Entrevista en El País
Wikipedia
Red Voltaire
Gees
En blog Cine y Política
Sentencia de Alfonso X "El Sabio" no pleito dos veciños de Ourense contra o Cabildo e Obispo da cidade. 

Volvo deste retiro non desexado no que me atopo porque hoxe houbo dous feitos que me emocionaron. Un foi esta portada de "El País". A imaxe de Alexander Solhzenitsin sempre ten a forza da Medusa, un queda literalmente petrificado logo de ollar unha foto súa. Pero este primeiro plano do xornal fixo que hoxe tardara case dez minutos en abrilo. Dúas miradas, dúas figuras, dous séculos. Estamos no "todo vale", non cabe dúbida. Xa ten delito ver a sinistra figura de Putin, o perseguedor, entregando un premio ao perseguido. ¿sodes quen de adiviñar o que nos din os ollos de A.S.? Ben seguro que nos están a lembrar que voltemos a pegar nas paredes as portadas do Arquipiélago Gulag e os posters do Ché, que miremos de novo O Declive do Imperio ou a súa versión moderna, que temos que ler a Primo Levi, que escoitemos a Dylan...
Este é precisamente o segundo motivo deste post, o premio Principiño a un dos máis grandes, e que aos seus sesentaetantos segue na teima de mudar o mundo, pois vaia por todos os dylanitas e sobre todo o seu máis sobranceiro representante no blogomillo.
Por fin o meu alter ego de carne e oso, a Ana B. Bande terrenal agasalloume co libro que lle pedín hai tempo. Magnífica ocasión para lembrar outra vez miña descoberta máis sobranceira na rede naqueles días terroríficos do pasado verán, o blog de Mazen, do que xa vos falei abondo. Mercar este libro, para min, ten moito máis sentido que apadriñar un neno, por exemplo, e non se me asusten os defensores das ONG e acció
Tachamos a Houellebecq de provocador porque nos esperta violentamente da ficción xerada por un sistema autodestructivo que disfraza de felicidade as prácticas máis perversas. Non somos quen de soportar que nos vomiten na cara unhas cantas verdades que voluntariamente rexeitamos en aras da pacotilla e do abelorio. Nunha escea o alter ego do novelista espétalle unha labazada á boneca inchable na que nos convertemos, primeiro deixándonos engaiolar polos fogos de artificio do sistema para de contado inmolarnos ao aciago demiurgo do economicismo. O drama acentúase cando nos decatamos da imposibilidade de desfacer o camiño, non hai unha segunda oportunidade. O paraíso prometido no libro sagrado -a Tailandia da guía Trotamu
ndos- agora é un mortífero campo de batalla na que as víctimas dunha depredación milenaria sacrifícanse para botar ao monstro invasor que lle chuchou o sangue e a indentidade (a novela foi escrita antes do 11/9 e posteriores barbaridades).
A Plataforma de Calixto Bieito complementa á novela cunha montaxe espectacular. O Michel do texto é un personaxe moito máis frío deste que fala pola boca do xenial Echanove, pero igual de atormentado. Recoñecemos tamén a Valérie moi ben traducida por Marta Domingo. Belén Fabra é Marylise a muller que permanece espida durante toda a función e que representa o mundo no que se desenvolve a historia principal, é ao tempo poesía e prostituta, amor e violación, vida e morte. É un manequín de Schulz.¡NO AL PRÉSTAMO DE PAGO EN BIBLIOTECAS!”
"No sólo de pan vive el hombre. Yo, si tuviera hambre y estuviera desvalido en la calle no pediría un pan; sino que pediría medio pan y un libro. Y yo ataco aquí violentamente a los que solamente hablan de reinvindicaciones económicas sin nombrar jamás las reivindicaciones culturales que es lo que los pueblos piden a gritos. Bien está que todos los hombres coman, pero que todos los hombres sepan. Que gocen todos los frutos del espíritu humano porque lo contrario es convertirlos en máquinas al servicio del estado, es convertirlos en esclavos de una terrible organización social."
Federico García Lorca. Fragmento del discurso pronunciado con motivo de la inauguración de la Biblioteca de Fuentevaqueros

[Foto: Arume]Devecía por viaxar a Exipto e a oportunidade cheogou aínda que fose nun soño. Alí estaba eu no medio e medio do amarelo, do verde e do azul. Os ollos xa os tiña do color da arenisca e tódolos días a todas horas sentía o meu corazón tremendo coa mesma emoción que xa sentira cando puxen o pé no asfalto do aeroporto. Tiña moito que facer aquí e eran poucos os días, pero de todas as marabillas a máis importante para min, aínda sen saber o motivo, era baixar o Nilo nunha faluca coa súa enorme vela. O soño ata aquí parece unha experiencia pracenteira pero aínda que non o creades tratouse dun verdadeiro pesadelo porque malia os meus esforzos os días pasaban e non atopaba xeito de facer realidade o meu desexo. Cada mañá saía máis cedo do hotel co firme propósito de chegar a tempo de pillar unha praza pero en canto me achegaba ao peirao, enormes ringleiras de turistas facíanme desistir e aproveitar o día noutra actividade. E así un día e outro, e cada hora que pasaba a miña anguria crecía e xa non había momia, papiro, pirámide ou paisaxe que me quitase da cabeza o paseo en faluca. Chegou o último día e tiña que tomar unha determinación. Entón decidín camiñar ata o embarcadoiro máis próximo e durmir alí mesmo. Quedei durmida sentada nunha escaleira que se perdía na auga do Nilo e pouco a pouco o balbordo e os empurróns da xente fixéronme acordar de súpeto. Xa non vía a auga entre os milleiros de cabezas que corrían cara a faluca e entón decidín abrirme paso empurrando eu tamén ata que albisquei o que eu naquel intre pensaba que era a punta do velame da faluca. Cada centímetro que avanzaba aquel velame trocábase nunha forma misteriosa ata que cheguei ao derradeiro chanzo. As xentes entolecidas tirábanse á auga para chegar ata EL. A faluca non era tal. Era un enorme sarcófago flotante cun falo duns cincuenta metros de altura que atraía poderosamente a tódolos turistas que devecían por chegar a él como se lles fora a vida no asunto. Malia os empurróns e os berros quedei rezagada ollando o espectáculo e tratando de asimilar o significado da escea.
(Da foto o único que habería que mudar son as dimensións da "vela").
¡¡¡que disfrutedes!!!
Texto publicado en A Peneira. 
"Na kapia, situada entre as nubes, o río e as montañas, de xeración en xeración aprendíase a non chorar mmáis da conta polo que levaban as augas. Alí interiorizaba a xente a inconsciente filosofía da kasaba: a vida é un milagre incomprensíbel, porque se gasta e esfaragulla sen pausa, e aínda así e dura e rexa coma a ponte sobre o Drina".
Traducido por Jairo Dorado Cadilla. Ed.Rinoceronte. Máis información: Wikipedia, Fundación Ivo Andric.