martes, septiembre 11, 2007

A todos os Peralejos....(I)


Sempre xenial Forges

Toda unha vida para viaxar e adicarse á folganza programada a conciencia. En tempo de traballo, claro. Un non tería gastado tanto papel-cervexa mercando as preguntas do examen para logo esgotarse nas absurdas e cansadas tarefas que calquera matado deses que estudaron para a súa "deposición" como deus manda pode desempeñar de xeito tan doado e submiso. Xa hai tempo que nas oficiñas, despachos, negociados e outras tobeiras ás que se accede por "deposición", están cheas de mediocres fracasados que non poderían nunca acceder pola porta dianteira a un bocado da saborosa oferta pública de emprego. De non existir o sistema do butrón, nin pensar na posibilidade de manter unha familia, pagar a universidade dos fillos, facerse unha chabola no campo ou coñecer eses lugares marabillosos que saen nas súas series preferidas tipo "illa dos famosos", "supervivientes", etc. Non, estes non puxeron de saldo a pouca conciencia que lles quedou como patrimonio intelectual da época universitaria, para logo suar a gota gorda. E véndense a cualquera coa única condición de que estén arriba repartindo postos vitalicios. Logo, adoptan o ideario -incompleto, por suposto, tampouco se van inmolar- de asociaciones marcadamente "progres". ¿como desconfiar dun nacionalista que ven traballar con esas camisetas reveindicativas de noso máis profundo acervo cultural? ¿como desconfiar dunha feminista que viste e calza de cor lila e decora as súas lapelas con todas esas chapas multicolores que acreditan unha puntual asistencia a tódalas las "manifas" existentes? ¿e esoutro que arranxa os problemas do ordenador a unha velocidade de vértigo? ¿como imos pensar mal de xente tan reveindicativa, solidaria, e ata anarquista con tarxeta? Satisfaceme moito criticalos no medio dunha incomprensión xeral que ten unha explicación tan doada como repugnante. É un intento desesperado para que xa se vaian decatando de que non xogo na súa división. Un día na rutina de traballo desta privilegiada caste de lacazáns con título e pedigree é para deixar pampo ao máis espelido. No me estraña nada que estes figurantes sexan tantas veces o obxectivo da maioría dos caricaturistas e debuxantes dos bandas deseñadas máis cómicas dos nosos medios. Non vou escribir máis por hoxe, que ben sei o que aburre a letra impresa a estes elementos e quero que me lean a fondo. Imos deixalo por hoxe que tempo haberá para espelirse logo dun carnaval onde o máis pailoco disfrazado de técnico tenta explicarnos a lei da relatividade.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Subscríbo todo canto dís. Atrévome a completalo con outra referencia a outras "avis" que pululan por eses lares (ou pulularon, que hoxendía a maioría están en excedencia ou servicios especiais): por exemplo, esa caterva de liberais ós que se lles enche a boca con palabras-fetiche como "competencia", "desregulación", "mercado", "productividade" ou, por suposto, "liberdade", entre outras. Obviamente, para aplicárllelas ós outros, á chusma, non para eles mesmos, que son a elite. Precisamente para eso a súas mamás e papás se preocuparon de que "el niño sacase su oposición" e así resolver o seu futuro antes dos 25, como Dios manda. Exemplo: Rajoy (rexistrador da propiedade), Aznar (inspector de finanzas), Ruiz-Gallardón (fiscal), Espe e Ana Botella (técnicos de non sei qué da administración local), e así, "hasta el infinito y más allá". Moito da de sí a fauna funcionarial...

Anónimo dijo...

Hai unha incogruencia señorita Bande, se traduce ao galego A Illa dos Famosos , entón porque non traduce Supervivientes

Anónimo dijo...

Buf, pero quien es ese tío pesao del Torquemada. Yo todos los días me tengo que enfrentar a tipos como estes en las editoriales. Siempre con su suficiencia, cohartando la libertad creativa de cualquier autor

Ana Bande dijo...

Tranquis tos, o torquemada está "controlado" é da casa...(xo cho dixen torquemada vas ir ti ao lume)

Quelleiro dijo...

A min, que aterro por erro neste blogueiro, paréceme ben o que dis. De certo, paréceme ben o comportamento destes manguiños que teñen a ben non facer cousa ningunha nos seus postos públicos, non sendo gabar o séu proprio ego disque progre [mellor que non fagan nada; arriscámonos a calquer desfeita]. Téñolles envexa; adoezo por ser coma eles. Nunha vida baleira, adurmiñada, acadaron o dereito á preguiza que Lafargue anticipaba. Votemos polo futuro: cómpre consumir, mais non traballar. Marchemos polo vieiro da reivindicación eterna; deixemos na beira a pancarta de Reganosa, compañeiro, e tomemos esta outra ¡que vivan os moscosos!

Anónimo dijo...

No estoy de acuerdo con vosotros, lo que hay es mucha envidia, el problema es que todos deberíamos vivr como ellos pero como no podemos nos dedicamos a criticarles, los funcionarios trabajan razonablemente bien.

R.R. dijo...

Joder, Ana, qué vergoña, case me sinto retratado. Se chego a ter nómina a fin de mes, eu era un deses...

Tocante ó Torquemada, nalgún renuncio xa foi pillado, así é que ¡déixeno traballar!