para afrontar o reto de interpretación q
ue –deliberadamente ou non- propón Cervantes. Algúns mesmo opinan que o xogo da ficción autorial escapóuselles das mans ao manco de Lepanto(1). Fronte á reviravolta de Volpi o lector aprende a navegar no mar de dúbidas do que non precisa sair. Volpi preséntamos no seu ¿relato? o resultado da derradeira investigación sobre Cide Hamete Berengueli. Palacio, Urrutia e Patridge, son tres investigadores que, de xeito totalmente independente e fortuito dan cos osos do mais famoso autor de ficción na nosa literatura. Nunha primeira lectura, que foi a que menos me enganou, vin unha clara referencia aos críticos de Bolaño. Lembro que ata botei de menos á miña querida Liz Norton e maldixen un pouco o involuntario machismo do autor. Logo pareime nas notas de rodapé e fun anotando coidadosamente as fontes nas que eses presuntos investigadores apoiaban as súas perturbadoras novedades. Ata preguntei a algún/ha especialista na obra cervantina se estaba ao día no relativo á identidade real do autor do Quixote e fíxome graza a fuxida dunha investigadora cuxa tese sobre o Quixote aínda conservaba a caloriña do prelo. Anotei as referencias bibliográficas aportadas por Volpi a quen xuraría ter visto no depósito entre os anaqueis rindo a gargalladas mentras ollaba como eu perdía o tempo na procura do inexistente número de xullo de 2003 da Hispanic Review. Eu seguín facendo comprobacións. Non abondou o silencio do google nin me deixei levar polo título do libro. Se era todo mentira, se Volpi facía malabarismos e inventaba ¿por que algúns especialistas recollían os seus datos como fiderignos? ¿por que están as súas conclusións ata nun libro de actas dunhas reputadas conferencias sobre o tema cervantino? E entón, fágolle unha chiscadela a Volpi, e doulle as grazas polo autógrafo que me dedicara había uns poucos meses cando a feira do libro de Madrid e que contiña a chave para entendelo todo. ¿que foi verdade e que foi mentira? Seica o de Cervantes foi tan azaroso e casual coma o descubrimento de Colón. Que o descubrimento de América foi unha serendipia recoñéceo o mesmo Umberto Eco. Agora imaxinemos que é certo que Cervantes atopou en Toledo os orixinais da obra que estaba a escribir ¿por qué non? ¿por qué temos que crer antes a Bernal Díaz del Castillo que a Cervantes? Volpi cruzou o río sen saber nadar e chegou ao outro lado, eu tamén, e sen amarrarme absolutamente a nada, só afogando un pouco de cando en vez que así é como se aprende. ¿ou non?(1) disimulen a impertinencia.
miércoles, septiembre 22, 2010
La conquista de América, Tzvetan Todorov (I)
El capitán Alonso López de Ávila prendió una moza india y bien dispuesta y gentil mujer, andando en la guerra de Bacalar. Ésta prometió a su marido, temiendo que en la guerra no la matasen, no conocer otro hombre sino él, y así no bastó persuasión con ella para que no se quitase la vida por no quedar en peligro de ser ensuciada por otro varón, por lo cual la hicieron aperrear.
Canto se agradece na investigación esta sensibilidade. Creo que é das primeiras veces que atopo unha visión comprometida co xénero (humano) en traballos de tan alto interese científico. Todorov albisca nese encontro co outro (@ indi@) as claves para entender a relación con outros "outros" como a muller do relato. Dende este punto de vista non estaría de máis analizar a conquista como unha violación xenocida na que hai moitos verdugos moi claramente identificados (conquistadores, antes descubridores, frades, soldados) e unha grande vítima, un continente enteiriño. Pero non imos seguir por aí. Interésame salientar da primeira parte, a adicada ao descubridor, o comportamento completamente arcaico de Colón. Nas discusións que manteño estes días califícoo sen consideración algunha como un perfecto gañán e iso alporiza a alguns contertulios porque seica o seu comportamento obedece ás condicións dunha época, como se toda época pasada sólo polo feito mesmo de quedar atrás na liña do tempo que a nosa civilización debuxa cunha única punta de frecha nun extremo xa abondase para explicar feitos e comportamentos. Mais as fontes documentais conservadas (tendo en conta o alto grao de "inventio" como o feito mesmo de ser as que deliberadamente se conserven) falan dun Colón cunha incapacidade manifesta para interpretar a realidade que se lle ofrece, e isto, desgrazadamente, vai sentar as bases dunha crueldade ilimitada. Iso é o que di Todorov só que coas limitación que a súa posicion intelectual lle impó. A súa obsesión polas cruzadas amosa unha relixiosidade arcaica e insiste incluso en que Colon non é un home moderno, como se aquel que tiña que dar orixe a un mundo novo non puidera pertencerlle de entrada.
Nun primeiro momento esta conclusión levoume a pensar nunha especie de mala sorte ou nunha mala xogada do destino dado o calado moral e intelectual dos sucesores do descubridor na ocupación do continente. Mais penso que o resultado non sería moi distinto -dados os intereses tan limitados que tiñan os que desembarcaban en América- de ter sido "outros" os que chegaran primeiro. Bueno, o que si creo e que o feito de seren todos homes tivo moito que ver coas consecuencias. A posibilidade de que a descubridora fose unha muller era tan difícil como suxerente se me presenta o resultado e ademais o autor apunta tamén aínda que tímidamente ao carácter masculino desta grande xenocidio.
Teño moi recente a lectura do Herexe de Delibes e se comento o tema da crueldade da inquisición volve a xurdir o eterno "e que naquel tempo…”, esa manía outra vez do tempo lineal que imaxina unha evolución só nunha dirección na pulsión violenta do xénero humano. O século XVI que describe Delibes é o mesmo século XVI de Colón, no que hai xentes absolutamente pobres e entregadas á superstición (máis ou menos coma na actualidade) pero tamén hai xentes sinxelas que se cuestionaron o seu día a día, algúns en cenáculos segredos (pensar libremente sempre estivo prohibido se se fai en alto) onde practicaban o perigosísimo exercicio de debater e pensar. A maioría da poboación manifesta sentementos de respeto á vida dos demáis e concretamente dos que son diferentes ou inferiores (enténdase, con menos dereitos) como mulleres ou pobres. Nin se mataba a máis mulleres no século XVI ni se marxinaba máis aos que nada tiñan. Así que, é unha obriga plantexarse e dudar da condición moral de personas que como Colón van a responsabilizarse, independentemente da súa vontade, da sorte de todo un continente.
...to be continued...
martes, septiembre 21, 2010
¡a la mierda! di que si, Labordeta

lunes, septiembre 20, 2010
El hereje, Miguel Delibes
jueves, septiembre 16, 2010
La librería, Penélope Fitzgerald
Rexistrar revistas non sempre é aburrido. A portada do TLS do 2 de xullo era tentadora. Presentaba unha suxerente fotografía en branco e negro dunha autora descoñecida. Malia o meu deficiente inglés, achegueime ás páxinas centrais para informarme mellor desta escritora. Atopar entre as novas adquisicións da biblioteca a tradución ao castelán dunha obra súa foi unha das mellores sorpresas bibliográficas deste deste idílico e ogallá interminable verán de sol e felicidade. O que máis me gustou da biografía de P. foi a súa tardía incursión no oficio. Cada vez estou máis segura de que escribir ou cando menos publicar antes dos sesenta é un acto de prepotencia que, agás as forzosas excepcións que acompaña a toda regra, só contribúe a un empobrecemento cultural como o actual por mor dun asolagarmento libresco no que distinguir o gran da palla require a maña e paciencia do arqueólogo.
Ademáis do mérito do seu retraso (no de publicar, quero dicir) atraeume moito o feito de pertencer a unha familia de ecritores, editorEs, teólogOs e criptógrafOs tan sobranceirOs. Inevitábel pensar noutra muller xenial esquecida entre tanto ilustre varón. A obra que caía nas miñas mans, A Librería, fora finalista do Premio Booker que logo gañaría con Á deriva, así que non tardei e botarlle o dente. Mergulleime na bruma da campiña inglesa en compañía de P. grazas a unhas delicadísimas e ao tempo profundas descripcións que construían frases coa rotundidade e perfección da pincelada do mellor paisaxista inglés. O toque de humor e ironía intelixente adobían parágrafos que completan a psicoloxía duns personaxes que semellan ter sido nosos veciños de toda a vida: "...estoy algo desconcertada sobre lo que han dicho de ella los periódicos americanos. Un crítico ha afirmado que su publicación era una mala noticia para el ramo y para los lectores, proque era aburrida, pretenciosa, de lenguaje florido y repulsiva. Pero por otro lado había un artículo de Graham Greene que decía que era una obra maestra...". CLIC
Dende outro punto de vista, a autora aproveita o traballo de Florence para amosarnos un ha mostra da literatura da época da que tiramos conclusións moi interesantes: xunto cos Usted puede ser su propio mecánico, Manuel para el Reconocimiento de las Flores Silvestres para el Instituto de la Mujer, e outros do estilo están as revistas "para nenas". Lémbranos as historietas que ofrecían os quioscos cando eramos cativas (no pleistoceno xa). Bunty, por exemplo, ou a revista Woman´s Own, un clásico na literatura de cordel para mulleres.
Só me queda rescatar e gardar algunhas frases ...
Un buen libro es la preciosa savia del alma de un maestro, embalasamada y atesorada intencionadamente para una vida más alla de la vida y, como tal, no hay duda de que debe ser un artículo de primera necesidad.
-No creo que los hombres sean mejores jueces que las mujeres-dijo Florence-. Pero pasan mucho menos tiempo lamentándose de sus decisiones.
martes, septiembre 14, 2010
Los restos del día, Kazuo Ishiguro
Gozosísima lectura que me fixo revisitar as mellores esceas da película. Só en contadísimas ocasións o filme non queda en débeda co relato no que se inspira. Así que, neste caso non sei se prefiro ao Stevens de papel ou a aspereza de Anthony Hopkins. Stevens, o maiordomo, cóntanos en primeira persoa a súa historia e de paso contemplamos o derrubamento da Europa da posguerra. Darlintong Hall cae con toda a parafernalia característica da nobreza inglesa. Na casa vive agora un home de negocios americano e Stevens ten serios problemas para entender este novo mundo. O seu esquizofrénico sentido do deber non se adapta aos novos tempos e decide facer unha viaxe na que nos vai contando en primeira persoa e case sen querer toda unha vida de sumisión na que despreciou absolutamente todas as ocasións de ser feliz. Esta escea amósanos precisamente esa imaxe apocalíptica dun home que renuncia ao amor para sempre. Porque ten un deber que cumprir. Parécenme uns segundos máxicos e terribles os desta escea...
viernes, septiembre 10, 2010
Caravaggio a Porto Ercole
Pregunteille se lle gustaba Caravaggio. Non teño moita cultura, respondeu. Deixei aquelas páxinas satinadas de claroscuros atraída pola fenda que os seus ollos negros andalucísimos abriu no seu sorriso. Disimulei, creo que moi malamente a miña impertinencia e lembrei a inocencia das prostitutas. As verbas máis sublimes derrámanse polo chan cando a puls
ión asasina entra pola escuridade do estudio. Esgázanse brocados e equilibrios descompoñendo a cruel perspectiva que provocara tanto sangue. O pintor admira a persistencia daquel sorriso e no espello contempla coiteladas que suavemente debuxan os escorzos cos que soñara. Quedan na súa memoria para a eternidade e volve o rostro cara o sorriso que lle confirma que a dor está chegando ao seu fin, xa non precisará máis violencia. A fermosura que procura atópase lonxe, terá que atravesar xeografías e sentencias e terá que deixar sutis pegadas para que a lenda medre logo dun par de séculos e se lle recoñezan as súas extravagancias. A piedade ten os pes sucios e os afogados teñen o ventre avultado. O pintor recupera a moeda da suciedade do chan e arrastrándose chega a poñela na man do mozo, agardando que a escea se poida recompoñer outra vez.jueves, septiembre 09, 2010
O blog do Inquisidor, Lorenzo Silva
viernes, septiembre 03, 2010
QUAESTIONES DISPUTATAE
miércoles, septiembre 01, 2010
Eu non tampouco te agardo...
miércoles, agosto 25, 2010
Sacrificio mexica
martes, agosto 24, 2010
sobre "de trapos y siliconas" de Gabriela Cañas
lunes, agosto 23, 2010
Vamos hijo de puta
martes, julio 20, 2010
viernes, julio 16, 2010
miércoles, julio 14, 2010
Dublinesca, Vila-Matas (II)
martes, julio 13, 2010
to be ou non
jueves, julio 08, 2010
Se Darwin tivese ebooks!
miércoles, julio 07, 2010
veña vai...falemos de fúrbol...siiiiiiiiiiiiii.........
P.D. ¡ostras! na páx. 222 ven toda a explicación do fóra de xogo e ata o ¡fóra de xogo posicional! ¡melokedo!
iso antes...
martes, julio 06, 2010
Dublinesca (II) e Spider.
viernes, julio 02, 2010
O xenio duplicado.
Como se se movesse no interior da rodopiante coluna de ar, José entrou em casa, cerrou a porta atrás de si, e ali ficou encostado por um minuto, aguardando que os olhos se habituassem à meia penumbra. Ao lado dele, a candeia brilhava palidamente, quase sem irradiar luz, inútil. Maria, deitada de costas, estava acordada e atenta, olhava fixamente um ponto em frente, e parecia esperar. Sem pronunciar palavra, José aproximou-se e afastou devagar o lençol que a cobria. Ela desviou os olhos, soergueu um pouco a parte inferior da túnica, mas só acabou de puxá-la para cima, à altura do ventre, quando ele já se vinha debruçando e procedia do mesmo modo com a sua própia túnica, e Maria, entretanto, abrira as pernas, ou as tinha aberto durante o sonho e desta maneira as deixara ficar, fosse por inusitada indolência matinal ou pressentimento de mulher casada que conhece os seus deveres. Deus, que está em toda a parte, estava ali, mas, sendo aquilo que é, um puro espírito, nao podia ver como a pele de um tocava a pele do outro, como a carne dele penetrou a carne dela, criadas uma e outra para isso mesmo, e, provavelmente, já nem lá se encontraria quando a semente sagrada de José se derramou no sagrado interior de María, sagrados ambos por serem a fonte e a taça da vida, em verdade há coisas que o próprio Deus nao entende, embora as tivesse criado. Tendo pois saído para o pátio, Deus nāo pôde ouvir o som agónico, como um estertor, que saiu da boca do varāo no instante da crise, e menos ainda o levíssimo gemido que a mulher nao foi capaz de reprimir. Apenas um minuto, ou nem tanto, repousou José sobre o corpo de María. Enquanto ela puxava para baixo a túnica e se cobria com o lençol, tapando depois a cara com o antebraço, ele, de pé no meio da casa, de maos levantadas, olhando o tecto, pronunciou aquela sobre todas terrível bençāo, aos homes reservada, Louvado sejas tu, Senhor, nosso Deus, rei do universo, por nao me teres feito mulher. Ora, a estas alturas, Deus já nem no pátio devia estar, pois nao tremeram as paredes da casa, nao desabaram, nem a terra se abriu. Apenas, pela primeira vez, se ouviu Maria, e humildemente dizia, como de mulheres se espera que seja sempre a voz, Louvado sejas tu, Senhor, que me fizeste conforme a tua vontade, ora entre estas palavras e as outras, conhecidas e aclamadas, nao há diferença nenhuma, repare-se- Eis a escrava do Senhor, faça-se em mim segundo a tua palavra, está patente que quem disse isto podía, afinal, ter dito aquilo. Despois, a mulher do carpinteiro José levantou-se da esteira, enrolou-a juntamente com a do marido e dobrou o lonçol comun.
¡BOA FIN DE SEMANA!



