lunes, septiembre 17, 2007

Alguén perdeu o xuizo....



Foi premonitorio, sen dúbida, onte vin por ¿terceira? vez esta desacougante e marabillosa película e hoxe teño que loitar coa mesma pantasma que recrea o filme.
¿quen son os tolos de verdade e quen quere pasar por tal para facer o que lle peta? ¿eh? sería bo que foses quen de ler esto e darlle un pouco á cabeciña, esquecerías tantas mentiras que pouco a pouco constrúes...para limpar a túa conciencia... ¿ou é que estás a tolear de verdade? ¿como o vou a saber? Só sei o que doen as túas verbas por ser falsas, por vir de ti, que eras tan grande, fermosa e doce, tes unha verdadeira artillería ao teu dispor, unha chea de verbas que me deixan cravadiña a unha cruz que nunca pensei que me ías deixar en herencia....logo de tanto sufrimento....

Nunha das esceas más desafiantes da película ... logo de serlle negado aos presos o permiso para ver un partido por televisión por non formar parte do "programa de actividades" ten lugar unha esta situación na que McMurphy (J.Nicholson) fai de improvisado locutor deportivo e retransmite ese partido que botan por unha televisión apagada, unha dasacougante pantalla negra que todos ollan sentido a emoción dunha auténtica xornada no campo de xogo. Todos podemos apaixoarnos cunha realidade inexistente, cunha grande mentira á que podemos trocar en realidade tan doadamente como nos metemos esas pílulas milagreiras que prometen limpar a arañeiras do noso cerebro. Esas pílulas que McMurphy tamén engulía tan mansiño cara a enfermeira para logo amosarllas agachadas entre os dentes ao resto da cuadrilla que xa fixeran del un heroe. Un heroe por ser quen de ver a corrupción dun sistema intolerante coa razón e a virtude nun mundo no que a dignidade só pertence aos tolos e enaxenados mentres que a depravación e a ignonimia campan ás súas anchas polos centros de decisión e poder. Unha situación moi semellante á ¿inventada? tan maxistralmente por Kafka e que desgraciadamente é tan doadamente de recoñecer nos nosos días. As tarefas programadas da odiosa enfermeira non teñen moito que envidiar eses Manuais de Procedemento que por un par de millóns de euros elaboran gustosamente os Departamentos de Calidade encargados de atopar traballo a tanto universitario solto...

Os persoñaxes.....



Will Sampson


"O xefe" no intre de descubrir o seu grande secreto...o amigo que todos quixeramos ter...


Louise Fletcher
Un dos personaxes máis
desprezables da historia do cine....

3 comentarios:

Mario dijo...

Lembro de ver ese filme de neno, e aínda me dura a impresión. Claro que o Jack Nicholson sempre fixo demasiado ben os papeis de colgado.

Anónimo dijo...

É imposible esquecer esa película, e cada un dos personaxes (nós), e McMurphy (nós), e tamén a odiosa enfermeira (nós). Se un quere tremer, non ten máis que vela (verse-vernos).
Un saúdo.

Ana Bande dijo...

Moi atinado o comentario doutora, efectivamente, somos todos NÓS, desgraciadamente...
Si Mario, o máis terrorífico e que a impresión aumenta cos anos, cada vez somos máis parecidos a eses tremendos personaxes