lunes, septiembre 24, 2007

Puro Arte, Zhan Huan




Zhang Huan é un dos artistas chineses máis cotizados hoxendía quizais en parte debido ao rexeitamento da súa obra por parte do goberno do seu país. A súa obra combina escultura, performace e fotografía. Foi un dos primeiros artistas chineses que empregaron a "performance" como medio de expresión artística, valéndose do seu corpo como materia prima levándoo a condicións físicas extremas coa finalidade de explorar a relación entre o corpo e o espiritu. Unha provocativa toma de conciencia do propio corpo exhibido e da fraxilidade do suxeito perante as agresións físicas conforman a dramaturxia de Huan, cuxas concepcións radican –paradoxalmente- na pintura tradicional. Aa cabeza rapada e a nudez son absolutamente necesarias en todas as súas performances, dado que considera que só deste xeito o corpo pode experimentar sensaciónes auténticas, a través do contacto directo co obxecto e co exterior.


No hay comentarios: