jueves, febrero 24, 2011

Aguirre, vaya chasco de Esperanza

Que forma tan asquerosamente retorcida, Esperancita, de mofarte de los ciudadanos. Qué patada en la boca a todos los que continúan en la sala de espera de cualquier hospital de tu país desde mucho antes de que tú ingresases para tu diagnóstico, te preoperasen, te operasen, te postoperasen y de colgasen de nuevo todos esos micrófonos desde donde te ríes de todos los pringados que tienen que esperar un año, seis meses, o el tiempo de que no disponen para que les miren de lo suyo. Si me dejo llevar por el genio haría comparaciones odiosas. Voy a cortarme sólo por respeto a no sé muy bien el que. Desde luego a ti no, ni a toda la corbatería que te acompaña para mayor gloria de tu sexo. Pero ojo, Esperancita, los tiempos andan revueltos y el pueblo a lo mejor no está tan idiotizado como piensas. A lo mejor un día de estos salimos a la plaza y montamos la tienda delante de tu casa para seguir paso a paso tu recuperación, para que no tengas una recaída tonta. No, si va a tener razón P.R., somos completamente idiotas.



Vai sendo hora de indignarse un pouco ¿non? Veño de atopar a tradución ao galego do libro de Hessel que seica está a arrasar entre os veciño do norte. Manda truco que teña que vir un octoxenario a animarnos á revolución.

miércoles, febrero 23, 2011

el primer surco del día...

...es mi cuerpo


unha le versos coma este e quere guindar ao lixo toda a homeopatía que foi amoreando sen querer, todos os bos consellos que falan nesa neolingua descoñecida ata hai escasas semanas de verbas absurdas que rematan en terapia. Auriculoterapia, aromaterapia, vacumterapia, oligoterapia e un imposible etcétera que se me presenta como a versión laica -pero tan acientífica- dos métodos de curación que teñen á santos e mártires do cristianismo como principio activo infalible. Se ademais das doenzas impropias se sofre de escepticismo agudo a curación xa se albisca coma algo totalmente fóra do noso alcance. Vémonos expulsados das consultas alternativas e verdes coa mesma forza que empregaría o cura da misa de doce no momento de erguer a man para reclamarlle unha garantía de que encomendarme a San Marculfo é a mellor solución para o bocio.
Recomendo ver as ilustracións do Compendio de saúde de Johannes de Ketham

viernes, febrero 18, 2011

Vida veneciana, William Dean Howells

[Foto] Non sentir unha pulsión delictiva por apropiarse de Venecia é unha impostura imperdoable incluso para os mercenarios da literatura rápida. Se algo puido comunicarme a cidade é que nunca a poseería. [Brodsky, 19]. Agora que xa teño un anaco de ceo reservado en exclusiva penso que non me importaría visitar Venecia aínda que fose acompañada das hordas en pantalón curto que rinchan en aleman [B.,24]. Ben, pero aquí viñemos falar dun libro. Howells comeza comparando a cidade cunha representación teatral á que fora convidado nunha localidade dende a que era forzosa a observación de todo o "truco" da acción. Ver o manexo da maquinara entre bastidores non fixera que a obra perdese para el un ápice do seu encanto sendo como era tanta a beleza e a verdade que había na actuación. O carácter ilusorio, esencial en todo espectáculo dramático, fóra unha condición sen importancia. A mesma sensación lle proporcionaba a cidade. A mesma grata inverosimilitude que o teatro amosa cara a vida diaria era a que lle ofrecía a Serenissima. A partires destas comprometidas verbas iniciais o autor descúbrenos unha cidade completamente distinta á de hoxe. Eran os anos 1860 a 1865. A dependencia de Austria tiña afundido á cidade nun monumental estado de depresión. Os cidadáns alimentan diariamente a súa xenreira e desprezo fronte á falta de liberdade debida á dominación Austríaca do xeito máis tráxico: mergullándose no autoabandono. Howells o conta cunha retórica un pouco anticuada ás veces, pero consigue un efecto impresionante pola agudeza e detalle das súas descripcións. Comezo o libro, para seguir coa metáfora teatral, coas luces totalmente prendidas, o ceo radiante, o brillo dos colores venecianos como base da retina e páxina a páxina experimento unha desagradable sensación de pérdida de cor, de envellecemento anormalmente acelerado. Venecia foi sempre consciente do valor da súa impresionante beleza, pero tamén foi a maior empresa mercantil do mundo, por iso cicais sabe das rendas de empregala como moeda de cambio segundo a ocasión o requira.

Se por min fose...

Eu, se por min fose, só escribiría cousas sen sentido, pero é imposible. Sempre acabaría por entenderme. Será por iso que todo o que vou anotando son refugallos sen interés. Explicar por que o fago sería máis empalagoso que os vinte primeiros posts. Metablogueo nin para coller folgos.

Para A., pola crudérrima sinceridade.

P.D. E recoñecido esto, irmán, ben podías adicarme unha das túas poesías para alegrar o día. Foto: Costa militarizada. O Grove.

jueves, febrero 17, 2011

Don´t look now, Venecia máis cerca...

[Foto] Laura e John -Julie Christie and Donald Sutherland- protagonizan unha estraña historia na que hai mortes por accidente e asasinatos misteriosos nunha Venecia absolutamente fascinante (cando non o é) alonxada dos lugares comúns. Mentres non estou alí trato de ler, ver, respirar, tocar, comer, soñar e amorear todo o que se refira a esta cidade....Venecia é tantísimas cousas...Brodsky no seu coñecido libro sobre a cidade puxo as verbas á altura da infinita combinación de belezas que esta cidade reflicte na auga, que é o tempo. De crer eu nun Todopoderoso tamén sería pola mesma razón que el apuntou. O feito de non saber cando imos morrer, de non vir ao mundo cunha data de caducidade. A atracción que sentimos pola beleza é unha proba de que o infinito só pode ser apreciado polo finito. O finito, o que se vai. De momento eu quero ser Julie Christie e facerlle unha chiscadela a Donald mentres o amolo co asunto dos dichosos michelíns.
Infinitas grazas a T. e a J. pola intendencia veneciana.

martes, febrero 15, 2011

La mort i la primavera, Mercé Redoreda, Agustí Villaronga

Xa falei aquí da xenial Pa Negre que onte arrasou nos Goia. Pero non me quedo coas gañas de felicitar ao mestre Villaronga. Pensei non perdoarlle nunca logo de terme feito pasar o peor momento de cine da miña vida con aquela bestial película do nazi pederasta. O único que me gustou da gala de onte foron os momentos nos que se recolleron os nove premios para Pa Negre. Villaronga disfrutou todo xunto o que se lle debía dende hai moitísimo tempo e así o recoñeceu cando lle tocou recoller o premio á mellor película. Comparada coas outras alternativas, eu diría sinxelamente que non hai cor. Itziar e De la Iglesia deberían centrarse en facer pelis, e falar de pelis e escribir de pelis e deixarse de tanto folklore mediático. Y también la lluvia é unha boa película, pero tanto protagonismo cansou ata á academia.A balada triste, bueno, Alex en estado puro, recoñézolle o mesmo que a Tarantino, pero non vai comigo. Sobrou moita entrevista dixital mal atendida Itzíar, sobre todo logo de facer unha película con tintes tan solidarios e sobrou moito discurso político Alex, e sobre todo sobra moita cátedra. O cine bo o fan os que só andan enguedellados con guións, cámaras, castings, vestiarios, adaptacións, e paixón creadora. Pa negre é un exemplo de todo esto e se houbese máis premios máis lle darían. Falando no post anterior do delicioso encanto do inacabado aquí vos deixo o inacabado máis fermoso de Villadonga. Aproveitemos para ler á Redoreda, que creo que é un gustazo.
Grazas, María Jesús, polo fermosísimo agasallo.

sábado, febrero 12, 2011

Venecia, Tintoretto, J.P.Sartre.

Lo inacabado, lo imperfecto, si no es deliberado –en caso contrario sólo se le perdonaría a los genios- siempre nos atrapa si lo que buscamos es la pasión de lo auténtico. Lo que está “en su punto”, aún tratándose del manjar más elaborado, suele provocarnos una fría indiferencia. De ahí que busquemos atropelladamente los epítetos más exagerados para adornar lo que ya de por sí está bien. Esta digresión viene a cuento de Sartre, de Venecia y de Tintoretto. La pasión del filósofo por Venecia y por su pintor, que es la misma pasión, le lleva a proyectar un gran ensayo del que sólo podemos conocer El Secuestrado de Venecia, publicado en Les Temps Mondernes en 1957 y Venecia desde mi ventana, de 1953, que se recogen en esta publicación prologada magníficamente por Francisco Calvo Serraller, al que sin embargo nunca conseguí leerle una crítica completa en su columna periodística. Sartre dejó su obra inacabada, lo cual, tratándose de un ensayo, no deja de ser una exigencia lógica del género. Pero el autor lo desconocía. Imagino a Sarte extasiado y arrebatado correteando por los callejones de Venecia rastreando la iglesia más recóndita en busca de las obras de su Jacopo. Imagino también a la Beauvoir no demasiado contenta con el resultado de la búsqueda cuando se encontraba aquellas pinturas enormes y mal iluminadas que le hacían preguntarse por las misteriosas razones que tendría la Serenísima para despreciar de un modo tan malvado a su pintor más fiel. La misma pasión de Tintoretto por su ciudad y por su trabajo la puso Sartre en esta obra que no terminó de ser pero que consigue transformarse en unha referencia literaria obligada. Me parece que en el mismo momento de empezar a escribir este relato, Sartre cogio la pluma como Venecia cogió el pincel con que retrató a su pintor. Los papeles se intercambian con la facilidad que lo hacen los intrumentos en la boca o en las manos de los instrumentistas más virtuosos. Venecia, como excusa para Tintoretto, se convierte en excusa de un montón de obras de arte para todos los que la visitan con la vista tan extraviada, deliberadamente, esto si, como la razón que para Goya producía monstruos.

viernes, febrero 11, 2011

Os fíos de Exipto

Que os exipcios movan os fíos non ha de ser pouca cousa. De momento, atopo moreas de razóns para a ledicia. Cicais o que máis celebro é a demostración de que os tópicos que absurdamente construimos e mantemos sobre o mundo islámico son só iso, mentiras que nos contamos a nós mesmos para crernos o cerne da civilización. Estiven alí hai tres anos e as cousas non me cadraban. Vin moita xenerosidade na miseria. Os turistas non adoitaban saírse do rego, pero só con que te perdeses uns minutos polas súas ruelas deixabas de ver o lixo porque literalmente os nenos te comían a bicos, as mulleres sorrían e os homes comerciaban coas lindezas que sabían que querías escoitar. Nunha escapada que fixemos pola preciosa cidade de Esna atopamos un lugar estraño. Esquecendo os ridículos consellos duns guías que falaban do seu propio país en termos de absoluto desprezo entramos nun patio no que unhs homes se esforzaban en explicármonos o que facían. Non vin perigo por ningures. Só sorrisos e afectividade. Gústalles o contacto físico. Esa cousa arrepiante de tocarse que nos resulta tan repelente aos exquisitos occidentais. Saímos sen entender nada pero moi reconfortados pola emoción con que nos recibiron no teu terreo. Foi unha viaxe tremendamente accidentada porque case todos resultamos intoxicados. Houbo quen malia andar polos corenta de quentura non se resistiu a perder a festa da chilaba e alí estaban, patéticamente disfrazados e coa cara pintada de tutankamones bailando unha música que resultaba arrepiante no medio do Nilo sen medicamentos e sen saber a causa do noso malestar. Pero os turistas somos unha especie resistente. Lembro que cando lle dixen a un destes turistas full time que sería mellor que se deitase e bebese líquido ou que compartise medicamentos co resto do grupo contestoume cun discurso enrevesado no que eles se erguían nos progres que non ían asustarse por un prexuizo que os demais seica tiñamos con respecto á hixiene e condicións dese país. Que medo os progres. Uns poucos decidimos coidarnos solidariamente e asistimos abraiados a unha función sobre o perigo do absurdo. Tan absurdo como pensar en termos de marxinación con respecto a estes pobos que estan a amosar un comportamento político exemplar. Algún comentarísta dixo xa esta tarde que ogallá en España tivéramos o valor de saír á rúa aínda que fose un mes antes da morte do vello para pedir liberdade. Agora toca celebrar e agardar que estes millóns de cidadáns termen con forza do que conseguiron ata agora. E de paso que se decaten de que nunha man levan a bandeira da liberdade pero que coa outra terman dunha muller á que manteñen agochada baixo o insoportable manto do atraso e a dominación.

miércoles, febrero 09, 2011

¡Huy!, John Lanchester-Reseña de Pedro Bouso




Vaia por diante o agradecementos meu e d@s lector@s deste blog ao aprezadísimo Pedro Bouso, profesor de economía da Universidade de Vigo, por agasallarnos con estas valiosas e interesantes reseñas.

Libro: ¡Huy ¡
Autor:
John Lanchester
Editorial y año:
Anagrama (2010)
Autor reseña:
Pedro Bouso (Universidade de Vigo)

Si fuese posible leer este libro antes de la crisis actual nos parecería una magnífica obra de ficción económica, si lo leemos en plena crisis nos sorprenderá con la capacidad para la ignominia de los protagonistas de las finanzas y si lo leyésemos dentro de una década lo consideraríamos maliciosamente divertido.

El libro describe, con claridad e ironía, los instrumentos financieros que se utilizaron para que -al final- pague la factura del desastre el ciudadano, que ni siquiera estaba invitado a un banquete donde los anfitriones son las instituciones oficiales que curiosamente representan los intereses públicos. Sostiene John Lanchester que estos nuevos instrumentos financieros eran muy, muy ingeniosos, pero tenían un desgraciado efecto colateral : llevaban los bancos a la quiebra y -llegados a este punto- será el contribuyente quien termine pagando la factura de aquellas insolvencias.

Comprobamos como los banqueros hicieron cálculos erróneos con sus matemáticas relativas al riesgo y como la economía se afana cada vez mas en desarrollar fórmulas pseudos-matemáticas que imaginan corresponderse con la realidad. Irónico , claro, y corrosivamente lógico en todos sus capítulos, aunque especialmente cáustico en los rotulados como ¨olores sospechosos¨ y ¨la factura¨.
El lector no necesita tener conocimientos económicos previos, su lectura es gratificante -yo diría que incluso divertida- ; algunos lectores agradecerán su minuciosa información para, con talante más serio, poder enterarse de cómo funcionó esta economía de pura especulación. Aunque nos recuerda que con los zombis de las películas de terror es relativamente fácil tratar: no tienen inversiones, no contratan grupos de presión, no donan fondos a partidos políticos y no pueden coger el teléfono y atemorizar a políticos importantes. Los bancos zombis no tienen ninguna de esas limitaciones y son mucho más problemáticos. Así andamos este comienzo de año por la CECA y la AEB españolas.
Jonh Lanchester ha escrito un libro burlón y acusador, irónico y riguroso, con el que nos sitúa en un mundo real con actores anacrónicos, con presuntos sabios que son verdaderos trileros y en el que las víctimas serán numerosos paganos a los que se les reclama apretar el cinturón ... ¡aunque ya no tengan cintura!

E agora amigos...¡a ler o libro!

jueves, febrero 03, 2011

¿por que se cayó todo y no se ha hundido nada?, Juan Torres (reseña de Pedro Bouso)

Unha consecuencia positiva da grande mentira con que se sigue a tratar esta crise provocada pola perversa coalición dos poderes político e económico cicais sexa que a economía quedou espida. Para a nosa sorpresa e disgusto, percibimos que somos quen de comprender á la lettre a que outrora fora unha literatura teórica completamente farragosa e inintelixible polo menos para os de letras de toda a vida. Ogallá non fose así, e esa teoría construída co esforzo de sobranceiras mentes que supuxemos sempre comprometidas cun ideal de progreso e xustiza no reparto da riqueza, esa teoría, digo, seguise sendo incomprensible pero atenta a aquel obxectivo. Non foi tal. E agora atopamos títulos tan aparentemente frívolos como este do libro de Juan Torres. Imaxino a estes economistas ninguneados polo poder berrando mentres escriben estas liñas, que son unha chamada desesperada para espertar a uns cidadás que aínda que despistados, como amosan os actuais procesos revolucionarios do mundo árabe, son os únicos que poden mudar o status quo. Se saltan a un tempo, claro. Pero iso non é doado. Deixo este prólogo que case é un lamento para agasallarvos coa reseña que Pedro Bouso, profesor de Economía da Universidade de Vigo, fixo deste libro de Juan Torres. Explica moi ben e en poucas palabras a actualidade económica. Contrariamente a que nos contan as ilexibles páxinas cor salmón ao dictado dos engominados, a cousa é demasiado simple ¿non? mirade a ver...
Para empezar el camino de la recuperación económica «es imprescindible meter en la cárcel a algunos banqueros», han recomendado economistas del prestigio de James Galbraith, William Blake, George Akerlof y Joseph Stiglitz. «Es preciso un Nürembreg de los especuladores», ha afi rmado Jean Ziegler, que fue relator especial de Naciones Unidas para el derecho a la alimentación durante el período 2000-2008. Sin embargo, el mitifi cado Alan Greespan, que fue presidente de la todopoderosa Reserva Federal (banco central) de Estados Unidos desde 1987 hasta el 2006, con más voluntad que acierto ha opinado que «la mano invisible» de Adam Smith vendría a desarrollar «igual papel que el que desempeña la divina providencia en el mundo de la teología». El autor de ¿Por qué se cayó todo y no seha hundido nada?, Juan Torres López —catedrático de Economía Aplicada de la Universidad de Sevilla y miembro del comité científico de Attac-España—, explica de forma rigurosa a la vez que didáctica y asequible como aquellos que según los economistas de prestigio antes reseñados bien podrían ser carne de presidio no solo se libran de ser procesados sino que además han logrado —con la colaboración de los bancos centrales y del Fondo Monetario Internacional (FMI)— someter y manejar a los gobiernos para que sean los sufridos contribuyentes quienes carguen con el coste de la crisis en forma de desempleo, dilatando la jubilación y con recortes de todo tipo en los gastos social es. Torres, en colaboración con otro economista, Alberto Garzón, ya publicó en el 2009 un resumen sobre este mismo asunto que ha sido el texto sobre la crisis financiera que más ha sido leído en Internet. En ¿Por qué se cayó todo y no se ha hundido nada?, cuyo contenido es riguroso desde un punto de vista estrictamente económico, Torres destapa y analiza las consecuencias de la globalización neoliberal de las fi nanzas; resalta con precisión los efectos de la recesión que propiciaron los abusos financieros (con las famosas subprime como desencadenante), y es muy crítico con las respuestas a la crisis por parte de las autoridades, tanto antes de que se hiciera patente como durante la misma. Del libro se agradecen los comentarios, que son breves pero clarificadors, que hace el autor en su parte final y, por supuesto, se agradece también la información extensísima que ofrece el autor sobre la abundante bibliografía que ha consultado y que cita durante su exposición. Los llamados «mercados» —eufemismo que sirve para no identificar a los agentes y operadores, incluidos los especuladores— rechazan los impuestos y se oponen a ser controlados por la Administración, pero aceptan gustosos las inyecciones de dinero de la caja común del Estado; rechazan el gasto público pero cuando les interesa quieren que se abran «paréntesis» en las reglas de la economía de mercado (suspensión temporal de la ley de oferta y demanda), y jamás mencionan la posibilidad, no ya de la nacionalización de la banca, sino de la necesidad de que exista una banca pública. Juan Torres López no solo pone de relieve que «los principios que están gobernando las relaciones económicas y financieras están al margen de todo criterio moral o de cualquier consideración ética que no sea el beneficio», sino que también subraya de forma muy inteligente el mecanismo por el que todo el dinero publico que han recibido los bancos y las cajas de ahorros ha sido destinado exclusivamente a compensar las pérdidas que han tenido —sea por mala gestión, por ausmir riesgos inapropiados o por haber tomado decisiones erróneas— y a invertirlo en deuda pública; es decir, sin arriesgar nada y cerrando el crédito a particulares y empresas. En ese escenario y con esas actitudes, el papel de los contribuyentes en general ha sido, dicho en castizo y traducido a lenguaje popular: «Encima de burros, cuernos».


Reseña do libro de Juan Torres ¿Por qué se cayó todo y no se ha hundido nada? realizada por Pedro Bouso e publicada na Voz de Galicia o domingo 16 de xaneiro de 2011

miércoles, febrero 02, 2011

¿por que ninguén sabe destas outras versións dos feitos?

Cicais porque non interesa a opinión dos verdadeiros expertos -moitísimo menos se son expertas, claro-, porque nunca foi obxectivo prioritario do goberno a igualdade entendida como se ten que entender que é en termos de xustiza. Porque os discursos fáciles e estereotipados son ferramentas moi efectivas para desviar a atención ata do máis importante: a propia supervivencia, o dereito ao traballo. Dicir que non se pode manter a tanto vello como haberá de aquí a vinte anos resulta unha verdade tan incuestionable para o cidadán como a virxinidade da virxe para un católico de toda la vida. Pero ninguén bota contas de que hai vinte anos dicían exactamente o mesmo e que o nivel de riqueza aumentou polo menos tanto como o fará de aquí a vinte anos. Entereime das teoría de Miren Etxezarreta no brutalmente divertido programa de Radio 3, Carne Cruda. As que estamos hasta os ovarios de tantos collóns temos sorte de poder disfrutar dunha hora diaria dun pouco de humor intelixente. Que para sanear o sistema financeiro faría falta deixar afundirse aos bancos xa o tiña eu claro, coma outras tantas cousas máis que para a miña intranquilidade corroboran algunhas páxinas de loable literatura profesional...mirade esta entrevista para abrir o apetito...

lunes, enero 31, 2011

Os luns ao sol (si hubiera o hubiese)

É ben sabido que en canto lle pillas o truco a algo remata a partida. A todos os niveis. No relativo ás relacións cos outros, a traxedia é inversamente proporcional ao grao de afectividade que nos relaciona con eles. Canto máis capital emocional (¡bonita expresión onde as haxa!) investimos no entorno maior é a frustración. Por exemplo, cando xa sabemos como rentabilizar a relación coa nai en termos de felicidade contante e sonante vai e lisca polos camiños do non retorno do alzheimer ou convéncese das ledicias do vive la vida loca do inserso. Coa parella e coa proxenie ocorre igual. As solucións case sempre se che ocorren tarde, cando xa non hai nada que arranxar. Profesionalmente o índice de rotación no traballo da conta dun xeito inhumano desta realidade. Só hai que ver o índice de rotación laboral que fai desaparecer coma por arte de maxia á nosa masaxista, á camareira que che poñía o café a teu gusto, á médica que conseguira espantarche o horror ás batas brancas, á perruqueira (¡horror!) que por fin che dera co punto exacto que querías no teu corte de pelo. Todas estas pequenas frustracións veñen dar na rotunda e irreversible verdade de que empezamos a saber vivir xusto un pouco antes de morrer, o cal, como dicía a poeta, é unha auténtica putada. Para consolarme desta fatalidade lembro, nesta reflexión lunática (dun luns sen sol) que hai algo peor. Non ser conscientes. E creo que ahí está a cousa. Termar do que temos polo menos coa mesma forza que lle supoñemos ao sufrimento da súa perda. Deixemos de procurar eivas psicolóxicas modernas ex novo que fan as delicias dos compoñedores de mentes. Antes de facer as contas cicais habería que tomar nota das infinitas alegrías que nos agasalla cada día e que só pola impertinencia de ser tales non as queremos rexistrar nas nosas contas de resultados. Bo comezo de semana para todxs!

jueves, enero 27, 2011

Falar con P.

Foto: no Trampitán ,2010
Falar con P. é a mellor terapia contra o pesimismo. Lembramos o mal que vai todo. O asociais que nos imos facendo por non querer mudarlle o nome ás cousas. Maldicimos coa forza da impotencia que sentimos polo pailanismo institucional. Estamos no traballo o día dunha folga paifoca e cara a galería. Lamentamos que non nos chamen á folga o día das eleccións xenerais, que era cando realmente habería que parar todo. Lembramos a amigxs comúns. Unxs xa se foron e case ninguén xs lembra. Xs mellores non procuraron nunca que se lles lembrara. Tampouco están a latricar no virtual todo o día dando a murga. Que quede claro. Falar con P. é prender o lume. Non para queimar igrexas. Non soportaría o cheiro a sotana quemada. Lume para quecer a carón dunha aperta ben dada. Desas que deixan pasar a caloriña, como cando estamos espidos e aspiramos con gusto a suor dxs que queremos ata gardalo ben adentro. Falar con P. debería entrar na seguridade social. Aí si que me pillarían nun centro de saúde. Se me atendese P. con toda a súa mala hostia e o seu grandísimo corazón e a súa cabeciña tan ben posta.

martes, enero 25, 2011

imeils/1: sobre a Cidade da Cultura, de Teresa de Hipona.

Diariamente recibo moreas de imeils de toda pelaxe que desbordan a miña caixa de correo facendo imposible calquera intento de xestionar este tipo de comunicación. Ao final tiven que crear as típicas carpetiñas amarelas nun intento absurdo de clasificar un material que me resisto a guindar no lixo. Os powerpoint de gatiños, os debates de foros profesionais, as mensaxes de solidariedade con todo tipo de causas, case todas xustísimas, as comunicacións persoais con amigxs...resístome a prescindir de todo cun simple clic. Así que, agás o que xa vén clasificado polo filtro do sistema como spam, decidín quedar con todo e compartir sen permiso (algunha veces) e sen vergonza (outras poucas) os correos que me parecen máis graciosos, irreverentes, desvergonzados, palustres, ultracomprometidos, insultantes, frívolos ou cando menos curiosos. Andamos a voltas estes días a ver se atopamos algunha razón para apandar co Gaiás. Do que leo e sei deduzo que temos que papalo con patatas porque lles peta aos que mandaron e aos que mandan, aos que están na pomada (uns poucos) ou aspiran a estalo (case todos)...pero que quede claro...

o da cidade da cultura é inenarrable, se che conto o que fixen alí o outro día alucinas. Cheguei pasadas as dúas da tarde, porque o sábado pechan a biblioteca Anxel Casal a esa hora, e antes de ir comer decidín ir ata alí para ver que horarios tiña e demais. Había un coctel con medio centear de persoas, entrei pola porta dirixinme a un garda de seguridade porque era o único persoal recoñecible que vin e antes de que lle preguntara nada xa me advertiu que non podía pasar ao ágape. En fin, repliqueille que só quería informarme de como funcionaba a biblioteca e díxome que preguntase máis adiante. Non había ninguén a quen preguntar, así que dei unha cantas voltas polos estantes, e vin que case toda a colección deses estantes era sobre biblioteconomía e documentación. Dez minutos máis tarde estaba sentada nunha mesa facendo test do tema de arquivos dun manual de academias da editorial X. Pensei, madre de deus, aquí estou facendo test nun continente de 400 millóns de euros, algo que podería facer en calquera biblioteca de barrio cuxa construcción se podería facer por 4 millóns de euros, máis ou menos. O do ágape era por un ciclo de conferencias sobre escritores que hai os sábados ás 12.00 horas e que, segundo publicou un xornal, custa 130.000 euros, non está nada mal para uns coloquios-jolgorios para disfrute de medio centear de diletantes e algúns interesados na literatura, que tamén os haberá, non digo que non, pero o mesmo, esas mesmas conferencias poderían terse impartido na sala Sargadelos no centro da cidade, ou en calquera aula de cultura das que hai en Compostela. De novo, santo deus un continente de 400 millóns de euros para que veña María Kodama a falarnos de Borges! Juapa, xa falamos, cóidate moito, non fumes, bicos e feliz frío día de domingo.
Foto: Granada, 2009

lunes, enero 24, 2011

malditas yndias (...)

Diríase que a este antiquísimo habitante Paraca sorprendeulle a morte ollando o futuro que lle agardaba a seu pobo. A extirpación das pegadas culturais, afortunadamente, nunca é perfecta e hai individuos que se resisten a voltar a ser po. Diríase tamén que me persegue o feitizo das yndias equivocadas e malditas. De tantas e absurdas mentiras como se escribiron durante cincocentos anos -centenarios conmemorativos e historiadores honoris causa inc.-chama a atención a forza da resistencia das mentiras. O desprezo cara estas latitudes maniféstase nunha abraiante carencia de estudos serios e desmitificadores. Son tantas as mentiras que se foron amoreando en crónicas, libros e mesmo en documentos de arquivo durante estes cincocentos anos que precisaríanse milenios para aclarar un pouco a vista. Esoutro día falando co propietario dunha desas curiosas tendas fillas da globalización que o mesmo teñen actimeles que xaropes de guanábana (ollo, esta froita din que é dezmil veces máis efectiva que a quimioterapia), disfrutei coa paixón con que X. falaba do seu Pirú. Cando falou do malísimos que foran os incas, que ocultaban os segredos das prantas curativas, decateime da efectividade dos discursos tipo "extirpación de idolatrías". Non quixen interromper. Gustoume más deixar que o fixese un paciente cliente totalmente concienciado coa superioridade destoutra beira da charca. Escoitou pacientemente falar da realidade máxica que relataba X. Ollaba logo para nós procurando unha complicidade que non estaba de saldo e recoñecía a súa dificultade para crer. Porque diso se trataba, de crer. Coma sempre. Iso sabíano ben os frades conquistadores, tanto coma as multinacionais farmacéuticas que cicais cren nas propiedades dese xarope a andan fabricando imitacións de laboratorio mentres non dan coa fórmula para patentar árbores. Afortunadamente X. non pedía o sorriso, e cando xa marchábamos logo de pagar o danup e o mate amosounos unha preciosísima reproducción dun manto de Paracas. Non disimulei que sabía que se trataba do calendario incaico. Unha concepción espazo-temporal totalmente alucinante (para nós, claro) e pola que se rexían estas sociedades. Seica a polixinia na que se baseaba o sistema asustou aos puros e castos conquistadores que non deixaron terra sen remover na procura de ídolos que destruir. [foto].
lectura recomendada: El inca y sus curacas

miércoles, enero 19, 2011

Falar dignamente é máis beneficioso para a saúde que deixar de fumar...e adiviña...

a foto...tes que adiviñar onde a tomei. Pista: "cultura carceraria"


Non se precisa ler a Geertz, nin a Malinoswki para saber que cultura con non casa ben con moitas verbas ás que de cotío acompaña nun intento de dar lustre ao que normalmente ou ten unha carencia intrínseca de mérito per se ou simplemente é un concepto emerxente ao que hai que "engadir valor como sexa". Son tempos tamén de reflexionar sobre a conveniencia de desterrar do vocabulario eses termos que axudaron tanto á crise. Expresión que denotan baleiros e fume que se disfrazaron cos oropeis de expresións talismán como "poñer en valor", "efecto chamada", "cultura+de+calqueracousa": cultura do corpo, cultura do viño de autor, cidade da cultura...¿a onde imos chegar con isto? porque señores de El Pais, denunciar será moitas cousas, pero cultura, cultura....!

martes, enero 18, 2011

Pa Negre


Fun ver onte Pa Negre. Non ía convencida. A guerra, a posguerra, ese realismo brutal que se esbozaba no tráiler do filme, o descoñecemento de Agustí Villaronga. Parecíame máis do mesmo. Pero L. cando lle preguntei por Pa Negre fixo un aceno especial. ¿que tal esta peli? ¿gustouche? e asentiu cun sorriso de namorada, como se lle preguntase pola música brasileña ou polo Senegal, polas cousas que a emocionan. Así que tarde ou cedo vería a película. E menos mal. Porque estou segura de ter asistido e coñecido unha das historias máis consistentes e ben trabadas do noso cine. Decir que quedei atrapada dende a primeira escea é unha banalidade porque a primeira escea é a chave. Se traspasas esa porta podes participar na emoción brutal que se desprenden de todas as que a continúan. A violencia e a contorna lembran moito ao mellor do cine galego, o daqueles anos que fixo pensar no inicio dun cinema propio..Sempre Xonxa, Continental....a brutalidade do enxebre sometida á maxima potencia por mor da guerra e do odio que sementará para as futuras xeracións. Non hai bandos. Gustoume eso. Brutal. Non hai bos nin malos. Todos malos. Homes, mulleres, adultos, nenos, curas, laicos, mestres, alumnos, ricos, pobres, roxos, pardos, listos, burros....sen descanso, sen solución de continuidade, sin falsa compaixón. Un mundo fabricado con mentiras do que só se salva o neno protagonista ¿salvase? ¿seguro? Un traballo que hai que ver para sentir e crer porque algo así non se fixo nunca. Creo que onte recolleu nonseicantos premios esta película, non é de estrañar. Alguén dixo que traballar con Villaronga "é unha satisfacción alucinante porque se sofre moito, coma se un cirurxián te abrise para cambiarte algo por dentro", pois así é velo tamén.

miércoles, enero 12, 2011

y también la lluvia....


Foto: Xan Garrido Manifestacións en Sucre, agosto 2010


A prometedora proposta da Bollaín quedou en táboas. A medida que a vou dixerindo, logo de disfrutala no cine, albisco erros imperdoables e atrevementos descarados que só se perdoan por determinadas xogadas mestras que salvan a película cun aprobado moi raspadiño. A intención social sempre comporta riscos cando é tan deliberada. Ao forzar a mensaxe co própósito de remover conciencias é imposible evitar excesos xa no só a nivel de interpretación, senón tamén no amaneramento da técnica. Exemplo do primeiro sería o repetitivo papel de Tosar (pasei a primeira media hora tentando esquecer a malamadre) mentras que para o segundo abondaría mencionar a artificiosidade de determinados planos que nos obrigan a ver unha realidade impostada. Concretamente refírome a eses contrapicados que perseguen ao Tosar que se vai facendo bo contra o final. Se teño que comezar polos desacertos segundo o seu nivel de impertinencia aludiría en primeiro termo á desconcertante introdución da figura do intérprete nas esceas que se refiren á película que supostamente se está rodando dentro da película. No sei como poden cometerse gazapos deste calibre en películas que presumiblemente van ser o mellor do nosi cine. ¿como é posible que a ninguén lle sorprendese a existencia deste personaje? ¿e que se supón que antes de facer a súa primeira viaxe, o inefable Colón mandou a un par de criados para aprender as linguas indíxenas que logo lle ían permitir conquistar a gusto? Xa non comento a existencia dun galego (cun acento moi marcado, por certo) acompañando á expedición. Podería tratarse dunha chiscadela ou brincadeira como a de Sebastian (o suposto director da película sobre o descobremento que fai Gael G. Bernal) ao falar co productor Costa (Luis Tosar) sobre a incongruencia de que os taínos estéan representados por indíxenas dos Andes. Entendo que Bollaín con esto quere criticar o secular desprezo caro o recoñecemento dunha alteridade que caracteriza a aptitude occidental para con esas malditas indias. Estratéxicamente é unha boa aposta rodar sobre unha rodaxe. Non importa que xa o fixera Fellini precisamente nesa película de onde se tomou a idea do crucificado sobrevoando Roma (aquí a selva Boliviana). A idea felliniana ten tanta forza que ben merece que a copien aínda que se perda a frescura da orixinalidade. Neste caso, o truco sérvelle á Bollaín para triplicar puntos de vista e cicais tamén para diluir responsabilidades. O resultado parece satisfactorio. Fíxádevos por exemplo no xogo que aporta na riqueza do diálogo que se establece entre o Karra Elejalde (que está magnífico, por certo) Cristóbal Colón, e o Karra Elejalde que fai de personaxe que interpreta a Cristóbal Colón. Para min, estos momentos son do mellor da película, sobre todo cando este segundo Elejalde (Antón) protesta porque o director non lle deixa axustarlle as contas a seu personaxe. É que verdadeiramente xa van sendo horas de ollar de frente ao Almirante ¿o non? ¿canto tempo máis vai permanecer agochado este afortunado mariñeiro baixo as interesadas pinceladas dos que o pintaron e describiron coma o anxo enviado por Deus para a conservación da cristiandade? Esa mesma ferramenta funciona tamén co desdobramento doutros personaxes.
Carlos Santos/Alberto/Bartolomé de las Casas reflicte perfectamente e cun par sólidas pinceladas a dobre moral do colonizador/conquistador/primeiro mundo ao tempo que debuxa moi ben a intrincada e complexa personalidade do frade acadou o título de defensor de indios practicando o mesmo descarado escravismo que criticaba. Un pouco máis descuidado pero igualmente didáctico está Raúl Arévalo coa súa dobre personalidade Juan/Montesinos e por suposto a figura do líder indíxena, Juan Carlos Aduviri/ Daniel/Hatuey, que loita contra a os conquistadores, tanto os do século XVI como os do XX, amosando plena vixencia dunha desacougante realidade de explotación dos mesmos sobre os mesmos logo de medio século. A riqueza do proxecto de Bollaín e Cía. amósase en case todas as esceas mais atopo especialmente atractivas pola limpeza da ollada as das rúas e xentes da Bolivia actual. Un amigo xeneroso que viaxou alí o pasado verán agasalloume cunha boa morea de fotografías. Fixo unha serie sobre as manifestacións que atopou en Sucre. Eran traballadores do Potosí que reivindicaban os seus recursos naturais. América Latina segue coas veas tan abertas como nola describiu Galeano. Para desgraza destas xentes, as vetas semellan non esgotarse nunca, e senón da igual. Sempre haberá vento, sombra, frío ou chuvia que mercar e vender.





Foto: Xan Garrido. Manifesto Potosino, agosto 2010.

viernes, enero 07, 2011

confesa e adiviña...





Dúas olladas da mesma miseria foron recollidas pola cámara de dous artistas que vos propoño adiviñar. Pódense visitar as exposicións das súas obras hoxe mesmo aínda que se atopan a cincocentos quilómetros de distancia. As dúas semellan olladas case idénticas pero hai sutís diferencias entre elas. No primeiro caso, o confesor adopta unha curiosa pose. Non dubido da pouca graza que lle fixo ser obxectivo da impertinencia da cámara. A brancura da alba, símbolo da pureza da alma lavada polo bautismo non agocha a negrura do hábito. Consciente da impostura tenta agochar a carraxe que lle produce a situación cunha man que se lle queda pequena. Estomballado de medio corpo, amosa o seu secular desprezo cara a pecadora, unha velliña que pola contra, amosa unha presenza de ánimo, unha credulidade e ledicia propia dunha mociña inocente. E logo está esa man. Fixádevos ben o pathos que se engade á acción cun escorzo tan aparentemente inocente. Seica ten medo de ter que fuxir de socato ¿non? No segundo caso vemos outra imaxe da miseria. Moito máis profesional, diría eu. Aquí o vendedor de seguros amósase concentrado no seu traballo. Eu diría que escoita atentamente á pecadora de turno. É unha iconografía moito máis digna, serena e recollida. As mans suavemente entrecruzadas sobre un regazo recollido entre as faldas non ten nada que ver co descarado escarranchamento anterior. Cicais non se pecatou da presenza da cámara. Iso seguro. Diríamos que a acción transcorre independientemente da nosa existencia. Independientemente do mundo exterior. Hai traballo que facer, iso amósao ben claro a ringleira de usuarias da caridade enlatada e enlutada que agardan turno. Confesade pecadores...¿non vedes a negrura que se agocha baixo estes hábitos secularmente masculinos e singulares?...ben, ao que íamos...¿quen fixo estas fotos?


...fóra de concurso...non me resisto a esta mala confisión que ilustra a magnífica crónica de Poma de Ayala e de paso recomendo este magnífico recurso web para a memoria chilena...




mala conficio que haze los padres y curas de las dotrinas aporrea a las yndias prenadas y a las biejas y a indios y a las dichas solteras no las quiere confezar de edad de beynte anos no se confieza ni ay rremedio dellas

o manuscrito dixitalizado

desfalecemento súbito

Pegada da imaxe

Marion Ménard, atravesaba a escea para desfalecer teatralmente nos brazos do seu magnífico amante Beaumarchais mentres alguén suplicaba no patio de butacas pola presencia dun médico. As olladas por uns intres ían da luz á escuridade tratando de non perder o fío de dúas realidades tan paradoxalmente idénticas e sincronizadas. Podía tratarse do típico truco teatral no que se quere implicar ao público no desenvolvemento da trama. Non era o caso. Dende o palco do terceiro andar e coa escasa luz que sobraba do escenario albiscabamos o sufrimento real dun espectador anónimo. A., visiblemente afectada falaba da necesidade de paralizar a actuación, xuraba que de ser eu a afectada por unha doenza repentina berraría ata que prenderan as luces e viñera un médico a auxiliarme. Eu faría o mesmo. Paralizaría a ficción. E matinei en seguida na confusión que de cotío nos paraliza, a tranquilidade coa que deixamos fuxir o que queremos mentres erguemos castelos no ar. O señor Flotats estivo grandioso en escea, certo, aplaudín a gusto a súa xenial interpretación de Beaumarchais, mais....

miércoles, diciembre 22, 2010

Tempo suspenso

...xa, xa sei que isto non é o twitter nin o feisbú pero é que teño que sairme da personaxe [si, o horario de nadal e de nove a sete] porque a mañá foi de forges colegas [si, si, ininterrumpido..de nove a sete, só pechamos os festivos] xa dende primeira hora. Primeiro foi a musaraña que non era tal a que alegrou un chisco esta cinsenta mañá fría e de choiva continua [biblioteca bos dias, non, non vou poder, estou soa esta mañá, grazas de todos xeitos]. Pensamos que podía ser o tal Firmín pero o becho, moi ben informado dos seus dereitos e sabedor do perigo de extinción que ameaza á súa liñaxe renunciou a amosar a súa carta de identificación, [¿Zhan Peilin? ok, e cal é o nome, Peilin como a Sara Peilin? do you understand me...ben, si, de acordo Zanpeilin entón] aínda que nos amosou gustosamente un fermoso expediente de limpeza de sangue que confirmaba a súa pertenza á noble caste das ratas de biblioteca Falou do compromiso da universidade coa sociedade en xeral e cos roedores en particular e cuspía de carraxe por mor da desa moda estúpida da tinta electrónica que ía rematar por dexenerar a súa especie. [oes que non me prestaches o libro ese de Eça de Queiroz, cal, O Mandarin, xuraría que si, a ver, ahhh, perdoa, presteillo a outra persoa que acaba de vir hai un pouco, cruce de fíos, síntoo, xa está arranxado, nada oh, veña, feliz nadal] Ata abriu a boca para amosarnos unhas deformidades na súa dentamia que presentaba un aspecto como de porto uesebé que os tiña moi moi mosqueados a todos. En fin, non me resignei a cumprir o procedemento de calidade relativo a este tipo de incidencias e no canto de poñer unha mensaxe na intranet fixen o de toda a vida, chamar polo conserxe. Non sei como rematou a cousa, pero para tranquilidade do respetable direivos que aquí non houbo sangue nin berros e ninguén subido nas mesas. Podo dar fe de que o atípico usuario non sufriu maltrato físico. Agora ben, do psicolóxico non podo falar, a saber o tempo que levaba xa papando todorovs e barthes o pobriño [¿de Emerson? ¿que Emerson? ¿Lake and Palmer? xa, que non lembras o apelido, vale, procura entón por "palabra clave" a ver].

lunes, diciembre 20, 2010

Por bruxerías

entran catro músicos mentres soa unha música intemporal e colócanse dous a dous nos extremos do escenario. Dende a primeira fila disfrutarei dun plano en contrapicado que favorecerá a catarse desta sesión de bruxería á que veño coa fe da máis crédula. Non teño un punto de vista óptimo e non distingo o debuxo do mapa por onde pasea o exégeta, xoglar, bruxo, alquimista e actor. O foco central ilumina á unica figura que vai ocupar espazo e tempo. O actor tuse. Carraspea. Traga. Comeza cos seus movementos ensaiados coma se quecese a musculatura e fala con certa dificultade. Ou parécemo a min. Cando se achega ao bordo do escenario eu afúndome un pouco na butaca. Aínda non entrei en acción e non levo ben que me ollen dende arriba. Comeza o espectáculo do verbo. De vagar vou entrando en calor a medida que desboto preocupacións externas á función. O bruxo sáese do personaxe do evanxelista misterioso ao comprobar os efectos do verbo nun público xa entregado sen remisión. Todos somos agora eivados, mortos dispostos a resucitar, samaritanas exuberantes, cegos, profetas, xudíos, fariseos, soldados e sacerdotes. O poder e a maxia da verba que engaiola e engana. E entón o bruxo, de cando en vez, para, non para coller folgos, senon para facerche unha chiscadela que non está ensaiada. Gustoume participar nesta romaría.

jueves, diciembre 16, 2010

Lecer moche.

Vaso representando un preso, cerámica modelada e pintada.
Ethnologisches Museum, Staatliche Museeen zu Berlin. (300-600)

E moi curioso como se constrúe a historia. O de reconstruir sempre foi unha figura literaria, moi exitosa, iso si, aplicada a esta ingrata tarefa de querer saber o que pasou. Non se poden reconstruir feitos pasados coma se fosen acueductos. Independientemente de escolas e metodoloxías, as ferramentas das que botaron man os creadores do pasado case sempre foron materiais textuais. O que "está escrito" sempre gozou dun privilexio excesivo. O manido "deamo por escrito" dá conta da actualidade desta idolatría. Pero por escrito mentimos máis que do falamos e mentimos con toda a rigorosidade e autoridade que otorgan as máis fermosas fórmulas de validación documental. As lecturas e ópticas dende as que se poden ler as crónicas son tantas coma se queira pero do que ninguén debería dudar e da súa impertinencia na hora de empregalas para esa (re) creación. Non é o mesmo dicir que morreron nove que vinte millóns de indios por mor da crueldade dos conquistadores. Por exemplo. Como tampouco e o mesmo dicir que tal feito tivo lugar na segunda metade de ou contra mediados do dígase tercio, século ou milenio. Un recoñecido profesor que lembramos onte non permitía cronoloxías cun índice de erro de máis de dous anos. Así que cando leo tantas e deliciosas crónicas, que son tan boas para o lecer do espíritu sinto unha profunda desazón ao velas nos pes de páxina de tantos tratados como hai de historias universais. Desas precisamente das que gosta tanto don Rafael. Pero eu ía falar desta peza fermosísima que vos presento. Canta máis información hai no deliberado ¿no si? quen dubida do medo ollando a sinxeleza desta representación. A perfección da obra de arte, se existe, atópase nestas singulares pezas onde non se quixo máis que deixar constancia da irrefrenable propensión ao castigo. Emocióname esta peza, moito máis que as terroríficas máscaras de deuses antropófagos que fixerons mans da mesma tribo, do mesmo pobo. A fraxilidade do material contrasta cun acabado perfecto no equilibrio de formas, simetrias e volumes. Cando canso de tanto conto de Gamboas, Acostas, Freis Toribios, de las Casas, Sahagunes, Oviedos, Alvarado...ollo esta peza e sinto unha profunda sensación de ¿benestar?

martes, diciembre 14, 2010

[et.al]

Forges hoxe
e para comisións adhoc, e para xs que cantaron para facer currículum, e para xs que preguntan o que non saben, e para xs que teñen carné de tribuno vitalicio, e para xs que adoran a nosa señora da calidade e non saben facer unha o cun canuto, para xs fichas que só fichan no bar onde soan o nariz coa mordida de novos convenios, para xs que se autocompulsan e autororrixen, para xs que elixen aos que xs teñen que elixir perpetuando un cursus honorum de seu e de noso que celebramos na praza publica ao son de cincocentas gaitas, mentres os bos e xenerosos marchan un a un en vos de baixo custo para volver só polo nadal, para xs que non precisan saber cantonés, e para os que teñen a sorte de ter por pariente aos curacas da deputación ourensá, en fin, para todos os baltares e vilas e carides e betanzos e garcías e formosos...[et.al.]
Grazas A., para ti unha lembranza do xenio

...este vals con la boca cerrada...
...porque te quiero te quiero amor mio...
gracias por existir E.M.

domingo, diciembre 12, 2010

fossilize

Entre a terra e o corpo hai moreas de extrañísimos seres vivos que combaten por unha fenda que lles permita abrollar e continuar o seu inconsciente ciclo autófago. Non sabe se foi algunha vez consciente da gozosa anmesia coa que sufre esta metabolización deliberada. Tampouco sabe se é a vontade ou un sentimento deficientemente fosilizado o que a obriga a transcribir para ninguén un lapso no que se volve sedimento. Se houbera algúen para preguntar non sabería dicirlle se é especie, xénero ou materia. Cre mais ben que forma parte da inconmensurabilidade, pero cicais esas formigas que entran e saen non o entendan. Diralles entón que é linguaxe, ou soño, para que poidan sintetizar a súa antimateria nos livinglabs ultrasegredos dun futuro proxecto participativo a tope no que deixarán as mesmas pegadas no baleiro que os seus ancestros.
Un bico Flo

viernes, diciembre 10, 2010

Portrecista


Imaxe tomada da páxina do documental

Wilhelm Brasse, un ex-prisioneiro de Auschwitz-Birkenau, fotógrafo, sobreviviu ao horror porque foi obrigado a documentar o que se facía alí dentro e salvalo do lume só por uns segundos no momento da chegada dos rusos. Sempre son estremecedoras ata a náusea estas historias pero quedóuseme na retina e no estómago a foto destas catro nenas as que W.B. tiña que retratar espidas antes de pasar polas mans de Mengele. Tiñan vergonza, cóntanos o retratista, claro, porque non é nada normal ter que estar espidos xunto con outra persoa para que te retraten, tiñan tanto medo ata de min [...] deilles un anaco de pan que gardaba para estas ocasións...Seica W.B., unha vez liberado, non foi quen de volver coller unha cámara. Conta outras historias, todas cun irremediable final tráxico mais que non son quen de agochar a beleza que se atopa ata no peor dos infernos. Como esta nena que aínda conservaba a saúde precisa para quedar así de guapa para a historia. Ollen a terceira fotografía e díganme se non é unha preciosidade esta pequena. E logo estaban aquelas flores que un día prantara sen moitas esperanzas naquel bulleiro. Mandáronlle facer miles de copias para facer as postais que enviaban os oficiais dende o campo. Trátase dun traballo de gran calidade, unha montaxe exemplar da que destaco a calidade musical que engade a compositora Agata Steczkowska. De novo, grazas Asia, pola túa visita e por este agasallo tan especial.

jueves, diciembre 09, 2010

de embaixadores, cables e boitres carroñeiros...

Os embaixadores, Hans Holbein [tomada de elmatenavegante]
Turrando do cable WikiLeaks, no post anterior acabei falando dun feito lutuoso de corrupción a pequena escala que ilustra dun xeito moito máis comprensible para os (ana)lóxicos habitantes do planeta terra que aínda non afogamos de todo no plasma do paradiso virtual globalizado que a xeito de grande país de nunca xamais acolle a todos os senpapeis do mundo sen discriminación de ningún tipo (das subordinacións pedide contas a don Rafael). Total, para ser carburante deste trebello que ten embobado a tontxs e listxs é mellor ser pedestre que presumir de curriculum. Dicía que aquel caso de corrupción en proceso selectivo no que o tribunal deixara na caixa do expediente as notas onde tentara casar as puntuacións axeitadamente para arreglarlle a praza a fulanito lembrabame ao asunto WikiLeaks. Precisamente ese feito de deixar con toda normalidade a proba do delito no lugar do crime é o que me fai pensar nesto que podía chamarse o grao cero da corrupción que xa non é tal. E o berce doutro modus operandi. Aquel no que o agresor, o asasino, o falcatruán, o banqueiro, o corrupto, o timador, o hacker, e non quero pensar no violador e maltratador de oficio, xa non son os malos da película, nin moito menos. Tampouco os heroes, e non por falta de ganas, senón por pura necesidade de sobrevivencia. Converterse en heroes implicaría afogar a milleiros de...chamémoslles "fulanitos"...que xa tomaron posesión coma eses pobres gatiños que a xente afoga con compaixón por falta de recursos. Non, non son heroes, pretenden ser algo máis diabólico xente normal coa que non só temos que convivir senón aos que seica deberíamos imitar para acadar o éxito ao que este novo paradigma de nonvivir nos obriga. Ben, todo entendido ¿non si? (falo comigo, conste). Seguimos co de WikiLeaks, entón. Axs verdadeiramente normais malgré tout, a costa iso si de quedar casi asocializados de motu proprio, non se nos escapa o cheiro a lume de carozo e seguimos co dedo no nariz. Nun contexto de cidadáns tan apocados que non son quen de acceder á información máis vital, literalmente, para eles, como a súa historia clínica, resúltame enormemente inxusto, ademais de ridículo, claro, falar de censura ou de liberdade absoluta, referíndonos a estados e wikiLeaks, respectivamente ou non. O asunto dos cables, na súa aparente complexidade, agocha verdades tan simples coma vergoñentas. Esoutro día nun dos innumerables debates ad hoc, eran os xefes dos principais periódicos do pais -os que non tiñan dereito a cacho, claro, dos cables- os que daban a pista de por onde ía a cousa. Falaban dos chismes como dunha tallada da que todos darían boa conta, así, con esas verbas. Pedestre, o que eu dicía. Entre eles, e aparte, cun discurso ben distinto e tendo tema de que falar, o irmar de José Couso chantábanos cada pouco os pes na terra. Pero os directores dos media seguían a babear a pantalla completa co asunto e a loubar a sorte de El País mentras o representante deste medio tentaba non pavonearse demasiado nun plató cheíño ata arriba de boitres mediáticos. Tiven a medida xusta nese intre da importancia dos supostos segredos oficiais. De socato lembrei as Gripes-As e aquela mañá na que o meu veciño do quinto veu preguntarme cheo de medo que a cantos quilómetros de Vigo quedaba aquel sitio de O Grove onde viñan tantas aves....
(tobecontinued que agora teño que atender o xantar)

viernes, diciembre 03, 2010

Tafures de taberna

O tafur, Hans Holbein, 1578 (tomado de Linea Serpentinata)
Cando pedín o expediente relativo ao concurso de méritos, o primeiro que saiu daquela caixa de cartón foron unhas notas manuscritas en follas arrincadas dun caderno no que aparecían os catro nomes dxs candidatxs nas filas dunha táboa deseñada indecentemente que incluía as diversas puntuacións "ensaiadas" coas súas respectivas sumas. Abondaba unha simple ollada e non moito olfato para detectar a suciedade da operación que se agochaba naqueles cálculos tan inocentes como as contas que a miña filla traía do colexio as tardes daquel ano. De socato deixaba de ter importancia o feito que de puntuase tanto ter sido cantante nun coro había vinte anos para acceder á praza de técnico. Non importaba tampouco que tivesen puntuado aquela serie multicopiada de certificados de asistencia a unhas xornadas de historia local expedidos pola mesma persoa e no mesmo día, a xulgar pola exactitude do papel empregado ao efecto. O mais humillante foi recoller do chan aquelas follas sucias e garabateadas, e pensar na naturalidade coa que a soberana comisión as deixara tranquilamente sobre a mesa logo de remataren a xuntanza para arranxar a praza de Fulanito. Uns anos despois, con todos os puntos acumulados como cantante maior do reino e con só uns ensaios previos para arrincarlle aos castrati o segredo que celosamente reservaban para a actuación final, a cousa estaba feita. Pasaron outro par de anos e a amargura de que alguén lle lembre de cando en vez que nunca tivo voz nin para tararear o miudiño preceptivo de cada troula no tabernáculo dos amigotes resucita a súa maldita úlcera....

¿será posible? quería escribir sobre wikileaks e perdín o cabo...seguiremos turrando do cable...
Proximamente: Os Embaixadores, tamén de Hans Holbein.

miércoles, diciembre 01, 2010

happy birthay Woody!


Prezado Xan, que saibas que toda a culpa é tua
Para compensar a ingratísima lectura da subordinación ferlosiana [vaaaaaaale teño os dedos cruzados] e da que non vou dar conta aquí, de momento, por mor dunha repentina caída no meu nivel de autoestima, cicais provocado por esa insubordinacion excesiva e tan, tan, grata [descrucei os dedos] da que ben se ve, ou mellor dito, ben se le, as pegadas que deixa na miña xa deficiente capacidade discursiva, ben, si, dicía naquela cursiva inicial (os adictos a don rafael entenderán) que para compensar impredecibeis consecuencias do mergullamento ferlosiano (xastá, xamengachei e xanonvoupoderparar) pooooooooooois que botei man de woody, concretamente desta destenillante anniehall coa que aproveito para felicitar ao cultureta máis encantador do celuloide...eso si woody, non te tires que seguro a primeira rosca a papaches o primeiro día que asinaches autógrafos. Podo ver a escea da cola do cine cincocentas veces e seguirei escachando coa risa e...agora que lembro....cando di seguramente se conocieron por un anuncio en alguna revista para intelectuales...academico de treinta años desea conocer a mujer interesada en James Joyce, Mozart y sodomía...como me lembra a un anuncio que vin hai tempo en ANT [r.i.p.]. ¿atoparía aquel home á muller nacionalista interesada nos problemas de galicia?...vaino ter woody máis doado ...mmmm....mozart, joyce e sodomía combinan moito mellor. Ahhhh...o que daríamos tantas veces por un orinal ben cheíño ¿non si? [no no digo euuuuuuuuu que é do Alvin Singer]

viernes, noviembre 19, 2010

Con Antonio Meño e familia.

Hai uns meses estiven con Antonio Meño na súa casa da Praza Jacinto Benavente, en Madrid. Foi P., quen nos falou desta familia que se instalara na rúa para pedir xustiza logo de que nunha clínica lle deixaran totalmente inútil ao fillo por unha neglixencia médica. P. contoume que a policía facía "a vista gorda" e que non eran quen de botalos de alí. Fiquei cunha desacougante sensacion de incredulidade e estrañeza en canto chegamos á praza. A precariedade da casoupa e os carteis plastificados cos que a familia se defendía do frío do inverno (e do da xustiza) configuraban unha escenografía absurda e hiperreal. Tiven medo. De esa porta cara a oscuridade do acubillo dun home postrado para sempre e para sempre ausente. Un home que abriría os ollos para non ver nunca as bágoas da nai que o perdeu. Aínda tiven máis medo da posibilidade dunha nai xa sen bágoas. Medo de ter que contemplar como envellece un corpo coa forza dunha parálise só interrumpida pola teimosía dunha nai que quece e abranda articulacións e músculos nunha loita a vida por evitar o esquecemento. A miña covardía empurroume cara o escuro e entón foi cando saiu Antonio. Abraceino porque vin todo o que eu entendo por humanidade concentrada nos seus ollos. Fixen liscar os refugallos do medo e sobre todo da desconfianza con que ollara por segundos todo aquel tinglado. O sorriso de Antonio, a súa voz morna e a súa man termando de min mentres me amosaba sentenzas e requerimentos de pago non o esquecerei nunca. Non fun quen de facer unha foto, quixen gardar para min toda a forza que me transmitira ese home. Fíxenme tantas e tantas preguntas....que era máis incrible, o desprósito dos médicos, a indiferencia dos tribunais que condeaban á vítima, a escandalosa distancia da ollada dos cidadáns perante o máis desgarrador....ou a extraordinaria xenerosidade de Antonio e a súa familia compartindo o pouco que quedaba de esperanza...e velaí como hoxe, moi, moi tarde para condear a tantos como merecen, volvo a sorrir abrazada a aquel xersei de la de incerto color beige e tan agarimoso. Nuns poucos días volverei á Praza Jacinto Benavente, e parafraseando a uns bos amigos, moi mal se me ten que dar a noite ou o día para que eu non me tome unha cervexa nesa praza á saúde de Antonio Meño e a súa familia.
Fotografía AQUÍ

viernes, noviembre 12, 2010

A tiranía da penitencia, P. Bruckner

Logo desta lectura eu tamén tería que facer penitencia. Como boa europea e cristiana vella recoñezo a orixinalidade da miña culpa pero sobre todo a persistente voluptuosidade coa que a veño cultivando dende hai tempo. O dedo acusador de Brückner asusta dende capa sinistra que lembra o terror dos pobres campesiños do medievo en canto entraban naquelas catedrais plagadas de imaxes terroríficas sobre o destino que lles agardaba de tan pecadentos como eran. Tampouco no libro hai xeito de agocharse; ningún parágrafo nos consola. A cada liña a acusación amósanenos con máis claridade e á velocidade da expulsión do paradiso, pasamos dunha culpa xenética e absurda que xa tiñamos controlada coa nosa afouta capacidade para chantarnos fronte aos deuses, pasamos, digo, a unha moito máis dificil de asumir, que é a de sentírmonos culpabeis precisamente de posuir esa capacidade crítica que nos permitiu marchar tranquilamente do Edén coas mans nos petos e pechando a porta ao saír. Concordo co punto de vista do autor na relativo á pulsión europea cara a culpabilidade, mais é esa mesma capacidade de análise do pasado e o contino debate sobre os xeitos de recompoñelo ou de construilo completamente diferentes e ata antagónicos a base sobre a que no futuro se poderán edificar modelos de organización baseados en principios máis seguros para os cidadáns. Non vexo unha relación tan directa entre a culpabilidade xudeocristiá coa que se nos fai pecadores de por vida sen ter a mínima idea do que pudo pasar nun inesquecible estado de consciencia ou enaxenación involuntaria e esta continua revisión das barbaridades que cometemos os europeos a cotío. Sen coñecer a fondo a xénese e insidiosa proliferación dos rexímenes totalitarios e a súa perversa xustificación polas sociedades precisamente máis refinadas non vexo posibilidade algunha de tomar conciencia dun perigo que está agardando precisamente por un despiste social coma o que propón o autor para volver a atacar. A intolerancia vístese de calquera cor e funciona baixo calquera credo. Descoñecer os detalles da conquista e aniquilación en América baixo o pretexto de non alimentar unha ou outra lenda non deixa de representárseme como unha sementeira doutro deses longos período de escuridade que desgraciadamente inzan tamén a nosa historia, a xeral europea e a galega en particular. De momento deixo esta lectura e pásolla e un bo lector que me prometeu adobialo coas súas sustanciosas notas marxinais, a lapis eso si, non sexa o demo que o bibliotecario lle faga mercar outro exemplar.

viernes, noviembre 05, 2010


Adicado a Susana, que me trouxo este simpático papiña
Somos catro ou cinco os que non o agardamos, pero por se acaso nos reproducimos como pans e peixes estamos vixiados polos corpos especiais da policía que onte arremeteron contra un mozo que manifestaba a súa xenreira contra tanta paparrucha en Santiago ¡M.C.N.H.! se chegamos a ser vinte volven prender o lume. Eu me pregunto ¿pero por que teñen medo de media ducia de estudantes? very easy....saben que cos que contan son cos centos que han estar alí pero que o resto, os indiferentes, os que imos seguir coas nosas vidas tapando o nariz, vamos, os que non imos á misa, somos case todos ¿ou non?. A verdadeira fe é a dos hostaleiros composteláns que andan a ver se cun grolo de auga bendita lle cambia a sorte!
Con música todo se leva moito mellor, ai vai unha destes "monstros"
¡para ti RODRIGO!

jueves, noviembre 04, 2010

O medo ao coñecemento. Contra o relativismo e o constructivismo, P. Boghossian

Verdade, coñecemento, crenza, mito, relato, xustiza, medo, mentira, ignorancia, nihilismo, medo, conto, pasado, impostura, creacionismo, negacionismo, medo, relativismo, racionalismo, subxectividade, constructivismo, medo, e entre doxa e episteme, entre ver ou non ver para crer ou non crer, e entre paralaxes e postmodernas teorías da desconfianza que pelexan polo premio máis absurdo, a orixinalidade, xa non sabemos se imous ou nos levan, se soñamos que fomos conscientes de certo pracer ou o orgasmo é tamén un feito socialmente construido, así que aínda que non podo discutir cun negacionista ou un creacionista ás veces dubido de que o coñecemento tal como eu imaxinei algún dia exista realmente e entón penso si serei afouta para achegarme ao abismo da dúbida. Pelexar coa dúbida, fuxir dos cíclopes e deixarse aloumiñar pola vanidade de sentirse ninguén, ninguén para xerar unha teoría nova dunha ciencia descoñecida, a forza irresistible que turra cara abaixo, a gravidade que me lembra a case insoportable vanalidade de pensarme quen de coñecer....e todo este conto ben a conto deste libro no que a filosofía fai un esforzo de sinxeleza para orientarnos só un pouquiño no xa case indescifrable panorama do que é e do que non é.