jueves, noviembre 26, 2009
Cuñadxs somos todos.
viernes, noviembre 20, 2009
Con Alfredo no Volter, ano 82.
Para Rafa, agradecida do seu convite para colaborar co seuOurense No Tempo
domingo, noviembre 15, 2009
Pasatempo artístico de temporada.
miércoles, noviembre 11, 2009
Terapia.
O misterioso incidente do tanga a media mañá.
viernes, noviembre 06, 2009
Jockey full of Bourbon.
A ansiedade turra da miña vontade contra a noitiña, teño que liscar mercar a miña dose como calquera ionqui, por iso non me mete medo a sinistra ruela que me leva cara a máquina expendedora, e non me sinto estraña a carón dos afiliados á última hora. Facianas talladas polo hábito de enviar vascas sen mastigar cando cada minuto deixa a súa coitelada nun corpo cicais demasiado limitado para tanta violencia laboral. Facianas que adoitan conxelarse nun sorriso tan sinceiro como as incongruencias que provoca unha chea por noite. Os corpos non aguantan. Os deles, os que están no bar, á vista está que non. As moedas caen na máquina coa indiscreción das olladas dos subalternos da noite. Sempre o mesmo ritual. Logo cúspeme os cartos á cara, gústalle que lle entren a modiño, quere verme humillada cada día recoñecéndolle meu vicio ben clariño. Agora toca o máis atrevido. Devolver un sorriso a cada un destes atlantes que non terman de si. Ese momento no que a camareira mais eu facémonos chiscadelas de solidariedade nas que nos contamos unhas cantas historias. Onte, as dúas deixamos que Mohamed nos amosase a súa mercadoría e nos falase dos seus pequenos aos que con sorte verá nun ou dous anos. Cantas pulseiras non terá que vender para liscar da súa aldea e volver coas mans baleiras. Desubicados estamos todos. Esta rapaza preciosa, delicadísimamente maquillada, non tiña que estar aquí, agasallando sorrisos de veludo a cambio de indecentes verbas que estouran fóra de tempo e lugar. ¿ou si?. Dan ganas de recolocar as cousas, de baleiralo todo e limpar ben a cidade para logo estender un pano como aqueles que se poñían a clareo. Boa noite e boa fin de semana a todxs.jueves, noviembre 05, 2009
Tempo.
-Non, irei a modo, paseniño, non che doerá nadiña.
- Pero...¿estarei preparada?
- Si, és unha muller consecuente.
- Pero é que as veces dubido...
- Normal, a dúbida e a túa razón de ser. Non a miña.
- Non sei...eu non te chamei...¿ou si?
- Non, non me chamaches, pero sabías que devecía por ti, e aínda así teimabas pola miña insistencia. Foi doado deducir...
- Claro, deducir...ese monstro.
- Muller, non dramatices. Veña, acouga e disfruta co que queda.
- E que queda? ¿canto queda?
- ¿Canto? Esa teima vosa co tempo. Queda todo e queda nada. Se cadra aínda nada empezou e xa estás cismando.
- ¿decatareime de algo? ¿haberá cambios importantes?
- Claro. Pero sentiráste ben, ata liberada.
- Vale, pero non me manques.
sábado, octubre 31, 2009
Ágora, Alenjandro Amenábar
Ágora. Unha de romanos. Un pouco cruel cicais, pero así, en quente, creo que vin unha versión seria dos Monty Piton. A ver, en serio. Unha superproducción, pero non unha grande película. As verbas do propio director me confirman esta rápida impresión. O nin fu nin fa do sabio crítico, temén. Si, Alejandro recuperará o investido, sí que é unha película ambiciosa e sí que logrará captar a atención do espectador. Se deses parámetros depende a excelencia de Ágora, sobresaliente. Pero se rascamos un pouco descubrimos doadamente unha decepcionante posta en escea onde a grandilocuencia e a esaxeración rematan por facer da peli unha simple producto cultural. Que funciona, si, xa o dixen, en termos de economía. Pero non en clave artística. Mágoa o escaso partido tirado de actrices como Raquel Weisz, que malia a súa poderosa presenza non logra facernos escoitar á grande científica. Que Amenábar pode facer a película que quere está claro, e deliberadamente quixo facer unha obra políticamente correcta. Hai mercado para a crítica ao fundamentalismo relixioso e reivindicacións de xénero, por eso precisamente é unha mágoa que se traballe nese interesante eido con técnicas e recursos de cine puramente comercial. E diredes que o cine independiente está ben pero que non chega ao público. É certo. Pero moito me temo que a superficialidade e grandilocuencia que aquí se desprega non axude moito a reflexionar sobre as nefastas consecuencias da intoleracia política, relixiosa ou calquera outra. Eu imaxino outra Hypatia, unha señora moito menos glamurosa e máis implicada co seu tempo, con moitas más contradiccións, ou menos, pero moito máis humana que esta beleza de Raquel Weisz pola que non pasan os anos. Lin críticas que louvan moito a excelencia na recreación temporal, mais eses planos cenitais, os contrapicados e os uso da técnica google earth non axudan tampouco a meterse en situación. A., que adoita, malia a súa inexperiencia cinéfila, ollar os filmes cun ollo crítico moi interesante, dixo que había moito xogo de bos e malos na peli. O dito, macroproducción que non grande película. "Tres anacos de nú que non 4", A.A.F.R.
A primeira venda
de obra de A. Non puxo moito interese. O artista lévase mal coa economía. Pero un tal M. porfiou por un cadriño que representa unha pube. H. dixo que cecais fose todo cousa dunha arroutada dun galán para impresionar á moza nunha noite de esmorga. Fixemos unhas risas. O artista falou de alugar o orixinal por un módico prezo e H. turrou da brincadeira engadindo que nese caso non se admitirían devolucións nin presentando o tíket de compra. Agora río imaxinando un anac
o de corpo adornando o estudo dun representante de productos farmacéuticos. O tipo di que agora está en Portugal pero que si o artista o agarda no bar de H. rematarán o negocio. Di que está cavilando en levar os tres cadriños que forman o conxunto, pero que en todo caso queda co do medio. ¡parabéns A.!viernes, octubre 30, 2009
Frozen River, Courtney Hunt
miércoles, octubre 28, 2009
Enxeñoso
martes, octubre 27, 2009
Derrúbao ao quinto asalto Coleman.
Fai disfrutar ao público e derrúbao ao quinto asalto....A partir máis o menos de aquí vin a película que me fixo lembrar a recomendación do libro de Philip Roth que hai escasos días me fixo Paz. De momento desenfío e enguedello o nobelo que forman esas verbas e lembro a túa historia, S., e que ogallá tiveses un adestrador e lle fixeras caso. Pero non. Fas sempre o mesmo. Colles os mandos e desprezando todas as previsións meteorolóxicas pilotas a túa aeronave contra a jet stream sen preocuparte polo tren de aterraxe. O ceo está cheo de ameazas pero ti só ves estrelas e horóscopos favorables. Deveces polas turbulencias e disfrutas das inestabilidades e ata cres no funcionamento desa brincadeira de kit de salvamento. Pois eu teño medo a voar. Sei que pode ser unha parvada pero prefiro precipitarme deliberadamente. E ao público que lle dean. Que se divirtan vendo Impacto Total se queren morbo e descargar adrenalina. Hai castings que non interesan, de verdade, faille caso ao adestrador e olla as pupilas rabiosamente dilatadas do adversario. A acción é contraria á reflexión, dicíalle Coleman a Fauni no filme, faille caso ao vello profesor. E, si, xa sei que me dirás que el mesmo incumpría as súas sentenzas, pero, deliberadamente e porque Fauni era o su último amor.lunes, octubre 26, 2009
Por fin son pedra.
por fin de pedraagardei eóns
pola sutilidade dun demiurgo
por fin son pedra
materia
para escarnio de filósofos
ignífuga e abrasadora
a chuvia esvara polas miñas costas sen que
e xa non teño tampouco que
que ledicia!
de pedra...
sábado, octubre 24, 2009
Mentira.
jueves, octubre 22, 2009
Tokio Blues, Murakami
sábado, octubre 17, 2009
Para V. (I)
Unha tarde escoitando a Chet Baker compoñerás un poema. Semanas máis tarde asistirás a un recital poético convidada por unha amiga e escoitarás teus propios versos. A ollada do poeta delátao. Pero ti xa non recoñeces os signos daquela lingua antiga que te empeñaras en descifrar. E mentras o poeta recita, ti tarareas Embraceable You. Queres chegar á casa, quitar a roupa e poñer o disco, por iso te despedirás con toda a cortesía e rapidez que podes. Non consintes insistencias nin olladas indisimuladamente suxerentes. Queres chegar canto antes. Adoitas camiñar coa cabeza baixa e distraída. Por iso nunca te chamou a atención aquel home que dende meses agardaba horas fronte ao teu portal para ollarte só un minuto.
Eu imaxino a felicidade sempre en liberdade. De ser un animal sería un de corpo serpentiforme e de boca ampla, un ser esvaradío e case inaprensible. Ou unha alga, por exemplo. Seres de espacios abisais que morren inmediatamente cando os levamos ao laboratorio.
martes, octubre 13, 2009
Para S. (IX)
lunes, octubre 12, 2009
Para S. (VIII)
domingo, octubre 04, 2009
Maruja Mallo, impresión rápida.
miércoles, septiembre 30, 2009
Quixeches tocarme M.
Quixeches tocarme M. cando me pensabas e pechabas forte os ollos para crearme. Coa luz prendida gustábache máis. E pregabasme que te ollase mentres me memorizabas. Agora perdéronse algúns matices pero só con que te decidas un pouco alí estarei. No espello. Érgueste sorrindo a aloumiñas a frialdade do meu ventre movéndose ao ritmo dos reflexos que imaxinas. Cómplice do teu desexo retardas sensacións. Hai tempo. Xa se compón a figura con reminiscencias recuperadas pola túa teima de rescribir constantemente o mesmo parágrafo. Velaí estou xa, completamente debuxada. ¿vaste agora? véxote satisfeita co teu manancial de posibilidades. Pensas. Deliciosa esta dor ao abrollar as pólas en pleno outono. A túa man apalpa novas vetas que non codiciaras aínda. Entornas a porta mentras quezo co teu alento que nunca soa a despedida e entón é cando...martes, septiembre 29, 2009
Esmorgantes. Nin deus nin patria nin rei, abofé.
a Paco, Lourdes, Anxos, , Xose Luís, Mina, Quico, XanDaCova, XaimeDaPena, Lula Fortune, Arume dos Piñeiros, Conchy, Mani, Inma, Pablo, Juanma, Apicultor, Lorena, Aser, Medela, Chus, Virxinia, a aos que non puideron vir...Rubén, Vicky, Anxo...
lunes, septiembre 21, 2009
A palabra das fillas de Eva, Teresa Moure.
Para Ana.
Onte soñei contigo Ana. Traballabas nunha estacion de Metro en Madrid e eras, como sempre o centro de atención. Coa túa presenza ambigua esaxerando acenos e facendo chiscadelas para selar solidariedades. Eras aquel rapaz de sorriso burlón e profundo. Ao teu carón todas eramos novatas ou mequetrefes. Semellabas ter o control. Pero eu sabía que tú sabías que eu sabía. Por iso desconfiabas, por iso te volviches cara min e nos abrazamos tan violentamente. E non controlaches. Cazáronte os exhibicionistas disfrazados de inspectores, totalmente espidos, amosando o poderío da súa disuasión de pacotilla, para avergonzarte. Pero ti nada, non hai que te aprenda. Dixeches que serían uns trámites e termaches do teu pecado coidando que te ollasen ben e desapareciches entre aquela morea de postmodernísimos. Eu quedei alí. Non podía moverme. Naquela megalópole había que camiñar sobre globos e eu caía de contino. Ademais era transparente. Polo menos ata que me viron contigo, que a partir de aí xa comezaron a guindarme todo o regufallo das súas incoherencias léxicas. E voltaches axiña, mágoa, eu xa espertara daquela.miércoles, septiembre 16, 2009
A palabra descendida, Emilio González Ferrín.

Para Víctor

Aprender de contado unha nova lingua, desbotar algúns imperativos, colorear baleiros moi a modo para non invadir liñas, achegarse ao abismo e ollar sen medo as distancias, sentir o novo arrecendo do teu corpo, escoitar atentamente o silencio e berrar aproveitando o balbordo, procurar tempos, disimular cambios, reexplorar paisaxes archicoñecidas, sementar verbas na eira dun soño, recoller froitos fóra de tempo, desatender chamadas inoportunas de prudencias obsoletas, rachar espellos mentireiros, escoitar o canto das sereas, desentullar corredoiras, compoñer un soneto sobre un billete de cincuenta euros, inventar oracións e axeonllarse só para o que ti sabes, non sei se me entendes Víctor...
Imaxe: Lucien Freud. [pista]
Gústame M.
martes, septiembre 08, 2009
Ya no quedan piratones....
Gustoulle velo alí na escalinata da facultade tranquilamente lendo o xornal mentra ela se afacía á cidade na que quería vivir, pensou que era unha ocasión de poñerse ao día co seu tempo e que cicais ata podía ser boa cousa namorarse dun home tranquilo que a faría esquecer algún erro prolongado, el non repararía nela en moito tempo, xusto o preciso para que cada un debuxase camiños de seu que certo día celebrarían con pouquísimas verbas e un par de acenos. Ela debecía por fuchicar neses petos esgazados que degoiraban larpeiradas tan saborosas como inútiles. Cando atopou aquel sinxelo papeliño coas verbas do poeta atopou a clave da felicidade.Vivir a Vida, Sara Sefchovich
No se preocupe respondió el ya para entonces sobrio encargado, con un alambrito yo mismo puedo abrir, en esta vida cualquier cosa se arregla con un alambrito. Y dicho y hecho, en un santiamén las tres cerraduras importadas en las que mi marido había invertido miles de pesos y de las que tanto se vanagloriaba, cedieron con facilidad y pude entrar en mi hogar.
Máis información: El viaje en la obra de Sara Sefchovich.
Sefchovich, Sara. Exigencias imperiales y sueños imposibles. Del transculturalismo al multiculturalismo.
lunes, agosto 31, 2009
Horror.
martes, agosto 25, 2009
Anticristo, Lars Von Trier (I)
lunes, agosto 24, 2009
Educación e Paz III, Xesús R. Jares (Coord.)
Cheguei moi tarde a Suso Jares, o día que seu amigo Manuel Bragado fixo unha conmovedora anotación de despedida no seu Brétemas. Lembro que tiven a sensación de terme perdido algo moi importante, pero teño a sorte de poder botarlle a culpa destes baleiros da miña biografía a un longo período no que fun abducida por uns seres moi moi doutro planeta dos que agora non ven ao caso falar. O territoro de Suso Jares era o da Paz e grazas a súa dona, que ten a sorte de chamarse como a utopía do seu namorado, coñezo hoxe un pouco máis da súa loita e da súa obra. Educación e Paz, recolle as achegas de cantos traballaron naquel fermoso proxecto de Suso, Educadores pola Paz. Creo que sería un bo xeito de contribuir á súa nobre causa facerce con estes textos e lembrar a súa obra. Raña L., Paz. Suso Jares, Subversión e tenrura. A Nosa Terra, 29 de xaneiro de 2009.
Raña L., Román. Memoria de Suso Jares. Faro da Cultura, 11 de decembro de 2008.
Publicacións de Suso Jares: Universidade de Santiago, Universidade de Vigo.
domingo, agosto 23, 2009
Guitarrista e Candela.
viernes, agosto 21, 2009
Desgracia, Steve Jacobs
Concordo con Molina Foix no de corrección escolástica, pero non que sea unha adaptación literal. E que esas dúas impresións parécenme contradictorias, ademais. Hai dous anos que lin o libro e teño mala memoria para feitos, nomes e topografías, pero non para sensacións. E lembro perfectamente a riqueza de matices dunha lectura durísima e dunha crueza só comparable coa hostilidade dun entorno ameazador no que non se albisca esperanza algunha de felicidade e reconciliación. A grandeza de Malkovich impide ver a David Curie, o sublime profesor de literatura no que se debate o romanticismo de Wordsworth e o un irrefrenable deseo sexual ao que é doado responder dende unha posición de poder. A súa relación coas mulleres sempre é de dominio e intúense doadamente o perfil dun maltratador de alto standing. Aí é onde Malkovich está maxistral. Mais a maior parte da historia desenvolvese no complexo contexto da convivencia coa filla, un insólito personaxe que representa maxistralmente a capacidade feminina de autoflaxelación nunha actitude incomprensible de aceptación de tódalas culpas habidas e por haber. Cicais a maior riqueza do filme, e do libro por suposto, e a extraordinaria oportunidade que nos brinda para reflexionar sobre a orixe e complexidade da violencia entre sexos, entre pais e fillos e entre culturas como froito dunha dominación do masculino, do relixioso, do irracional. miércoles, agosto 19, 2009
[et al.]
promiscuo, como le Déjeneur sur l´herbeviernes, agosto 14, 2009
Incidente aéreo
jueves, agosto 06, 2009
Tren nocturno a Lisboa, Pascal Mercier.
Raimundus Gregorius, un profesor de cincuenta anos, respetadísimo filólogo experto en linguas clásicas, cunha vida satisfatoriamente aburrida, nun momento preciso, nun só segundo, decide mudar completamente o rumbo da súa vida. Un casual encontro cunha muller unha mañá que tiña que ser coma centos doutras mañás, e un libro que, casualmente tamén, merca ese día, deciden a Mundus a aparcar a súa vida para rescatar a dun desconocido, un tal Amadeu Prado, do que só coñece unhas verbas portuguesas que leu nese libro. É a historia da procura dun mesmo a través do rescate da vida do outro. O insoportable peso da rutina de décadas esváese o día que R. G. se "atreve" a esas pequenas cousas sen importancia que acaban por converterse en fazañas tan imposibles como acompañar a unha muller ou entrar no Hotel Bellevue, polo que pasaba tódalas mañás cara o instituto. A comodidade, o inmovilismo, o medo aos cambios de Mundus, tradúcense en dependencias tan ridículas como a que experimenta co seu oculista ou coas súas gafas. De feito, a rotura das vellas e grosas gafas do profesor e o obrigado cambio cara un modelo máis lixeiro e moderno significa tamén a superación da súa incapacidade para facer mínimos cambios na súa vida. O libro é tamén unha interesante reflexión sobre as palabras, e por aí andan os ensaios de Montaigne, o Livro do desasosego de Pessoa, as Meditacións de Marco Aurelio, e a historia da represión en Portugal e a nobleza e a covardía, e Maria Joao Pires, e as Variacións Goldberg, e Berna, e Lisboa, e o amor. Veño de autoconvencerme de que sería bo mercar este libro para un agasallo que teño pendente.
martes, agosto 04, 2009
viernes, julio 31, 2009
A Voráxine, José Eustasio Rivera
jueves, julio 02, 2009
Psicodelia
martes, junio 30, 2009
lunes, junio 29, 2009
Sacrificio, impresións...

Acordo debruzada, a carón da ausencia, co zunido da noite asolagando o meu insomnio. Pel queimada por verbas que estouran antes de desintegrarse definitivamente, afogadas na choiva para fermentar no lidro que cobre toda a cidade. Alguén aínda se anica para turrar dun farrapo. Sacrificio. Desolación. Da cidade lixo foxe a desesperación pola mesma corredoira, todos enchoupándose nun chan lamacento que agocha renuncias que arrecendían a gloria.
sábado, junio 27, 2009
Gris metalizado, por favor...

viernes, junio 26, 2009
Pavadas de xénero, que dirían eles...e pasatempo ad hoc!
jueves, junio 25, 2009
Nazanin Amirian, explica a situación de Irán
viernes, junio 19, 2009
Pijus Magníficus
e se vexo a escea cincocentas veces, cincocentas veces que me parto de risa

