lunes, septiembre 03, 2007

En Nadar-dos-pájaros, de Flann O´Brian



Tan insólita coma seu título é esta novela de Flann O´Brian á que lleguei tamén da man do coleccionista de excéntricos, o autor do Mago de Viena.

Sorprende a abafante solemnidade dunha linguaxe ao servizo dunha vontade de creación que lembra as vangardas dos primeiros ano do século pasado. Unha novela cubista, penso, porque racha coa preeminencia do punto de vista único. Rómpese o fío da narración cada pouco para introducirmos nunha nova historia na que o autor e os seus personaxes intercambian papeis e loitan como na vida real obreiro e o empresario. A crítica do sistema faise dende o máis profundo. A mitoloxía está, como en Joyce ao servizo deste degoiro por esnaquizar os ríxidos moldes nos que se segue a querer facer literatura. Para os que, coma min, descoñecemos en profundidade a historia e a mitoloxía irlandesas as dificultades aínda van a máis porque o relato ínzase de vellas lendas e seres fantásticos que poboan hai séculos as mentes dos irlandeses. Crítica presente e sempre latente do sistema económico, do puritanismo irlandés desa época, do cristianismo e ata da mitoloxía e a superstición que dirixe a vida destas xentes. Xa estou desexando meter o ollo aquí.
O´Brien, Flann. En nadar-dos-pájaros. Barcelona, Edhasa, 1989 [podes atopalo aquí]
Máis sobre esta novela:
Pitol, Sergio. El mago de Viena. Valencia, Pretextos, 2005. [podes atopalo aquí]

No hay comentarios: