jueves, septiembre 20, 2007

A rutina de Peralejos (II)

A RUTINA DE PERALEJOS

A primeira hora (e moitas veces tamén a segunda e a terceira) len o xornal. E neste caso, malia o que pareza, o verbo ten sentido. Os traballadores do mundo real dispoñen como moito de quince ou vinte minutos para o café. Nese tempo só poden ler os titulares, sempre que poidan achegarse o necesario ao afortunado que se fixo co exemplar do bar, con moita sorte, claro. Faime graza cando lembro que no meu traballo anterior só disfrutei deste dereito ao café o primeiro día. Time is gold. A seguinte vez que tiven valor para convidar a unha compañeira olloume tan espantada que para acougala un chisco díxenlle algo así como ¡muller só é un café, non che estou pedindo de saír!. E non houbo café, dende logo.




A hora do café é imperdoable. Calquera ameaza que poña en perigro o exercicio deste ritual, aínda que sexa por causas de forza maior, un furacán por exemplo, provoca no noso Peralejos (léase funcionario e asimilados) un nivel de ansiedade tal (se queredes podedes chamarlle moobing, burnout ou calquera outro anglicismo, que mola máis) que axiña é motivo de baixa médica polo menos durante un mes. Nestes intre de lecer, como o xornal xa está visto e ás veces tamén feita a compra do día, os nosos Peralejos poden adicarse con total comodidade ao seu pracer favorito, rexoubar dos xefes, poñer podres a eses matados que traballan sen parar e a gusto –para eles uns frikis que non respetan os vellos costumes dos seus devanceiros do tempo de Don Mariano, o que fixo o famoso libro con que Leti agasallou ao Felipe- aos do comité de empresa, etcétera. Estas reunións a media xornada adoitan contar coa animación d@ camareir@ do local, que aleccionad@ polo xefe, fará todo o que faga falta para manter contentos e satisfeitos a estes clientes diarios e dispostos a deixar no seu negocio unha boa parte deses cartiños que caen do ceo cada fin de mes.
[CONTINUARÁ]

Libro recomendado....

miércoles, septiembre 19, 2007

¡aVe mArÍA pURÍsima ! (sic) ¡00001101100111! ¡dremialamorhermoso!

¿ ¿ ¿ U N R O S A R I O D I X I T A L ? ? ? Via CódigoCero

Corto e pego, pensando nun futuro concurso tipo:

"Haberá algo máis estúpido que esto"....

Lanzan en Italia el rosario digital
Hace 4 días
ROMA (AFP) — La suave voz de una mujer que reza "Ave María, llena eres de gracia" remplazará las míticas letanías religiosas de la iglesias gracias al nuevo rosario digital que acaban de lanzar en Italia.
El aparato, pequeño y con la forma de un 'ratón de ordenador', equipado con altavoces, recita para cada día de la semana los misterios de la Virgen Santísima, seguido de un padrenuestro, tres avemarías y un gloria patri.
Al precio de 29,50 euros, el rosario se vende con estatuas y postales de la Virgen María.
"Hemos vendido en 4 meses 7.000 rosarios en toda Italia", contó a la AFP Ireno Stacchiotto, dirigente de la empresa Prex, especializada en objetos religiosos y con sede en Loreto (centro de Italia), donde se encuentra uno de los santuarios más conocidos de Europa.
"Es un instrumento muy útil para los ancianos y enfermos, ya que pueden recitar el rosario todos los días sin tener que ir a la iglesia", sostiene uno de los vendedores de objetos religiosos que trabaja en una tienda cerca al Vaticano.
"De los 50 aparatos que pedimos, nos quedan sólo dos", dijo.
Prex cuenta con exportar el rosario digital a Francia, Alemania, Polonia, España y Gran Bretaña, pero "el problema es que no hemos encontrado las voces apropiadas", aseguró.

De Blogs e Libros


[Foto ConValor]
No blog, ConValor, que vos recomendo moito, están elaborando unha rede de blogs adicados ao mundo do libro. Se queres participar preme aquí

Convocatoria 25 prazas de auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade de Santiago

No BOE de hoxe publícase a convocatoria de 25 prazas para auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade de Santiago. Hai vinte días naturais para presentar a documentación. Sorte a tod@s.

martes, septiembre 18, 2007

Acceso Aberto ao coñecemento.

El paraíso en la otra esquina, Vargas Llosa

Un xeito fermoso de coñecer dúas vidas tan intensas coma diferentes. A de Flora Tristán, unha muller que tentou mudar o mundo, e Paul Gauguin, seu neto, que tentou fuxir del na procura da verdade, da natureza, ou da cor, que ven ser o mesmo. Un mundo xa a piques de desaparecer foi o que atopou Koke na súa aventura. Hoxe eses fermosos topónimos maoríes e ata o nome do pintor empréganse como reclamo polas axencias de viaxes ao trópico. ¿que queda de todo esto?
Flora Tristán foxe do pracer porque a distrae da noble misión de facer valer os dereitos elementais de mulleres e obreiros. Paul, Koke, non sabe doutra cousa, a súa obra como lle dixera o Holandés Tolo estaba feita co seu falo.
Mario Vargas Llosa reconstrúe dúas vidas e dous mundos fascinantes, o da avoa, que nos amosa as víctimas da primeira industrialización, o imaxinamos en negro, e o do neto, na procura da felicidade, do pracer e do color, espértanos cunha luz cegadora que se nos manca e excita a un tempo.
Non son de etiquetas pero para os incondicionais da novela histórica este é un bo libro, boa literatura e boa historia, para abrir portas que nos levan a milleiros de paraísos...Atuona, Arequipa, Hiva Oa, Carlos Marx, o Holandés Tolo, as orixes do feminismo...os "mahus", os maoríes, a colonización....
¿descubrimos o secreto de pape moe, Koke?


Se hundió en el arroyo y Paul lo siguió. El agua fría le produjo una sensación bienhechora, lo liberó de la insoportable tensión. El leñador, al ver que Paul permanecía en el río, protegido de la corriente por una gruesa roca, dej´´o en la otra orilla la bolsa de provisiones y su taparrabos,y volvió a sumergirse, riendo. El agua cantaba y formaba ondas y espuma al chocar contra su armonioso cuerpo. "Está muy fría", dijo, acercándose a Paul hasta rozarlo. El espacio era verde azul, no piaba pájaro alguno, y, salvo el rumor de la corriente contra las piedras, había un silencio, una tranquilidad y una libertad que, pensaba Paul, debieron ser los del Paraíso terrenal. Tenía otra vez la verga tiesa y se sentía desfallecer de aquel deseo inédito. Abandonarse, rendirse, ser amado y brutalizado como una hembra por el leñador. Venciendo su vergüenza, de espaldas a Jotefa, se dejó ir hacia él y recostó su cabeza contra el pecho del joven. Con una risita fresca, en la que no detectó asomo de burla, el muchacho le pasó los brazos por los hombros y lo atrajo hasta tenerlo bien sujeto contra su cuerpo. Lo sintió acomodarse, acoplarse. Cerró los ojos, presa de vértigo. Sentía contra su espalda la verga, también dura, del muchacho, frotándose contra él, y, en vez de apartarlo y golpearlo, como hizo tantas veces con Luzitano, en El Chili y en el Jérôme-Napoleón cuando sus compañeros intentaban usarlo como mujer, lo dejaba hacer, sin asco, con gratitud y -¡Paul, Paul! - tambien gozando. Sintió que una de las manos de Jotefa rebuscaba bajo el agua hasta atrapar su sexo. Apenas sintió que lo acariciaba, eyaculó, dando un gemido. Jotefa lo hizo después, contra su espalda, siempre riéndose. Salieron del arroyo; con las telas de los taparrabos se sacudieron el agua que chorreaba de sus cuerpos. Luego, comieron las frutas que traían. Jotefa no hizo la menor alusión a lo ocurrido, como si no tuviera importancia o ya lo hubiera olvidade. Qué maravilla, ¿no, Paul? Ha hecho contogo algo que, en la Europa cristiana, provocaría angustias y remordimientos, una sensación de culpa y vergüenza. Pero, para el leñador, ser libre, fue una mera diversión, un pasatiempo. ¿que mejor prueba de que la mal llamada civilización europea había destruído la libertad y la felicidad, privando a los seres humanos de los placeres del cuerpo?...

lunes, septiembre 17, 2007

Alguén perdeu o xuizo....



Foi premonitorio, sen dúbida, onte vin por ¿terceira? vez esta desacougante e marabillosa película e hoxe teño que loitar coa mesma pantasma que recrea o filme.
¿quen son os tolos de verdade e quen quere pasar por tal para facer o que lle peta? ¿eh? sería bo que foses quen de ler esto e darlle un pouco á cabeciña, esquecerías tantas mentiras que pouco a pouco constrúes...para limpar a túa conciencia... ¿ou é que estás a tolear de verdade? ¿como o vou a saber? Só sei o que doen as túas verbas por ser falsas, por vir de ti, que eras tan grande, fermosa e doce, tes unha verdadeira artillería ao teu dispor, unha chea de verbas que me deixan cravadiña a unha cruz que nunca pensei que me ías deixar en herencia....logo de tanto sufrimento....

Nunha das esceas más desafiantes da película ... logo de serlle negado aos presos o permiso para ver un partido por televisión por non formar parte do "programa de actividades" ten lugar unha esta situación na que McMurphy (J.Nicholson) fai de improvisado locutor deportivo e retransmite ese partido que botan por unha televisión apagada, unha dasacougante pantalla negra que todos ollan sentido a emoción dunha auténtica xornada no campo de xogo. Todos podemos apaixoarnos cunha realidade inexistente, cunha grande mentira á que podemos trocar en realidade tan doadamente como nos metemos esas pílulas milagreiras que prometen limpar a arañeiras do noso cerebro. Esas pílulas que McMurphy tamén engulía tan mansiño cara a enfermeira para logo amosarllas agachadas entre os dentes ao resto da cuadrilla que xa fixeran del un heroe. Un heroe por ser quen de ver a corrupción dun sistema intolerante coa razón e a virtude nun mundo no que a dignidade só pertence aos tolos e enaxenados mentres que a depravación e a ignonimia campan ás súas anchas polos centros de decisión e poder. Unha situación moi semellante á ¿inventada? tan maxistralmente por Kafka e que desgraciadamente é tan doadamente de recoñecer nos nosos días. As tarefas programadas da odiosa enfermeira non teñen moito que envidiar eses Manuais de Procedemento que por un par de millóns de euros elaboran gustosamente os Departamentos de Calidade encargados de atopar traballo a tanto universitario solto...

Os persoñaxes.....



Will Sampson


"O xefe" no intre de descubrir o seu grande secreto...o amigo que todos quixeramos ter...


Louise Fletcher
Un dos personaxes máis
desprezables da historia do cine....

domingo, septiembre 16, 2007

O planeta dos idiotas.

Onte MJF amosoume abraiada e sen verbas con que comentar esta desfeita, esta penosa imaxe. De súpeto lembreime da imaxe final da película, como para non ser apocalíptica amigo Colodroni.

martes, septiembre 11, 2007

A todos os Peralejos....(I)


Sempre xenial Forges

Toda unha vida para viaxar e adicarse á folganza programada a conciencia. En tempo de traballo, claro. Un non tería gastado tanto papel-cervexa mercando as preguntas do examen para logo esgotarse nas absurdas e cansadas tarefas que calquera matado deses que estudaron para a súa "deposición" como deus manda pode desempeñar de xeito tan doado e submiso. Xa hai tempo que nas oficiñas, despachos, negociados e outras tobeiras ás que se accede por "deposición", están cheas de mediocres fracasados que non poderían nunca acceder pola porta dianteira a un bocado da saborosa oferta pública de emprego. De non existir o sistema do butrón, nin pensar na posibilidade de manter unha familia, pagar a universidade dos fillos, facerse unha chabola no campo ou coñecer eses lugares marabillosos que saen nas súas series preferidas tipo "illa dos famosos", "supervivientes", etc. Non, estes non puxeron de saldo a pouca conciencia que lles quedou como patrimonio intelectual da época universitaria, para logo suar a gota gorda. E véndense a cualquera coa única condición de que estén arriba repartindo postos vitalicios. Logo, adoptan o ideario -incompleto, por suposto, tampouco se van inmolar- de asociaciones marcadamente "progres". ¿como desconfiar dun nacionalista que ven traballar con esas camisetas reveindicativas de noso máis profundo acervo cultural? ¿como desconfiar dunha feminista que viste e calza de cor lila e decora as súas lapelas con todas esas chapas multicolores que acreditan unha puntual asistencia a tódalas las "manifas" existentes? ¿e esoutro que arranxa os problemas do ordenador a unha velocidade de vértigo? ¿como imos pensar mal de xente tan reveindicativa, solidaria, e ata anarquista con tarxeta? Satisfaceme moito criticalos no medio dunha incomprensión xeral que ten unha explicación tan doada como repugnante. É un intento desesperado para que xa se vaian decatando de que non xogo na súa división. Un día na rutina de traballo desta privilegiada caste de lacazáns con título e pedigree é para deixar pampo ao máis espelido. No me estraña nada que estes figurantes sexan tantas veces o obxectivo da maioría dos caricaturistas e debuxantes dos bandas deseñadas máis cómicas dos nosos medios. Non vou escribir máis por hoxe, que ben sei o que aburre a letra impresa a estes elementos e quero que me lean a fondo. Imos deixalo por hoxe que tempo haberá para espelirse logo dun carnaval onde o máis pailoco disfrazado de técnico tenta explicarnos a lei da relatividade.

11 setembro, Mazen Kerbaj

viernes, septiembre 07, 2007

La preservación de recursos digitales, de Alice Keefer y Núria Gallart.

As publicacións relativas ao mundo das bibliotecas deixaron de interesarme perante un tempo porque fóra dos temas "estrela" tipo web 2.0, repositorios -¿poderían mellorar esta tradución por favor?- e tecnoloxías varias, dos que xa hai blogs e páxinas webs por miliardos, non se publica nada que me pareza verdadeiramente interesante Este libro é unha das excepcións.
O tema da preservación (ou conservación, mellor) en xeral xa é importante de por sí porque se está a falar nada máis e nada menos que do dereito á memoria das xeracións futuras. Se temos en conta que a maioría da información e ata a documentación que garante os nosos dereitos (tódolos documentos oficiais, nada menos) está a piques de transferirse na súa totalidade a este soporte tan virtual como e efímero que é a dixitalización, non podemos estar tranquilos tal como se están a facer as cousas. A dixitalización malia as súas vantaxes, pode convertirse nada máis e nada menos, (chamádeme apocalíptica se queredes) nese botón vermello que de súpeto faga desaparecer completamente a memoria colectiva a nivel planetario. Si, certo, parece ciencia ficción, pero xa sabedes tamén do retrasado que vai este xénero con respecto á realidade, á realidade real, quero dicir.

Infame titular de El País

Una nueva rebelión en Congo amenaza la extracción de coltan, esencial para los móviles
Las guerras en el país africano han causado más de cuatro millones de muertos desde 1994

R. L. / AGENCIAS - Madrid / Masisi - 06/09/2007


¿que é o máis aterrador desta noticia?
¿que o coltan é moito máis importante que os catro millóns de mortos deste país dende 1994?
¿poñer nunha misma frase "rebelión no Congo" e "móviles"?
¿que cada móvil custa uns 1,4585 congoleños?
¿que non foi abondo cos xenocidios cometidos neste continente para sacarlle os dentes e temos que seguir chuchándolles o sangue?

¿a perversión de poñer as vidas en letra pequena e o material dos móviles en caracteres xigantes?

¿que os periodistas que temos o son porque acadaron a súa titulación mercando os traballos na web, segundo un artigo do mesmo xornal no mesmo día?

Eu neste tema estou coa Regás, ¡hai que quitarse da prensa escrita pero xa!

jueves, septiembre 06, 2007

O desfalco, de Valentin Katáiev

Esta obra, a derradeira achega dos Rinocerontes, reafirma a miña preferencia por esta editora galega. Con este e estoutro descubrín dous dos mellores libros que teño lido na miña vida e con outros, coma este, este, e estes, atopo en galego os que xa disfrutaban do anaquel vip da miña biblioteca, ese estante máis a man onde entran e saen a cotío os libros máis viaxeiros por seres os que sempre recomendo a alguén que mo pide.
Valentín Katáiev, poeta e xornalista soviético, traballou para o servizo de propaganda no seu país o que seguramente lle permite reconstruir nesta obra as "malas artes" que ocultaba a Nova Política Económica. A malversación de fondos públicos semella unha lacra nuns anos en que os dirixentes comunistas introducían este curioso programa económico capitalista co gallo de prepararse par o socialismo. Neste tumultuoso contexto postrevolucionario e postbélico atopan o mellor caldo de cultivo personaxes tan maravillosamente necios como Filip Stepánovich o xefe de contabilidade e o caixeiro Váñechka, un par de tolos ao xeito dos nosos heroes cervantinos que saen un día do seu traballo cara o banco na procura dos cartos para pagar aos empregados da empresa e xa non voltarán ata esgotar o derreiro kópek.
Nunha das súas viaxes cara a seguinte parada para seguir a dilapidar os cartos públicos qeu aínda lles quedan nos petos, no tren, o noso Quixote emprende a desigual batalla da partida de cartas, unha de tantas aventuras das que sairán cada vez máis arruinados...velaí o comportamento de Váñechka, seguindo o guión do noso Sancho:
"Os ocupantes do vagón, que non eran moitos, amoreábanse ao redos dos xogadores. Incluso o mozo do vagón, despois dunha propina de cinco rublos, non só se abstiña de poñer obstáculos, senón que se comportaba dun xeito extremadamente solícito, traendo cervexa e candeas, e avisando da chegada do revisor. Váñechka achegose varias veces a Filip Stepánovich para tirarlle da manga e murmurarlle:
-Déixeo, Filip Stepánovich, qeu vai perder, mire o que lle digo. Por Deus, non confíe neste viaxante autorizado, por moi autorizado que estea.
Pero Filip Stepánovich apartábao, anoxado.
-Lisca de aquí, que me espantas a sorte. Vaite!
Aínda que semelle feito á mantenta, a publicación deste post simultáneamente aos derradeiros e turbios asuntos que estamos a describir estes días, é pura casualidade.

miércoles, septiembre 05, 2007

¡ ¡ ¡ Salvemos Toralla e o noso litoral ! ! !

Via Culturagalega.org


"A Vicepresidencia da Xunta de Galicia reclamará ao Ministerio de Defensa a titularidade pública da Illa de Toralla por razóns de "utilidade pública e interese social". Defensa xa desafectou a illa de usos militares. Pola súa banda, o colectivo Xogo Descuberto convocou para o sábado 8 de setembro ás 18:00 h. unha marcha na ponte da illa de Toralla, en Vigo, para "reinvidinca-lo uso da illa por parte de todos e todas e manifestar a nosa repulsa ás construccións feitas nela".

Paréceme incrible e vergoñento o caso Toralla. Unha vergonza múltiple: unha fermosa illa en mans privadas e co seu entorno totalmente contaminado con este espantoso edificio. Aínda lembro cando era eu unha fiel domingueira e como quedaba abraiada perante semellante monstruosidade. Pero atención, non só as illas nos están vedadas ao humilde cidadán para un simple paseo, unha grande parte do noso litoral semella xa en mans privadas por aquilo do uso e costume ao que tan ben se adaptaron algúns turistas. Dígovolo porque o pasado "guikend" estiven na zona do Grove, concretamente na fermosa praia do Carreiro e quedei pampa ao observar como uns galos (e non me refiro ao becho) que saíran dunha enormidade de chalet tiñan tomado todo o areal coas súas miserabeis pertenzas, un iate, un par de lanchas para achegarase cómodamente á costa, unhas taboas de surf ancladas no medio da praia e nonseicantos trebellos máis. E logo os berros que metían, ¡Moguisse fien isi silvuplé! ¡ooooh mon die quil e fgrua delo! ...e así ata que me cansei e os mandei calar ao estilo jalejodaría. ¡e logo seremos nós os que berramos no canto de falar...! ¡quen me mandaría a min marchar da superpoboada praia de Caneliñas onde malia non caber un guisante disfrutabas da intimidade de ser un anómino entre a multitude e podías divertirte co Who is Wally e vir meterme nunha idílica praia do Grove coa intención de non escoitar nada máis que os bicos das olas! Ao marcharmos, o confeso, non aturaba máis ter que escoitar por pelotas, con perdón, a estúpida conversación polo celular da Paris Hilton que os franchutes deixaron na praia ao coidado dos xoguetiños. E por si non me credes, aquí vos deixo unhas fotiños do maravilloso día. Con todo vos recomendo moito todas estas praias.

¿E QUÉ VOS PARECE ESTO?



¿decatádevos do curioso fenómeno que ten lugar nestra fermosa praia de Portonovo? (preme nas fotos para velas a maior tamaño)






Esta é a fermosa praia do Carreiro con algunhas das "pertenzas" dos galos.




Este e o iate dos galos...¿teremos nos algún anaco de area na Côte d´Azur, algunha praia "dos galegos" no país veciño?





martes, septiembre 04, 2007

Adiviña, adiviñanza...

(Foto de Rebecca Blackwell)
¿imaxinas o que fan estes rapaces no parking do aeroporto internacional de Gbessi en Guinea? ¿Non adiviñas? Consulta Inicios

As Contas da Universidade de Vigo (III)

As catástrofes naturais, además de servir para acadar premios de fotografía valen para esto....Tamén, por certo, para montar plataformas reveindicativas medioambientais ad hoc que desaparecen misteriosamente coas mudanzas políticas...

Programa de intervención científica con relación al Prestige
3.165. En el ejercicio fiscalizado se inició la ejecución del “Programa de intervención científica con relación al vertido y hundimiento del buque Prestige”. En esta acción de carácter especial, que fue propuesta por la UVI al Ministerio de Ciencia y Tecnología, intervienen investigadores de otros organismos públicos y Universidades de España. El Ministerio concedió inicialmente 6000.000 euros para la realización de este poyecto, de los que 1.000.000 se destinan al programa de coordinación que figura en el lan de la intervención científica, del que la UVI es la Institución gestora. Esta Unversidad se encarga de formalizar los convenios con las otras Universidades y rganismos intervinientes, recibe la subvención del Ministerio y paga los gastos realizados por los distintos centros que intervienen en la investigación. Para la gestión económica de este proyecto la UVI crea una aplicación presupuestaria en el programa 122P “Proyectos de investigación con financiación externa”. Con cargo a la subvención que recibió del Ministerio generó crédito en los presupuestos del año 2003 por importe de 1.000.000 de euros, para afrontar los gastos de gestión y coordinación administrativa de este proyecto. Dentro de los gastos ejecutados en el ejercicio fiscalizado por importe de 233.369 euros, se incluye el pago de 58.900 euros en concepto de gratificaciones para compensar económicamente los servicios extraordinarios prestados fuera de la quenda normal de trabajo de 14 funcionarios que participan en la organización, coordinación, tramitación, evaluación y resolución de la intervención investigadora. Este gasto no está debidamente justificado, ya que el pago a estos funcionarios se efectuó en los meses de junio y diciembre del ejercicio fiscalizado sin que quedara constancia ni del número de oras realizadas ni de la cuantía con la que se compensa cada una de ellas.
E agora que os responsables xa non están, ¿a que se lle piden responsabilidades? porque os cartos xa voaron...pois a ninguén, of course, ¿vos soa eso de colle o diñeiro e corre?....Pois tomamos nota. Das trapalladas que se estean a facer agora tardarase dous anos en facer o informe o para o 2012 o comentaremos ¿nese blog?...

lunes, septiembre 03, 2007

En Nadar-dos-pájaros, de Flann O´Brian



Tan insólita coma seu título é esta novela de Flann O´Brian á que lleguei tamén da man do coleccionista de excéntricos, o autor do Mago de Viena.

Sorprende a abafante solemnidade dunha linguaxe ao servizo dunha vontade de creación que lembra as vangardas dos primeiros ano do século pasado. Unha novela cubista, penso, porque racha coa preeminencia do punto de vista único. Rómpese o fío da narración cada pouco para introducirmos nunha nova historia na que o autor e os seus personaxes intercambian papeis e loitan como na vida real obreiro e o empresario. A crítica do sistema faise dende o máis profundo. A mitoloxía está, como en Joyce ao servizo deste degoiro por esnaquizar os ríxidos moldes nos que se segue a querer facer literatura. Para os que, coma min, descoñecemos en profundidade a historia e a mitoloxía irlandesas as dificultades aínda van a máis porque o relato ínzase de vellas lendas e seres fantásticos que poboan hai séculos as mentes dos irlandeses. Crítica presente e sempre latente do sistema económico, do puritanismo irlandés desa época, do cristianismo e ata da mitoloxía e a superstición que dirixe a vida destas xentes. Xa estou desexando meter o ollo aquí.
O´Brien, Flann. En nadar-dos-pájaros. Barcelona, Edhasa, 1989 [podes atopalo aquí]
Máis sobre esta novela:
Pitol, Sergio. El mago de Viena. Valencia, Pretextos, 2005. [podes atopalo aquí]

As contas da Universidade de Vigo (II)

A petición popular seguimos coa blogoserie "As contas da Universidade de Vigo". Aínda que non é este un tema que sexa do meu gusto, penso que coa pasta que hai en xogo e coas perspectivas de que a burbulla nos deixe os bolsillos aínda máis baleiros, é unha boa terapia coñecer os pudrideiros dos cartos que coma santiños depositamos os cidadáns anualmente nas cobizosas bocas de San Caetano. Sr. Reitor, no se engane nin nos engane, calquera empresa que sexa financiada no seu 90% pola Xunta, independientemente de si ten clientes ou non (alumnos, no noso caso) e de si se traballa OU NON, ¡TERÍA SANEADA A SÚA ECONOMÍA!. E unha conclusión moi doada, non fai falla ter unha chea de títulos para chegar a esta conclusión.

3.22.5. Las actividades contractuales de Ciudad Universitaria S.A. están sometidas, por imperativo de la disposición adicional sexta de la Ley de Contratos de las Administraciones Públicas, a los principios de publicidad y concurrencia. Analizamos la contratación de las obras de construcción del edificio del “Aulario” adjudicadas por importe de 2.749.752 euros y las de la zona comercial, cine, teatro y zona deportiva, por 5.026.495 euros. En ambos casos se publicaron anuncios en tres periódicos de difusión en la Comunidad Autónoma, concediéndose un plazo de al menos 10 días para la presentación de solicitudes. A la convocatoria de los concursos concurrieron seis empresas en el primer caso y siete en el segundo. Ambas obras fueron adjudicadas a José Malvar Construcciones S.A., aunque en los informes técnicos en los que se evalúan las ofertas presentadas por las empresas, las propuestas de la empresa adjudicataria no alcanzaron la mayor puntuación en relación con los parámetros establecidos en el pliego de bases. La documentación aportada por la Sociedad no constituye motivación suficiente que justifique las adjudicaciones realizadas por lo que, a pesar del cumplimiento de los principios de publicidad y concurrencia, no queda acreditada la objetividad en estas contrataciones.
Tamén estes do Consello de Contas teñen un traballo ben perralleiro, calquera día ata se nos meten no Coro Universitario a pedir certificados aos cantantes....

sábado, septiembre 01, 2007

As contas da Universidade de Vigo (I)

Agora que o o Consello de Contas é máis coñecido por mor caso malaio, sic, Gaiás, podíamos aproveitar para lembrar tamén algunhas das conclusións que este organismo fiscalizador deixou sobre as actuacións da Universidade de Vigo. Repasando, repasando, aquí deixo algunhas perliñas:


"En Ciudad Universitaria S.A. prestan servicios dos personas, el gerente vinculado a la empresa a través de un contrato de alta dirección y una secretaria de dirección. No nos consta documentación que acredite que para la contratación del gerente se efectuara una selección entre personal con cualificación profesional, conforme a los principios de mérito y capacidad como corresponde a una sociedad pública."

"La contratación de la secretaria de dirección se realizó tras la selección efectuada por una empresa externa. No consta el anuncio público de la convocatoria ni la previa determinación de criterios objetivos y baremados que garanticen el cumplimiento de los principios de igualdad, mérito y capacidad aplicables a la selección de los trabajadores de esta sociedad pública."

... e eu preocupada polos cantantes que mercaron a precio de saldo as partituras para disimular que ían facer play back...

(CONTINUARÁ)

Informe del Consello de Contas sobre a Universidade de Vigo

Terrorista, de John Updike

¿pódese facer una crítica negativa dun autor consagradísimo coma John Updike? Non sei, pero esta novela, a primeira que leo deste autor no me provocou estremecemento algún. Recoñezo que ese realismo/naturalismo que gaban moitos comentaristas fíxoseme moi pesado. E logo está ese gusto excesivo pola descrición, eses demasiados adxectivos que amolan e recargan o texto cando do que se trata é de contar unha historia. Porque Updike nesta obra, o que pretende e introducirnos na problemática do terrorismo, de entender as causas que levan aos mozos musulmáns a devecer pola inmolación. Updike crea a Ahmad, e constrúelle un entorno a medida no que a crítica do sistema capitalista e as miserias do mundo occidental son os vieiros que explicarían esta decisión. O que pasa e que a min estes heroes da autocrítica norteamericana que gañan unha morea de cartos criticando o seu modo de vida e ademáis non teñen problema ningún en fotografarse cos corruptos líderes que veñen de atacar nas súas obras, non sei, non o vexo. Pásame o mesmo con Michael Moore. Un americano que presume de patria poñendo por riba da mesa as miserias do seu país... Non digo que os autores teñan que ser antisistema e ser bolcheviques cada minuto da súa vida, pero cando menos gustaríame que se se fai novela social e se critica un sistema que se aborrece, logo non pode un ir por ahí recollendo premios desas mans tan sucias que amosan nos seus libros.

martes, agosto 28, 2007

Carta aberta a Rosa Regás.

Prezada Rosa,
Nunca pensaras neste voráxine de pseudonoticias que ían levarte as portadas de tantos xornais, protagonizar unha morea de debates dos máis sobranceiros representantes da intelectualidade bibliotecaria, se se me permite o oxímoron, columnas dos máis revirados, sic, refinados, "analistas" da actualidade.
Muller, de esquerdas, sen pelos na lingua, eres unha suicida tía. Pero ¿de verdade pensabas que a política, e máis en concreto, a política cultural (molesten o abuso da figura literaria) e máis en concreto a xestión dunha biblioteca, e ademáis a Nacional, tiña algo que ver con esoutro mundo do libro, o dos contidos, o da creación, o das boas ideas e a xenerosidade que implica defendelas?
Antes a valentía dos que tiñan ideas pagábase na fogueira, agora están os medios de comunicación, que é o mesmo que dicir a política, os que te acosan e te afogan e turran a gusto da corda porque falaches alto e claro, pero ¿que pensabas? ¿que ían deixar así a cousa? Pero muller, é que os anos non che aprenden, sonche vengativos e agardan o momento para atacar do xeito que saben, en grupo, coma esas feras do video do youtube.
O das follas da Cosmografia de Tolomeo xa sa sabía dende hai anos o seu autor, penso que ata o comentei tamen neste meu bló, non sei, xa non lembro. Aquí mesmo vos deixo o video que acredita o caso. E rematarán por pedirche explicacións dos milleiros de incunables de levan perdidos dende os tempos do rey Felipe. Preguntádelle a moitos dos "investigadores" que tanto falan de ti estes días. Aposto o meu exemplar das"Quaestione Disputatae" de Tomás de Aquino a que teñen verdadeiros tesouros bibliográficos co selo dunha biblioteca nos seus preciosos despachos de caoba. Onte Aitana Sánchez Gijón sorría fachendosa ante esta "feliz coincidencia", o roubo na Biblioteca Nacional, mira ti por donde, pode traducirse en espectadores para a súa película, que non menciono porque non me gusta nada nin o autor nin a novela. Pois nada, tomade nota e a asaltar bibliotecas, pode ser a solución interesante para paliar febleza do sector.


Puro graffiti en Vigo...preséntovos a Kopro...

Son deliciosas estas "intervencións" na paisaxe urbana, que diría un pedantorro intelectualoide dos que gosta tanto Corinne. Este noso Vigo vaise enchendo de vagar dunha chea de debuxos tan expresivos coma este de Kopro na Rúa López Mora. Xenial, auténtico, tes forza Kopro. Aquí vai outro na mesma rúa que collo do seu fotolog...

Aínda que a min o que máis me gusta e este:

Campus Universitario de Vigo 28 de agosto 2007, 9:00h.


O día recibiume con esta fermosura.... agosto agasállanos con días deliciosos coma este de hoxe...E tendo un lugar de traballo no medio desta maxia...case nin doe o pensamento...

Mr. Bean ¡que grande!


Non perdades esta peli, o mestre do humor fainos morrer de risa, e iso, nestes tempos de desacougo é un agasallo que non debemos rexeitar.

jueves, agosto 23, 2007

Mara..."o pitiño"


"Mara nas mans de Carlos"

Mara, "pitiño" para seu pai, mans do David, mans para ter conta de Mara, que xa se vai decatando da súa sorte, Mara, que ías ser Ayla, a que quedou soíña cando a terra tiña fame de xente, ogallá teñas mar, ceo e chuvia, e auga e neve e sol e desertos, e gatiños, teatro, bonecas e contos, e avós centenarios e xoguetes e libros, e....

miércoles, agosto 22, 2007

Keith Haring en Pontevedra










Graffiti anónimo (Pontevedra)
A exposición de Keith Haring en Pontevedra gustou a Lucía, Miriam e Alma. Ollaban as obras coa famenta curiosidade dos dezaséis anos e procuraban atopar o significado de cada trazo. O can, a espada luminosa, os pratos voadores...conteilles o pouco que sabía de Haring, a súa relación con Warhol, os comezos como grafiteiro, a sesión na que tiña que pintar o corpo de Grace Jones na que tamén estaban Mappelthorpe e Warhol, a técnica do gravado...pero elas devecían por máis explicacións e decidiron agardar unha visita guiada. Este tipo de visitas, malia ser agradecidas por un público que adoita rexeitar as obras contemporáneas teñen sempre o vicio de desfacer o feitizo da comunicación directa co artista, a liberdade na interpretación de mensaxes concibidos como unha conexión íntima con cada un de nós. A guía debería de suxerir, abrir vías de reflexión e fomentar unha curiosidade que xere no espectador unha imperiosa necesidade de procurar máis información e incluso as vías para atopala.
Esta exposición prestábase a facer referencias a propia cidade de Pontevedra e a súa vinculación coa arte e concretamente co grafitismo. A poucos metros das obras de Haring temos exemplos como o que reflexa a fotografía. Pintar en lugares públicos é un xeito de expresión que se practica dende antigo, Haring é un de tantos, non o dubido. Tiña técnica, imaxinación e sensibilidade, pero tamén tivo a sorte de atoparse co cazatalentos. Aqui preto de nós temos tamén moitos Harings. Mirade a foto. O lupus dei, é unha composición moito máis complexa co famoso can. A crítica á secta é representada dun xeito divertido e imaxinativo, un magnífico icono de artista, de momento, descoñecido.
Información sobre Haring: Web oficial, Wikipedia.
Lecturas sobre Haring:
Diarios. Podes atopalos na Bibliotecas de Belas Artes da Universidade de Vigo.
Procura máis libros no WorldCat

lunes, agosto 20, 2007

José Luis López Cid.


























Doazón da biblioteca de José Luís López Cid. Moitos dos libros desta doazón teñen dedicatorias dos autores. Nas fotografías as de Emilio Gascó Contell e J. Alonso Montero.

Cando a as caixas de cartón foron arrombadas baixo a mesa da bibliteca o cheiro do papel amarelecido anunciou a presenza da odiosa dama de negro. A morte moitas veces só deixa tras de sí unha chea de facturas, unha billeteira cun par de fotos ou uns lentes vellos. Outras veces, poucas, queda unha biblioteca. Algúns libros tiñan o nome. A propiedade non lle quitaba o soño ao profesor López Cid, el devecía por dar conta deles e espallar logo as ideas entre os seus alumnos . Os títulos falan de moitas horas adicadas á literatura, á filosofía, á investigación. Ese tempo amarelo, outra vez lembro a Fernán Gomez, ven repousar nos anaqueis da biblioteca da Facultae de Filoloxía da Universidade de Vigo. Quizais estaría mellor na dunha escola ou instituto do mestre facendo as ledicias dos seus alumnos. Pero estarán ben aquí, moito mellor que nun cotroso faiado compartindo esquecemento con roupas vellas e cousas que xa non funcionan, que son cada vez máis.
Libros que hai pouco compartían ollos, mans e mobiliario esparéxense agora entre descoñecidos. Emigrantes na procura de fortuna na metrópole, algúns tiveron sorte e atoparon aluguer con paisanos seus. A estes chíscolles un ollo e vou na procura dos que quedaron illados e descoñecen a lingua dos veciños. Tocámonos, deixamos que entre un pouco de fresco e voltamos á rutina. Pouco a pouco vanse afacendo e gozan deste enorme pracer dos aloumiños diarios.
Non coñecín ao profesor pero seguro que moitos ourensáns sí que o lembran. Seica ensinou no Instituto das Lagoas desa cidade pródiga en xenios. Cada vez que alguén se interesa por un destes libros amarelos vexo un sorriso por algures.
Podes consultar este fondo na Biblioteca da Facultade de Filoloxía e Tradución ou aqui.

jueves, agosto 16, 2007

Para Asia.

Asia foise, pero deixoume moita música, moitas fotos, moitas conversas e moitas bágoas. Eses preciosos ollos azuis gustan da auga como Asia das humidades. Hai quen non aprecia a beleza nestas augas salgadas, non sabedes o espectáculo que se agacha tras estes cristais, un tesouro tan grande coma o teu nome Asia, e tan accesible coma teu corazón.Contigo non pode haber despedidas, xa me mercaches o billete antes de marchar e fixen promesas moi difíciles...

martes, agosto 14, 2007

Puro arte...pasatempos para un verán...diferente.



Un video para deleitase ben a gusto. Pon a proba os teus coñecementos de arte. Do listado de artistas seguintes hai tres que non aparecen no video. Imos ver se os atopas...

Philipe Guston, Munch, Van Gogh, Gauguin, Matisse, Lichtenstein, Monet, Cezanne, Magritte,Kirchner, Egon Schiele, Oskar Kokoschka, Picasso, Gris, Léger, Chagall, Dalí, Frida Khalo, Weselman, Diego Ribera, Marcel Duchamp, Renoir, Miró, Paul Klee, Grosz, Bacon, Warhol, Lucien Freud, Ron Mueck, Ensor, Derain, De Kooning, Schmidt-Rottluf.

¡felices vacacións!

lunes, agosto 06, 2007

Pelando la cebolla, Günter Grass



Ás veces unha xa non sabe se debe ler certos libros, sobre todo se temos en conta as críticas literarias dos suplementos e revistas especializadas. Non adoito ser ben mandada e en cuestións de recomendacións literarias aínda menos se non coñezo incluso persoalmente ao recomendador. O derradeiro libro de G. Grass deu para todo tipo de liortas, políticas, comerciais, filosóficas, editoriais e ata literarias. Defensores e detractores o Sr. Grass sempre os cultivou, se cadra porque é quen de falar o que lle peta dende ese sempiterno rictus de mal xenio que o caracteriza. Lémbrame ao noso Fernando Fernán Gómez -¡¡¡¡ a la mierda !!!-, e non é para menos. Sobrevivir ás peores atrocidades do século máis terrorífico da historia da humanidade non foi doado para ninguén (aínda non o é). As víctimas teñen que pedir perdón pola súa impertinencia e os que se arrimaron aos vencedores teñen que permanecer agachados o resto da súa vida. A existencia de personalidades como Primo Levi e G.Grass, por poñer exemplos extremos, invítannos a cotío a reflexionar sobre a capacidade do home para inflixir sufrimento. Primo Levi non foi quen de respirar naquela abafante atmósfera que quería esquecelo todo e deixounos unhos textos impresionantes sobre o xenocidio porque foi quen de transmitirnos aquel insoportable sufrimento sen que das súas verbas se destile odio ningún. Günter Grass fálanos dende o outro lado, e tampouco sae indemne. Non suplica que se lle perdoe, ninguén o obrigaba a falar deste enorme "pecado". Non sei se será unha revirada operación de publicidade empregando o morbo que supón recoñecer a súa pertenza ás SS, non creo, porque non o precisa nesta etapa da súa vida na que xa é un autor consagrado. Ao mellor son motivos relixiosos e o medo á morte...¡quen sabe! o caso é que Günter Grass amosa unha capacidade extraordinaria para recuperar do pozo negro do pasado imaxes, sentimentos, feitos, que nos axudan a comprender un pouco mellor os motivos daquel xenocidio.

viernes, agosto 03, 2007

(...) (???) No (! ! !) zoo (???)


Sempre acertas, no zoo de acordo, si, pero en gaiola distinta por favor, e que ben se está, sempre devecín polo cárcere malia que prefiro esta sensación de catividade autoinflixida, no zoo, aprendes ao través dos barrotes porque non hai moito máis que facer que mirar, e ninguén te mira tampouco...

martes, julio 31, 2007

Revista TRIUNFO. Periodismo Puro....pasatempos dun verán ¿alternativo?

Con Triunfo Digital reaparece públicamente a revista que nos anos 60 e 70, dúas décadas cruciais, encarnou as ideas e a cultura da esquerda do noso país e foi símbolo da resistencia intelectual ao franquismo. Triunfo mudou de pel en 1962 e, deixando atrás ao inesquecíbel semanario cinematográfico precedente, acadou seu antigo soño de converterse na revista de información xeral cando un nomeado grupo de comunicación se propuxo obstinadamente editar Triunfo. Dúas ideas fundamentais guiaron a revista dende a súa nova situación profesional: dirixirse ás maiorías e transitar por vieiros culturais para que as súas páxinas poideran acoller as grandes correntes do pensamento europeo. Triunfo emprendeu entón un camiño sen volta co firme propósito de atravesar aquela escura época facendo un periodismo insubornábel que restablecera a memoria histórica, arrincada dos españoies pola violenta agresión dos vencedores. Ao aparecer nos quioscos o 9 de xuño de 1962, Triunfo non deixou xa nunca de recoller e destacar nas súas páxinas cantos acontecementos de natureza cultural e ideolóxica foran sucedendo no noso país e que afectaban á propia revista, como a prolongada vixencia da antiga lei que Franco e Serrano Suñer dictaran un cuarto de século antes, en plena guerra civil, impoñendo unha férrea censura que foi culpable de que o noso pobo chegara a esquecer a súa propia historia, ou cando, en 1966, casi 30 anos despois, Fraga pregoaba "a fin da censura previa" coa súa nova Lei de Prensa e Imprenta, auténtico fraude político agachado baixo unha prosa xurídica formalmente moderada que non lle impidiu reformar o Código Penal para radicalizar a represión hasta extremos inusitados. No seu propio ámbito, a revista soportou incomprensións e desencontrol. O simple feito de que, moi pronto, conquistase a atención dos que procuraban naquel deserto comunicacional que era noso país unha mensaxe de liberdade e que se estendera a nova de que había que ler Triunfo, publicación en auxe polo seu inequívoco talante progresista, creou momentos de tensión entre a redacción e o grupo editor, circunstancia que acadou extremos intimidatorios pola acusada intolerancia de algúns personaxes do seu Consello. A tensión entre Triunfo e os seus financiadores medraba cando, inesperadamente, apareceu a crise: aqueles sufriron tal descalabro económico que todas as súas empresas pasaron a depender do seu acredor, o Banco Atlántico. A situación enrareceuse cando se soubo que a cúpula do Atlántico a integraban significativos membros do Opus Dei. A evidente disparidade entre a coñecida asociación relixiosa e as ideas defendidas por Triunfo facía presaxiar un final irreparable: era preciso transmitir ao propio presidente do Atlántico a idea de que a desaparición da revista sería interpretada como un ‘axuste de contas’ ideolóxico e que, si o Banco se mostrara comprensivo, quedaría patente que a Obra non desexaba consumar ningunha acción que semellara represalia. Admitida positivamente a proposta, Triunfo acadou o seu obxectivo e, por vez primeira, a revista sentiuse absolutamente libre, sin depender económicamente de ninguén. De feito foi unha simbólica reedificación da revista sobre si mesma que, para evocala, adoptou un lema como santo e seña para o futuro: o predominio da razón ideolóxica sobre a razón económica. Comezaba unha época dourada, a do “Triunfo das luces”, que levou á revista cara o cumio da súa influencia cultural e ideolóxica. Ao través dos números monográficos, abordou temas hasta entón prohibidos para a sumisa e insulsa prensa da época. Pero o omnímodo poder do autócrata e dos seus vigarios non foron quen de aturar o auxe e a liberdade que a revista acadara e, cando apareceu o monográfico “El matrimonio”, castigouna cos máis duros correctivos que aquelas leis sectarias aplicaban a quen se atrevía a desafialo: secuestrou o número, abriu un sumario no Tribunal de Orde Público e, por especial acordo do Consello de ministros, Triunfo foi suspendido durante catro meses e multado cun cuarto de millón de pesetas. Miles de adhesións de seus lectores expresadas mediante suscripcións extraordinarias mitigaron o golpe sufrido. O acoso gubernativo á revista non parou e o número no que se publicaba o artigo de José Aumente ¿Estamos preparados para el cambio? (el 656 de abril del 75) era tamén suspendido durante catro meses polo Consello de ministros que o considerou como atentatorio contra a seguridade do Estado. A morte de Franco ocorreu durante aquela suspensión e Triunfo, amordazado, no puido pronunciarse periodísticamente sobre tan histórica situación. Impotente, viuse confinado a presenciar dende o arcén da Historia como o Grande Cortexo fúnebre se encamiñaba cara o Val dos Caídos. Pero aquel Poder era insaciable no seu acosamento a Triunfo e así, o 24 de xullo do mesmo 75, abriu expediente á revista pola publicación no número 669 dunha entrevista de Montserrat Roig a José Andreu Abelló considerando que o texto vulneraba o artigo 2 da Lei de Prensa e Imprenta. E para maior afrenta aínda, os indultos que o primeiro goberno da Monarquía (12 de decembro do 75) concedeu ás publicacións e periodistas sancionados por transgredir a ley de Prensa non se confiriron a Triunfo, que tuvo que cumprir íntegra toda a súa condena. O 10 de xaneiro de 1976 reapareceu Triunfo cunha significativa portada: A resposta democrática. Os máis de 166.000 ejemplares da súa tirada desapareceron nas mans dos seus lectores nunhas horas, o que confirmaba o seu inicial obxectivo de ser unha publicación para maiorías. Non obstante, naquela confusa e irreflexiva época de balbucente democracia con profusión de partidos políticos á caza de poltronas no Congreso e no Senado, a revista iniciou o seu declive porque boa parte dos seus leais ‘esqueceron’ a Triunfo e os seus méritos. E a revista sufriu unha caída xa imparable que a levou en 1982 a un final paradóxico e desolador: a publicación que máis loitara e padecera en España pola liberdade e a democracia, desaparecía por mor da lei do mercado tres meses antes de que a esquerda de entón chegara coa maioría absoluta al poder. Triunfo foi unha singular obra colectiva que xuntou a un equipo excepcional de periodistas, paradigma profesional da segunda metade do século XX. Ante a imposibilidade de nomealos un a un, que sería o xusto, baste aquí con sinalar no seu nome aos máis lembrados dos desgraciadamente desaparecidos: Eduardo Haro Tecglen, Luis Carandell, Manuel Vázquez Montalbán...
Como memoria indispensable daquelas dúas décadas cruciais da vida española, Triunfo Digital ofrece aos investigadores do porvir o considerable, inmenso contido cultural e ideolóxico dunha revista que o propio Montalbán gabou con estas verbas: «Me vinculé a Triunfo en el momento de su definitivo despegue como medio en el límite del posibilismo crítico contra la dictadura, cumpliendo el papel de órgano cómplice de la reconstrucción de la razón democrática de España después del asalto a la razón perpetrado por las hordas franquistas en 1936. He de decir que vivir el agostamiento del franquismo dentro de Triunfo como uno de sus más frecuentes colaboradores, ha sido la situación más satisfactoria de mi vida, por encima incluso de premios nacionales o internacionales aportados por la literatura».

Texto: José Angel Ezcurra.
Tradución: Ana Bande.

¿lembras a portada de TRIUNFO da data do teu nacemento? ¿non? mmmm... mala memoria rapas@. Pois se queres levar un bo susto podes mirar en truinfodigital, eu aínda non me recuperei a verdade, son da época de maricastaña....

Vigo, a estética do contraste

Ás veces o inesperado amólanos pola súa impertinencia, foi o que eu sentín cando me topei por vez primeira con este "ready made" urbanita. Agora, tras convivir con esta imaxe un bo tempo, agradezo a súa presenza esporádica como símbolo da resistencia de Vigo a ser unha cidade como tantas outras. Hai que consolarse dalgún xeito. Aquí o tradicional non se resigna doadamente a desaparecer baixo os cascallos da especulación. Antes alporizábanme moito estes contrastes, sempre aberrantes, e semellábanme síntomas dun mal gusto que farían moi difícil a vida nun entorno tan carente de beleza. As galiñas exultantes pasean á beira da Gran Vía. Un labrego coidando a súa leira a carón da Praza de América. Lembro que hai anos saín unha noite dun hipermercado e sen saber como vinme rodeada de leiras e corredoiras que se multiplicaban nun labirinto do que non me foi doado saír, non atopaba ningunha referencia coñecida, creo que estaba por Lavadores. Hoxe van quedando menos illas do pasado e van aparecendo eses proxectos-monstro que compiten por agachar a ría da vista dos vigueses. Ás veces hai sorte e a necidade e cobiza dos xestores de turno fan que se paralicen algunhas obras, caso do Auditorio, e podemos disfrutar un pouquiño máis dos azuis do ceo e do mar.

viernes, julio 27, 2007

Literatura en estado puro....pasatempos de verán...agora xa por fin abafante.

Este texto pertence á novela dun malogrado escritor estadounidense que optou polo suicidio sendo aínda mozo. A perseverancia da súa nai salvou esta preciosa historia e o que fala, Ignatius é un personaxe enorme (en tódolos sentidos) que se ten comparado axeitadamente co noso Quixote. Coa súa nai (un alter ego de Sancho) forman unha parella literaria do máis orixinal. Bueno, non vou dar máis pistas, por agora.
Para non abusar do alcol esta vez o premio pode ser unha Mirinda ¿que xa non se fan? Seguro que aínda queda algunha por aí...veremos.
Velaquí as verbas tan sabias dun necio universal:

" Soy capaz de tantas cosas y no se dan cuenta. O no quieren darse cuenta. O hacen todo lo posible por no darse cuenta. Necedades. Dicen que la vida se puede recorrer por dos caminos: el bueno y el malo. Yo no creo eso. Yo más bien creo que son tres: el bueno, el malo y el que te dejan recorrer. El bueno lo he intentado andar y no me ha ido bien. Juro que ha sido así. De pequeño hice todo lo que consideré correcto y lo que está bendita New Orleáns, con sus acordes de ébano y sus insoportables chaquetas a rayas me inducía a hacer. Estudié profundamente y traté de trasladar mis conocimientos con pasión. Los estudiantes saben eso. También escribí encerrado en un pequeño mundo cuarto juntando frases, frustrándome ante las huidizas buenas palabras y las no menos resbaladizas imágenes, comparaciones, situaciones, personajes, diálogos. Asumí estar en ese camino porque es ese el modo como se consiguen los sueños. Al menos eso creía hasta un día, cuando tenía todo acabado y faltaba la confirmación de que había decidido bien, no hubo recompensa. No hubo zanahoria, Ahí me di cuenta de que ya estaba caminando, lejos de mi voluntad, por la otra senda. Esa que no es la buena ni la mala. Porque está claro que la buena es buena porque es una opción propia. La mala es mala porque también es tu opción. Pero la otra no es algo que hayas escogido, por lo cual no pueden decir que es ciertamente buena o ciertamente mala. Es ciertamente ajena, impropia. Por ese camino involuntario caminé, llevado de las narices, arrastrado como un palo sin poder animarme. Tuve que resignarme a ser como ellos me ordenaban, a aceptar sus juicios y sus rechazos. A comprobar una vez más que no todos pueden ver más allá de su aliento. A ser víctima de un sistema que hace de gente como yo infelices zombies o incomprendidos. Y hay que tener el espíritu muy bien templado, tal vez como acero damasquino o más, para afrontar semejante fuerza. "

Puro arte...pasatempos dun verán chuvioso.

¿sabes quen fixo esta obra?....premio, hmmm...¿unha birra no Hipólito?
¿sabes a obra orixinal á que fai referencia?....premio...hmmmm...¿dúas birras?
¿de que nos está a falar?.....premio.....convidar á terceira cervexa que xa non teño cartos.
Absterse parentes en primeiro grao e sobriñas chaponas.

jueves, julio 26, 2007

Bar Hipólito, en Vigo








En Vigo xa e coñecido abondo, penso, pero por si hai alguén que aínda non parou por aqui, paga a pena vir tomar unhas cervexas, só ou acompañado, podedes escoitar a mellor música de jazz, botar unha partida de xadrez, ler todo tipo de xornais, revistas e cómics ou simplemente ollar o local. Aquí vos deixo unha fotos para que vexades que non minto.

martes, julio 24, 2007

Agora expoliadores...

Foto: El Correo Gallego

¿Mudanzas boquete custodia a colección de arte precolombina máis importante do mundo? ¿A Xunta, O Consorcio de Santiago e a Universidade tentan quedar con estas pezas procedentes dunha colección dun tal Leonard Patterson, presunto traficante de arte? ¿xa somos europeos de verdade e temos o carné oficial de Grandes Expoliadores? ¿Non será o guión dun novo producto de Pérez Reverte? ¡por favor, devolvan as pezas XA!

Noticia sobre la exposición

Nocicia sobre el catálogo:
0 espíritu da América prehispónica. 3.000 anos de cultura. Santiago de
Compostela: Junta de Galicia. (Edición inglesa editada en Nueva York en
1997 por Epsy Art con el título Prehispanic America. Time and culture
(2000 R. C.-JSSO A. D.).

-Outras curiosidades do mundo da cultura galega...
A Xunta gastará ata sesenta mil euros en gaitas para enviar ás organizacións de emigrantes galegos ¿esta é a nova política cultural da Xunta?

lunes, julio 23, 2007

Delicioso suicidio en grupo, Arto Paasilina

Arto Paasilinna é a miña derradeira descoberta no eido literario. A tan só dous días de rematar "O bosque dos raposos aforcados", xa tiven que ir mercar máis do mesmo porque habendo tempo, e mal tempo, por certo, non hai como meterse nunha boa historia para disfrutar das vacacións.
Trátase dun relato sobre un grupo de finlandeses que queren rematar coa súa vida e que se xuntan para elaborar un plan ao efecto. O suicidio perde aquí toda a súa aura de glamour e romanticismo, non é máis que unha saída a problemas tan terrenais como a quebra dunha empresa ou as consecuencias da violencia no fogar.


Pero na obra de Paasilinna hai tamén unha amarga crítica da tan admirada sociedade finlandesa. Os países nórdicos sempre se nos presentan como modelos de desenvolvemento, todos coñecemos as estatísticas e por que non dicilo, as lendas, sobre esas sociedades cuasi perfectas. Pero a boa xestión e as políticas máis correctas tamén agochan os seus mortos. E as tendencias suicidas dunha poboación que debería ser das máis felices do planetas fánnos desenterrar algúns deles. Paasilinna preséntanos un variado repertorio de problemas sociais que moitos non sospeitarían, as eivas dun sistema que ten enormes deficiencias no seu sistema de saúde, cunhas forzas armadas que se saben totalmente prescindibles e dadas ao consumo de alcol, problemas de medio ambiente e unha propensión á violencia en tódalas súas variantes, tamén a doméstica. E por suposto tamén as eivas dos tradicionais sistemas socializadores como a familia e a igrexa.

Esas enquisas que adoitan facer as Nacións Unidas sobre a felicidade no mundo presentaban a Finlandia nos primeiros postos, logo, deberon tomar en conta a autores coma Paasilinna e preséntannos en primeiro lugar a Nixeria reservando os derradeiros lugares para os países europeos.

Finlandia en la Wikipedia (contrastar información)