jueves, septiembre 27, 2007

Deposicións ao Ensino ¡¡¡ P Á S A O !!!

Teño pensado contarvos co tempo unha tristeira historia sobre roubo dunha praza diante das miñas propias narices, pero como aínda non o teño superado -e espero tardar un tempo- mentres, vouvos contando casos semellantes e aínda moito peores que o meu, como foi o aberrante proceso de selección de PROFESORES DE SECUNDARIA deste ano. Debera ser o tema estrela do verán, a falta de incencios (menos mal), pero xa vedes, os medios de comunicación, tal e como veño denunciando hai tempo, non están para informar da realidade e os sindicatos, aínda menos para defender ideas tan trasnoitadas como a xustiza e a igualdade; veñen de dicirme que están para defender os intereses dos afiliados, non digo máis.
Hai uns días participei nun debate sobre este escatolóxico asunto no blog de Marcos no que tiven a ledicia de ser acusada de incitar á insubmisión por mor de criticar a eses profesores que reclaman comprensión por ter que formar parte de tribunais encargados de aprobar a candidatos sen ter que demostrar nada de nada, no que a coñecementos se refire. En fin...ao que vou. Hoxe veume visitar unha amiga e contoume o caso da súa irmá que tamén quedou sen a súa praza por ter estudado e aprobado...e o máis penoso, viña da Consellería de Educación onde foi pedir explicacións (hai cidadáns así de exemplares que confían no sistema) sobre o funcionamento das listas de agarda e o funcionario (¿seria Peralejos?) responsable non foi quen de explicarlle nada....iso si, tiveron que saír con bastante presa do despacho porque había uns interinos reclamando non sei que...Bueno, pois esta amiga infórmame de que se puxo en funcionamento unha asociación para ver se se pode desfacer esta aldraxante situación e aquí poño o meu gran de area para traballar por unha causa que penso que o merece. Prégovos que visitedes, leades e comentedes neste blog para axudar a que a educación dos nosos fillos non decaia aínda máis. O meu non ten arreglo porque foi con nocturnidade e alevosía, pero esto ten unhas proporcións que ¡NON PODE SER!

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Nunca un nome estivo tan ben posto. Oposición á xustiza, oposición ao recoñecemento dun posto de traballo gañado a pulso, oposición a que o nivel da educación medre (non via ser), oposición á que os educadores se preocupen realmente en prepararse para educar... e isto na educación, noutras oposicións opóñense a outras melloras e a outras xustizas.
Que noxo.

llll dijo...

deixeiche a resposta a túa pregunta no meu blog, sobre como subir partes de pelis ó youtube. agardo que che sirva de axuda. beijocas.

Ana Bande dijo...

Grazas Sara, vou para a túa casa, menudas horas!!!

Anónimo dijo...

Instrucións:
1. Actualizar pis o texto é xa dantes da 2ª Guerra Mundial.
2.Porlle música de tango, que para eso foi pensada esta letra e gaña moito en boca de Carlitos Gardel
3. Non acuda o psicólogo nin o psiquiatra, aforre eses cartos e dese un banquete que ben pode ser unha mariscada ou un bocadillo de xamón.


Que el mundo fue y será una porquería
ya lo sé...
(¡En el quinientos seis
y en el dos mil también!).
Que siempre ha habido chorros,
maquiavelos y estafaos,
contentos y amargaos,
valores y dublé...
Pero que el siglo veinte
es un despliegue
de maldá insolente,
ya no hay quien lo niegue.
Vivimos revolcaos
en un merengue
y en un mismo lodo
todos manoseaos...

¡Hoy resulta que es lo mismo
ser derecho que traidor!...
¡Ignorante, sabio o chorro,
generoso o estafador!
¡Todo es igual!
¡Nada es mejor!
¡Lo mismo un burro
que un gran profesor!
No hay aplazaos
ni escalafón,
los inmorales
nos han igualao.
Si uno vive en la impostura
y otro roba en su ambición,
¡da lo mismo que sea cura,
colchonero, rey de bastos,
caradura o polizón!...

¡Qué falta de respeto, qué atropello
a la razón!
¡Cualquiera es un señor!
¡Cualquiera es un ladrón!
Mezclao con Stavisky va Don Bosco
y "La Mignón",
Don Chicho y Napoleón,
Carnera y San Martín...
Igual que en la vidriera irrespetuosa
de los cambalaches
se ha mezclao la vida,
y herida por un sable sin remaches
ves llorar la Biblia
contra un calefón...

¡Siglo veinte, cambalache
problemático y febril!...
El que no llora no mama
y el que no afana es un gil!
¡Dale nomás!
¡Dale que va!
¡Que allá en el horno
nos vamo a encontrar!
¡No pienses más,
sentate a un lao,
que a nadie importa
si naciste honrao!
Es lo mismo el que labura
noche y día como un buey,
que el que vive de los otros,
que el que mata, que el que cura
o está fuera de la ley...


Cambalache
Tango
1934
Letra y Música (ir a la partitura): Enrique Santos Discepolo

Ana Bande dijo...

Tremendas as letras do tango, vouna escoitar agora mesmo e logo póñolle música a este post, grazas legnaresa.

Anónimo dijo...

Boa noite!

Eu non a "acusei" de nada (como se pode ver directamente no enlace). Tan só lle dixen que o seu era un brinde ao sol inútil.
E seica lle debeu doer, porque o volve a recordar bastantes días máis tarde. Laméntollo ben, pero, cando se debate, hai que saber encaixar as críticas con deportividade.

Un saúdo (e non se amole máis, que non paga a pena).

Ana Bande dijo...

Benvido a miña humilde morada Apicultor, ogallá quede por moito tempo porque os seus comentarios lonxe de amolarme lévanme polo camiño da reflexión, porque aínda que non coincido cos seus puntos de vista sobre este tema agradezo saír da autocomplacencia á que ás veces nos regalamos. Este terrible caso de inxustiza non é irreversible, só fai falla aplicar o razoamento máis elemental, que todo o mundo compita en igualdade de condicións, e todos sairemos ganando. Non estou pola institucionalización de prácticas perversas como esta vileza que leva a que moitos insignes profesores en potencia se vexan relegados a exercer de camareiros e telefonistas deixando vía libre para os que non saben doutro mérito que a acumulación de antigüidade.

Anónimo dijo...

Como ben sabe se me leu atentamente, comparto plenamente con vostede a indignación pola flagrante e intolerable inxustiza que supuxeron -e, segundo teño entendido, van seguir supoñendo- as oposicións para os distintos ámbitos da educación non universitaria.

Pero moito me temo que a situación vai ser irreversible: o que pasou vai seguir pasando durante algúns anos máis (dous ou tres, coido), porque o asunto está moi ben atado legalmente e non se vai poder desfacer. Administración e sindicatos, sabémolo ben, son os principais culpables desta aberración, cuxas consecuencias se van pagar durante varias décadas.

Que teña un bo domingo (a ser posible pouco pasado por auga).

Ana Bande dijo...

Coido que hai que facer todo o que esté nas nosas mans para axudar a esta asociación de agraviados. Aínda que todo esté tan ben atado como afirma vostede eu non perdo a esperanza e penso que hai que apoiar a estes rapaces como sexa.

Anónimo dijo...

Veise que as súas historias Peralejeras acabarán en canto obteña a súa ansiada praciña. Vai ser que somos o que envexamos...

Anónimo dijo...

Eu tamén penso apoiar a eses opositores aldraxados, mais non sei ben como, agás defendelos nalgún que outro debate nos blogs.

Boa noite e grazas pola amable acollida.

Ana Bande dijo...

Aquí sodes tod@s ben recibidos, ata os imprescidibles anónimos que se avergonzan da súa identidade, pasade e tomade un refresco e aínda con careta sentade a gusto que a reflexión non fai daño a ninguén.

Apicultor, eu tampouco sei ben como se pode apoiar de xeito máis efectivo que falar do tema, e animar a estes rapaces a traballar pola súa causa.

Ana Bande dijo...

Aquí sodes tod@s ben recibidos, ata os imprescidibles anónimos que se avergonzan da súa identidade, pasade e tomade un refresco e aínda con careta sentade a gusto que a reflexión non fai daño a ninguén.

Apicultor, eu tampouco sei ben como se pode apoiar de xeito máis efectivo que falar do tema, e animar a estes rapaces a traballar pola súa causa.