martes, septiembre 27, 2011
unha hora na vida Stefan Zweig, Lagarta Lagarta
lunes, septiembre 19, 2011
El arbol de la vida, Terrence Malick
miércoles, junio 22, 2011
Claire Goll, en vivo e en directo!
Fonte do video: Apostrophes "Et si nous parlions de quelques grands écrivains?" , emitido o 15.10.1976
Bernard Pivot: Claire Goll, poeta, novelista, periodista, ten 85 anos…podo dicilo porque a ela non lle incomoda que lle lembren a súa idade…naceu en Baviera, [interrompe Claire “en Munich”] en Munich, de pai xudeo...
Claire Goll: Non, prusiano. Bernard Pivot : Si, a medias.
Claire Goll: Prusiano, aristócrata e xudeo.
Bernard Pivot: Casou co poeta Ivan Goll, do que colleu o apelido e ven de publicar un libro autobiográfico titulado Á caza do vento. Debo dicir que menuda vida que ten vostede, non me aburrín ou lelo en momento ningún, ata me preguntei se sería certo o que lía ás veces. Volvín a moitos parágrafos que me deixaron abraiado. Pero imos falar de vostede e dos homes que coñeceu, e tamén das relaicións coa súa nai, a que di vostede que tentou matar, ¿es certo iso?
Claire Goll: Si, eu tiña entón dez anos. Rouboume a miña infancia, a miña adolescencia, era unha sádica que nos maltratou e nos pegou "a morte" a min e a meu irmán, meu pobre irmán, que me quería tantísimo, e que se suicidou aos dezaséis anosporque quería defenderme contra ela e seus golpes, si, evidentemente, a odio.
Bernard Pivot: Paréceme que amorea vostede unha xenreira moi grande, dende logo nunca vin tanto odio a unha nai en libro ningún, tendo en conta ademáis que a súa nai morreu nun campo de concentración.
Claire Goll: Tanto me ten.
Bernard Pivot: ¿élle indiferente?
Claire Goll: Vostede non leu aquela novela miña á que chamaron o Poil de carotte feminino ¿non si? Tituleino o Ceo roubado, e tratábase da miña infancia e adolescencia, alí falei polo miúdo dos métodos bárbaros da miña nai. Fixo que eu coñecese os campos de concentración con vinte anos de anticipación e a miña nai foi a primeira nazi que coñecín.
Bernard Pivot: Viviu vostede un grande amor co seu home Ivan Goll, un amor atormentado do que imos falar; quíxolle tanto que tamén estivo a piques de matalo, de feito disparoulle....
Claire Goll: [cun aceno de grande sorpresa] iso foi ao meu primeiro home.
Bernard Pivot: Ah ben, o primeiro, pero entón foi certo que lle disparou…
Claire Goll: Si, dispareille pero fallei, din na porta.
Bernard Pivot: Pero vostede é terrible, o di así tan tranquilamente no seu libro, como se fose algo normal.
Claire Goll: Pois claro, ¿Por que non? paréceme que a violencia é mellor que a serenidade.
Bernard Pivot: Falemos de Ivan Goll ¿Quen era Ivan Goll? ¿un poeta, un novelista?
Claire Goll: ¿Permíteme que lle diga algo? ¿sabe vostede que estou aquí en contra da miña vontade?
Bernard Pivot: ¿Ah si? ¡eu non a obliguei a vir!
Claire Goll: Negueime rotundamente a esta aparición e foi o meu encantador editor que insistiu, evidentemente el esta pensando na distribución dos seus libros, pero a min iso tenme sen coidado, eu non son un artigo publicitario sometido á mendicidade dun comerciante que me emprega indisimuladamente para vender seu producto, negueime totalmente, pero estou finalmente aquí, pero pola súa causa.
Bernard Pivot: Cicais entón lle faltou un pouco de carácter para dicir que non, deduzo…. sobre vostede hai na colección X un libro e tamén sobre seu home, pero este xa non se pode atopar, está esgotado…pertence vostede a unha familia de poetas, con Goll, que por certo era un home…
Claire Goll:…era un deses xudeus mesiánicos, un home duhna grande beleza, un home que me educou, me criou, recoñecín nel todo o que su fun, e todo o que son débollo a el. Bernard Pivot: Era muy entregado para con otros escritores, ud. cuenta que…
Claire Goll: Si, ha hecho mucho por Sir John Perce, lo ha lanzado en América, en su revista “Hemisphère” ha publicado “Exil”, ha lanzado….
Grazas as miñas amigüiñas Marián e Marifló!
lunes, junio 20, 2011
quejemos a Brjaian!

Brian: ¡Bueno, que yo no soy el Mesías!
Multitud: ¡Ahí está! Es él, el Mesías!
Brian: ¡Iros a la mierda!
Hombre: ¿Cómo vamos a la mierda, Mesías?
viernes, junio 17, 2011
hostias gratuitas?
miércoles, junio 15, 2011
Te seguiré de cerca Claire Goll...
"He conocido a grandes hombres, genios incluso: Joyce, Malraux, Saint-John Perse, Einstein, Henry Miller, Picasso, Chagall, Maiakovsdi, Rainer Maria Rilke, Montherlant, Cocteau, Dalí, Jung, Antonin Artaud, Lehmbruck, Brancusi...El rasgo dominante, en la mayoría de ellos, era el fanatismo helado y la cerrazón. Ni siquiera Satie, con su pobreza, su dulzura, su ironía, se permitía el más mínimo calor. Siempre abotonado, siguió estándolo hasta en la sala común del hospital Saint-Joseph, donde, debatiéndose en su lecho de muerte, vociferaba: "La carta, pero dónde está la carta...". Y él, que en toda su vida jamás había abierto un sobre, se quitaba de encima las mantas y tiraba por el suelo los frascos para echar mano a ese misterioso correo. Ésa era su última jugada, que bloqueaba para siempre cualquier comunicación. Entre los grandes, no había ninguno tan agarrotado como James Joyce. ¿Un pez polar? ¿Un bogavante con caparazón de ostra? Respeto demasiado a los animales, aunque sean medusas o moluscos, para compararlos con esa momia disecada, esa cáscara sin savia ni calor, ese fruto seco de Joyce. Desde el punto de vista humano, el fracaso más fúnebre de la creación, por más que se cuente entre los grandes logros de la literatura. Lo he aborrecido, aunque sin ponerlo al mismo nivel de execración que a mi madre, a la que odio por encima de su siniestra agonía en los campos de concentración. He amado a algunos hombres y bastantes más me han amado, pero hasta los setenta y seis años no tuve mi primer orgasmo, pese a mis aventuras y mis relaciones, tuve que esperar a que, a esa edad, un muchacho de veinte años me enseñara que una mujer podía hacer el amor de una forma distinta, no debajo del macho, en la posición sumisa del animal. No me quejo: a pesar del año del bello sexo que se acaba al mismo tiempo que el año santo, a pesar del Movimiento Feminista, sigo manteniendo que la mujer es un ser inferior y que nunca será la igual del hombre...."martes, junio 14, 2011
Entführung VS Copie

A vulgaridade é unha conquista do progreso e a copia ven sendo, polo menos dende Gutenberg un dos síntomas máis recoñecibles de que se está ao día. As intelixencias máis sobranceiras do noso entorno cultural xa recoñeceron e aceptaron, incluso reivindicaron como arte tamén aquel que perdeu a virxinidade, quero dicir, a autenticidade, ou, para falar como unha auténtica letrada, a aura. Pero unha cousa é esta perda de valor do único e orixinal e outra ben distinta o feito de presentar como propio algo que non é noso. Como diría Millás, se eu me chamase Juan Carlos Mejuto tampouco me cortaría en recortar un artigo dun chinés (nestes tempos non haberá moitos que lean literatura científica) para pegalo nunha prestixiosa revista americana de química, porque ata Napoleón se cría por veces emperador ¿ou non? Pero o que a min me pasa é que atopo demasiad
lunes, junio 13, 2011
Calle di Botteri
Calle di Botteriviernes, junio 10, 2011
Quizás....
miércoles, junio 08, 2011
Sen perdón (e sen Clint E.)
Grazas a Xosé Teiga, Director Creativo, por deixarme poñer este seu precioso deseño que xa quixeran para si estes.Sempre me estrañou a ausencia de vaqueiros negros no western e na literatura do oeste, os xéneros máis populares da cultura estadounidense. Porque afroamericanos xa había ben deles logo da guerra civil e dende logo non os trouxeran só para adobiar aquelas ostentosas mansións de Early Classical Revival Style, que tamén. Así que, xa me tardaba a min a recuperación desta figura varonil, solitaria, afouta, emprendedora, curtida...e agora, por fin, tamén negra. Temos por fin o sheriff global que merecemos, alguén que de verdad mira por tod@s nós, un family man case de deseño e por suposto coa perneira abondosamente equipada con ferramenta de tecnoloxía en punta para acabar cos violadores das nosas fillas (¿poderíamoslo mandar a recuperar a cabeza do estróscan ese que abusa das mozas dos saloons? O verdadeiro mesías non era aquel falso profeta que esbardallaba todo o santo día. O auténtico heroe é o pistoleiro de toda a vida, ao que deberiamos ofrecernos ás escarranchapernas todos os cidadáns deste world far west se non queremos ficar sen cabeleira á primeira de cambio. Porque indios xa non quedarán moitos pero osamas seica hai verdadeiras plantacións allende o 1600 Pennsylvania Avenue.
viernes, junio 03, 2011
Bookwork. Medium to object to Concept, to Art. Stewart Garret
jueves, junio 02, 2011
Adivina, adivinanza...
¿recuerdan ustedes el juego aquel del disparate? pues eso, adivinen que le ha dicho su majestad a su santa esposa cinco segundos antes de esta instantánea y que ella en este mismo momento pone en conocimiento del señor Frank Cotton, un poco irreconocible sin sus famosas púas autosacrificiales...lunes, mayo 30, 2011
O labirinto de Gonzalo Anes
Leonora Carrington, El laberintoLevo días na procura dalgunha análise medianamente seria do movemento 15M pero non teño ningunha sorte. É verdade que no momento de máxima actualidade a prudencia -prima carnal da covardía- obriga a especialistas a manterse fóra da liña de exclusión. Opinar é un deporte de risco ata para os afoutos profesionais da pluma que asinan columnas just in time ou incluso antes de que "suceda" o titular. Diría eu que unha das múltiples caras do irregular poliedro do 15M -e das máis interesantes- foi a inoportuna espontaneidade que provocou e segue provocando nesa caste sacerdotal de tan longa tradición demócrata -os oráculos foron para os gregos tan importantes coma seu sistema de organización política- que son os "creadores de opinión", aos que coa benevolencia -prima segunda da ignorancia- do obediente cidadán democrático convidamos a instalarse para sempre entre nós. Pois ben, nesa procura case desesperada dunha análise esclarecedora decidín acudir á Pitia, como boa cidadá ben educada e incluso cunha formación diría eu altamente especializada no relativo ao manexo das fontes orixinarias. Por profesión e por devoción fun á morada do sabio e a súa mensaxe foi unha sinxela e determinante sentenza: El movimiento 15-M solo será una anécdota en los libros de Historia. Gonzalo Anes, dixit. Nin a Sibila de Cumas podía fornecerme dunha tranquilidade maior para a miña impertinente curiosidade. Aínda me explicou máis este enviado de Atenea. Dixo que -referíndose aos indignados- denotan una formación muy deficiente y muy pocas posibilidades de entender el mundo en el que viven. Ao comezo non entendín, confésoo. Foi coma se o fontaneiro que me ven de instalar a grifería me viñera botar en cara a mala calidade da instalación. Ou peor aínda. Coma se antes de comezar a arranxar a avaría me adiantase que a cousa ía quedar moito peor. Admito incluso que viñen cara o choio coa indignación dunha crente que no canto dunha hostia recibiu unha roda de cogombro. Entón miña sufrida compañeira amosoume unha noticia de El País, pedindo disculpas por anticipado, of course, porque me quere moito e é educádisima. Díxome, ¿falas deste Gonzalo Anes? Si falaba, si. ¡Como está a profesión, gensantísima! É que é abrir a cancela e vírseche enrriba todo o po histórico amoreado en trinta tomos do non tan mal historiador, por non dicir valeroso e moderado.
viernes, mayo 27, 2011
jueves, mayo 26, 2011
Pederastia legal?
Líder salesiano en Holanda, dixit
Van B., de 73 años, es militante de la asociación Martjn, un grupo legal en Holanda que defiende abiertamente la pederastia como una actividad "perfectamente legítima
...y no pasa nada...les dejamos a nuestros niños con toda la confianza y además beatificamos y santificamos a los que los protegen...porque los que no concordamos o somos terroristas (que diría Conde Roa) o tenemos problemas con nuestras almas (que diría aquel cuyo nombre ni siquiera me atrevo a pronunciar y mucho menos a escribir) que sólo pensamos en quemar iglesias....vaya...vaya...una más, y yo me hago miles de preguntas que nunca tendrán repuesta como...¿que monstruosidad más puede ocurrírseles a los santos varones -perdonen, pero de momento, todos ellos son del mismo sexo, creo- para que sus acólitos se planteen hacer algo?
Con alas

martes, mayo 24, 2011
imeils/2: Para Heike
lunes, mayo 23, 2011
Debater na rúa
sábado, mayo 21, 2011
A estética da revolución
Foto El Paísviernes, mayo 20, 2011
¡pois iso!
déixovos a banda sonora máis acaída para unha boa reflexión colectiva, na rúa of course!
jueves, mayo 19, 2011
adivina quen o diría...xolo son unox hilillox...
Foto aquíjueves, mayo 12, 2011
crestomatía
lunes, mayo 09, 2011
[Foto]miércoles, mayo 04, 2011
The medium is the Massage

lunes, mayo 02, 2011
A foda máis divertida.
Poucas veces ó fotoxornalismo nos agasalla con instantáneas tan reveladoramente divertidas como esta. Ese día seica non choveu en Londres e tampouco en Portonovo. O fallo metereolóxico foi tan global como a boda do século. Pero a vila mariñeira amosou moita máis obediencia aos predictor weather que os incorrixibles hooligans que fixeron caso omiso de canto neboeiro ameazaba con sobrevolar a city e ateigaron rúas e prazas para seren os extras que a súa raíña lles solicita de cando en vez. Así que a mañá do sábado sentei nunha baleira terraza de verán disposta para disfrutar en exclusividade da fermosa e desértica praia de Baltar e de todos os xornais do día. En canto abrín El País e apareceu esta foto non puiden nin quixen evitar unha gargallada acorde coas badaladas da misa de doce. Incomprensiblemente o pe de páxina falaba dunha boda e non mencionaba nada dunha reposición da película do exorcista. Síntoo, pero foi o que pensei. Logo dixéronme do da boda e claro, quen se ía fixar nesta pobre criatura que sen querer estaba ahí sen querer. Porque está claro que querer non quería. Alguén terá que explicarlle a esta meniña por que demo a tiveron que meter nese fregado. Por qué tivo que aturar tanto asubío ou por que a atormentaron todo o santo día con esa coroa ¿de espiñas?. A min como contrapunto a tanta paiasada paréceme moi coherente o aceno de sinceiro rexeitamento que amosa a criatura. Pobre. miércoles, abril 27, 2011
Compendio experimental.
sábado, abril 23, 2011
Stefan Zweig (I)
Teño o inmenso pracer de falarvos hoxe dun autor e dun libro absolutamente enriquecedor e apaixoante. ¿Foi unha lectura o foi un soño? Pechei a derradeira páxina coma se espertase dun soño deses que son quen de continuar na seguinte noite. Lin as case cincocentas páxinas coma se soñara que deitada nunha embarcación sinxela pero a proba de calquera treboada descanso nunha paréntese temporal abaneada polas deliciosas páxinas-ondas deste inmenso mar calmo de sabedoría. Teño mala memoria, non lembro que cousas teño lido de Zweig, pero non ten importancia ningunha, é ata unha sorte saber que unha ten que voltar por todas esas liñas-rúas e parágrafos-arrabaldes coa paixón do retorno a un país recén descuberto e apenas transitado no que só se albiscaron as grandezas agochadas baixo os acontecementos que se erguen coma as catedrais ou coliseos que impresionan con descomunal beleza. Malia só seren a parte visible de algo moito máis grande cuxo segredo se agocha baixo o nivel da auga, da terra ou do relato que constrúen as materiais verbas maxistralmente dispostas por un autor coma o que suscita este post emocionado do que dou conta nun día delicioso, non só por cumprir anos senón porque sexa unha xornada de lectura case por real decreto. Porque malia non gustame nada o oficial, dende logo asino calquera proposta -agás o fúrbol- para paliar o absoluto descontrol de mal gusto que campa estes días pola penichaira ibérica. Continuará. lunes, abril 18, 2011
Burofax
miércoles, abril 13, 2011
nendeusnenpatrianenrei, lembrazanza republicana
martes, abril 12, 2011
mujer al fin y de mi pobre siglo....(A.S.)
miércoles, abril 06, 2011
¿quen opina por nós?
Lorena Weekly
martes, abril 05, 2011
boommmuniversidade (IV) ¡que baltaridad!
Veño de abrir a web de esta miña universidade e hoxe creo que terei que comer lixeiro se non quero que se me estrague o día e o estómago. Resulta que co gallo dunhas xornadas sobre a memoria do franquismo -semella non haber outra dende hai uns anos- ten que vir o noso cacique patrio, paradigma do savoir faire no que a venalidade e invención de carguiños e postos públicos "para toda la vida" dos nunca escarmentados ourensás a poñer o selo de autenticación ou bendición das mencionadas xornadas. Non abonda con que todo o país e todos os medios diariamente destaquen a desvergonza desta insólita (de)putación. Non mo explico ¿tanta xente lle debe favores a este singular cavalieri como para querer presumir de estar con el na foto? ¿que tipo de universidade é a que temos que non só non se avergonza dos elementos máis descaradamente antidemocráticos senón que os promociona e os emprega para darse lustre? Visto o visto tamén podían ter convidado ao arcebispo da diócese para darlle a bendición a este evento, ao mellor un pouco de auga bendita espertaba as mentes do respetable. En fin, haiche cousas....José Luis Baltar, presidente da Deputación de Ourense, quixo destacar pola súa banda que é “unha valentía acometer unha análise rigorosa desta época, pola que, por diferentes motivos, pasamos con sixilo”. Baltar animou aos relatores a fuxir dos estereotipos e a abordar un estudo en profundidade desta época pois “coñecer o pasado axuda a construír o futuro” e agora, advertiu, “temos o suficiente nivel de madurez para abordar esta cuestión”. A estas palabras María Lameiras, vicerreitora do campus, quixo engadir que é importante que se coñeza a historia para entender que “a democracia é algo que temos que coidar e traballar para conseguir que siga medrando”.E digo eu ¿por que non facelo doctor honoris causa polo procedemento abreviado ese que tamén vai facer santo ao X.P.? Santuario, Edith Warthon
O primeiro que me pregunto sempre que descubro un texto feminino desta exquisita factura é como foi posible que autoras da calidade de Edith Wharton sexan aínda hoxe tesouros por descubrir para o grande público. Seica Santuario é un texto menor desta autora. Sendo un relato dunha perfección e beleza sublimes celebro poder adiar momentos de lectura apaixoantes coa Casa da Alegría, Ethan Frome ou A Idade da Inocencia. O pracer acádase cando se dispón da vontade e posibilidade de retardalo. Coma cando nenos deixábamos o máis rico da comida para o final. Santuario é unha novela curta, 168 páxinas, nas que a autora somete á lingua a durísima proba de ser quen de describir as sensacións máis sutís e imperceptibles que pasan pola cabeza de Kate Orme/Kate Peyton. Non hai unha frase improvisada. Cada verba e cada lugar que ocupa está milimétricamente pensada para erguer un relato que podería construirse coas cores mesturadas na paleta dun paisaxista que coñecera todos os matices cos que a néboa debuxa a campiña inglesa. A excelencia do traballo seguro que ten moitísimo que ver coa tradución de Pilar Adón e dende logo coa riqueza dun prólogo tamén exquisito da tamén escritora Marta Sanz. Os libros de Impedimenta son de colección, cada exemplar que cae nas miñas mans corre o risco de non voltar aos anaqueis da biblioteca de ricos que son.



