martes, septiembre 27, 2011

unha hora na vida Stefan Zweig, Lagarta Lagarta




Antonio Tabarés, o autor do texto dramático e Rosa Álvarez, directora da obra que a compañía Lagarta Lagarta está a representar sobre o meu querido Stefan Zweig fixeron moito máis que un traballo dignísimo. Contribúen á recuperación dun tesouro. Unha das maiores excelencias literarias e humanas que aquela xenerosa centuria decimónica deu en parir para ser de seguida humillada pola devastadora puntualidade da maldade, sempre agochada tras as portas da historia para pasar a coitelo á pouca sensatez que pode medrar nuncas décadas de paz. Non levaba eu moita confianza nesta posta en escea, cicais por unha cultivada e obsesiva admiración que lle profeso ao escritor. Téñoo por un vello coñecido e amigo, sei das súas teimas e dos seus prexuízos, dos seus medos e das súas paixóns porque o seu perfil asoma nidio no recanto de cada frase dos seus libros, moi especialmente nas páxinas das súas memorias. Eu creo que fun case máis a vixiar que a ver unha obra de teatro polo nada mero afán de pracer. Con todo, eses primeiros minutos de posta en escea no que Belen Constenla le a última vontade do seu home, estático no centro do escenario, soportando o son das lembranzas a canonazos, foron moi oportunos para mudar a miña actitude rebelde. Creo que hai que facer este exercicio de mínima sumisión se se quere ser bo espectador e tirarlle partido a obra. Unha hora na vida de Stefan Zweig hai que disfrutala aínda que sexa un soño ou unha ficción, díxenme. E fun quen de exiliarme nun esceario a milleiros de quilómetros e setenta anos atrás da man da enigmática Lotte Altman, do obsesivo Samuel Fridman e do propio Zweig. O carrusel comezou a súa viaxe cunha música que non concordaba co ritmo dramático que impoñía o guión. Un descoido un tanto impertinente, este da música, estando Schubert tan presente na vida e na obra do personaxe principal. Pero foron máis os acertos. A interpretación de César Cambeiro, por exemplo, con ese tremelicar misterioso que o arreguiza dende o comezo, cando invade o lapso espazo-temporal máis íntimo dos Zweig. De socato, a delicada orde coa que a parella prepara o derradeiro instante interrompida coa violencia que tanto detesta o escritor. Prodúcese entón unha complicidade entre este e o público, a curiosidade ¿quen é este maldito intruso? Eu penso que todos os que relemos as súas memorias quedamos cunha morea de preguntas anoadas na gorxa, preguntas e recriminacións que son as que o atrevido e falso Fridman ceiba nun esceario que treme ao compás das súas obsesións. Curioso personaxe Fridman. Seica ven na procura dunha peza valiosísima para a súa colección pero en realidade ven curarse dela, o mesmo que o noso escritor, só que a terapia de Zweig é moito máis afouta e sabia porque é quen de empregar toda a liberdade que foi colleitando no transcurso da súa vida para facer dela a súa causa final. Dixoo mais ou menos así: a túa vida non está nas túas mans, pero sí a túa morte. Porén todos os que lemos a Zweig, penso, somos uns Fridmans incurables e seguimos recriminándolle (¿a quen?) esa decision tan inxusta. Eu, nunha hora con Zweig faríao, si, pero tamén lle preguntaría por Lotte, por que non a convenceu de que quedase. Estou segura de que non lle levaría moito traballo convencela. Lotte, a secretaria, a sumisa, a que non lle mereceu unhas verbas na súa carta de despedida, que misteriosa muller....

lunes, septiembre 19, 2011

El arbol de la vida, Terrence Malick



Para Geles, que mira que se puxo pesada...

...e para Fernando L. que nos recomendou todo o cine de Malick

e sobre todo para Carlos Boyero, a ver fala un pouco máis baixiño...



As primeiras esceas son coma anacos de fotografías recortadas ao chou para montar un collage, non, a primeira imaxe é unha pantalla negra cunha luz no centro, calquera cousa pode ser, que teima por querer descifrar todo dende o comezo, ¿o fume dunha vela?, todo pode ser distorsionado doadamente cunha sinxela intervención no proceso fotográfico, quero que aparezcan persoas, que se erga xa o pano, só que, agarda, escoita, a música, teño que deixarme levar pola música, se non non verei a película, isto non é un documental, estoume a despegar da butaca, levito, serei ridícula, saio un momento de min, sitúome fronte ao público, non, a carón do público, si, agora decátome de todos os sons que caracterizan a unha sala que se resiste ao feitizo do cine, e véxome nun estado de emoción moi esaxerado tratándose do primeiro minuto, volvo a ver a película, volvo a deixarme guiar pola música, e expándome, pregúntome, estouro, sinto frío, fervo, son cálculo infinitesimal e son un electrón expulsado á velocidade dunha célula que leva prisa por atopar parella, e son unha sinapse, agora si que vou entendendo, xa non preciso da narración e xusto entón punto. Voz en off que estás na terra, cala, resístome ao discurso que presinto archicoñecido pero volve a música para levarme a espacios e tempos tan alonxados como os membros dunha familia típica de Texas. O mundo, a creación, a destrucción, o accidental, o azaroso, o que non debía de facer, o que penso, o que me fan pensar, o divino, a natureza. Unha sensación Kubrick corenta anos despois. Ide ao cine.


miércoles, junio 22, 2011

Claire Goll, en vivo e en directo!





Fonte do video: Apostrophes "Et si nous parlions de quelques grands écrivains?" , emitido o 15.10.1976



Bernard Pivot: Claire Goll, poeta, novelista, periodista, ten 85 anos…podo dicilo porque a ela non lle incomoda que lle lembren a súa idade…naceu en Baviera, [interrompe Claire “en Munich”] en Munich, de pai xudeo...



Claire Goll: Non, prusiano. Bernard Pivot : Si, a medias.



Claire Goll: Prusiano, aristócrata e xudeo.



Bernard Pivot: Casou co poeta Ivan Goll, do que colleu o apelido e ven de publicar un libro autobiográfico titulado Á caza do vento. Debo dicir que menuda vida que ten vostede, non me aburrín ou lelo en momento ningún, ata me preguntei se sería certo o que lía ás veces. Volvín a moitos parágrafos que me deixaron abraiado. Pero imos falar de vostede e dos homes que coñeceu, e tamén das relaicións coa súa nai, a que di vostede que tentou matar, ¿es certo iso?



Claire Goll: Si, eu tiña entón dez anos. Rouboume a miña infancia, a miña adolescencia, era unha sádica que nos maltratou e nos pegou "a morte" a min e a meu irmán, meu pobre irmán, que me quería tantísimo, e que se suicidou aos dezaséis anosporque quería defenderme contra ela e seus golpes, si, evidentemente, a odio.



Bernard Pivot: Paréceme que amorea vostede unha xenreira moi grande, dende logo nunca vin tanto odio a unha nai en libro ningún, tendo en conta ademáis que a súa nai morreu nun campo de concentración.



Claire Goll: Tanto me ten.



Bernard Pivot: ¿élle indiferente?



Claire Goll: Vostede non leu aquela novela miña á que chamaron o Poil de carotte feminino ¿non si? Tituleino o Ceo roubado, e tratábase da miña infancia e adolescencia, alí falei polo miúdo dos métodos bárbaros da miña nai. Fixo que eu coñecese os campos de concentración con vinte anos de anticipación e a miña nai foi a primeira nazi que coñecín.



Bernard Pivot: Viviu vostede un grande amor co seu home Ivan Goll, un amor atormentado do que imos falar; quíxolle tanto que tamén estivo a piques de matalo, de feito disparoulle....



Claire Goll: [cun aceno de grande sorpresa] iso foi ao meu primeiro home.



Bernard Pivot: Ah ben, o primeiro, pero entón foi certo que lle disparou…



Claire Goll: Si, dispareille pero fallei, din na porta.



Bernard Pivot: Pero vostede é terrible, o di así tan tranquilamente no seu libro, como se fose algo normal.



Claire Goll: Pois claro, ¿Por que non? paréceme que a violencia é mellor que a serenidade.



Bernard Pivot: Falemos de Ivan Goll ¿Quen era Ivan Goll? ¿un poeta, un novelista?



Claire Goll: ¿Permíteme que lle diga algo? ¿sabe vostede que estou aquí en contra da miña vontade?



Bernard Pivot: ¿Ah si? ¡eu non a obliguei a vir!



Claire Goll: Negueime rotundamente a esta aparición e foi o meu encantador editor que insistiu, evidentemente el esta pensando na distribución dos seus libros, pero a min iso tenme sen coidado, eu non son un artigo publicitario sometido á mendicidade dun comerciante que me emprega indisimuladamente para vender seu producto, negueime totalmente, pero estou finalmente aquí, pero pola súa causa.



Bernard Pivot: Cicais entón lle faltou un pouco de carácter para dicir que non, deduzo…. sobre vostede hai na colección X un libro e tamén sobre seu home, pero este xa non se pode atopar, está esgotado…pertence vostede a unha familia de poetas, con Goll, que por certo era un home…



Claire Goll:…era un deses xudeus mesiánicos, un home duhna grande beleza, un home que me educou, me criou, recoñecín nel todo o que su fun, e todo o que son débollo a el. Bernard Pivot: Era muy entregado para con otros escritores, ud. cuenta que…



Claire Goll: Si, ha hecho mucho por Sir John Perce, lo ha lanzado en América, en su revista “Hemisphère” ha publicado “Exil”, ha lanzado….



Grazas as miñas amigüiñas Marián e Marifló!

lunes, junio 20, 2011

quejemos a Brjaian!



Brian: ¡Bueno, que yo no soy el Mesías!
Multitud: ¡Ahí está! Es él, el Mesías!
Brian: ¡Iros a la mierda!
Hombre: ¿Cómo vamos a la mierda, Mesías?


Os que non queren entender o 15M seguen coa súas teimas, unha delas recorrente. Queren un líder. Un interlocutor válido. Alguén a quen adobiar e seguir coa hawaiana na man, para poñerlle prezo, mercalo, vendelo, empoleiralo e lapidalo, meterlle costo nos petos por revolucionario de merda. A cidadanía é un corpo electoral a efectos de voto, o cidadán "fala" cando vota, cando ficha, pero a cidadanía non é ninguén cando berra na rúa que non hai pan para tanto chourizo, cando se desmarca da corrupción e da violencia dunha elite política e empresarial sen prexuizos que ameaza só con recortes para os máis pobres, aos que de paso se criminaliza e insulta e se lle dan cachiporrazos coma nos mellores tempos da case transición. Do de onte chamáronme atención esas persoas que nos primeiros pisos das súas casas ollaban coas fiestras pechadas (sempre as pechan, téñenlle medo a que corra o ar) aos que pedían democracia real. A multitude, non é un interlocutor válido cando fala e se comporta cunha educación que vai ti saber de onde a sacaron, porque dende logo nos institutos, a estes mozos non se lles ensinou a falar así de claro e tan ben. Haberá que perfeccionar as infiltracións nas concentracións e disfrazar a Camps, que ten moita presenza, de Brjaian para ver de poñer orde!

viernes, junio 17, 2011

hostias gratuitas?




sihomesi, agora resulta que hai que pagarlles os millóns de horas que adican a adoutrinarnos para que nos deixemos meter man e roubar, ¿e que máis?, que si, que si, que por cada hostia podíades cobrar só que fosen 0,10 e abondaríavos para autofinanciarvos...e a todo isto ¿sabíades que no 2010 máis do 50% dos fondos de Sanidade e Política Social foron parar a entidades vinculadas á santa igrexa católica? e mentres seguimos a preguntármonos se xa ingresaron o IVE do 2010...eu creo que os indignados deberían pensar en acampar un par de días nas sacristías das súas parroquias....¡boa fin de semana!


miércoles, junio 15, 2011

Te seguiré de cerca Claire Goll...

"He conocido a grandes hombres, genios incluso: Joyce, Malraux, Saint-John Perse, Einstein, Henry Miller, Picasso, Chagall, Maiakovsdi, Rainer Maria Rilke, Montherlant, Cocteau, Dalí, Jung, Antonin Artaud, Lehmbruck, Brancusi...El rasgo dominante, en la mayoría de ellos, era el fanatismo helado y la cerrazón. Ni siquiera Satie, con su pobreza, su dulzura, su ironía, se permitía el más mínimo calor. Siempre abotonado, siguió estándolo hasta en la sala común del hospital Saint-Joseph, donde, debatiéndose en su lecho de muerte, vociferaba: "La carta, pero dónde está la carta...". Y él, que en toda su vida jamás había abierto un sobre, se quitaba de encima las mantas y tiraba por el suelo los frascos para echar mano a ese misterioso correo. Ésa era su última jugada, que bloqueaba para siempre cualquier comunicación. Entre los grandes, no había ninguno tan agarrotado como James Joyce. ¿Un pez polar? ¿Un bogavante con caparazón de ostra? Respeto demasiado a los animales, aunque sean medusas o moluscos, para compararlos con esa momia disecada, esa cáscara sin savia ni calor, ese fruto seco de Joyce. Desde el punto de vista humano, el fracaso más fúnebre de la creación, por más que se cuente entre los grandes logros de la literatura. Lo he aborrecido, aunque sin ponerlo al mismo nivel de execración que a mi madre, a la que odio por encima de su siniestra agonía en los campos de concentración. He amado a algunos hombres y bastantes más me han amado, pero hasta los setenta y seis años no tuve mi primer orgasmo, pese a mis aventuras y mis relaciones, tuve que esperar a que, a esa edad, un muchacho de veinte años me enseñara que una mujer podía hacer el amor de una forma distinta, no debajo del macho, en la posición sumisa del animal. No me quejo: a pesar del año del bello sexo que se acaba al mismo tiempo que el año santo, a pesar del Movimiento Feminista, sigo manteniendo que la mujer es un ser inferior y que nunca será la igual del hombre...."




E isto só é o comezo. Un libro "encantador", sobre todo para mulleres desprexuizadas e críticas con posturas totalmente radicais contra o noso sexo dende o noso sexo. Un exemplo de claudicación fronte á súa intelixente percepción da total imposibilidade de igualdade. Unha alfaia de libro que recomendo ler ao mesmo tempo que as memorias de Zweig. Se pode ser intercalando os capítulos dun e doutra, mellor. A paz que procura a pausada sabedoría do primeiro quedará marabillosamente interrompida pola paixón autodestructiva desta muller enimiga colosal de si mesma. Son dous libros que nos fan replantearnos moitas cousas polas súas visións absolutamente contrapostas do mesmo e convulso período que viviron. A maior contradicción cicais a atopo en que a serenidade de Zweig rematou en suicidio fronte a lonxevidade da vida atormentada? de Claire...seguiremos falando, por suposto, pero vou agardar a que leades os libros e entón falaremos longo e miúdo...

martes, junio 14, 2011

Entführung VS Copie


A vulgaridade é unha conquista do progreso e a copia ven sendo, polo menos dende Gutenberg un dos síntomas máis recoñecibles de que se está ao día. As
intelixencias máis sobranceiras do noso entorno cultural xa recoñeceron e aceptaron, incluso reivindicaron como arte tamén aquel que perdeu a virxinidade, quero dicir, a autenticidade, ou, para falar como unha auténtica letrada, a aura. Pero unha cousa é esta perda de valor do único e orixinal e outra ben distinta o feito de presentar como propio algo que non é noso. Como diría Millás, se eu me chamase Juan Carlos Mejuto tampouco me cortaría en recortar un artigo dun chinés (nestes tempos non haberá moitos que lean literatura científica) para pegalo nunha prestixiosa revista americana de química, porque ata Napoleón se cría por veces emperador ¿ou non? Pero o que a min me pasa é que atopo demasiadas copias. Hai un tempo ata me facía gracia atoparme cun libro que plaxiaba descaradamente outro anterior, era como un premio a tantas horas adicadas á lectura. Agora o plaxio ¿como diría? perdeu as formas, e contaxia dunha vulgaridade pegañenta ata ao propio orixinal. O exemplo perfecto son estas portadas de dúas prestixiosas revistas. A elegancia da idea orixinal do espello só durou unha semana que foi o que tardaron os observadores en reformateala nun refrito de significantes a cada cal máis repugnante...sexo, poder, machismo...para unha paella que se diviña tan intragable, longa e indixesta como esas papas que che dan cando fas unha proba para ver o tránsito intestinal.

lunes, junio 13, 2011

Calle di Botteri

Calle di Botteri


Case todo o mundo estivo alí ou polo menos iso é o que din. Orgullosa e insaciable filla de idades douradas, gústache ese runrun, estar en boca e todos pero só te amosas enteira aos que se che entregan aínda sen verte, case sen sospeitar a túa existencia. Inesgotable república de venus impúdica amosas a serenísima beleza da vellez máis insolente. Ela. Acouga a sabedoría da eternidade que se sabe efémera por iso xenerosamente agasalla aos máis descarados, os que se atreven a ollala sen carautas nen permisos, cos anacos que se desprenden da súa pel quebrada polo descoido e o vicio de tantos anos de esmorga e bebedela. A min. Fálasme cun idioma que arrecende a néboa e que se fai tinta ao mesturarse nas augas das miñas prediccións; saberei onde atopar a cerna do teu verdadeiro encanto, ese misteriosísimo segredo que procuran desesperadamente as musas por encargo e que nunca atoparán por telo esaxeradamente preto dos seus ollos cegos de cobiza. A beleza en estado puro non se che aparece se non es un gatiño negro que se agocha polas noites á caloriña dos teus sottoportegui cansados logo de tanto bruido de exóticas linguas que non entendes, se non es unha gaivota que, insegura, se detén na súa viaxe para volverse pedra ao contemplarse no reflexo das súas bágoas...


¿agora entendes por que non quero ese mercedes cupé que te empeñas en mercar?

viernes, junio 10, 2011

Quizás....




4TTTQUIZAS
123444PAREZCA
12345P44RESUNCION
1234544ARREBATAR
FMOMENTOS
441AJENOS






Vaciado real, verán, Chapela 2010

miércoles, junio 08, 2011

Sen perdón (e sen Clint E.)

Grazas a Xosé Teiga, Director Creativo, por deixarme poñer este seu precioso deseño que xa quixeran para si estes.


Sempre me estrañou a ausencia de vaqueiros negros no western e na literatura do oeste, os xéneros máis populares da cultura estadounidense. Porque afroamericanos xa había ben deles logo da guerra civil e dende logo non os trouxeran só para adobiar aquelas ostentosas mansións de
Early Classical Revival Style, que tamén. Así que, xa me tardaba a min a recuperación desta figura varonil, solitaria, afouta, emprendedora, curtida...e agora, por fin, tamén negra. Temos por fin o sheriff global que merecemos, alguén que de verdad mira por tod@s nós, un family man case de deseño e por suposto coa perneira abondosamente equipada con ferramenta de tecnoloxía en punta para acabar cos violadores das nosas fillas (¿poderíamoslo mandar a recuperar a cabeza do estróscan ese que abusa das mozas dos saloons? O verdadeiro mesías non era aquel falso profeta que esbardallaba todo o santo día. O auténtico heroe é o pistoleiro de toda a vida, ao que deberiamos ofrecernos ás escarranchapernas todos os cidadáns deste world far west se non queremos ficar sen cabeleira á primeira de cambio. Porque indios xa non quedarán moitos pero osamas seica hai verdadeiras plantacións allende o 1600 Pennsylvania Avenue.

viernes, junio 03, 2011

Bookwork. Medium to object to Concept, to Art. Stewart Garret

Volvamos aos libros...porque a perraca actualidade nunca concede tregua. Imaxe


A mostra dos obxectos poéticos de Cáccamo suscitou algunhas reaccións curiosas. Como ben sabedes, este poeta e artista leva anos facendo curiosas intervencións en obxectos normalmente relacionados coa escrita, fundamentalmente libros e máquinas de escribir. O resultado adoita ser unha afortunada hibridación conceptual na que a resemantización do obxecto manipulado conduce a unha obrigada lectura nova do material de traballo. Tiven a exposición literalmente diante do meu nariz durante dúas semanas o que me permitiu disfrutala directamente pero tamén observar as reaccións do público. Chamoume moito a sensación de desagrado coa que foi acollida por dúas persoas distintas e por diferentes motivos. Unha dicía que non compartía en absoluto que se maltratase aos libros dese xeito. A outra persoa -docente para máis inri- descartábaa sin máis porque non lle gustaba a arte contemporánea. Este segundo caso entra de cheo no tópicazo xa moi manido sobre o engano e a incomprensión que a arte contemporánea suscita no público. Non me interesou turrar máis dun argumento que xa non creo que teña moito máis que dar de si. Pero ese maltrato ao que aludía o primeiro si que me pareceu de máis interese. Nun entorno de crise do papel como base para a comunicaión, eu diría que incluso de crise na comunicación en xeral pola excesiva manipulación dos discursos, hai tempo que me resultaba interesante o novo papel dos vellos libros. ¿que facer con eles?. Hoxe, precisamente, engadiría ¿que facer cos que xa nacen vellos e obsoletos? Interesáronme sobre todo as propostas que viña do mundo da arte máis recente. Así que fun na procura do vieiro inaugurado por Duchamp con aquel interesantísimo "Readymade infeliz" e atopei propostas fantásticas. Cos vellos e obsoletos libros podían facerse autopsias, efémeras macroedificacións, sinistros rexistros de poboación, deconstruccións, novas ferramentas e ata se podían comer. De todo esto falaba en profundidade Stewart Garret no seu artigo "Bookwork as Demediaton" no Critical Inquiry. O meu deficiente inglés impídeme disfrutar deste texto como me gustaría así que seguín polo mesmo camiño. Así foi como dei con este libro no que o mesmo autor fala deste estraño fenómeno artístico no que o libro atopado, manipulado, desmembrado, cortado, esculpido, dixerido, reestructurado, construído, reaproveitado, só ou formado parte dunha instalación, remata nun museo, non por cuestións de conservación, valor ou propiedades textuais, senón porque acadou unha dimensión diferente segundo a interpretación do artista. É importante salientar que non estamos a falar do libro de artista como xénero que xa ten unha longa e fructífera vida, trátase dunha nova vía, unha investigación incipiente sobre a identidade material do libro e a súa resonancia cultural. Agora sería bo atopar un traductor/a para este texto que estou a piques de papar enteiriño. Boa fin de semana.

jueves, junio 02, 2011

Adivina, adivinanza...

¿recuerdan ustedes el juego aquel del disparate? pues eso, adivinen que le ha dicho su majestad a su santa esposa cinco segundos antes de esta instantánea y que ella en este mismo momento pone en conocimiento del señor Frank Cotton, un poco irreconocible sin sus famosas púas autosacrificiales...

lunes, mayo 30, 2011

O labirinto de Gonzalo Anes

Leonora Carrington, El laberinto
Levo días na procura dalgunha análise medianamente seria do movemento 15M pero non teño ningunha sorte. É verdade que no momento de máxima actualidade a prudencia -prima carnal da covardía- obriga a especialistas a manterse fóra da liña de exclusión. Opinar é un deporte de risco ata para os afoutos profesionais da pluma que asinan columnas just in time ou incluso antes de que "suceda" o titular. Diría eu que unha das múltiples caras do irregular poliedro do 15M -e das máis interesantes- foi a inoportuna espontaneidade que provocou e segue provocando nesa caste sacerdotal de tan longa tradición demócrata -os oráculos foron para os gregos tan importantes coma seu sistema de organización política- que son os "creadores de opinión", aos que coa benevolencia -prima segunda da ignorancia- do obediente cidadán democrático convidamos a instalarse para sempre entre nós. Pois ben, nesa procura case desesperada dunha análise esclarecedora decidín acudir á Pitia, como boa cidadá ben educada e incluso cunha formación diría eu altamente especializada no relativo ao manexo das fontes orixinarias. Por profesión e por devoción fun á morada do sabio e a súa mensaxe foi unha sinxela e determinante sentenza: El movimiento 15-M solo será una anécdota en los libros de Historia. Gonzalo Anes, dixit. Nin a Sibila de Cumas podía fornecerme dunha tranquilidade maior para a miña impertinente curiosidade. Aínda me explicou máis este enviado de Atenea. Dixo que -referíndose aos indignados- denotan una formación muy deficiente y muy pocas posibilidades de entender el mundo en el que viven. Ao comezo non entendín, confésoo. Foi coma se o fontaneiro que me ven de instalar a grifería me viñera botar en cara a mala calidade da instalación. Ou peor aínda. Coma se antes de comezar a arranxar a avaría me adiantase que a cousa ía quedar moito peor. Admito incluso que viñen cara o choio coa indignación dunha crente que no canto dunha hostia recibiu unha roda de cogombro. Entón miña sufrida compañeira amosoume unha noticia de El País, pedindo disculpas por anticipado, of course, porque me quere moito e é educádisima. Díxome, ¿falas deste Gonzalo Anes? Si falaba, si. ¡Como está a profesión, gensantísima! É que é abrir a cancela e vírseche enrriba todo o po histórico amoreado en trinta tomos do non tan mal historiador, por non dicir valeroso e moderado.

Grazas Geles, pero case prefiro que me leas o conto da Caperucita Antivermella nestas marabillosas sobremesas que compartimos.

jueves, mayo 26, 2011

Pederastia legal?


"Personalmente no condeno las relaciones entre adultos y menores. Depende del niño. No se debe nunca entrar en su espacio personal si el niño no quiere. Pero hay niños que indican que es admisible. En ese caso el contacto sexual es posible"
Líder salesiano en Holanda, dixit

Van B., de 73 años, es militante de la asociación Martjn, un grupo legal en Holanda que defiende abiertamente la pederastia como una actividad "perfectamente legítima

...y no pasa nada...les dejamos a nuestros niños con toda la confianza y además beatificamos y santificamos a los que los protegen...porque los que no concordamos o somos terroristas (que diría Conde Roa) o tenemos problemas con nuestras almas (que diría aquel cuyo nombre ni siquiera me atrevo a pronunciar y mucho menos a escribir) que sólo pensamos en quemar iglesias....vaya...vaya...una más, y yo me hago miles de preguntas que nunca tendrán repuesta como...¿que monstruosidad más puede ocurrírseles a los santos varones -perdonen, pero de momento, todos ellos son del mismo sexo, creo- para que sus acólitos se planteen hacer algo?

Con alas




Book with wings, Anselm Kiefer. FOTO



O libro con alas de Kiefer transportoume a unha tarde fría de inverno infantil que pasei pegadiña á placa eléctrica e cun libro de mitoloxía grega nas mans. Aquelas historias de Dédalos, de labirintos e de deuses e deusas que eran homes e mulleres que parían planetas e aqueles cabalos voadores quitáronme o frío para moito tempo. O libro alado de Kiefer -védelo mellor aqui ten a mesma forza que aquelas imaxes. Ten a dureza do forza imperecedoira dunha páxina que se petrifica no mesmo momento da lectura. Cicais sexa a fantástica combinación da dureza do material con esa irresistible levedade do que serve para voar o que me permite disfrutar da simultaneidade dunha sensación de extrema pesadez ao tempo que dunha liberación case absoluta. Coma se me botasen enriba un océano cuxas augas se volvesen nubes nada mais tocar a miña pel. Unha metáfora moi apropiada para esta realidade absolutamente abafante de xentes reviradamente confundidas e atrofiadas que turran desafiando á propia gravidade dun mundo que inexorablemente vai cara arriba, ou cando menos en dirección contraria. Mentres os maiores e poderosos donos dos discursos esquecidos, inventados, alterados e absolutamente manipulados xogaron a borrar o indeleble estes mozos tomaron nota e nesa polis nova cuxo berce na ninguén será quen de eliminar van gardando todo o que ocorre cada día, porque hai cousas que si que aprenderon. Teñen alas, e teñen a lixereza e a elegancia de desplegalas no momento xusto. Ogallá toda a historia do Minotauro sexa unha comedia.

martes, mayo 24, 2011

imeils/2: Para Heike

Queridísima amiga: En el adjunto te mando una foto (por teléfono no me fue posible enviarla) que resume muy bien la situación. Imagino que conocerás el sentido de la frase ¿no? Hicimos esa foto en Portugal, concretamente en el barrio estudiantil de Coimbra en unos momentos en que eran los portugueses los que estaban saliendo a las calles a protestar por la situación. En aquel momento aquí el discurso era mira tú, nuestros vecinos como no se callan, pero nuestros jóvenes están dormidos. Bien, pues nuestros jóvenes ni estaban dormidos ni apáticos, lo han demostrado y siguen en ello pero ahora la gente de mi edad tiene opiniones muy curiosas. Quitando a la gran mayoría que ganó las elecciones que son ni más ni menos que seis millones de personas que se identifican con la derecha y eso en España hay que interpretarlo, creo como un gran retroceso, el resto, los que se supone que deberíamos de ser progresistas, no apoyamos lo que ocurre en las calles.Bueno, no debería utilizar la primera persona del plural porque yo como te imaginas sí que lo apoyo, completamente. La izquierda, la progresía, excepto unos pocos, está con el discurso estereotipado de desprecio hacia esta juventud, opinan que estos jóvenes son los mismos que los sábados hacen botellón y que acostumbrados como están a tenerlo todo ahora resulta que (segúun ellos, opinion que no comparto) viendo que peligra su "poder adquisitivo" salen a la calle para gritar como niños que son que quieren esto y lo otro, porque les hemos acostumbrado a tenerlo todo. Yo hago otra lectura, querida amiga. Yo pienso que precisamente por ser parte de una generación que lo tuvo todo y a la que se educó con un aparato electrónico entre las manos que les tenía entretenidos todo el santo día, bastante suerte tenemos con ver que son capaces de articular discursos, presentar propuestas y protagonizar voces discordantes con el status quo. Es impresionante cuando alguien te cuenta lo que se vive en la Plaza Sol de Madrid. Allí, a dia de hoy la "acampada" es ya una pequeña ciudad con una organizacion en toda regla. Tienen zona de abastecimiento, biblioteca, guardería y hasta hay una carpa feminista. Bueno, es alucinante. Puedo decirte que por unas listas profesionales a las que estoy suscrita que hasta tienen un departamente de archivo y biblioteca. Bueno, tenían. Creo que hoy, segun las noticias, la plaza se está desmantelando, era lógico. Pero no pasa nada, la cosa está ahí, la semilla ha sido plantada y ahora estos muchachos ya están organizados, en cualquier momento pueden montar algo más duradero y permanente. En cuanto a las elecciones, es muy triste, como ya te digo. Muy descorazonador. El Partido Popular se ve muy crecido y sabe que será "ahora o nunca". Y además el entorno financiero internacional (mira lo que dice el Financial Times) está demasiado pendiente de que España no se desestabilice y eso incluye una especie de mensaje a Rajoy tipo: tranquilo, aguanta, todavía no es el momento, tienes el bastón de mando a pocos pasos no lo desbarates todo con tus prisas por llegar a la Moncloa. Así está el país querida, espero que esta España cabreada y con olor a naftalina se vaya diluyendo al calor del verano que se anuncia bochornoso y abochornante. Un fuerte abrazo. Ana.

Para alegrate un poco el día, compañera, te dejo este video de Javier Crudo, que ha seguido toda la "movida" desde sus inicios.

lunes, mayo 23, 2011

Debater na rúa




Decidiron quedar, era visto. O pobo quere falar. Sabe falar, e sabe escoitar. Estes grupúsculos que xa aniñaron en case todas as cidades deste país están dando moitísimo que falar, porque hai moitas cousas que sorprenden. De socato, este país afeito a engadirse de mala gaña ao rabo do progreso dos outros, amosa que ten opinión propia e que ten forza para dicila. No é só a xuventude, coma todo o que se achegue ás prazas pode ver. Onte na acampada de Vigo xa se notaba a experiencia de días anteriores. As asembleas estaban mellor organizadas e as propostas son cada día máis concretas. Vin aos cidadáns engaiolados con este foro real de comunicación onde case todos tiñas algo que dicir superando a timidez e precaución do que non está afeito a coller un micro. Vin cidadáns que pedían continuidade porque mentres "haxa tanta desfeita hai que vir e ter con quen falar". Falar libremente, iso é o que espanta aos profesionais da política. ¿que van amañar estes? coma se fose imposible volver ao que é o lóxico e sinxelo, ao que sempre debeu ser. ¿por que é tan doado que uns delincuentes de pouca monta paguen e devolvan o roubado e non o fagan os que rouban por real decreto? claro que é doado, só hai que non votalos, pero para iso, como amosan os resultados de hoxe aínda hai que aprender. O pobo non son eses analistas que falan de arroiadas electorais coma se os votos fosen munición para derrubar ao contrario. Mal vamos. Claro que houbo un claro gañador, pero a lectura pode ser outra. Se neste país hai cinco millóns de parados, non é absolutamente nada raro que lle voten a quen non goberna. O que sí pasou e que todo o mundo cala é que os CABREADOS son a CUARTA FORZA POLÍTICA só contanto os votos nulos e os votos en branco. Se metesen nesa caixa tamén os que votamos a partidos minoritarios seguro que os CABREADOS quedabamos polo menos de terceiros. A parafernalia postelectoral de todos gañadores hai que mantela, hai que agochar calquera mínima disensión co discurso bipolar establecido e facer coma que non pasa nada. Pois, vais ser que non, colegas, aquí está pasando algo...

sábado, mayo 21, 2011

A estética da revolución


Foto El País

A onda revolucionaria prendeu con forza, diso non cabe dúbida. Non creo que nin os protagonistas agardaran o éxito da súa "quedada", e dende logo, a parte contratante, está tan despistada que nin o espelido Rubalcaba disimulou a obrigada claudicación de manter aos guardia "a raia" para evitar o que sen dúbida sería un camiño de non retorno. O despiste xeneralizado é un dos maiores perigos que pode estragalo todo. Os grandes partidos seguiron ollando cara seu embigo e deseñando estratexias de "quitate ti para poñerme eu" coma se na rúa só fosen catro rastafaris tocando o ukelele os que querían facerse notar. A Xunta Electoral debeu sentirse por primeira vez na súa existencia como un órgano con capacidade para poñer orden nun país que pensaron que era un grande patio de colexio. E o Goberno, voluntariamente -si, voluntariamente- tivo que meter a man na auga fervendo perante o sorriso malicioso dunha dereita parapetada no súa voluntariosa ignorancia de absolutamente todo o que se coce nunha rúa que non é deles. Mentres, os mozos e mozas de case todas as cidades estanse afacendo a unha estética moi nova e atractiva na que gozan por vez primeira do protagonismo dunha película na que son guionistas, directores, productores, actores e público. Gústanse falando en público, presentando propostas, inventando códigos, aparecendo nas portadas dos medios, deseñando pancartas e inventando lemas. Estanlle collendo gusto á cousa, é normal. Hai un contaxioso efecto de estar a protagonizar un cambio que aínda non saben cara onde vai nin como facelo. Nos xornais máis importantes pode ollarse as vintecatro horas do día en directo o que está a acontecer nas prazas das principais cidades, e Sol, con ese cheo total e con eses plásticos azuis e eses altofalantes que nos retransmiten música e discursos e aplausos e ata a respiración do grupo contaxia dignidade. Imaxino que o outro poder -porque o das rúas xa case é incuestionable- estará a esprimer os miolos para tentar que isto remate pronto e ben porque os indignados están pensando en quedar nas prazas sine die. Poden e queren e saben facelo. Non esquezamos que todo isto comezou no 7A nas aulas universitarias. Son xente estudiada e enseguida se decataron das debilidades e ameazas do proxecto que estaban deseñando. E cada día engaden máis inputs e aproveitan mellor as súas fortalezas e oportunidades, que non son poucas. Ao resto do país, aos que os veían como fillos de papá que non teñen nada mellor que facer que fumar canutos e pintar a mona agora están véndoos protagonizar telediarios e coller decicidamente o altofalante para enfiar discursos que non precisan de moita retórica porque teñen a realidade da súa parte. Son cicais a primeira xeración de nativos dixitais e manexan as ferramentas sociais da rede cunha eficacia que deixa obsoleto ata ao marketin viral. E todo lles favorece, aínda que chova, así que a ver que pasa....

viernes, mayo 20, 2011

¡pois iso!



déixovos a banda sonora máis acaída para unha boa reflexión colectiva, na rúa of course!



En Vigo PROHIBIDO, en Canarias PERMITIDO, en Madrid PROHIBIDO, en Baleares PERMITIDO, en Valencia PERMITIDO...en Cataluña CON CONDICIÓNS, ¿cal é a lóxica de todo isto?


Claro que non saben de política, claro que están mal organizad@s, claro que teñen demasiada educación e de revolucións non saben absolutamente nada, claro que son inxenu@s, pouc@s, moi nov@s a maioría, e doadamente manipulables, claro que son populistas, indocumentad@s, y ata pode que totalitarios como di algún resentido, e velaí está precisamente o que me admira deles, o feito de que malia ter sido criados, educados ou entretidos con todo tipo de trebellos que o mercado do ocio non parou de discurrir para atontal@s de todo, malia todo non saíron nada parv@s, non, ao revés, foron quen de saír á rúa e quedar e durmir no chan onde a cidadanía tiña amoreada toda a dignidade roubada. ¿e seremos tan miserables de non aproveitar esta grande oportinidade de agarrarnos ao únicos que berran polo rescate da pouca democracia que sobrevive entre tanta corrupción e roubo institucional? ¿parécevos lóxico que por unha visita do papa este país se poña patas arriba e se ocupen rúas e se monten acampadas en absolutamente todas as prazas e que agora se nos prohíba a medio centenar de cidadáns sentar pacíficamente a reflexionar colectivamente?

jueves, mayo 19, 2011

adivina quen o diría...xolo son unox hilillox...

Foto aquí


...e para os que non ven ben de cerca...pasen, e vexan...


nos negativos ás veces vense mellor as imaxes, pensen nunha radiografía, o brando desaparece pero calquera malformación dun óso salta á vista...ea mellor se nos preguntamos a quen non gusta nada esta inesperada protesta xuvenil chegamos a algunha conclusión, tamén é bo ollar a@s que calan coma se non fose con el@s a cousa, e incluso moito máis ilustrativo e pensar n@s que non están por motivos varios, idade, sexo, fendas dixitais ou analóxicas a mais non poder, agora que tamén é verdade que podemos poñer o telediario para non perder fío do que dixo mouriño e o outro, que é máis guapo e cuxo nome teño o inmenso pracer de non lembrar...iso si, en canto apareza a primeira chapa dos de sempre eu deixo de crer en deus, xúroo polo idem!

jueves, mayo 12, 2011

crestomatía

Foto: Bauret



...non recapitulacion, non repaso nin recopilación, nada máis vulgar que o que hai que repetir por falta de imaxinación, non, nada de malos rollos nin de pailanismo profesional e político, por moito que custe desfacerse do innecesario, por pegañenta que sexa a teima por manter o status quo do discurso doado normalmente nacionalista ou progresista ou eminentemente académico, que aínda é peor. Non nada de eleccións de pacotilla e de loitas sindicais por arrabuñar unha sinecura mentras expulsamos á máis débil da cadea, que normalmente traballa sen contrato, cría dous fillos e mantén e coida un home e uns maiores, nada de dores cos que hai que convivir porque o di un neonato da ciencioloxía psicosocial adultarada por moreas de títulos en serie serocopiados en papel reciclado, nada de contos, só me quedo co bo, que é moito e esperanzador, quédome co sorriso reconfortante de Geles, coas sabias sentenzas de L., que ven de volta e non trae cara de susto, coas apertas de M., sí a que está a piques perder o seu posto de traballo por un capricho de alguén que non tivo as fotocopias a tempo, quedo coa súa ollada indisimuladamente suplicante, e quedo cos ollos azúis de A., e con B, que veu onte a quitarme peso e quitoume tamén algunha pena xa de paso, e quedo con X.A., que presume de min, mira ti, e con M.J., que me lembrou o aniversario ¡¡¡100!!! da nosa admiradísima Ángeles Santos, e quedo co doutor C.B., que ven de prometerme que xuntos poderemos co monstro, e quedo con R., que é toda ela unha alfaia, por dentro e por fóra, e que ademáis convidounos a un sushi dignísimo, e quedo con A., que está agora tomando un grolo celebrando o seu nove en socioloxía, e quedo con I. que disfruta dos agasallos coma unha meniña, e con A., con A. sempre, pola inconmensurabilidade da súa paciencia e polo seu arte que cada día é máis alucinante...e...quedo sen folgos de tanto que teño que celebrar por esta semana que dou por rematada, porque mañá marcho por cinco días a mollar os nocellos na praia de Caneliñas....¡¡¡boa fin de semana a tod@s!!!

lunes, mayo 09, 2011



De Stefan Zweig hai que lelo absolutamente todo, dende as obras menores, como este delicioso relato, ata as memorias, das que din conta hai pouco, pasando pola obra dramática, o ensaio ou a biografía. Pagaría a pena aprender alemán só por non perder a sonoridade das súas frases, porque estou segura de que este home xenial amoreaba verbas coa delicadeza coa que os seus admirados compositores elixían as notas para as súas sinfonías. Mendel o dos libros, conta a desgraciada historia dun libreiro de vello orixinario da Galitzia, e vendedor ambulante con posto fixo nun deses cafés vieneses que son xa un símbolo dunha Europa xa desaparecida hai máis dun século. En Jakob Mendel, o libreiro, atopa Zweig por primeira vez o vasto misterio da concentración absoluta que proporciona tanto ao sabio como ao tolo de remate esa tráxica felicidade e desgracia da obsesión absoluta. De Jakob Mendel fai o autor un retrato psicolóxico tan armonioso e profundo que ao cabo da lectura pensa unha que de contar coas destrezas dun Lucian Freud podería debuxar exactamente a este individuo. S.Z. é un compendio cultural de toda unha época. Coñeceu persoalmente ás persoas máis relevantes en todos os eidos da creación, tanto no humanístico como no científico e daqueles de cuxa relación directa non disfritou e que constituían para el cumios do saber nun determinado campo, ocupouse de coñecer a súa vida e difundir a súa obra. Lembro por exemplo a Mesmer, médico e magnetizador paracélsico, precursor do hipnotismo do que falou no seu libro A curación polo espiritu (Mesmer, Mary Baker-Eddi, Freud). Outra carácterística que temén se amosa no resto da súa obra é a súa querencia por unha Europa dirixida ao horror...pouco a pouco este mundo, desenganado pola súa propia demencia, sabe que de todas as atrocidades e abusos criminais desta guerra ningún ten sido máis absurdo, máis infundado e, polo tanto menos disculpable desde o punto de vista moral que a detención e confinamento tras alambradas de espiño de civís desprevenidos, moi lonxe xa da idade regulamentaria para prestar servizo no exército, persoas que durante moitos anos tiñan vivido nun país extranxeiro como nunha patria e que por crer no dereito de hospitalidade, sagrado ata para os tungusos e os araucanos, perderon a oportunidade de escapar a tempo...Un crime contra a civilización cometido sen sentido algún en Francia, en Alemania e en Inglaterra, en cada terruño desta Europa nosa que perdeu por completo a razón.

miércoles, mayo 04, 2011

The medium is the Massage




Disparei de aquí

Robert The, The Medium


Esta obra de Robert The sintetiza maxistralmente aquela idea de McLuhan -cada vez que escribo ou pronuncio este nome imaxino que se me vai aparecer en persoa para botar por terra todo o que digo, como naquela escea memorable de Annie Hall- sobre a identidade de medio e mensaxe. O tratamento da noticia do asasinato de Ben Laden, á marxe de calquera ¿escrúpulo lle chaman? que a ollos dos ianques opoñemos os inocentes europeos a calquera acto de violencia de estado, é, digamos o paradigma do postmacluhanismo. Cando o intelectual despexou de entre a selva de intereses mediáticos o cerne da cuestión con aquilo de ¡ollo! o que nos contan non é o importante, o impotante é o poder do medio para modificar o curso e funcionamento das relacións humanas, non imaxinou o grado de desvergonza global que acadarían non xa os medios como axentes ao servizo do poder, senón o gobernos máis aparentemente democrático do mundo mundial. Pero é que ademáis como criticar aos ianquis é un clásico totalmente demodée nin lexitimidade moral ten unha para rexeitar uns modos operandi nas relacións internacionais que copian cunha perfección demasiado sospeitosa as prácticas máis infames da peor mafia ou grupo terrorista coñecido ou por coñecer. É moi esclarecedor, neste senso, botar unha ollada á famosa doutrina do Shock de Naomi Klein para convencer aos reticentes desto que digo. Nesta contorna de sinistralidade tamén global é todo tan desacougantemente sinxelo como para que ocorra calquera cousa, e todo isto sen medo, coa tranquilidade de sentírmonos os cidadáns máis xenerosamente tratados pola historia e gloriosamente celebrados diariamente como consumidores de absolutamente todo o que invente o revirado monstro do capitalismo desocontrolado, que por certo, vai camiño de ser beatificado ao Ioannes Paulus Secundus Magnus modus. Manda truco.

lunes, mayo 02, 2011

A foda máis divertida.

Poucas veces ó fotoxornalismo nos agasalla con instantáneas tan reveladoramente divertidas como esta. Ese día seica non choveu en Londres e tampouco en Portonovo. O fallo metereolóxico foi tan global como a boda do século. Pero a vila mariñeira amosou moita máis obediencia aos predictor weather que os incorrixibles hooligans que fixeron caso omiso de canto neboeiro ameazaba con sobrevolar a city e ateigaron rúas e prazas para seren os extras que a súa raíña lles solicita de cando en vez. Así que a mañá do sábado sentei nunha baleira terraza de verán disposta para disfrutar en exclusividade da fermosa e desértica praia de Baltar e de todos os xornais do día. En canto abrín El País e apareceu esta foto non puiden nin quixen evitar unha gargallada acorde coas badaladas da misa de doce. Incomprensiblemente o pe de páxina falaba dunha boda e non mencionaba nada dunha reposición da película do exorcista. Síntoo, pero foi o que pensei. Logo dixéronme do da boda e claro, quen se ía fixar nesta pobre criatura que sen querer estaba ahí sen querer. Porque está claro que querer non quería. Alguén terá que explicarlle a esta meniña por que demo a tiveron que meter nese fregado. Por qué tivo que aturar tanto asubío ou por que a atormentaron todo o santo día con esa coroa ¿de espiñas?. A min como contrapunto a tanta paiasada paréceme moi coherente o aceno de sinceiro rexeitamento que amosa a criatura. Pobre.

miércoles, abril 27, 2011

Compendio experimental.





Foto: Formigueiro, 2011, da exposición "Edición Pirata. Poemas obxecto de Pepe Cáccamo", do 26 de abril ao 16 de maio de 2011. Biblioteca da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.


Fixen os anos que tiña que ter cumprido ao nacer, quero dicir....que se o contador se puxera en marcha hai unhas horas, ao mellor podería pensar en facer un soneto tan inmoral como inmorredoiro. Ou escribir unhas memorias como ese océano bulideiro e lene de Zweig para aforrarlle un pouco de infelicidade a vindeiras xeracions perdidas. Ou mellor aínda, para atopar o xeito de eliminar dun golpe aos traficantes de culpas, desenganos e demais andrómenas. Se se dera ese caso, o de nacer xa cunha morea de anos, podería chegar a facer películas como as de David Lynch ou retratar a soidade como Francesca Woodman, ou construir obxectos poéticos como Pepe Cáccamo, ler coa perspicacia da Szymborska, reflexionar coa afiado gume da intelixencia do esloveno...e eu que sei cantas cousas máis. Relevantes. Pero quen sabe se é moito mellor así, nacer desaprendidos para só ter uns segundos nos que albiscar futuros en paradisos doutras dimensións das que só sabemos unha cousa: que non chegaremos nunca. Canto pracer adobía de socato un sorriso e canta paixón inventamos coa valentía de sabérmonos, por fin, náufragos do irrelevante.


sábado, abril 23, 2011

Stefan Zweig (I)

Teño o inmenso pracer de falarvos hoxe dun autor e dun libro absolutamente enriquecedor e apaixoante. ¿Foi unha lectura o foi un soño? Pechei a derradeira páxina coma se espertase dun soño deses que son quen de continuar na seguinte noite. Lin as case cincocentas páxinas coma se soñara que deitada nunha embarcación sinxela pero a proba de calquera treboada descanso nunha paréntese temporal abaneada polas deliciosas páxinas-ondas deste inmenso mar calmo de sabedoría. Teño mala memoria, non lembro que cousas teño lido de Zweig, pero non ten importancia ningunha, é ata unha sorte saber que unha ten que voltar por todas esas liñas-rúas e parágrafos-arrabaldes coa paixón do retorno a un país recén descuberto e apenas transitado no que só se albiscaron as grandezas agochadas baixo os acontecementos que se erguen coma as catedrais ou coliseos que impresionan con descomunal beleza. Malia só seren a parte visible de algo moito máis grande cuxo segredo se agocha baixo o nivel da auga, da terra ou do relato que constrúen as materiais verbas maxistralmente dispostas por un autor coma o que suscita este post emocionado do que dou conta nun día delicioso, non só por cumprir anos senón porque sexa unha xornada de lectura case por real decreto. Porque malia non gustame nada o oficial, dende logo asino calquera proposta -agás o fúrbol- para paliar o absoluto descontrol de mal gusto que campa estes días pola penichaira ibérica. Continuará.

lunes, abril 18, 2011

Burofax



X. levaba vinte anos traballando para a axencia de noticias máis importante do país. Si, a mesma. A da efe de que te...Estaba dispoñible full time para cubrir coa súa cámara todo tipo de eventos a calquera hora nun entorno de douscentos kilómetros. Ela soa podía cubrir as necesidades da axencia para toda Galicia. En vinte anos déralle tempo a coñecer a todo o cadro de persoal e a querer e facerse querer por tod@s. Un día recibiu un burofax no que se lle indicaban as novas condicións de traballo. Un algo así como mire vostede, traballadora anónima que seica traballa con nos dende hai uns anos, resulta que a partires de agora se quere facer fotos para nós ímosllas pagar a seis euros pero só pode facer unha cada quince días e correrán pola súa conta todos os gastos de desprazamento e por suposto de material de traballo e comidas. X. tentou reunir un grupo de traballador@s afectad@s para demandar á empresa. Unha empresa que ¡é publica!, e que de socato aplica un ERE nada encuberto baixo a falcatruada da invención dun leonino contrato chamado ¡AUTÓNOMO ECONÓMICAMENTE DEPENDENTE! Cando mo contaba co seu sorriso de toda a vida ben asegurado contra riscos altamente perigosos a min íaseme formando na imaxinación un deforme e monstroso estado co seu big stick berrando aquilo de speak softly and carry a big stick, you will go far. X. xa non fai fotos para a axencia M, de merda (sic). Tampouco para a web na que atopara un traballo para ir tirando, porque ¡como non!, atoparon un bolseiro que traballaba pola metade do número primo que representaba a súa paga. Non é a primeira vez que un@ amig@ me conta que recibiu tamén un burofax para notificar un destes despidos románticos onde os haxa. O mal gusto é fillo lexítimo destes proxenetas da economía que logo de papar coma porcos nos tempos de fartura ceiban a súa merda sobre os bos e as xenerosas que tiran para adiante con optimismo. E aínda lles pagamos a estas cascudas por dar conferencias!

miércoles, abril 13, 2011

nendeusnenpatrianenrei, lembrazanza republicana

Maruja Mallo, Dúas mulleres na praia, 1926


A Paco Espino, por supuesto.

A primeira exposición celebrada en Galicia dedicada exclusivamente a pintoras celebrouse na Coruña no ano 1934. Na mostra participaron entre outras Elvira Santiso, Elena Olmos, María Corredoira, Dolores Díaz Baliño e María del Pilar e María del Carmen Sotomayor. ¿cantos de estes nomes nos soan xa non digo á maioría senón @s que fixemos estudos relacionados coa arte? Nunha ocasión na que eu lle recriminaba a un escritor que non falara máis que de putas e bruxas cando se refería á mulleres do século dezasete díxome que lamentablemente non atopara exemplos de mulleres escritoras. Seica non había. Case me convence. Menos mal que sempre desconfiei das persoas que fan afirmacións rotundas. Á dificultade que para unha muller de antes de onte lle supoñía ter calquera preocupación que traspasase o límite da lareira engadiríase cunha eficacia de catecismo a ocultación e invisibilidade das afoutas que quixeron e souberon escribir, pintar e ata filosofar pola súa conta. No día da república era bo que fixésemos algunha acción reparadora. A mellor, dende logo, sería esquecer un pouco o bruido ensordecedor da guerra civil e deixar falar a aqueles avanzados anos trinta. Á moitísima xente lles sorpendería saber da existencia en España dun período no que case case se volve a enganchar a Europa. Uns anos nos que houbo moito máis sentido común e proxectos de progreso que en toda a historia posterior, tendo en conta, sobre todo a paupérrima capacidade política dos gobernos do século XIX. Apunta moi ben Julián Casanova o que pudo ser e non foi e por que pasou. Só temos que turrar de calquera libriño ben escrito, que hai moitos, das nosas bibliotecas para saber (non se pode lembrar o que nunca se soubo) que naqueles lonxanos anos trinta houbo dereitos coma o voto feminino e divorcio, ou que en España non había relixión oficial. Case da grima pensar que haxa que voltar un século atrás para atopar os alicerces do que aínda no se rematou de acadar. A historia certamente, é moi pesada. Empéñase en turrar para atrás. Atopámonos agora nun deses períodos de milagreiro e aparente progreso, semellamos aqueles flemáticos cidadás da Viena de antes da Grande Guerra incapaces de albiscar o perigo e a brutalidade que se lles viña enriba. Non era mala cousa querer saber o que pasou, se non para deter o irremediable sí para poñer unas cantas pedras baixo as rodas da implacable mediocridade que nos goberna.

martes, abril 12, 2011

mujer al fin y de mi pobre siglo....(A.S.)


últimamente a tristeza paréceme un estado de estar no mundo moi axeitado...creativo, misterioso, revulsivo, solidario, intelixente....reivindico a tristeza por un tempo, reivindico a liberdade para as bágoas que aínda sobreviven no lameiro da impostura...reivindico a saudade e o suicidio como actos sublimes de liberdade...e aproveitando tanta reivindicación reivindico a Alfonsina Storni, tu me quieres blanca, desgarradora, reivindico o verso sucio e desesperado da muller poeta que baixou ao inferno para atopar almas decentes, e reivindico a maxestuosa tristeza negra, good morning heartache, Lady Day....


A una gran amiga

miércoles, abril 06, 2011

¿quen opina por nós?

Foto: Ás veces a natureza fala [Blog de José Fariña]

A inflación actual de opinadores -e aquí o masculino non é un xenérico senón unha realidade- desgraciadamente non é sinónimo dunha cidadanía consciente da problemática real da súa comunidade. Pasa como coas novas tecnoloxías. Tendemos a pensar que na actualidade a maioría da poboación desenvólvese axeitadamente coas ferramentas dixitais mais a fenda dixital non é un mito. A pouco que nos relacionemos coa poboación de a pe, a que realmente fai país como tanto lle gusta dicir ao profesional da opinión, decatámonos do exótico que para a maioría son términos como feisbu, tuenti, douspuntocero ou adeeseele. Podemos ler unha morea de artigos diariamente na incontrolable masa de media á que temos acceso para decatármonos na hora do café, na perruquería ou mentras agardamos que nos atenda o médico de cabeceira, de que o común dos mortais vive completamente á marxe das cuestións que aburren nos titulares de xornais e informativos. Si, estou pensando en Z.P.,. A realidade real vai por unha vía diferente da que non inventan descaradamente non digo periodistas, pero si as axencias de fabricación de noticias que traballan cuns parámetros quitados do derradeiro manual de marketing de moda. Os dramáticos acontecementos que sacuden ao planeta hoxendía, enchen unha desorbitada catindade de tempo e espacio nos medios pero logo de rematar a penosa lectura da letra pequena ou de escoitar o farragoso discurso dun opinador televisivo rematamos coa impresion de que o de Fukushima é un problema de turbinas e que o de Libia é algo relacionado co petróleo. Atópome ás veces lendo que o índice de contaminación en tal lugar do Xapón é nonseicantos millóns por riba do normal coa mesma tranquilidade coa que trato de adivinar as oito diferencias do pasatempo. Entón sinto unha especie de culpabilidade e rebusco algunha información sobre ¿a catástrofe? que me forneza dalgunha explicación mínimamente razoable. Tardo días, semanas. Estou farta de Tepco por aquí e reactores por alá, de toneladas de auga contaminada pero que non deben de preocupar a ninguén e incluso farta de plutonio, ¿dixen plutonio?, para, para, le despacio. ¿que o plutonio que atopan os técnicos é o da Segunda Guerra Mundial que o tsunami nunha reviravolta malévola veu depositar na rexión de Fukushima?. Sigo lendo barbaridades, cantas máis leo mais me convenzo do perdidos ou mercados ou enaxenados que andan os opinadores, ata que me paro aqui, quedo uns minutos con Ulrich Beck e recupero folgos, alguén con sentido común pensa por min, por nos. Cicais non todo estea perdido.

Lorena Weekly

A amiga Lorena leva cinco semanas columneando no XdG. Sempre acertada e atrevida, deliberadamente snob e cun punto de humor e de acerto atrapoume hoxe especialmente coa súa Gabardina de Bartleby. A min a personaxe de Melville, aquel "preferiría non facelo" non me resulta nada cínico, ao revés, penso que é unha postura completamente revolucionaria que representa unha actitude moi pero que moi intelixente. Coa necesidade de indignarse concordo plenamente, e sí, xa sabemos, todo está dito, pero como ninguén escoita hai que repetilo unha e outra vez. Así que amiga L., non che sobra unha coma, todo o contrario.

martes, abril 05, 2011

boommmuniversidade (IV) ¡que baltaridad!

Veño de abrir a web de esta miña universidade e hoxe creo que terei que comer lixeiro se non quero que se me estrague o día e o estómago. Resulta que co gallo dunhas xornadas sobre a memoria do franquismo -semella non haber outra dende hai uns anos- ten que vir o noso cacique patrio, paradigma do savoir faire no que a venalidade e invención de carguiños e postos públicos "para toda la vida" dos nunca escarmentados ourensás a poñer o selo de autenticación ou bendición das mencionadas xornadas. Non abonda con que todo o país e todos os medios diariamente destaquen a desvergonza desta insólita (de)putación. Non mo explico ¿tanta xente lle debe favores a este singular cavalieri como para querer presumir de estar con el na foto? ¿que tipo de universidade é a que temos que non só non se avergonza dos elementos máis descaradamente antidemocráticos senón que os promociona e os emprega para darse lustre? Visto o visto tamén podían ter convidado ao arcebispo da diócese para darlle a bendición a este evento, ao mellor un pouco de auga bendita espertaba as mentes do respetable. En fin, haiche cousas....José Luis Baltar, presidente da Deputación de Ourense, quixo destacar pola súa banda que é “unha valentía acometer unha análise rigorosa desta época, pola que, por diferentes motivos, pasamos con sixilo”. Baltar animou aos relatores a fuxir dos estereotipos e a abordar un estudo en profundidade desta época pois “coñecer o pasado axuda a construír o futuro” e agora, advertiu, “temos o suficiente nivel de madurez para abordar esta cuestión”. A estas palabras María Lameiras, vicerreitora do campus, quixo engadir que é importante que se coñeza a historia para entender que “a democracia é algo que temos que coidar e traballar para conseguir que siga medrando”.E digo eu ¿por que non facelo doctor honoris causa polo procedemento abreviado ese que tamén vai facer santo ao X.P.?


...podemolo ver en clave de traxedia, autoparodia ou cachondeo, pero é o mesmo Baltar o dos vídeos que o que sentan na cátedra a pontificar sobre democracia...claro que todo esto se da nunha universidade que convida a astrofísicos para conferencias sobre a sábana santa...

Santuario, Edith Warthon

O primeiro que me pregunto sempre que descubro un texto feminino desta exquisita factura é como foi posible que autoras da calidade de Edith Wharton sexan aínda hoxe tesouros por descubrir para o grande público. Seica Santuario é un texto menor desta autora. Sendo un relato dunha perfección e beleza sublimes celebro poder adiar momentos de lectura apaixoantes coa Casa da Alegría, Ethan Frome ou A Idade da Inocencia. O pracer acádase cando se dispón da vontade e posibilidade de retardalo. Coma cando nenos deixábamos o máis rico da comida para o final. Santuario é unha novela curta, 168 páxinas, nas que a autora somete á lingua a durísima proba de ser quen de describir as sensacións máis sutís e imperceptibles que pasan pola cabeza de Kate Orme/Kate Peyton. Non hai unha frase improvisada. Cada verba e cada lugar que ocupa está milimétricamente pensada para erguer un relato que podería construirse coas cores mesturadas na paleta dun paisaxista que coñecera todos os matices cos que a néboa debuxa a campiña inglesa. A excelencia do traballo seguro que ten moitísimo que ver coa tradución de Pilar Adón e dende logo coa riqueza dun prólogo tamén exquisito da tamén escritora Marta Sanz. Os libros de Impedimenta son de colección, cada exemplar que cae nas miñas mans corre o risco de non voltar aos anaqueis da biblioteca de ricos que son.